Un bosque cheo de faias

Page 1

O autor: FRANCISCO CASTRO ( Vigo, 1966) Francisco Castro é un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi

Outros libros do mesmo autor

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

diferentes. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de:  Un bosque cheo de faias (2004), Premio Frei Martín Sarmiento,  Chamádeme Simbad (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY  O segredo de Marco Polo (2010). Ademais é autor doutros títulos como:  O corazón da branca de neve (2013)  Tes ata as 10 (2014) 

Amor é unha palabra como outra calquera (2016)

Na actualidade traballa na Editorial Galaxia

O ilustrador: MANEL CRÁNEO (Coruña, 1973) Debuxante e ilustrador cunha ampla actividade desde mediados dos anos noventa, cando promoveu numerosísimos fanzines coma Ovo, Cos-

tra de Postre, Os rústicos da gadaña, Craneografía e Craneofilia.

Ademais dunha longa experiencia en cartelismo e publicidade, é o responsable do “storyboard” de diversos filmes (O lapis do carpinteiro) e curtametraxes

“Un bosque cheo de faias” Francisco Castro -2004Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

2 maio 2016


O argumento Alexandre é un adolescente de 14 anos que estuda terceiro da ESO. Non é un rapaz especialmente conflitivo, pero está nunha idade complicada e na casa as cousas ultimamente non marchan ben. Sente que a súa nai xa non o entende. O problema agrávase pola presenza de Miguel, o último mozo dela, co que Alexandre non está a gusto. Para fuxir da problemática familiar adoita refuxiarse no Grapas, o bar no que no que pasa as horas libres cos seus amigos. Alí son libres, senten que poden ser eles mesmos. Escoitan a música que máis lles gusta e falan das súas cousas sen sentirse constantemente vixiados. Certo día únese ao grupo de amigos Nelson, un rapaz senegalés que leva pouco tempo en España e ao que acollen sen ningún tipo de prexuízo. Pero o día de Noitevella sucede algo terrible: un grupo de nazis que leva semanas sementando o pánico na cidade, ataca a Nelson e a seu pai. A partir dese momento a vida de Alexandre e dos seus amigos muda por completo. Empezan a cuestionarse todo o que os rodea buscando os culpables da agresión. Desconfían de Caride, o dono do Grapas, e xa non se senten seguros nin sequera no seu bar de sempre. Alexandre e Manuel están máis unidos ca nunca, buscando as pistas que os leven a descubrir a identidade dos nazis. Pero todo se complica cando Alexandre empeza a dubidar do seu grande amigo, e a temer que teña relación co grupo nazi.

personaxes Alexandre A nai de Alexandre Miguel Manuel: Antón: Nelson: O pai de Nelson: Caride: Os nazis

Para o debate

buchenwald

 Sabes

que significan as seguintes palabras: Mein Kampf -skin– neonazi—xenofobia—esvástica—puño americano

 Alexandre

séntese diferente. Está nun momento de cambio. Ti tamén te sentes diferente aos demais? Pensas que ser diferente é malo ou bo?  Tes algún amigo ou algunha amiga que pertenza a unha cultura diferente á túa? En caso afirmativo, esa amizade é moi diferente de outras que tes?  Imaxínate que a túa familia ten que emigrar a outro país, onde se fala unha lingua que descoñeces. Que farías para tratar de integrarte? Como che gustaría que te tratasen os habitantes dese país?  Paréceche un bo título Un bosque cheo de faias? Garda algunha relación co argumento?  Que che gustou mais do libro? E menos? Que cousas aprendemos.  Como é a vida familiar de Alexandre? Parécese a túa?  Cal é o nome do bar no que se reúnen Alexandre e os seus amigos? Que pensa a nai de Alexandre sobre ese bar? Por que a Alexandre lle gusta ir alí cos seus amigos? A medida que avanza a historia ese lugar vai mudando. Para ti muda a mellor ou a peor? Por que?  Na páxina 7, o autor explica que“ os domingos son aborrecidos de seu,

xa fixera todos os deberes para o luns, e na tele non puñan máis que fútbol en todas as canles e a el, a verdade, gústalle máis ben pouco, aínda que a maior parte dos seus amigos e dos seus compañeiros de clase non sabían pensar noutra cousa que non fose o fútbol”. Pásache o mesmo co

fútbol? Es das persoas ás que lle apaixona este deporte ou pola contra éche indiferente? Por que?  No capítulo Novas de Aninovo Manuel relata un feito moi importante. Cal é ese feito? En que consisten esas “novas de Aninovo”? Como reaccionan os rapaces ante o relato de Manuel?  A relación entre Alexandre e Miguel, o mozo da súa nai, é bastante tensa. Describe as cousas que non lle gustan a Alexandre de Miguel. Por que cres que non o acepta?  A que se dedica o pai de Nelson? Cres que unha persoa senegalesa pode ser tan boa profesional coma unha persoa española?  No capítulo “Pensar é perigoso”Alexandre empeza a desconfiar de Caride. Que cousas son as que provocan esa desconfianza? Que detalles van reforzando as primeiras sospeitas?  Manuel, no capítulo “Como fixeches iso?”rouba a mochila de Caride. Cres que é prudente esa acción? Que atopan dentro da mochila?  Alexandre está tristeiro e preocupado. Está seguro de que Caride e os seus amigos son os nazis que agrediron a Nelson e a seu pai. Podería contarllo a súa nai e denuncialos á policía. Por que cres que non o fai? Por que opta por calar e seguir pescudando pola súa conta?

Buchenbald… “Un bosque cheo de faias”, que nome máis fermoso… (páxina 112) O campo de concentración de Buchenwald foi un dos máis grandes campos de concentración en territorio alemán. Estivo en funcionamento desde xullo de 1937 ata abril de 1945 no outeiro de Ettersberg, preto da cidade de Weimar. En total estímase que estiveron presas unhas 250 000 persoas procedentes de todos os países de Europa. Foi habitado por prisioneiros, homosexuais , Testigos de Jehová e prisioneiros políticos, entre outros. O número de vítimas, provocadas polas enfermidades, a mala sanidade, os traballos forzados, a tortura, experimentos médicos e fusilamientos estímase nunhas 56 000, entre elas 11 000 xudeus Fonte: Wikipedia “… a María, a de Ética, non se lle ocorrera outra cousa que dedicar as dúas clases da semana ao asunto dos campos de concentración (…) O documental era sobre o campo de Mauthausen. Puido ver os barracóns coa xente amoreada coma porcos nun cortello, e centos de cadáveres esqueléticos que eran arroxados nas fosas comúns coma se soterrasen cenorias ou coles podres e non seres humanos…” (p. 43-44)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.