Edward Scissorhands

Page 1

TIM BURTON( California, 1958)

Tim Burton é fillo de Bill Burton, ex xogador de béisbol de ligas menores e de Jean Erickson, dona dunha tenda de agasallos. Tivo un irmán.

Sendo un neno xa realizaba curtametraxes no patio traseiro da súa casa utilizando técnicas de animación con películas de 8 mm sen son (unha delas foi titulada A Illa do Doutor Agor, que fixo cando tiña 13 anos).

Estudou na Burbank High School, onde non destacou como bo estudante; de carácter introspectivo refuxiábase na pintura, o debuxo e no cine.

Os seus traballos futuros tiveron unha forte influencia dos seus heroes de infancia tales como o Dr. Seuss e Roald Dahl.

OUTRAS PELÍCULAS DO MESMO DIRECTOR

1988

1996

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

1998

2005

2003 2005

Aos 18 anos consegue unha beca para entrar no California Institute of the Arts en Santa Clarita, California, para estudar animación de personaxes. Gradouse en 1979.

Sempre foi un neno tímido, abstraido e estraño que creceu mergullado nas macabras fantasías de Edgar Allan Poe e no realismo sinistro e atomentado de Charles Dickens. Con todo, a súa maior afección sempre foi soñar coas películas de terror e ciencia-ficción que pasaban na pequena sala do pobo. Foi nese cine onde descubriu a Vincent Price, unha das súas maiores influencias. Fontes: http://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/3444/Tim%20Burton http://www.timburton.es/

2010

2014

EDUARDO MANOSTIJERAS Tim Burton-1990-

2012

Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

14 DECEMBRO 2015


Ficha técnica Título Orixinal: Edward Scissorhands Nacionalidade: EE.UU., 1990 Xénero: Comedia fantástica Duración: 97 minutos Director: Tim BURTON Guión: Caroline Thompson sobre un argumento dela mesma e Tim Burton Fotografía: Stefan Czapsky Montaxe: Richard Halsey Música: Danny Elfman Maquillaxe: Stan Winston y Ve Neill Efectos Especiais:, Peter Kuran, Stan Winston y Michael Wood Dirección artística: Tom Duffield Diseño de Producción: Bo Welch Producción: Denise DiNovi y Tim Burton para 20th Century Fox Reparto: Johnny Depp (Edward Manostijeras), Winona Ryder (Kim Boggs), Dianne West (Peg Boggs), Anthony Michael Hall (Jim), Alan Arkin (Bill Boggs), Kathy Baker (Joyce), Robert Oliver (Kevin Boggs), Caroline Aaron (Marge), Vincent Price (el inventor), Conchata Ferrell (Helen), Dick Anthony Williams (Allen), Linda Perry (Cissy), Biff Yeager (George), John McMahon (Denny).

sinopse Para responder a unha pregunta da súa neta que lle pregunta de onde vén a neve, unha anciá narra unha historia que ocorreu na súa mocidade. Nunha mansión encantada un estraño inventor creou a Edward, un rapaz ao que formou na bondade e a amabilidade. Pero morreu antes de acabar as súas mans e o mozo sobrevive cunhas tesouras en lugar de mans. Un día, a visita dunha amable vendedora de cosméticos, abrirá a Edward as portas do mundo exterior. Grazas ás súas habilidades como xardineiro e peluqueiro, é inicialmente ben aceptado polos habitantes da cidade. Con todo, o seu aspecto diferente e as súas estrañas extremidades non tardarán en causarlle serios problemas...

Para pensar ... Coñeces outras historias nas que un home crea a un ser con vida?

Sentícheste algunha vez desprazado ou discriminado pola túa forma de ser?

Nun primeiro momento Edward é aceptado pola comunidade deste barrio americano e durante a festabarbacoa coñece a moita xente que di ser amigos seus. Son realmente os seus amigos?.

O film amosa a oposición de dous mundos: o da fantasía (o misterioso castelo gótico) e o da realidade máis banal (un estereotipado barrio americano de clase media). Cal che parece menos falso?. Por que?.

O eixe central da historia é a non aceptación pola sociedade dos que son “diferentes” aos que non cumpren os parámetros do que esa sociedade considera como “normal”. Ocorre isto moi a miúdo? Por que?, É xusto?Adoitamos sentir rexeitamento cara a aquelas persoas que son diferentes a nós?,

Edward finalmente termina vivindo só, afastado desta hipócrita sociedade no seu castelo encantado para que esta non lle destrúa. Que crees que nos quere dicir o director con este final?.

Nun momento da película Kim pide a Edward que lle abrace pero este non pode. As súas mans non só fan que se lesione e poida lesionar aos demais senón que lle impiden abrazar á persoa que quere. Por que o protagonista non ten mans?, Como te sentirías si non puideses tocar e abrazar ás persoas que queres?.

CURIOSIDADES DA PELICULA

Johnny Depp, o actor que fai o papel protagonista, tan só di 169 palabras nesta longametraxe

Parece ser que a idea de facer “Eduardo Manostijeras” xurdiu dun debuxo que fixo o propio Tim Burton cando estaba no instituto e que bautizou así polo seu aspecto.

Para a rodaxe, Depp adelgazou 11 quilos e ensaiou a mímica de Charles Chaplin ademais de manexar durante días e días luvas con tesouras para dar verosimilitude ao seu personaxe. Ademais a rodaxe non foi nada fácil.! O traxe era tan cinguido que lle levou a desmaiarse en varias ocasións durante a toma de imaxes


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.