LECTURAS RECOMENDADAS: NADAL 2012

Page 1

CÓMIC e NOVELA GRÁFICA

BIBLIOTECA

DVDs

IES Poeta Añón-OUTES

SONRISAS DE BOMBAY Jaume non puido seguir coa súa prometedora carreira e a súa vida en Barcelona , así que convencido de que os cambios empezan por un mesmo, decide embarcarse nunha dura viaxe deixando unha vida cómoda e segura para ir a un suburbio onde tivo que loitar contra os elementos, as mafias, e as desigualdades coa ilusión e o esforzo e como únicas armas. CARTAS DE INVERNO Versión en banda deseñada da novela homónima de terror de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea

LA CIUDAD TRANSPARENTE O protagonista da novela é un mozo, Jasón, unha estrela do mundo televisivo, que representa á perfección os guións que Minerva, a súa guionista, lle envía cada día. Sabe desenvolverse nese “negocio”e a pesares de que bota en falta algo de liberdade á hora de elixir ás súas parellas, considérase un afortunado e saborea feliz o seu éxito, pero un bo día as cousas comezan a cambiar... LAS ÁGUILAS DE ROMA (I-II) O Imperio romano atópase na súa máxima expansión e esplendor, y grazas ás batallas ganadas e aos múltiples acordos chegados, os territorios bárbaros foron reducidos e convertidos en simples vasalos EL HEROE (VOL. II) Un Heracles máis escuro é o protagonista do segundo tomo que pecha este proxecto de David Rubín. Heracles e Megara namóranse, casan, fundan unha familia e un fogar. Pero a deusa Hera, empeñada sempre en destruír a Heracles, mediante un sortilexio fai crer ao heroe, mentres dorme, que o seu fogar e familia están sendo atacados por uns monstros.

Recomendacións NADAL 2012

IES POETA AÑÓN -OutesPáxina web: www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon Club de lectura: http://laretas.blogspot.com

“Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro” Emily Dickinson


A PARTIR DE 12 ANOS LA TRASTIENDA DE BATIBALENO En Applecross, un pequeno pobo de Escocia, existe un establecemento que custodia obxectos máxicos como a lámpada de Aladín ou o zapato da Cincenta.. Sete familias se turnan a súa rexencia e agora tócalle á familia Lily, coa que estraños sucesos empezan a ter lugar no pobo. CONTOS das 1001 NOITES Unha nova versión, esta vez en galego, dos afamados contos que serviron para deter durante mil e un días o coitelo vingador do rei alporizado, TRAMPA DE LUZ Unha das actividades favoritas de Irene é sacarlle fotos a canto animal ou planta atopa para logo tratar de recoñecer a súa identidade. É unha experta en fotografar avelaíñas cunha trampa de luz. A presenza na vila do tanxedor de campás provocou que ocorrese algo fóra do normal... O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN : Existe un lugar perdido no profundo da noite, unha cidade secreta sen casas nin edificios, só tellados, azoteas, faiados e chemineas,...A Cidade dos Tellados non ten rúas, só pontes e pasarelas, que sortean o nebuloso mundo que existe baixo a súa superficie. Un segredo, tan antigo como o propio mundo, ocúltase tras este labirinto insondábel, pero para descubrilo, o profesor Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter deberán enfrontarse á máis profunda escuridade, . OS RELOXOS PREGUICEIROS DE NÉBOA Na cidade de Néboa vívese unha aparente rebelión de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo. A alcaldesa Sabela Depresa e centos dos seus concidadáns teñen pesadelos cos reloxos, con moreas de reloxos que se lles aparecen nas noites invernais, mentres dormen, reivindicando a súa galbana ou a súa rebeldía

A PARTIR DE 14 ANOS EL VIOLINISTA DE MAUTHAUSEN En París, unha parella está a piques de casar na primavera de 1940, pero a Wehrmacht invade Francia e el, republicano español exiliado, é detido pola Gestapo e enviado ao campo de exterminio de Mauthausen. Entre eles, un enxeñeiro alemán que renunciou ao seu traballo en Berlín para non colaborar cos nazis, dedícase a percorrer Europa cun violín debaixo do brazo. Moi pronto, as vidas dos tres entrelazaranse para sempre. AFRICA EN EL CORAZÓN Historia de Diko, un neno camerunés de doce anos que vive co seu avó na pequena aldea de Kogle. Diko é orfo de nai e o seu pai formou outra familia na próxima cidade de Poli. Diko ama a súa aldea, ao seu avó e ao seu amigo Massandé; o día que este morre acábase a felicidade infantil de Diko. A partir deste momento, intentará saber cal é o seu lugar no mundo. SAGARMATHA Aconsellable para lectores mozos que queiran descubrir outros mundos, outras culturas, o misterio da aventura, a espiritualidade do mundo da montaña ou os segredos do deporte do alpìnismo.

AVENTURA EN AUSTRALIA Luís, un mozo de trece anos, acompaña aos seus pais nunha viaxe ao continente australiano. Alí, visita Sydney e marabíllase dos costumes, fauna e paisaxe do país.

EL ABUELO QUE SALTÓ POR LA VENTANA... Allan Karlsson, farto de levar unha vida un tanto gris decide escaparse da residencia de anciáns onde vive o mesmo día que se converte en centenario. A partir de aí sucédense en cadea as peripecias máis disparatadas e divertidas que caiba imaxinar, e á vez, o autor vainos relatando a vida tan interesante e curiosa que viviu Allan, participando nalgúns dos acontecementos históricos máis importantes do século XX .

DIVULGATIVOS

VIDA E OBRA DE FRANCISCO AÑÓN Coincidindo co bicentenario do poeta outiense, Ramón Blanco achéganos esta antoloxía da súa obra poética acompañada por unha interesante introdución biográfica.

¡ QUÉ RICO ! A comida como unha parte da cultura é o obxecto de reflexión deste libro. Curiosidades dos alimentos, os riscos dunha mala alimentación, a publicidade, o terceiro mundo... un libro serio e divertido para ser conscientes do futuro da humanidade.

CIUDADES EN EL TIEMPO: BEIJING Recompilación de contos para achegarse a China, cun percorrido pola súa cultura e historia.

HOY EN DÍA EN LA INDIA Nandita teu diario móstranos a través do seu diario como é a súa casa, a súa familia, o seu colexio, o seu barrio, os seus costumes... Ábrenos unha porta á súa vida para coñecer, de primeira man, como é o seu país

EL LIBRO DE LAS MARAVILLAS A primeira obra de Occidente que describiu de forma sistemática o mundo oriental e en especial China


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.