Page 1

EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA

2º CICLO

3º CICLO

En GALEGO:

En GALEGO:

“Un saco de estrelas” (Editorial Xerais)

“ Mamasiña, que medo” (Ed. Xerais)

Con esta apaixonante historia de Fina Casalderrey, descubrirás a unha muller cun saco luminoso que semella ter dentro a luz de ducias de estrelas. Ti....que cres? Serán estrelas ou outra cousa? Abre o libro e poderás saber que pasa con ese saco e esa muller.

“Vouvos papar” ( (Editorial Xerais) Esta é unha historia de Tucho e Mucha, dous nenos que conectados polo correo electrónico e o programa de chat, cando xogaban ao seu xogo preferido, de repente, son chuchados polo seu ordenador coma se os prendese unha aspiradora. Serán capaces de saír? Que nos terá preparado a escritora, Luz Méndez, neste ordenador?

Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel, vivía o xigante Xuvenco, que papou ao alcalde, ao garda de tráfico, ao cura.......papará o xigante a.....? Unha obra de teatro moi divertida de Chus Pereiro.

“Sopa de xarope de amora” (Editorial Xerais) Unha nova peza de teatro, onde un doutor, chamado Amorodo, traballador das casas reais, recibe encargos un pouco raros. Este doutor terá que descubrir a receita da súa ama de chaves, para poder cumprir o encargo de casar as fillas de..... Se queres saber máis, comeza a ler este libro de Neira Cruz.

En CASTELÁN:

En CASTELÁN:

“Mira que eres apestoso señor pringoso” (Editorial SM)

“Diario de Greg”. (Editorial Molino)

Andy Stanton, o autor, amósanos en Puebla da Perrunilla, algúns personaxes moi peculiares......soamente algúns? O señor Pringoso é o máis porco, o máis odiado e o máis perverso de todos os habitantes: as súas malvadas maquinacións sempre van dirixidas a boas persoas. Quen será, nesta ocasión, o branco das diabólicas intrigas do noso aborrecible, señor Pringoso?

“Nino puzle” ( Editorial Edelvives) Un rapaz, Nino puzle terá que investigar sobre unha moeda desaparecida, unha pantasma nocturna, unha momia misteriosa, uns cromos roubados,un monstro larpeiro,....Se queredes saber máis, entrade nos libros deste escritor chamado James Preller.

AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO

Nestes cinco libros, do escritor Jeff Kinney, atoparás a un rapaz moi especial chamado Greg. Non lle gustan as vacacións de verán. Por que? É un “pringao”. Por que? Terá que facerse maior e non lle gusta moito esa idea. Se queres saber como é Greg, abre os cinco libros e quedarás totalmente abraiado.

“Molly Moon” ( Editorial SM) Molly Moon , é unha nena orfa de dez anos que vive nun orfanato xunto aos seus amigos. Xunto con Pétula, unha cadela de cor caramelo, irá descubrindo quen é seu pai e súa nai. Atopa un libro sobre hipnotismo e a partir de aí lánzase a múltiples aventuras. Se ti tamén te queres hipnotizar descobre estes libros da escritora Georgia Byng. Se che gusta o primeiro libro de Molly Moon atrévete a ler os outros catro e ten coidado con...........non hipnotizarte.

BIBLIOTECA E EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP RECIMIL

Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono: 981 31 28 46 Fax: 981 32 77 77 http://www.edu.xunta.es/centros/ceiprecimil


ZONGALO QUIRICO deséxavos unhas boas vacacións de VERÁN e por suposto tamén unhas boas lecturas. Este curso 2010-2011 a vosa mascota, lembra que todos estes libros que aquí presenta son moi pero que moi especiais. Son libros lidos e elixidos polo voso galo, Zongalo Quirico. Zongalo Qurico desexa que nestas vacacións aproveitedes para descansar pero tamén para gozar destes marabillosos libros. Buscade un ratiño do voso tempo e metédevos nestas historias tan pero que tan sorprendentes. O voso galo vos recomenda libros de: - Aventuras

- Animais

- Lugares

- Culturas

- Viaxes

-........

- Nen@s - Humorísticos Zongalo Quirico, asesorado polos mestres e mestras do Equipo de Biblioteca e do Equipo de Normalización Lingüística seleccionou algúns libros que vos poden interesar pero sen esquecer que sodes vós, lectores, os que decidides que queredes ler. Boas vacacións, boas lecturas e ata.......... o próximo curso. EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS En GALEGO: “Perdido?” (Ed.Patasdepeixe) Un neno atopa un pingüín extraviado na porta da súa casa. Decide axudalo de regreso ao seu fogar. Será quen de facelo? Un libro sobre a amistade do escritor Oliver Jeffers.

En CASTELÁN:

EDUCACIÓN PRIMARIA

“ Cuando los dragones sueñan” (Editorial Blume) Neste libro de James Mayhew, un pequeno dragón non consegue quedarse durmido, aínda que o intenta con todas as súas forzas. Cal pode ser o motivo? Só tes que abrir o libro e quedaredes moi pero que moi durmidiños e durmidiñas.

EDUCACIÓN INFANTIL 4-5 ANOS En CASTELÁN: “Adivina cuanto te quiero” (Editorial Kókinos) Unha lebre grande cor abelá xoga con outra lebre pequena cor abelá: as dúas queren expresar o moito que se queren. Pero......quen quere máis? A lebre grande á lebre pequena ou a lebre pequena á lebre grande? O autor, Sam MacBratney, sorpréndenos cun final moi pero que moi especial. En GALEGO: “ A vaca que puxo un ovo ” ( Ed. Patasdepeixe) Unha vaca quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas as galiñas. Ti cres que as vacas poden poñer ovos? Se cres que non, só tes que abrir este libro, do escritor Andy Cutbill, e verás que fermoso ovos poden poñer algúns animais como por exemplo esta vaca tan particular. “ O increíble neno devorador de libros”(Ed. Patasdepeixe) O escritor, Oliver Jeffers, preséntanos a un neno chamado Henry.A Henry encantábanlle os libros, pero non como a ti e a min, non........a Henry encantáballe COMER libros!!!!!!! Se queres saber que libros come, se os come enteiros, se os come en cachiños, se os acompaña con leite, ..........só tes que mirar os debuxos e seguro que botas unhas poucas risadas.

1º CICLO

En GALEGO: “O Quirico lambón” (Ed. Xerais) Bernardino Graña preséntanos ao burro Perico que por mor do seu casamento,foi un día, moi contento, a invitar a moitos bichos, e tamén foillo anunciar, a Quirico, que era un galo, do monte, un pouco malo, que á escola nunca fora, moi señorito e lambón. “A pantasma da torre” (Ed. Xerais) Mariña e os seus amigos queren saber se hai pantasmas no campanario da igrexa da súa vila, pero todos teñen moito medo e non se atreven a intentalo. Conseguirá a escritora, Lourdes Maceiras, poñernos un pouquiño de medo? Sodes valentes? En CASTELÁN: “ ¿Dónde van las cosas que se pierden? ”(Editorial Beascoa) Lucas, o protagonista, ergueuse un pouco tarde para ir ao colexio. Pero cando se estaba a vestir deuse conta de que lle faltaba un calcetín. Buscouno por todos lados, pero non foi capaz de atopalo. Xa non era a primeira vez que perdía algo. O autor, Jordi Lafebre, mediante un xogo, manda ao lector atopar o calcetín. Anímate e que teñas moita sorte. “La señora de los libros” (Editorial Juventud) Cal, un rapaz que vivía con seus pais e unha irmá no alto dunha montaña, fáiselle raro que a súa irmá pase todo o día lendo, xa que a el non lle gustan os libros. Tamén se estraña de que eses libros sexan entregados na súa casa por unha muller que ven a cabalo cada certo tempo. Chegará Cal a ter gusto pola lectura? Que final nos terá preparado o escritor Heather Henson?

TRÍPTICO VERÁN  

Recomendacións de lecturas

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you