Europa express

Page 1

Outros libros desta escritora

ANDREA MACEIRAS ( A Coruña , 1987) Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galega, doutorada na Universidade da Coruña.

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

No eido do relato curto obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre, así como o segundo premio do X Certame Literario de Relatos Curtos ‘Os Viaductos’ do Concello de Redondela. 

A súa primeira novela xuvenil, Proxecto Bolboreta (Xerais, 2007), gaña o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior.

No 2010 queda finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia.

Nese mesmo ano gaña o 4º Premio Meiga Moira coa súa obra Violeta Tamurana (Baía Edicións, 2010), que tamén queda finalista do Premio da Edición 2010 e do Premio Frei Martín Sarmiento 2011.

No ano 2012 publica a súa obra infantil O segredo do lagarto arnal (Baía Edicións). No ano 2013 ve a luz a súa cuarta novela, Nubes de evolución (Xerais), finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011. Con “Volverás, golfiño” (Xerais, 2014) quedou finalista do Premio Merlín, 2013. En 2015 gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con “Europa Express” (Xerais, 2015).

Proxecto Bolboreta, 2007, Xerais.

Violeta Tamurana, 2010, Baía Edicións.

O segredo do lagarto arnal, 2012, Baía.

Nubes de evolución, 2013, Xerais.

Miña querida Sherezade, 2014, Baía.

Volverás, golfiño, 2014, Xerais.

Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

“EUROPA EXPRESS” Andrea Maceiras-20152 MAIO 2016


argumento Ao rematar o Bacharelato Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía emprenden unha viaxe en Interraíl a través de Europa que lles descubrirá un agridoce sentimento de liberdade e grandes momentos que pasarán a ser parte perenne da súa memoria. Malia todo, a conclusión da viaxe estará marcada por un tráxico suceso que deixará unha pegada aínda máis fonda en cada un deles, e cuxa resolución continuará a rondar as súas cabezas durante toda a súa vida. Dez anos despois, Nico atopa en Bergen, unha das cidades da memorable viaxe, unha postal cunha fotografía na que aparecen eles mesmos, e que agocha un segredo que podería ser clave para a resolución do misterio que o torturara durante toda unha década. É o momento de remexer no pasado, reunir de novo ao grupo e esclarecer o acontecido naquel aciago día. BERGEN

Para o debate                        

personaxes 

AROA

XACOBE

NICO

BEATRIZ

OSCAR

PIERO

MÍA

 

         

Que che pareceu a historia que trata a novela? Gustouche? De que tipo de novela se trata? Por que é unha novela coral? Quen son os narradores? Como está estructurada a novela? Cantos bloques ten? Onde transcorre a acción e cando? Que mantén a intriga durante toda a novela? Que temas resaltarías? Que aprenden as personaxes desta viaxe? Que personaxes recordas? Que dirías de cada un? Atráeche a idea de viaxar no futuro en Interrail? Que cidades recordas das que percorren os personaxes? Que opinas de que unha foto faga cuestionar a vida actual de Nico? Que opinas do desenrolo que tiveron na vida os amigos? Axudoulles a formación a ter unha boa posición? Cres que Rosangela actuou ben? Cales foron os motivos do pai de Xacobe para agochar o segredo da morte do seu fillo? Por que Aroa se cría culpable? Que opinas do comportamento de Xacobe con Aroa ? A que cres que se debía? Esperabas ese final como causa da morte de Xacobe? Que segredo agocha a postal que atopa Nico en Berguen? Cres que a culpabilidade pode destrozar a vida dunha persoa? Que solución pode haber? Coleccionas postais dos lugares que visitas? Tes un caderno de viaxes? Porque Nico organiza unha festa de reencontro? O cabo de dez anos desta viaxe, os protagonistas non sen quen de esquecela, que se cuestionan as personaxes? Para que serven os flashbacks da viaxe de interraíl? Cada personaxe xoga un papel nesta historia, que papel xoga Nico? E Xacobe? Y os outros?A autodestrución está presente nalgún deles? Como vedes a historia de amor de Nico e Aroa? Que relación teñen Nico e Aroa na actualidade? Como se sinten? Porque Aroa non quere revolver no pasado? Que opinades de Mia? Pensades que a novela gaña en calidade e interese a medida que avanza? Que lle ocorre a Xacobe? Porque? Na novela aparece un famoso poema, sabedes de quen é? De que fala ese poema? Cal é a traxedia que envolve aos personaxes? O silencio pode ser unha solución a un problema? Que é o que mais vos gustou? E o que menos? Que cambiarías?

Inter rail

INTER RAIL é unha tarxeta de libre circulación en 2ª clase (e 1ª clase na súa modalidade de adultos) e prazas sentadas, polos ferrocarrís participantes na oferta. INTER RAIL – 26: válida para os/as xóvenes que non teñan cumprido 26 años o primeiro día de validez da tarxeta.(Carnés STUDENT, International Youth Travel Card (IYTC), Carné Xoven). Participan no interrail 29 países de Europa e Turquía.

Viaxe dos /das protagonistas

Estocolmo– Suecia

Stavanger– Noruega

Preikestolen

Odense

Copenhaguen

Berlín

Praga

Budapest

Carcassonne


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.