Diario Ana Frank

Page 1

CLUB DE LECTURA LARETAS IES POETA AÑÓN

A CASA-MUSEO DE ANA FRANK

Versión cinematográfica

Novela gráfica

Por se che interesa o tema, na biblioteca atoparás estoutras películas

PÁXINAS WEB

DIARIO ANA FRANK

http://www.youtube.com/watch?v=1_Ky3DAkOxU http://www.annefrank.org/en/Subsites/Home/

5 MAIO 2014


Algunhas cuestións para o debate

ARGUMENTO Ana Frank é unha nena de trece anos filla duns

Gustouvos o libro?

comerciantes xudeus alemáns emigrados a Amsterdam en 1933 escapando da persecución nazi (antisemitismo e superioridade da raza aria) que,

Como definiriades a Ana?

tras a invasión de Holanda polas tropas de Hitler, ten que ocultarse da Gestapo xunto coa súa familia nunha bufarda anexa ao edificio onde o seu pai tiña as súas oficinas. Xunto con outras sete persoas (os seus pais e irmá, outra familia de tres membros e un home máis) permanece escondida na «casa de atrás» do edificio situado no canal Prinsengracht n° 263, en Ámsterdam durante dous anos (5 de xullo 1942 - 4 agosto de 1944). Para sobrevivir ocultos son axudados por antigos empregados do seu pai que continúan traballando nas oficinas. Despois de máis de dous anos de estar ocultos son descubertos e deportados a campos de concentración. Dos oito escondidos, só o pai de Ana, Otto Frank, sobrevive á guerra. Este diario foi atopado polos seus protectores que llo entregaron ao seu pai, quen o publicou despois de rematada a guerra e confirmada xa a morte de Ana.

Considerades que a personalidade de Ana evoluciona ao longo dos dous anos?

Se é así como evoluciona Ana?

Como definiriades aos demais personaxes escondidos?

Holocausto, tamén coñecido como Shoah ou Shoá (catástrofe en hebreo) é o nome que designa o exterminio dos xudeus polos nazis durante a II Guerra Mundial. Desde a chegada de Hitler ao poder (1933) comezaron unha serie de medidas de segregación civil, moral e política e tamén de expoliación económica do pobo xudeu, tales como foron as Leis de Nuremberg (1935, que impedían matrimonios mixtos e excluían aos xudeus da nacionalidade alemana) e a Noite dos Cristais Rotos (1938, o asalto a negocios e sinagogas xudeas e detención de miles de xudeus).

Que pensades dos personaxes que lles axudaron desde fóra?

Como vedes a relación de Ana e Peter?

Sentídesvos identificado/as con Ana?

Como vedes as relacións persoais entre os membros do escondite?

O Holocausto acordouse na reunión de Wansee (1942), na que os xerarcas nazis adoptan a chamada “Solución Final”. Isto supuxo a deportación de millóns de xudeus cara os campos de exterminio, nos que debían morrer, ben por extenuación (eran usados como man de obra escrava) ou por execución directa nas cámaras de gas.

Como vedes as relacións dos escondidos cos seus axudantes exteriores?

Pensades que Ana exterioriza todo o que pensa e sin-

te?

Que opinades da organización da “casa de atrás”?

Que valor lle dades a este diario?

Desde o punto de vista histórico pensades que é unha testemuña importante?

No colexio levabamos unha bata negra e a miña nai cosera a estrela amarela na miña. Non se podía quitar. Levar a estrela significaba toda unha serie de prohibicións: non podíamos ir á piscina, nin ao cinema, nin xogar nos parques. Testemuña dun neno xudeu en París.

Calcúlase que 6 millóns de xudeus morreron vítimas deste exterminio.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.