1 minute read

XUVENIL

(GAL) LOCALIZACIÓN: Sección xuvenil | SINATURA: X / VÁZ / con

O Conserxe

Advertisement

Autoría: Xosé Luís Vázquez Somoza

Edicións Xerais, 2022

SINOPSE

A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de posible suicidio. A partir de aquí comezan as indagacións oficiosas do propio conserxe, co visto e prace da directora do centro, para tratar de esclarecer as circunstancias da morte da rapaza. Son case dúas semanas de pescudas que ofrecen unha visión excitante do mundo académico, que percorre todos os ambientes, e nos que se ven implicados os diversos colectivos do ámbito educativo, desde o persoal docente, non docente, familias e a mesma sociedade.

(GAL) LOCALIZACIÓN: Sección xuvenil | SINATURA: X / COS / leb

A Lebre Mec Nica

Autoría: Ledicia Costas

Edicións Xerais, 2022

Sinopse

As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.