Un monstruo viene a verme

Page 1

O AUTOR: PATRICK NESS SIOBHAN DOWD (1960-2007)

Patrick Ness (nado o 17 de outubro de 1971) é un escritor, xornalista e conferenciante estadounidense que se trasladou a Londres aos 28 anos e conta coa dobre nacionalidade británica e estadounidense. Coñéceselle polos seus libros para mozos como a triloxía Chaos Walking e Un monstro vén a verme. Como xornalista traballou para medios como The Daily Telegraph, The Guardian ou o suplemento literario de The Times. Ademais, Ness deu clases de literatura creativa en numerosos centros educativos, algúns tan prestixiosos como a Universidade de Oxford, e é un reputado conferenciante, sobre todo desde o éxito logrado cos seus libros infantís e xuvenís. En 2016, Ness colaborou na elaboración do guion da película Un monstro vén a verme, baseada na súa propia novela, e polo que foi nomeado a un Premio Goya.

CLUB DE LECTURA “LARETAS” IES POETA AÑÓN

Siobhan Dowd foi unha escritora anglo-irlandesa, nacida en Londres. Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Oxford e máis tarde ,cun máster da Greenwich University, en estudos etnográficos e de xénero. Viviu durante sete anos en Nova York, onde se uniu á asociación de escritores International PEN, unha fundación que traballa en favor da liberdade de expresión: no marco deste programa, escritores e poetas visitan escolas de zonas deprimidas, cárceres, reformatorios e proxectos sociais. Entre 2004 e 2007 escribiu tres novelas de temática infantilxuvenil que acadaron números premios literarios:

The London Eye Mistery

Bog child

Solace of the road

Antes de morrer dun cancro de mama, deixou esbozada a historia de Un monstro vén a verme.

Patrick Ness UN MONSTRUO VÉN A VERME -2012Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

5 XUÑO 2017


ARGUMENTO Conor é un rapaz de 13 anos que se ocupa de levar as rendas da casa, xa que súa nai está gravemente enferma. O neno intentará superar os seus medos e fobias coa axuda da súa imaxinación, pero as súas fantasías terán que enfrontarse no só coa súa realidade más próxima, tamén coa súa avoa, que non lle cae moi ben, e co acoso escolar que sofre na escola. Connor crea entón un mundo irreal que lle permite fuxir de todo iso. A través da fiestra do seu cuarto, ve unha vella árbore á que lle fala e fala. Cada día, minutos despois da media noite, Connor reúnese co seu monstro que vén para lle contar tres historias, coa condición de que el ten que contar a cuarta.

Personaxes         

Conor O’Malley Nai de Conor Avoa de Conor Monstro/teixo Pai de Conor Lily Harry Anton e Sully Señorita Kwan

O TEIXO e as súas PROPIEDADES

Para o debate...       

 É unha conífera que pode medrar ata 10-20 m (excepcionalmente, 28 m). Ten un tronco marrón groso de ata 4 m de diámetro. O seu crecemento é lento e cunha lonxevidade de ata 5000 anos. As follas, lanceoladas, delgadas e de ton verde escuro, miden 1-4 cm de lonxitude por 23 mm de ancho e agrúpanse en espiral sobre a rama. Toda a planta é velenosa excepto o arilo que recobre o froito.  Actualmente o teixo atópase en España como árbore illada, en mestura con outras especies. O maior número de exemplares atópanse nos sistemas montañosos setentrionais, como o bosque de teixos da Serra del Sueve en Asturias, a Braña de los Tejos en Liébana (Cantabria) ou o Bosque del Tejedelo (Zamora, Ourense).  Crese que esta árbore tiña un significado místico e sagrado en cultos pagáns precristiáns e atópanse teixos xunto a igrexas cristiás.  Xa na Antigüidade, o teixo era unha especie moi apreciada, particularmente pola súa madeira de gran calidade, e estudada tanto polas súas propiedades curativas como velenosas.  O teixo foi descuberto como anticanceríxeno a finais dos anos 50 grazas a un estudo de investigación que se desenvolveu en Estados Unidos con 6.000 especies vexetais: tras diversos ensaios, descubriuse en 1970 que os taxanos do tezo eran efectivos para curar o cancro de ovarios. Na actualidade úsase para combater ata catorce tipos de cancro, como o de próstata, ovario, mama, cabeza ou pescozo, entre outros.

                  

Quen é Siobhan Dowd e por que é importante nesta historia? Que lle levou a Patrick Ness a escribir o seu libro? Que lle ocorre á nai de Conor? Cando se presenta o monstro a ver a Conor? Quen é o monstro? E real ou imaxinario? Como o describiriades? Porque visita ao rapaz? E o monstro dos pesadelos o mesmo que o das visitas? O monstro conta tres historias a Conor: que simbolizan cada unha delas? Cal é a cuarta historia? Como reacciona o rapaz ante as historias do monstro? Como é o día a día de Conor tanto na escola como na casa? Ten Conor algún amigo/ amiga? Por que na escola consideran invisible a Conor?Todos o consideran invisible polo mesmo motivo? Por que Conor sofre acoso por tres compañeiros? Fai ben sufrindo en silencio o acoso? Como actuaríades no caso de detectar un caso de acoso? Que sucede no comedor do colexio? Como reacciona Conor? Como é a avoa de Conor e que relación ten coa avoa? Que acontece no salón da avoa? Como é a relación co seu pai? O pesadelo que tanto atormenta a Conor ten que ver co monstro? Que é o que atormenta a Conor durante toda a novela? Logra superalo? Quen credes que é realmente o monstro? Como afronta Conor a morte da súa nai? Cres que a actitude dos adultos no proceso a enfermidade axuda a Conor? É mellor contar os problemas ou ocultalos? Que che pareceu a novela? Recomendaríala? Salientarías algún aspecto da novela? Que che gustou máis ? Que che gustou menos?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.