Pequena guía de aves de Galicia

Page 11

A súa dieta componse fundamentalmente de insectos, froitos do bosque e sementes.

Pernalonga A pernalonga é unha ave de distribución xeográfica moi ampla, caracterizada pola lonxitude das súas patas, extremadamente longas en relación ao corpo. Os exemplares adultos miden entre 33 e 36 cm de lonxitude e as súas patas son de cor rosada. O seu peteiro é negro, longo e fino. Son de cores contrastadas, negras por riba e brancas por abaixo. A cabeza é branca e o pescozo parcialmente negro. Viven en zonas chás con augas doces, salobres ou salgadas en lagoas, salinas e lagos. A lonxitude das patas permítelles procurar alimento en augas relativamente fondas. As discusións que provoca a exacta cuantificación de especies fan difícil indicar a distribución xeográfica exacta, aínda que se consideramos unha especie única abranguería practicament eos cinco continentes. As poboacións que crían en Europa pasan o inverno en África. (Foto: Alejandro Piñeiro Rodríguez)

Pernileiro É unha ave migratoria duns 40 cm de onxitude. É de costumes nocturnas e aliméntase de insectos e pequenos réptiles. Tamén come ovos e crías de outras aves. É unha ave solitaria, desconfiada e con tendencia a esconderse grazas á súa plumaxe parda. Canta de noite cun berro aillado, sobre todo na época de apareo. (Foto: Pedro Trejo)

Peto real O peto real mide uns 23 cm de longo e as súas ás acadan entre 34 e 39 cm de envergadura. Pesa entre 60 e 90 g. a súa plumaxe é egra a parte superior do corpo con dúas grandes manchas nas ás. A parte inferior é gris e amarela co ventre vermello.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.