Non hai noite tan longa

Page 1

Agustín Fernández Paz (1947-2016)

ARTE, CINE, MÚSICA E LITERATURA na novela

1947- Vigo 2016). Perito Industrial Mecánico; Mestre de Ensino Primario; Licenciado en Ciencias da Educación; Diplomado en Lingua Galega.Traballou como profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES Os Rosais II, de Vigo. Foi unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Desde mediados dos anos setenta estivo ligado aos movementos de renovación pedagóxica. Foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega. Xunto con outros profesores/as, organizou diferentes eventos (Xornadas Municipais de Pedagoxía de Mugardos; Xornadas de Normalización Lingüística de Nova Escola Galega, etc.) e participou na elaboración de numerosos materiais didácticos. Foi autor de diversos traballos espallados por xornais e revistas (As Roladas, Cuadernos de Pedagogía, Revista Galega de Educación, CLIJ, Signos, TEXTOS, Revista Galega do Ensino -nesta última, levou durante varios anos a sección "O pracer de ler"-, etc.). A maior parte dos mesmos xiran ao redor de temas como a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil e a introducción dos medios de comunicación nas aulas. Recibeu premios correspondentes ó seu labor literario (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove…). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas, coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E (2009) da AELG. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

A CORTINA EXIPCIA ( Matisse ) Cadro no despacho de Félix Barral

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

CINEMA PARADISO Cartaz da película no cuarto de Milena

TEORÍA DO CAOS ( Marilar Alexandre ) ESTIRPE (Mendez Ferrín) Libros que merca Gabriel o día das Letras Galegas, coa súa sobrina.

SOMBRA DO AIRE NA HERBA (L. Pimentel) Nome da casa rural á que invita Gabriel á´Elsa e milena

TOUT CE QUI MEURT (Connelly) Libro que leva Gabriel na maleta ao desprazarse de París a Monteverde

Agustín Fernández Paz: IN MEMORIAM

TOMBE LA NEIGE ( Adamo ) Disco que regala Gabriel a Milucha

Algúns dos títulos que ten Milena na súa biblioteca persoal

24 outubro 2016


O TÍTULO do LIBRO Non é casual que Agustín Fernandez Paz escollera este título para a que se considera a súa primeira novela destinada a un público adulto. El mesmo inclúe a frase ao inicio do libro lembrándonos que non hai sufrimento que tanto tempo dure.

“Reunide todo o ánimo posible Que non hai noite tan longa que non remate en día” William Shakespeare, MACBETH

A IMAXE DA PORTADA: ROSA PARKS Correspóndese co póster que Gabriel ve no dormitorio da súa sobriña., Milena, quen lle explica a historia da imaxe: “Rosa Parks era costureira nunha vila do estado de Alabama, nos anos en que as persoas negras sufrían a segregación racial. (…) As persoas negras estaban obrigadas a lle ceder o asento no autobús a calquera branco que llo demandase. E esta muller, un día que saía cansa do traballo, sentou nun que estaba libre e negaouse a lle deixar a súa praza a un home branco que entrou despois. (…) Sabes que respondeu cando lle preguntaron por que o fixera?: “ESTABA FARTA DE CEDER E CEDER” p.99

Personaxes GABRIEL LAMAS: É o protagonista central. Despois de máis de 30 anos volve a Monteverde coa intención de esclarecer os puntos escuros da súa marcha, sobre todo a inxusta condena ao seu pai. Está casado con Christine ten dous fillos e vive en París. CELIA SALGADO- Nai de Gabriel, quen volve pola primeira vez a Monteverde cando morre ela. Gardaba un papeis misteriosos.

ELSA- Irmá de Gabriel, ela si padeceu en carne propia a condena ao seu pai, non fuxiu como Gabriel. Divorciada de Rosendo, precisamente como era de boa familia e de Vigo…cando casa con el rematan as faladurías. Ten dous fillos: Xavier e Milena, Milena MAMÁ CLARA- Mestra represaliada polo franquismo, avoa de Gabriel, un dos seus legados é a paixón pola lectura.

SERVANDO- Avó de Gabriel. Morre de tuberculose, xa había cura mais a un republicano non lla ían administrar…

NATALIA VALCÁRCEL- Acusaron o pai de Gabriel de violala. O seu pai, Ricardo Valcárcel, ten moi boas relaccións co Movimiento.

FONSITO DE CASTRO- Fillo do notario, de familia moi estirada. Ten un irmán, Carlos Luís, alto cargo dun banco.

SENÉN LOUZAO- Garda civil, o máis novo no cuartel cando deteñen o pai de Gabriel.

Películas mencionadas no libro sobre este tema MILUCHA: Mediomoza de Gabriel, dos tempos do instituto, funcionaria do Concello de Monteverde, sente que llee quedou unha asignatura pendente…

FÉLIX BARRAL- Avogado do pai. Con Alzheimer. A filla, Diana, axudará a Gabriel

ALGÚNS TEMAS      

A LECTURA como hábito herdado OS FANTASMAS / OS APARECIDOS O SENTIMENTO DE CULPA O DESEXO DE VINGANZA-XUSTIZA A SOCIEDADE durante o FRANQUISMO O FEISMO URBANÍSTICO

ALUSIÓNS HISTÓRICAS     

Republicanos españoles envíados a Argeles-Sur –Mer Referendo de 1966 (Manuel Fraga Ministro de Información) Estado de excepción (1969) O proceso de Burgos (1970) Folga de asteleiros de Ferrol (1972)

Para o debate...  Atopas algunha diferenza entre o Monteverde de fins dos anos 60 e o Monteverde que atopa Gabriel no seu retorno (2002)?  Ti por que cres que o protagonista decide volver á súa vila tras 30 anos en París?  “Sabía pola miña irmá das sucesivas desfeitas que sufrirá a vila con corporacións que se dedicaran a destruír os espazos máis fermosos amparadas nunha suposta modernidade que quizás enmascaraba intereses máis turbios”. P. 109  “As cidades son libros que se len cos pes “ p.118  Relación Gabriel– Milucha  A figura do garda-civil arrepentido: Senén.  O “pecado” na época franquista ( descrito por Milucha p.228) .

Fonte: Xose Manuel Eyré no seu blog Ferradura en Tránsito

 Que che parece a historia de Berta, unha das vítimas dos ataques sexuais en Monteverde?  Faise xustiza ao final do libro?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.