Maus

Page 1

ART SPIEGELMAN ( Suecia , 1948)

riormente,

en

1951,

Do mesmo autor...

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

Art Spiegelman nace en 1948 en Estocolmo, onde se estableceron os seus pais, Vladek e Anja tras pasar polos campos de concentración nazis. Postetrasládanse a Nova York.

Na década dos 60 combina traballos tales como a realización da serie de cartas Garbage Pails Kid para a Topps Chewing Gum Co. coa creación de historietas underground, en moitos casos de corte autobiográfico. En 1977 casa con Francoise Mouly. Ao ano seguinte ambos crearían a revista Raw, sinónimo desde entón de vanguardia no mundo do cómic. Baixo dita cabeceira terán cabida historietas de autores americanos artisticamente inquedos, así como o traballo de diversos autores europeos descoñecidos no novo continente.

Sin la sombra de las torres -2004-

The wild party -1995-

CINE da BIBLIO PARA DOCUMENTARTE

Tamén será dentro da revista Raw onde comece a serialización de Maus, a narración das andanzas da familia Spiegelman na Alemania nazi. Publicada en forma de dous tomos, e traducida a múltiples idiomas, é unha das obras mestras do medio de todos os tempos, demostrando ata onde é capaz de chegar este e permitindo quitarse a etiqueta de medio de expresión menor. A obra recibiu un premio Pulitzer en 1992.

“MAUS” Art Spiegelman 1986/1991

Desde entón, o traballo de Spiegelman repartiuse entre as tarefas de ilustrador (colaboracións en revistas como The New Yorker, ou o libro The Wild Party ilustrando un poema clásico de Joseph Moncure) e as de maxisterio (en institucións como New York School of Visual Arts). Fonte: www.compartelibros.com

Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

30 maio 2016


argumento

Para o debate

A historia que se nos conta en Maus desenvólvese en dous niveis temporais en continua interrelación. Vladek Spiegelman, un comerciante xudeu que viviu toda a traxedia da opresión nazi en Polonia, incluída a súa reclusión en Auschwitz, reside agora, xa maior, nos Estados Unidos, a onde puido fuxir en compañía da súa muller. O seu fillo Art (o autor do cómic, que ten unha evidente carga autobiográfica) é debuxante de cómics e está interesado na historia dos seus pais, que desexa contar nun álbum; por esa razón, visítao con frecuencia e mantén longas conversas con el. No primeiro nivel, o que ocupa o espazo máis relevante, o ancián Vladek vaille contando ao seu fillo toda a historia do seu matrimonio: desde que coñeceu á que logo sería a súa esposa, ata o internamiento de ambos no campo de concentración. Entre eses dous feitos, o pai relata toda a crueldade da represión contra os xudeus e os esforzos que tiveron que facer para sobrevivir. No segundo nivel, complementario do primeiro, asistimos ás complexas relaciones pai-fillo (coa imaxe da nai ao fondo, que se suicidou uns anos atrás) e aos seus desencontros ideolóxicos e vitais. Porque Art ten a habilidade de non presentar ao seu pai como unha persoa intachable, senón como unha máis, cos seus defectos e as súas insufribles teimas. A narración abarca desde mediados dos anos de 1930 ao inverno de 1944. Esta primeira parte, subtitulada "O meu pai sangra historia", tivo continuidadunha segunda parte, "E os meus problemas empezaron" AGUSTÍN FERNANDEZ PAZ

 

             

Ponte no lugar do autor. Cal é a razón que che leva a escoller “MAUS” = rato ( en alemán) como título? Os protagonistas do cómic son animais. Por que motivo pensas que o autor escolleu cans, ratos , porcos e gatos para contar a súa historia? Que representan os ratos? E os gatos? E os outros animais: ras, renos, cans, peixes, formigas..? Que sabes do holocausto? Liches algún libro sobre o tema? Se tiveses que contar unha historia co xenocidio xudeu que medio terías usado? A literatura? O cine? O cómic? Sabes o que é un xenocidio? Coñeces algún recente? Ten algo en común co holocausto xudeu? Como pensas que terías actuado de ter sido un xudeu na Polonia nazi? E se foses polaco? No libro I Art chama asasino ó seu pai Vladek. Por que pensas que o fai? Que che parece a relación entre Artie e o seu pai Vladek? Anja suicídase. Cal pensas que é o motivo da súa decisión? Por que motivo Vladek sempre está a facer exercicio na bicicleta estática? Que representa? Como cres que acabará o matrimonio entre Vladek e Mala? Saberías que banda sonora poñerlle a algun dos capítulos ou esceas? Pensas que é unha obra de ficción? Algunha viñeta chamou a túa atención ? Por que razón? Mira o anuncio da p. 84 . Que che parece? Pensas que Vladek é un heroe? E Art… é vítima?

Algúns temas de interese

Spiegelman segue unha regra case universal do cómic: a simplificación do debuxo axuda á identificación do lector. E así, estes ratos que son case todos iguais, sen trazos individuais que os diferencien (lentes, cabelo, cor de ollos ou de pel), convértense potencialmente en calquera de nós, todos e cada un de nós podemos ocupar simbólicamente o seu lugar.

Hai unha serie de termos relacionados co Holocausto. Tes claro o significado de palabras como: NACIONALSOCIALISMO –GUETO– ANTISEMITISMO-SOLUCIÓN FINAL-CAMPO DE EXTERMINIO-KOMBINATORYIDDISH-BUNKER…?

“ARBEIT MACHT FREI” é a frase que recibe a quen chega a Auschwitz. Sabes o que quere dicir?

Aos campos de exterminio non só foron enviados xudeus. Tes idea de outros grupos sociais morreron alí?

Pavel, o terapeuta de Art supervivinte tamén a Auswitz di:

“No sobrevivieron los MEJORES, ni murieron los MEJORES. ¡Fue el AZAR!. … En fin. No me refiero a tu libro pero piensa en cuántos se han escrito sobre el Holocausto. ¿Para qué? La gente no ha cambiado… Tal vez necesiten un nuevo Holocausto aún mayor”.`p. 205 . Que opinas desta afirmación?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.