Figuras ocultas

Page 1

CONTEXTO HISTÓRICO DA PELÍCULA 

Corren os anos 60 e a Guerra Fría acada un dos seus períodos máis significativos coa chamada carreira espacial, En 1958, a Unión Soviética lanzou o seu pioneiro satélite Sputnik, declarando que tiñan unha tecnoloxía superior á americana . Isto fixo que a carreira espacial se convertese na prioridade número un e máxima preocupación dos Estados Unidos.

A NASA traballaba no chama-do Proxecto Mercury, que consistiría en poñer en órbita ao astronauta John Glenn para que dese unha volta completa á Terra.

A segregación racial faise evidente tamén na sociedade na que viven as protagonistas. Segregar quere dicir “separar”ou “marxinar” . Na sociedade americana dos anos 50-60 blancos e negros debían permanecer separados na vida diaria: vivendas, escolas, transporte, hoteis, restaurantes, incluso os lavabos estaban divididos para evitar que o home branco se contaminase pola influencia do negro. Nalgunhas cidades chegouse a aplicar unha lei marcial que prohibía aos negros saír á rúa a partir das dez da noite.

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

A película baséase no libro Hidden Figures, de Margot Le Shetterly. Esta escritora de non ficción empezou a documentarse e escribir este libro en 2010. En 2014, vendeu os dereitos para facer unha película, cando aínda non se publicara o libro.

FIGURAS OCULTAS Theodore Melfi–2016 Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

18 DECEMBRO 2017


Ficha técnica

Para pensar...

KATHERINE JOHNSON

Título orixinal: Hidden Figures Direción: Theodore Melfi País: EE.UU. Ano: 2016 Duración: 127 minutos Xénero: Drama Estudios: : 20th Century Fox Clasificación: apta para tódolos públicos

Cales son os dereitos das tres protagonistas que se vulneran?.

En que escenas se fan máis patentes estas vulneracións?

As tres eran mulleres privilexiadas grazas ao seu talento e, malia iso, sufrían tamén discriminacións. Que ocorre cando son persoas anónimas e sen ningún talento especial as que están en situación de vulnerabilidade?

Independentemente da cor que sexan, é habitual que as mulleres que aspiran a mellores postos de traballo que as súas parellas reciban o apoio dos seus maridos ou compañeiros?

Ao final, as tres protagonistas son respectadas polo seu talento. Nalgunha escea o respecto que se lles manifesta pódese interpretar que non é polo talento senón só porque son persoas iguais que as outras, dignas da mesma consideración?

As tres protagonistas fan algun comentario sobre as distintas formas de loitar contra a discriminación? Cal é a súa postura?

Está ben que na película, ademais dos temas laborais, apareza o ambiente familiar das protagonistas? Axuda a facerse unha mellor idea das características das súas vidas?

Os feitos transcorren a principios dos anos 60. Cal era entón a situación dos negros nos Estados Unidos?

Como se explica que un país abanderaro da democracia mantivese leis de discriminación racial ata tan avanzado o século XX?

Ocorre ás veces que as propias mulleres defenden a submisión das mulleres?

sinopse Mentres os Estados Unidos competían con Rusia para levar un home ao espazo, a NASA descubriu o talento sen explotar dun grupo de matemáticas afroamericanas que foron o cerebro dunha das operacións máis importantes da historia do país norteamericano. Baseada na incrible vida destas tres mulleres, coñecidas como "calculadoras humanas", seguimos a súa traxectoria ns na NASA xunto a moitas das mentes máis brillantes da historia, encargadas específicamente no cálculo da trascendental posta en órbita do astronauta John Glenn e de garantir o seu regreso. Dorothy Vaughn, Mary Jackson e Katherine Johnson atravesaron tódalas barreiras de xénero e raza a nivel profesional. A súa brillantez e o desexo de soñar ao grande convertéronas en verdadeiras heroínas norteamericanas.

A película reflicte parte da vida de Katherine Johnson, unha nena afroamericana que o contaba todo; os pasos que necesitaba para cruzar a rúa, os pasos que había ata a igrexa, o número de pratos que limpaba, as estrelas que vía. todo o que podía ser contado. A historia dunha nena que medrou nunha época na cal a segregación racial era unha realidade na que tendo, a priori, poucas oportunidades, converteuse nunha excelente matemática. Katherine realizou os cálculos das traxectorias dos primeiros voos espaciais de Estados Unidos así como os cálculos que levarían ao home á Lúa.

reparto DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Katherine Johnson

Dorothy Vaughn

Mary Jackson

Al Harrison

Taraji P. Henson

Octavia Spencer

Janelle Monae

Kevin Costner

Vivian Michael

Paul Stafford

John Glenn

Kisrten Dunst

Jim Parsons

Glen Powell

Jim Johnson Mahershala Ali

Artículo 2 "Toda persoa ten os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.