Sin noticias de Gurb

Page 1

Outras obras de Eduardo Mendoza

Eduardo Mendoza( Barcelona , 1943) 

El misterio de la cripta embrujada, 1979. El laberinto de las aceitunas, 1982. La ciudad de los prodigios, 1986. La isla inaudita, 1989.

Novelista español. Cursou estudos de Dereito en Barcelona, completando a súa formación máis tarde en Londres, onde se especializou en Socioloxía. Tras traballar no sector bancario, Mendoza decidiu trasladarse a Nova York, onde foi tradutor na ONU.

En 1975, aínda en Estados Unidos, viu a luz a súa primeira novela, La verdad sobre el caso Savolta, que obtivo o premio da crítica. A súa segunda novela, El misterio de la cripta embrujada, apareceu en 1979 e en 1991 publica Sen noticias de Gurb.

Sin noticias de Gurb, 1990. El año del diluvio, 1992. Una comedia ligera, 1996. La aventura del tocador de señoras, 2001. El último trayecto de Horacio dos, 2001. Mauricio o las elecciones primarias, 2006. El asombroso viaje de Pomponio Flato, 2008

De volta a España, Mendoza exerceu a docencia na Universidade Pompeu Fabra, e é un colaborador habitual de numerosos medios de comunicación, como El País. Varias das súas obras foron adaptadas ao cinema con gran éxito, como La ciudad de los prodigios ou El año del diluvio.

Riña de gatos. 2010 Premio Planeta

    

 

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

O seu personaxe principal, interno dun manicomio e adicto á Pepsi, que xurdira en La verdad sobre el Caso Savolta, reaparece noutras obras súas como El laberinto de las olivas e La aventura del tocador de señoras, servindo de vínculo nestas. En 2010 resultou gañador do Planeta, o premio mellor dotado en lingua española, pola súa novela Riña de gatos, e en 2015 recibiu o Premio Kafka, un dos máis prestixiosos de Europa, sendo o primeiro español en recibir o devandito galardón.

“SIN NOTICIAS DE GURB” Eduardo Mendoza -1991-

En xeral, o estilo narrativo de Eduardo Mendoza é sinxelo e directo, sen facer abandono do uso de cultismos, arcaísmos así como da linguaxe popular na súa máis pura expresión. Gusta de personaxes marxinais que miran a sociedade con estrañeza mentres loitan por sobrevivir permanecendo fóra dela.

Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

30 maio 2016


Para o debate

argumento Un extraterrestre chega á terra en busca do seu compañeiro Gurb, perdido no planeta cando se atopaba en misión espacial. A Barcelona preolímpica é o lugar por onde se moverá este estraño ser que para pasar desapercibido entre os humanos, se disfraza das celebridades máis dispares, fártase de churros e visita os lugares más castizos dunha España caótica en plenos preparativos do 92. Ao final atopará a Gurb, que decide quedarse entre nós, en tanto que o seu xefe, despois de ter doado todas as súas pertenzas aos seus amigos e veciños, xusto no momento no que vai a emprender a viaxe de retorno, é convencido por Gurb e decide acompañalo na súa decisión.

Personaxes famosos nos que se transforma o extraterrestre

MARTA SÁNCHEZ

ORTEGA Y GASSET

GARY COOPER actor

DUQUES DE KENT

PAQUIRRÍN

PAPA PÍO XII

Personaxes principais 

EXTRATERRESTRE

GURB

DON JOAQUIN

DONA MERCEDES

VECIÑA DO EDIFICIO DO EXTRATERRESTRE

Quen conta a historia? Que aparencia adopta Gurb para moverse pola Terra? Como é a estrutura do libro? Como está dividido? Que problemas que aparecen no libro teñen os humanos no seu día a día ? Quen é o narrador? En que persoa narra? De onde son os protagonistas? Como o sabes? Que lle parece a cidade de Barcelona ao alieníxena? En que personaxes se encarna o alieníxena durante a súa estancia en Barcelona? Que significa a “fauna autóctona”? Que sentido lle aporta ao relato? Que compra o protagonista nunha zona comercial de Barcelona? Que demostra isto do seu carácter? Pensas que o escritor pretende facer una crítica? Consegue abrir a conta bancaria? Que fai para conseguir máis diñeiro? Para pasar o tempo antes de deitarse que fai? Por que pensa que lle falta una muller? Que truco utiliza para acercarse a veciña? Que falla ? Que descobre no mostrador? e que utiliza para intentar matala? Que medios de transporte utiliza o alieníxena e que impresión lle producen? Con cal ten problemas? E co xeado...cal é a súa primeira experiencia? Quen é o alcalde de Barcelona nesas datas? Cal é a súa maior preocupación? Que se lle ocorre para solucionar o tráfico da cidade? Que lles pasa os museos da Cidade? De que falan sempre os cataláns? Onde e como atopa o alieníxena a Gurb? Tras cantos días de procura? Por que é complicado atopalo? Como é o reencontro? Que fai co piso que comprou na cidade de Barcelona ? A que planeta deben dirixirse os alieníxenas tras a súa misión na Terra? Que deciden facer finalmente os alieníxenas? Gustouche como está escrita a novela? Como é o estilo? Crees que hai vida noutros planetas? Que che pareceu o final? Volvemos ao principio?

Algúns dos escenarios da novela SARDANYOLA. Nombre castelán de Cedanyola del Vallès, pobo cercano a Barcelona

DIAGONAL-PASEO DE GRACIA: Rúa do centro de Barcelona

PEDRALBES: barrio rico de Barcelona

TEATRO DO LICEO


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.