poema

Page 1

NENOS/AS DE 4º E.I.

BÁÑASE A NUTRIA BÁÑASE O GORRIÓN TAMÉN EU ME BAÑO CON AUGA E XABÓN

O PATO LIMPA O SEU PICO COR SANDÍA EU TAMÉN OS DENTES TODOS OS DÍAS CRECE A ÁRBORE AO AIRE E AO SOL


NENOS/AS DE 5ยบ E.I. A

AY MI RESFRIADO

Me duelen los ojos me duele el cabello, me duele la punta tonta de los dedos y aqui en la garganta una hormiga corre con cien patas largas ay mi resfriado


NENOS/AS DE 5º E.I. B A ESCOLA DO MAR A roda roda da caracola durmen os cangrexos e rin as ondas. Os peixes pequenos xogan na area quedan durmidos xunto as baleas. Os peixes espertan, saltan as rochas. Cantan , Soñan , Bailan e coas súas manciñas mecen no berce as estreliñas. Ao acuario escola van os peixiños Pompas de cores entre os seus libriños Á roda roda imos soñar que axiña a naiciña viranos buscar.










NENOS/AS 2ยบ PRIMARIA B





Nenos/as 3º Primaria B O MAR Oh, mar…! ondiñas do mar, coas túas ondiñas esperamos xogar. Canto nos ofreces todo nos das enerxía, peixes e moita sal. Coas túas ondiñas podemos brincar nas túas ondiñas sabemos saltar. Nos que che podemos dar? vámoste coidar para así as túas augas non contaminar.












A AUGA E OS PEIXES

A auga do Océano que brilla por momentos. Cos seus animais do mar que comen sen parar.

A xente non se decata do que está pasando e nunca estamos reciclando. Os peixes morren e xa non viven máis.

Todos os peixes necesitan liberdade porque se os collen non viven no mar.

A auga tan linda, deixámola en paz cos seus animais mariños que nadan sen parar.


A primavera Hoxe comeza a primavera os campos coloréanse de verde, as flores dan o seu froito e queren que as leve. Os ríos aumentan de caudal levan a súa auga ó mar para a praia preparar, e nos no verán non parar de xogar. Dentro de pouco a Semana Santa comezará, os profes se relaxan, e os nenos tamén descansan, e de tan contentos que están, xogan sen parar. No mes de abril, non para de chover, para que nós non paremos de beber. A finais do mes de maio, non para de chover para que no mes de xuño, estea todo como debe ser.


NENOS/AS DE 5º E.P. B

La primavera ¡Qué bonita la primavera! con su aire que refresca. Las flores que van naciendo dejan un paisaje ¡estupendo! Ya llegan las mariposas, las nubes negras se van, el sol en coche viene, los pájaros se ponen a cantar. ¡Qué bonita la primavera! con su aire que refresca. Las flores que van naciendo dejan un paisaje ¡estupendo! El calor ya llega en tren, el frío en avión se va. Los árboles se visten de verde, el viento, viene y va. ¡Qué bonita la primavera! con su aire que refresca. Las flores que van naciendo dejan un paisaje ¡estupendo! Los niños juegan con las flores, en el valle del lugar. Es que la primavera, acaba de llegar.


NENOS/AS DE 6º E.P. A RÍO SOLDÓN Eduardo Moreiras RECITADO POR ÍRIA ARGONES ARIAS 6ºA

Río Soldón, de escumas puras na cascada, entre rochas bermellas fita azul ao pé da Serra Rocaboa! Deus, un día Abriu gorxas de luz nesta montaña galega e ficou saudoso a soñar.


Brinca na rocha o regato puro. Azas de cor viva salpican o ceo. Suspiros do regato en flor, ¿de quen serán? A auga lambe a carriza coma bico na pel soñada ¿Qué amará?

Vieiros de tomelo o levan lonxe, agachado nas xestas, coma un neno. Regueiro de augas frías entre penedos: no prado ¿que soñará?


Linguas de fogo alumean o frescor da ponla delicada. Cantiga do regato humilde e solo, nas uces da montaña, ¿pra onde irá?

RIBEIRANA Víctor Campio RECITADO POR ANTÍA MOURIÑO MARTÍNEZ 6ºA Polas ribeiras de Laias baixa o Miño entre viñedos cantando unha ribeirana con saibo de amor labrego.

Leva nas ondas un son antigo de romanceiro e cruza as terras do val con camiñaar de romeiro.


No piñeiral ergue a voz cantando a dúo co merlo e máis abaixo remánsase no corazón de Castrelo.

Por Francelos e Filgueira espállase en campo aberto, as augas abrazan lirios e bican a flor dos érbedos.

O meu río cruza o val coma quen navega un ceo, buscando as terras guardesas para morrer mar adentro.


Eu tamén vou pola vida coma o meu río romeiro, navío de xunco e liño sen timón, vela nin remo.

Eu tamén vou cara o mar coma quen navega un ceo, lixeiro de arboradura, ceibe na rosa dos ventos.

RÍO DE OUTEIRO

Edelmiro Vázquez

RECITADO POR SARELA MEANA CASTRO 6ºA

Río da infancia, ausente melodía no corazón dun canto matutino. Rio de Outeiro, espello cristalino, dos meus días, corrente fuxidía.


Río do tempo, o sol de mediodía xa devala en poñente vespertino. Río da vida, río de destino, peregrino de ignota lonxanía.

Lonxe de min, atópome contigo Vexo un neno que escoita, paseniño, os murmurios do tempo pasaxeiro.

Lonxe de ti, encóntrome comigo, debruzado na Ponte do Muíño, mirándonos pasar, Río de Outeiro.


Romance íntimo o río Louzara. Fiz Vergara Vilariño RECITADO POR SENAIT LUIS FEIJOO 6ºA

Dezanove anos de vida e índa zoa nos meus ouvídos a túa cantiga soneira, que arrolou de meniño, aquil cantar doce, soave, garimoso e solermiño; aquil cantar infantil inda hoxe sigue vivindo. Pro a infancia... a miña infancia: ¿Onde ma levaches río? Dezanove anos de vida e inda vexo o meu sorriso reflexando nos espellos dos teus remansos de vidro;


nas túas ondas transparentes coma luces do vacío. ¡Os espellos seguen aí, perennes e cristaíños! Pero a ledicia... a ledicia: ¿Onde ma levaches río?


NENOS/AS DE 6º E.P. B

Belidadona é preguicera porque xoga que te xoga a vida enteira.

Belidadona é guapa porque ten a cara sonrroxada.

Belidadona é rica porque da festas e a todo o mundo invita.

Belidadona é boa porque cando choran a todos ela apoia

Belidadona é sabia porque le moito na cama.




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.