LECTURAS E PROFES

Page 1

2 010 A N O DA LECTURA E DO LIBRO

OS PROFES E AS SÚAS LECTURAS

Guía de libros e de lecturas seleccionadas polo profesorado do IES POETA AÑÓN de OUTES

BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN MAIO 2010


AMPARO (Xeografía e Historia)

LA COLMENA (Camilo José Cela) Un dos primeiros libros “serios” dos que lembro o seu impacto emocional é “La Colmena”, quizás porque o lin moi nova, levada pola curiosidade provocada por un profesor que en 8º de EXB nos falaba continuamente del. Gustoume e marcoume porque para min, que viña dunha literatura xuvenil sinxela, supuxo o encontro cunha nova literatura, novos temas, novas formas narrativas, persoaxes…


ANTÓN (Relixión )

EL CLAN DEL OSO CAVERNARIO (Jean M. Auel) Este libro trata da convivencia nun período da prehistoria dos neanderthais e cromagnons. Despois dun gran terremoto unha nena neanderthal queda sen familia e é acollida por un clan Cromagnon onde a vida transcorre de forma diferente... O máis sorprendente deste libro é a dificultade das relación humanas que se dan: a dificultade na aceptación das diferencias, a envexa e os ciumes. Tamén me sorprendeu a importancia da cooperación e da crenza en algo ou alguén para a supervivencia.


CLARA (Lingua e Literatura Españolas)

ENDEREZO DESCOÑECIDO (Kressmann Taylor) A través da correspondencia entre dous vellos amigos, un residente en Estados Unidos e outro en Alemaña, vemos a diferente percepción que estes teñen do nazismo no momento do ascenso de Hitler ó poder, e ademais como esa visión inflúe nas súas relación persoais.


DANIEL (Física e Química)

LA SONRISA ETRUSCA (J.L. Sampedro) Gustoume moito pola temática variada que toca (relacións interxeracionais, a guerra, o contraste entre a vida no campo e na cidade), dun xeito moi ben narrado e cun estilo moi elegante.


DOLORES (Inglés)

ENSAYO SOBRE LA CEGUERA (J. Saramago) Lin este libro fai uns anos, e me impresionou non só polo que conta sinón tamén por como o conta. Aínda que ó principio pode chocar o seu estilo, sen división en parágrafos, conseguiu engancharme totalmente ata o final. A trama é como un pesarelo, como un mal soño no que o protagonista perde a visión de repente. É un libro que che emociona é che estremece vendo as reaccións da xente en situacións “límite”.


ELVIRA (Pedagoxía Terapéutica)

CON OJOS DE NIÑO (Tonucci) É un libro moi divertido, con moita ironía, fácil de ler e á vez fainos reflexionar. O autor utiliza o cómic e o debuxo para contar historias da vida na escola , a familia e os amigos. ¡Anímate a léelo!, verás como quererás ler outros do autor pois haberá situacións nas que te verás reflexado.


FERNANDO OTERO (TecnoloxĂ­a)

COMETAS EN EL CIELO (Khaled Hosseini) Gustoume polo xeito que ten de reflectir o valor da amizade. É un libro cheo de sentimentos, con partes duras pero no que por riba de todo prevalece a amizade.


JAVIER (XeografĂ­a e Historia)

A ODISEA (Homero) Gustoume o libro porque narra a vida dun pobo-o grego-que nos deixou na nosa cultura un importante legado, sobre todo na lingua.


JOSE (Administrativo)

VAGABUNDO EN AFRICA (Javier Reverte) Entre as miñas lecturas favoritas atópanse os libros de viaxes de Javier Reverte. “Vagabundo en África” foi o primeiro que lin del. O autor narra o seu percorrido pola África meridional e central. Con poucos recursos, e case que un mochileiro, descóbrenos as dificultades da realidade que viven as xentes dese continente, coas que se viaxa nun estreito contacto. En paralelo á narración do seu viaxe o autor tamén nos despraza no tempo contándonos os feitos históricos que sucederon nos lugares que visita: as guerras anglo-bóers, o conflicto entre hutus e tutsis, e as aventuras dos exploradores europeos do XIX entre outros. E unha boa panorámica da realidade e da historia de África. Recomendable para xente curiosa.


MANUELA (Lingua e Literatura Galega)

OS DOUS DE SEMPRE (Castelao) Marcou un feito importante na miña vida: a descuberta da existencia de literatura en lingua galega, engadindo ademais o feito de tratar unha temática "nosa", falar da xente humilde, con problemáticas comúns ás que nós viviamos. Cando eu xa tiña asumido que a lingua para falar entre nós era o galego e que para falar con certas persoas, para escola, para ler e escribir, se utilizaba o castelán, chega un mestre cun libro escrito EN GALEGO! Na escola, un libro en lingua galega! Esperabamos con ansia as tardes do venres, non por rematar a semana, senón porque era o día escollido por Don Manuel Otero Novio para lernos cada tarde un capítulo de Os dous de sempre, que todos nós escoitabamos con admiración e silencio. Sabendo da existencia deste libro tiven claro que regalo pedir aos Reis Magos. Aínda conservo ese libro que os reis me deixaron por medio de miña irmá, que se levou unha desilusión ao saber que eu xa lera (escoitara)"de que ía". A min non me importaba que dicía, porque o bo dun libro non é o que di, senón como o di.


MARÍA (Plástica )

EL PERFUME (Patrick Süskind) Foi un libro que me sorprendeu moi agradablemente. Descubrino na miña época de estudante a unha idade na que todo parece que flúe velozmente ao teu arredor, neses tempos nos que cres que todo escapa e non te dás o capricho de mirar para as cousas miúdas porque parece que o mundo acaba e o vas perder. Despois de lelo, volvinme máis exploradora dos sentidos, comecei a mirar o mundo que me rodeaba de forma diferente, nova, máis gozada, empecei a adicar máis atención a ese algo máis que está en todo o que nos rodea e que antes non percibía dunha forma consciente. Foi un DESPERTAR DOS SENTIDOS.


MERCEDES LAMAS (Bioloxía )

EL ÚLTIMO ENCUENTRO (Sandor Márai) Me gustó porque analiza las razones que llevaron a la ruptura de una buena relación de amistad que duraba desde la infancia.


MERCEDES NÓVOA (Lingua e Literatura Castelá )

LA FEA BURGUESÍA (Miguel Espinosa) Un libro recomendable pola súa prosa diferente, rica e orixinal. Polo seu contido crítico dunha sociedade, a franquista, chea de inxustizas e mediocridade


NOELIA (Conserxe )

A NOSA CINZA (Xabier Alcalá) Foi o primeiro libro “serio” que lin con 16 anos. Pareceume tan longo que pensei que non ía podelo rematar, pero cando cheguei ó final pareceume demasiado curto. A partires deste libro atrevinme con calquera lectura.


NONI (Lingua e Literatura Galega)

LA HISTORIA INTERMINABLE (Michael Ende) É un deses libros que lin sen ser obrigado e me encantou


PACA (Inglés)

EL ALQUIMISTA

(Paulo Coelho) “El Alquimista “ conta as aventuras de Santiago, un neno pastor que deixa o seu rebaño e viaxa en busca dun tesouro. Durante a viaxe ensínanos o importante que é escoitar o que nos dicta o noso corazón, e tamén nos ensina a descifrar unha linguaxe que nos mostra aquelo que os ollos non poden ver. O libro está cheo de soños e dos medios que empregamos para cumprilos. Gustoume moito, é un dos meus libros favoritos e recoméndoo porque me parece un conto máxico, cheo de valores como a perseverancia , a confianza, a honradez a sinceridade, a felicidade , o amor e o respeto. Aprendemos que estes valores deben formar parte das nosas vidas e que con esforzo e coraxe podemos cumprir os nosos soños.


PEPE (Lingua e Literatura Castelá)

SEDA (Alessandro Baricco)

Encantoume pola forma que ten de escribir Alessandro Baricco, polo seu lirismo e poesía á hora de falar da busca de amor do protagonista. É un relato moi sinxelo e moi fácil de ler.


ROSA (Xeografía e Historia)

MEMORIAS DUN NENO LABREGO (X. Neira Vilas) Xa me gustaron as primeiras frases: “BALBINO. Un rapaz de aldea.. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña” Fixéronme reflexionar, pensar no mundo que había ó meu arredor. Era unha forma de darlle voz ,en galego, aos que non a tiñan. Daquela moitos non éramos conscientes da existencia de dúas linguas…


TOÑO (Educación Física)

LOS TRES MOSQUETEROS (A. Dumas)

Encántame toda a literatura de aventuras e meterme na pel dos seus persoaxes. Foi un dos primeiros libros que lin e que me resultou entretido de principio a fin. A primeira versión que lin era un conto ilustrado e en canto puden, lin a versión completa.


VALÉRIE (Francés)

MADAME BOVARY (G. Flaubert)

Leí este libro por primera vez, hace 20 años. Fue el primer personaje de ficción con el que me identifiqué plenamente a pesar de no tener nada que ver conmigo. Este libro me enseñó que la literatura te permite experimentar todo tipo de emociones en situaciones que nunca vivirías en tu vida real.


2 010 A N O DA LECTURA E DO LIBRO en galicia


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.