Pradolongo

Page 1

IGNACIO VILAR ( Petín de Valdeorras-Ourense 1951)

OUTRAS PELÍCULAS DO MESMO DIRECTOR

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

2004

Produtor e director, fundou en 1991 a produtora Vía Láctea Filmes coa que levou a cabo diversas curtametraxes, e proxectos de longametraxes. Sen embargo, destaca polo seu labor docum e n t a l i s t a e n s op o r t e v í d e o (“Polisóns”, “A aldea”). Comezara a súa carreira como montador en Barcelona, cidade na que tamén foi profesor de cine a primeiros dos 80, na obra social da Caixa de Pensións de Cataluña. Desde 1983 traballa en Galicia. Ten desenvolvido tamén labores de guionista e realizador.

2011

2003

2014

Fontes para a elaboración desta guía:  Unidade didáctica sobre a película (Servizo Normalización Lingüística Concello de Vigo)  Información sobre Ignacio Vilar: www.culturagalega.org

Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

PRADOLONGO Ignacio Vilar-200814 marzo 2016


Ficha técnica Título : Pradolongo Nacionalidade: Española-2008 Xénero: Drama Duración: 100 minutos Director: Ignacio Vilar Guión: Carlos Asorey, Javier Gancedo, Ignacio Vilar Fotografía: Alberto Díaz Música: Zeltia Montes Producción: Vía Láctea /Televisión de Galicia Reparto: Rubén Riós, Tamara Canosa, Roberto Porto, Mela Casal, Rei Chao, Carlos Sante, Antonio Mourelos, Cristina Rodríguez, Laura Álvarez

Louseira na bisbarra de Valdeorras

Para pensar ... No principio da película pódese escoitar nunha discusión entre Martiño e o seu irmán Roi a frase “O campo xa non interesa”. Estás de acordo con esta afirmación?

En “Pradolongo” preséntase un tema de actualidade: a viabilidade de manter actividades sostibles co medio natural, de maneira paralela con outras actividades produtivas contaminantes, ou que alteran a riqueza paisaxística. Pensas que é posible compaxinar ámbalas dúas?

sinopse Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É propiedade dos pais de Martiño, quen xa comezan a notar os achaques tras toda unha vida de duro sacrificio no campo. Pero pode que ese lugar agache un tesouro. A comarca progresou grazas á calidade da louxa que se exporta a todo o mundo e Roi -irmán de Martiño- pon todo da súa parte para facilitar as prospeccións en Pradolongo, que poden cambiar a vida da familia.Ante iso Martiño, de espírito emprendedor e teimudo, cre que existen outras alternativas. A louxeira interesada é propiedade da familia de Armando, un rapaz acomodado que xunto a Raquel e Martiño conforman un estreito grupo de amigos da infancia. E os tres están a punto de descubrir o que significa facerse maior: as responsabilidades, os desenganos...así que o amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo obrigaraos a reconsiderar os seus soños e os vínculos que os manteñen unidos dende a infancia.

Que diferenzas apreciaches entre o galego que falan os protagonistas e o que se fala na túa zona? Lembras algunha palabra distinta?

Que papel xogan as mulleres nas familias dos tres protagonistas?

Se tiveses que escoller a 2 personaxes... a quen escollerías? Por que motivo?

Cal pensas que é o motivo que leva ó enfrontamento entre os protagonistas?

Na película podemos ver un exemplo de asociacionismo entre os veciños como medio de facer presión e mudar unha situación. Cres que é unha boa idea?

Un dos protagonistas da película asegurou que aínda teñen que loitar contra os prexuízos da xente ante o cine feito en Galicia. "Unha moza dun instituto díxonos que ela non relacionaba actores guapos, acción, con cine en Galicia. Cría que nunca se fixo cine aquí". Que opinas disto?

CURIOSIDADES DA PELICULA A rodaxe realizouse en agosto e setembro de 2007, en Valdeorras (Ourense), nos concellos de Petín,A Rúa, O Barco, Vilamartín, A Veiga e Carballeda.

Un dos trazos que caracterizan este filme é que foi rodado no galego de Valdeorras.

O director, Ignacio Vilar, realizou un casting por institutos da zona (A Rúa, O Barco, Carballeda, Viana do Bolo, Quiroga, O Carballiño, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia) co fin de seleccionar todos aqueles rapaces que tivesen entre dezaseis e dezaoito anos, falasen galego e mostrasen uns certos dotes interpretativos.

A película recibiu varios galardóns: 

Premio Jerry Goldsmith á Mellor música en formato de longa duración (IV Congreso Internacional de Música de Cine de Úbeda)

IV Premio Cidade de San Sebastián Filme Commission outorgado por FOMENTO DE SAN SEBASTIÁN por ser a cinta que mellor reflicte os valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais da cidade onde foi rodada e colaborou coa súa promoción como espazo escénico ao servizo da industria audiovisual.

Premio Especial do Festival de Cine Internacional de Ourense na súa XIIIª edición.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.