Resistencia

Page 1

ROSA ANEIROS( Valdoviño , 1976)

Cronoloxía paralela da Historia de Portugal e a historia de Resistencia (Fonte: Diego Rivadulla Costa –Traballo de Fin de Grao UDC-)

 Rosa Aneiros é xornalista e investi-

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

gadora da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega.  Na actualidade é vicedecana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Colaboradora habitual en distintos medios de comunicación impresos e dixitais. Este é un extracto da entrevista que a autora ofreceu á revista cultural Barbantia (www.barbantia.es). Nela fala de cómo xurdiu a idea de escribir esta historia: Centrándonos en “Resistencia”, como ideaches o argumento? A partir do final, cousa ben estraña na miña obra. Houbo unha imaxe no antigo penal de Peniche e hoxe Museo da Resistencia que me impactou tremendamente e souben que aí había o final dunha historia. O resto cinguiuse a tirar do fío e facer que as personaxes e os lugares falasen por si mesmos. Tivo as súas dificultades, recoñézoo, sobre todo por tratarse da historia portuguesa que eu non coñecía nada ben pero Dinís e Filipa axudáronme moito. Eles son quen conduciron os feitos polo seu rego.

“RESISTENCIA” Rosa Aneiros Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

FORTALEZA DE PENICHE (ANTIGO CÁRCERE de MÁXIMA SEGURIDADE)

26 XANEIRO 2015


Argumento do libro Resistencia percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. A través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais –Dinís e Filipa– artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as ditaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís –un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen– e Filipa –filla dun rico comerciante de Coimbra–. Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. Pero ninguén pode escapar aos designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia.

Para o debate  Cres que RESISTENCIA é un título axeitado? Cando

colliches o libro por primeira vez que che suxeriu?  Tes algún personaxe nesta novela polo que sintas debi-

lidade?  E.. algún/s outro/s que che resultaran odiosos?  Hai algo que destacarías dos personaxes femininos?  Cres que unha historia de amor pode sobrevivir ás cir-

cunstancias (como no caso de Dinís e Filipa)?  Pensas que a historia que conta podería ter tido lugar

noutro país?

       

Dinís-Filipa Antonio-Isaura Ana Barbosa Dona Leonor Remedios O Antoninho Dona Carmen Rui

Revolução dos cravos foi o nome dado ao levantamento militar do 25 de abril de 1974 que provocou a caída en Portugal da ditadura salazarista que dominaba o país desde 1926. O fin deste réxime, coñecido como Estado Novo, permitiu que as últimas colonias portuguesas lograsen a súa independencia tras unha longa guerra colonial contra a metrópole e que Portugal mesmo convertésese nun Estado democrático de dereito liberal. "Grândola, Vila Morena", canción composta e cantada por José "Zeca" Afonso, foi escollida polo Movemento das Forzas Armadas (MFA) portugués como sinal da Revolución dos Caraveis.

MAPA: EX-COLONIAS PORTUGUESAS

 O argumento do libro é verosimil?  Oíches falar dalgún cárcere aquí no que encerraran a

presos políticos?  De existir un réxime sen liberdades no teu país, estarías

disposto/a a deixar todo (amor, familia…) por acadalas ?  Existen “amores clandestinos” na actualidade?  Cal cres que foi o motivo do suicidio de Antonio (pai de

PERSONAXES

O 25 ABRIL 1974-Revolución dos caraveis

Dinís)?  Gustouche? Que destacarías do libro para ter esa opi-

nión? Recomendaríalo?  Que che pareceu o final da obra? É un final aberto?  É predecible?Sorprendente? Decepcionante? …  Que final escribirías ti para esta novela?

ALCOBAÇA: Pedro I e Inés de Castro Nobre galega, pertencente á poderosa Casa de Castro. Inés foi amante do infante Pedro de Portugal (posteriormente rei Pedro I de Portugal). Repudiada polos nobres portugueses, a súa unión con Pedro e os seus fillos foron considerados ilexítimos e iso atraeulle o repudio do rei Afonso IV de Portugal e os nobres, que culminou no seu asasinato. De xeito póstumo foi declarada esposa de Pedro e polo tanto reina de Portugal logo de morta. Fonte: Wikipedia


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.