A mansión dos Pampín

Page 1

MIGUELANXO PRADO ( Coruña , 1956)

Outros libros do mesmo autor

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

Miguelanxo Prado é afeccionado á pintura e á lectura desde mozo, pero descubriu o cómic e interesouse polo medio aos 20 anos (impresionado por autores como Moebius e Sergio Toppi), Abandona os estudos de arquitectura e decide dedicarse profesionalmente á historieta, iniciando de contado unha traxectoria ascendente nas revistas de cómics para adultos dos 80, publicando nalgunhas das cabeceiras máis emblemáticas da época (Zona 84, Comix Internacional, 1984, Cairo, Cimoc). En 1985, publica o seu primeiro traballo en solitario, “Fragmentos da Enciclopedia Délfica”. Só dous anos despois verá a luz “Stratos”. Tras colaborar coa revista satírica “El jueves” publica “Trazo de tiza”, unha obra coa que obtén o recoñecemento unánime do público internacional. Traballou para a Televisión Galega, canle para o que creou o personaxe do Xabarín e os da serie “Os vixilantes do Camiño”. En 1998, deseña os personaxes da serie de animación “Men in Black” para a produtora estadounidense Dreamworks. Dende ese mesmo ano,

“A MANSIÓN DOS PAMPÍN” Miguelanxo Prado

Prado dirixe o salón do cómic “Viñetas desde o Atlántico”. En 2003, publica o libro colectivo “Noites eternas”, en colaboración co guionista Neil Gaiman. En 2009, ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes. Traballou en animación para cine (De Profundis) e TV. Por último, polo seu traballo na extensa novela gráfica Ardalén , recibe no 2013 o Premio Nacional de Cómic.

Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

22 febreiro 2016


Resumo

Para o debate 

A fastidiosa herdanza dunha vella casa no rural para unha familia que só desexa mudarse a un piso máis grande e pagarse unhas vacacións nunha praia saturada de xente. Un alcalde e un construtor sen “escrúpulos”,

“compinchados” para levar a cabo faraónicos negocios 

inmobiliarios na busca dun “suposto progreso” para o seu pequeño municipio. Inoportunos restos dun castro que desaparecen tan rapidamente como apareceron porque

preservar é custoso e no da diñeiro. Non pode ser más demoledora, e á vez realista, a historieta de La mansión dos Pampín, con guión e debuxos de Miguelanxo Prado. Álbum "de encargo", que o autor describe como "unha Cotidianía Delirante longa, de 48 páxinas" que foi publicado, en 2004, inicialmente en galego co título de A mansión dos Pampín e enmarcado dentro da iniciativa "Proxecto Terra" do Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia (lembremos que Prado estudou arquitectura, aínda que finalmente dedicouse ao cómic e á ilustración) que amosa materiais en diferentes soportes e formatos para promover a incorporación da arquitectura na Educación Secundaria. O álbum recibiu no Salón do Cómic de 2005 o Premio a Mellor Obra e ao Mellor Guión.

Principais personaxes Indalecio. Concha. Construtor. Alcalde.

Notario. Tia Isolina. Amalia Pampín Funcionario da Xunta

Aparellador municipal. Veciño.

Fillo de Indalecio. Filla de Indalecio

                       

Gustouvos o cómic? Cal é o tema principal? Que significa a palabra “especulación”? Ten remordementos Indalecio de non visitar á súa tía en vida? Cales considerades que son os principais personaxes? Que personaxes considerades positivos? Por que? Que personaxes considerades negativos ou mais ben nefastos para a sociedade? Por que? Que podes dicir da frase: “Pódese ser máis babeco, pero hai que adestrar”? Como son as actitudes de pais e fillos? Como se comporta Indalecio ó volante? Que opinión ten Concha do gusto da finada? Que razón dan para elixir? Cal foi o reparto? Cantos anos levaba a defunta na cidade? Como describe Indalecio a paisaxe da súa infancia? Cantos anos tiña a última vez que estivera na casa familiar? Cal era o alcume da familia? Cales son os plans do alcalde? Con que quere o banco que avale un préstamo? Cales son as intencións do construtor? Cal é a vía que usa o Sr Tomás para ter subvencións? Que descobren na finca? Cal foi o consello do funcionario? Cal foi a trama entre Peleteiro e o alcalde? Cres que hoxe en día hai estafas como as sufridas polos Pampín? Nomea algún exemplo. Que medidas deberíamos poñer en marcha fronte os estafadores?

  

   

É frecuente en M. Prado unha excelente caracterización dos personaxes, tanto a nivel físico como psicolóxico. Cal dos personaxes che parece que está mellor construído? Por que? Pensades que neste cómic co debuxo se pode dicir máis que con palabras? Os seis capítulos dos que consta o libro teñen algo en común na súa forma de comezar. De que se trata? A que cres que se debe esta coincidencia? Existen dúas páxinas na obra que teñen unha estrutura exactamente igual. Ademais, os diálogos son moi semellantes. Poderías explicar que pretendeu o autor con esta coincidencia? Atopa tamén as diferenzas que hai entre unha páxina e a outra, e intenta adiviñar canto tempo pasou entre unha e outra a partir deses cambios. É tamén frecuente en M. Prado atopar o que se chama “contracampos” (Ex: un home na costa mira ao mar; na seguinte viñeta vemos ao home dende o mar). Trata de encontrar algún caso deste tipo. O “zoom” (acercamento ou afastamento nunha escena) fai que a atención se centre nun determinado aspecto da historia. Intenta localizar algún no libro. Na páxina 31 o autor “deixa caer” a súa visión sobre a forma actual de construír vivendas nos pobos. Pero consígueo sen palabras. Localiza este momento. Outro elemento tipicamente cinematográfico é o “travelling” ( a “cámara” viaxa polo escenario). Serás quen de buscar algún? Que problema se presenta respecto do achado dun castro no solar dos Pampín? En que aspectos mellorou e en cales non a vila da infancia de Indalecio? Es capaz de diferenciar un urbanismo amable e apacible con outro duro e agresivo? Que características lle adxudicarías a cada un? Que defectos lle atopas ao lugar onde vives? Cómo é o lugar de residencia ideal para ti? Con que debería contar? Pensas que quen faga unha casa debe ter liberdade total ou debe ter en conta o entorno e a veciñanza? Para rematar: poderías atopar algún título alternativo ao que ten o cómic?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.