13 anos de Branca

Page 1

Agustín Fernández Paz (Vilalba , 1947)

Libros do autor na nosa biblioteca

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe francés e italiano. Ademais de Perito Industrial Mecánico, Agustín Fernández Paz é Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como docente durante máis de trinta anos, nos distintos niveis do ensino primario e secundario. Ademais desta dedicación á docencia, desenvolveu unha ampla actividade teórica e divulgativa, centrada en temas como a promoción da lectura, a introdución dos medios de comunicación na aula, a didáctica da lingua ou a normalización da lingua galega nos ámbitos escolar e social. Os seus libros obtiveron numerosos premios, tanto no ámbito galego coma no español. Foi recoñecido dúas veces como o mellor autor do ano Os seus libros gozan do aprecio dos lectores, e moitos deles coñecen numerosas edicións. Algúns, como Cartas de inverno, Trece anos de Branca ou As fadas verdes, superaron a fronteira dos cen mil exemplares vendidos. En 2015 recibiu o premio dos Clubs de Lectura escolares de Galicia como autor máis lido. Fonte: http://agustinfernandezpaz.gal/o-autor/

Agustín Fernández Paz

Páxinas web consultadas para a elaboración desta guía: http://agustinfernandezpaz.gal/o-autor/ https://gl.wikipedia.org/wiki/

26 outubro 2015


ARGUMENTO Branca é unha rapaza a quen unha hepatite obrígaa a gardar cama durante seis semanas. O feito de cumprir anos nun dos primeiros días do seu recomendado repouso e un dos agasallos, un álbum de fotos, sirven de detonantes na historia dunha adolescente que, para cando remate o período de convalencia, esperta a unas novas ilusións e outra maneira de entender a vida.

Personaxes BRANCA RAQUEL PAI DE BRANCA HENRIQUE A VÍBORA XABIER

LOIS DANIEL NAI DE BRANCA ANA Don DANIEL

Sabías que... A enfermidade que padece Branca, a protagonista e unha HEPATITE de tipo A. A hepatite consiste nunha inflamación do fígado. Existen varias causas, sendo as máis coñecidas as causadas por virus, mais poden ser tamén por intoxicacións por alcohol e outras substancias e medicamentos tóxicos. En común, todas as hepatites teñen algún grao de destrución das células hepáticas, sendo o sinal máis chamativo a ictericia, e que se caracteriza pola coloración amarelo-dourada da pel e conxuntivas. Hepatite A.: é unha hepatite infecciosa moi contaxiosa; a súa transmisión é do tipo fecal oral, ou sexa, ocorre por contaminación directa de persoa a persoa ou a través do contacto con alimentos e auga contaminados, e os síntomas comezan uns 30 días despois do contaxio. É máis común onde non hai ou é precario o saneamento básico. A falta de hixiene axuda na diseminación do virus. Hepatite B.: transmítese a través do sangue, agullas e materiais cortantes contaminados, tamén a través de tatuaxes, piercings, no dentista e ata en sesións de depilación, así como a través de relación sexuais HEPATITE C: A máis perigosa e temida das hepatites virais, a súa transmisión é a través de sangue agullas e materiais cortantes contaminados, con transmisión moi doada e rápida. Pode ser adquirida a través de transfusión sanguínea, tatuaxes, usuarios de drogas, piercings, no dentista e en manicura. Na gran maioría dos pacientes é asintomática no período agudo da doenza, mais poden ser semellantes aos das outras hepatites virais A colombofilia é a cría e adestramento de pombas para convertelas en pombas mensaxeiras, capaces de volver ao seu pombal desde puntos distantes e que derivou na época moderna nun deporte que xa non ten como finalidade levar mensaxes e si percorrer un traxecto no menor tempo posible medido mediante reloxos especiais.

DRACAENA Xénero de alomenos 40 especies de árbores e arbustos. A meirande parte delas proceden de África. Presentan un ou varios troncos e son de crecemento lento. Algúns exemplares poden chegar a acadar ata os 5 m de altura.

Como deporte o país que conta con máis licenzas é China (300.000 licenzas 2005) seguida de Alemaña (58.000), Bélxica (43.000), Polonia (43.000), Reino Unido (37.800), Países Baixos (29.800) e existe unha Olimpíada Columbófila. Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/

Para o debate...  Por que ten Branca que pasar mes e medio na casa?  Que pasa o 7 de maio de 1992?  Regalarías un álbum de fotos? Gustaríate ter un como o de Branca?  Con que foto decide empezar o seu álbum?  “A min non me gusta nada lembrar aqueles anos nos que vivíamos en Santiago. “p.28 Que cres que pasou neses anos?  Como pensas que é a relación de Branca cos seus pais?  Cando foron a vivir a Pontebranca?  Por que pensaas que quere agochar as fotos de Lois?  Que temas lle preocupan a Branca?  “Agora ségueme gustando moito escribir. Non hai cousa mellor que ser capaz d inventar unha hª. Ë bonito crear personaxes e facerlles que lles pasen as cousas que ti queres. P. 57 . Estás de acordo con Branca?  Hai un capítulo titulado a orixe das galaxias . Que relación ten coa historia?  Que opinión che merece María “A Víbora”?  Don Daniel é o titor de Branca, un profesor ó que esta só viu enfadado nunha ocasión. Recordas cando?  Sabes que é unha cruz gamada ou “esvástica”?  Dirias que Branca está namorada? E Lois?  Por que manteñen o seu amor en segredo?  Se Lois foise o voso amigo, os vosos pais deixaríanvos andar con el?  Que significado pensas que ten a frase “Xa pasou o tempo de Peter Pan”?  Xabier foi o que me fixo abandonar libros como os dos Cinco que eran todos iguales “ . Líchedes ós “Cinco”?  “Para escribir hai que vivir di xabier o profe de Branca. Un escritor é como unha esponxa que absorbe a vida para logo deitala no papel. Agora entendo o que quería dicir con iso” . Estás de acordó?  Pensas que Branca é a mesma persoa ó remate da súa enfermidade? Como se sinte ó final?  Como continuarías ti a historia de Branca?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.