Sete caveiras

Page 1

Elena Gallego Abad Elena Gallego Abad é xornalista, cunha ampla traxectoria profesional en medios de comunicación galegos, tanto p r e n s a e s c r i t a c o m a r a d i o . Membro do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), dende 1987 a 1999 desempeñou labores de locutora e redactora en numerosas emisoras galegas No período 1994-1996 Elena Gallego colaborou como redactora e fotógrafo en distintas delegacións dos xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1998 recibiu Premio "Xosé Aurelio Carracedo" de Xornalismo (Deputación Provincial de Ourense) no apartado de "Medios Audiovisuais", pola producción e realización do programa "A Fiestra", emitido en Onda Cero Our e n s e . En 1999 Elena Gallego incorporouse á plantilla de Faro de Vigo, desempeñando o labor de xornalista nas súas delegacións de Ourense, Pontevedra e dende 2002 a 2013 traballou en Cangas do Morrazo. Como escritora, Elena Gallego Abad publicou:  a triloxía fantástica “DRAGAL”, que está a ser traducida a diversas linguas, e que terá continuidade con “Dragal IV, a estirpe do dragón".  "SETE CAVEIRAS" (2014) supón un cambio de rexistro, cunha incursión na novela negra. Trátase da primeira obra deste xénero escrita en lingua galega cunha

A BANDA SONORA do LIBRO

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

LA FRONTERA “Siete calaveras”

https://www.youtube.com/watch?v=7UmREhebrWA Una extraña noche el eco de su voz, surgió del frío en un buen lugar. Sus ojos traen el fuego que la sangre no apagó y bajo la tormenta se habló: "De una triste historia de venganzas y de honor, que el tiempo no logró olvidar. Siete calaveras y una maldición, siete cruces bajo el sol". Una por rencor, dos por ambición, tres por el dinero que voló. Cuatro por el odio, cinco por error, seis por el amor que no llegó. Siete calaveras y una maldición, que el tiempo no logró olvidar. Una triste historia de venganzas y de honor, siete cruces bajo el sol. Siete calaveras duermen en el valle, siete calaveras y una maldición. Siete calaveras duermen en el valle, siete calaveras y una maldición, maldición. (…)

Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

“SETE CAVEIRAS” Elena Gallego Abad

27 abril 2015


Argumento do libro SETE CAVEIRAS está ambientada na cidade de Vigo e narra unha historia de misterio, durante a cal sucédense uns asasinatos, a cada cal máis macabro. Á inversa que en Dez Negritos, de Agatha Christie, a medida que aparecen cadáveres flotando na ría, tamén aparecen xoguetes. En concreto uns muñecos de Famobil, a firma primitiva de Playmobil. A xornalista Marta Vilas verase no medio dun misterio que, aínda que non lle concierne, dalgunha forma obrígalle a chegar ata o fondo do asunto. Acompañada polo obxectivo da súa cámara, a protagonista intentará seguir o fío dos acontecementos ata chegar ao asasino antes de que sexa demasiado tarde.

PERSONAXES      

Marta Vilas (xornalista) Alfonso (esposo de Marta) Pablo Curuxeiras (redactor-xefe) Fernando Prieto (garda civil) Paco (dono da Taberna do Pirata) Alfredo Miranda Castro (asasino)

Para o debate 

Que pensaches cando tiveches o libro na man e viches a portada?

Curuxeiras e Marta representan dúas maneiras de facer xornalismo. Marta nun momento dado dille ó seu xefe: Iso non é facer xornalismo ; iso é vender a alma ao demo por unha merda. A que se refire?

Pensas que hoxendía a profesión de xornalista está desvalorizada?

A protagonista da novela, ten vida propia fóra do traballo? Dirías que é feliz?

Pensas que a narración engancha ó lector?

Simpatizaches co asasino ó coñecer a súa historia?

O delito cometido polos “sete caveiras” quedou impune. Cres que isto sucede na vida real?

Estás de acordo co dito “OLLO POR OLLO E DENTE POR DENTE”?

Pensas que a trama do libro está ben fiada? Tódolos cabos son atados ó remate da novela?

Os famosos CLICKS de Famóbil aparecen na escenografía de tódolos crimes cometidos. Cal é a túa explicación?

Que che pareceu o final da obra? Sorprendeuche? Decepcionouche? …

Que final escribirías ti para esta novela?

A movida viguesa dos 80 A movida viguesa foi un período de creación cultural, xurdida entre 1977 e 1981, que se desenvolveu na cidade de Vigo durante a primeira metade da década de 1980, e que coincidiu no tempo coa movida madrileña. Foi fundamentalmente un movemento musical e estético asociado á nocturnidade e os bares do casco vello da cidade, que supuxo unha reacción á música e mais aos valores convencionais da época, nun contexto de forte crise económica (con altas taxas de paro e unha forte reconversión do sector naval) e de certo escepticismo político . Baixo o manto da movida viguesa xurdiron grupos como Golpes Bajos, Aerolineas Federales, Os Resentidos, Semen Up, Siniestro Total … Fonte: Galipedia

A xeración perdida (La Voz de Galicia 19-4-2015

Os mozos da foto (todos eles de Vilanova de Arousa) son unha pequena mostra dunha xeración rebelde. Inconformista. Non pasara moito tempo desde a morte de Franco, querían liberdade e non se conformaban. Había algúns que non estudaran. Outros non tiñan traballo nun país cuxa taxa de paro disparouse desde o 15,33 %, daquel 1982, ata máis dun 21 % en 1985. E algúns dos que tiñan emprego traballaban en cousas que non lles gustaban. Pero tamén había nenos ben aos que non faltaba de nada. En certo xeito, comezaron a coquetear coas drogas porque eran curiosos, porque lles gustaba experimentar E non só houbo xeracións practicamente desaparecidas nesa parte das Rías Baixas. Tamén en Monforte, en Ferrol... e moitos outros puntos do país.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.