Page 1

g

coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística

O PLURILINGÜISMO NO ACTUAL SISTEMA EDUCATIVO GALEGO Como nais e pais do século XXI, un dos obxectivos que agardamos do sistema educativo é que axude as nosas fillas e fillos a acadaren unha habilidade comunicativa en varias linguas, que lles permita desenvolver un maior grao de intercomunicación con persoas doutros ámbitos culturais e xeográficos. Somos conscientes de que as novas xeracións están a medrar nun contorno social e laboral dinámico e cambiante, que esixe cada vez máis unha predisposición favorable á aprendizaxe doutros idiomas distintos a aquel que empregamos no noso círculo social máis inmediato. Neste contexto, a escolla do PLURILINGÜISMO, máis que unha opción individual, semella unha aposta colectiva a prol dun futuro mellor para as nosas fillas e fillos. Desde a CGENDL estamos a favor da introdución e consolidación do ensino plurilingüe en todos os niveis educativos en Galicia, sempre e cando se faga de maneira axeitada.

Que é realmente un ensino plurilingüe? O que capacita o alumnado para desenvolverse en varias linguas, e parte dun principio pedagóxico básico: a aprendizaxe de linguas é sumativa (cantas máis se saben, máis doado é aprender outras) e non funciona por compartimentos estancos. no Ru

so

ab

Ru

so

Ár

ab

sc

és

on

aro

és

Galego

Eu

e

Inglés

gu

né s

Alemán

ma

és nc

Castelán

p Xa

és

Roman

Checo

Castelán

Italiano

G

rtu Po co

és

Inglés

Holandés

o Chinés reg

Che

gu

s

rtu

po

Fra

Ca

Ro

G

án

tal

e

és

Ár

o reg

o ar

Ale

Xa

sc

Italia

Chinés

mán

Po

Eu

Holandés

Fra nc

lán

ta Ca

Galego

É este o plurilingüismo que queremos?

Non será mellor que partindo das dúas linguas ambientais se adquiran capacidades para aprender o maior número de linguas?


g

coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística

Que modelo se está aplicando na actualidade? O modelo fragmentado (cada área, unha lingua) é o modelo que está a aplicar a Xunta de Galicia, cun reparto das horas e materias que pretende equiparar o tempo adicado á aprendizaxe de inglés, castelán e galego, nunha porcentaxe do 33% para cada lingua. Cada materia do currículo impártese, pois, nunha única lingua decidida previamente polas autoridades educativas.

Por que é un método inadecuado? Porque se implanta a lingua estranxeira a unha idade demasiado temperá, sen deixar que os nenos e as nenas asenten as linguas que os rodean, tal e como din os especialistas. Porque non se están formando a cidadáns plurilingües, só se pretende que saiban algo máis de inglés, lingua considerada de status máis elevado e déixanse bastante de lado os contidos das diferentes materias, co cal vai descender o nivel xeral do alumnado. Porque non se lle está sacando rendemento ás horas lectivas xa que non se favorece a coordinación do profesorado de todas as áreas co obxectivo común de que o alumnado avance en competencias plurilingües (expresión oral e escrita e comprensión oral e escrita). Porque non atende a realidade socio-cultural de Galicia e mais impide que o alumnado aprenda a lingua propia.

Cal resulta o método máis eficaz para a aprendizaxe de idiomas? Os expertos apostan polo modelo integrado que se axusta ao que se propón desde o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Este modelo parte das linguas ambientais para aprender progresivamente outras, axustando a aprendizaxe á idade do alumnado e atendendo a un enfoque comunicativo que leva a que saiban expresar calquera contido en calquera lingua, xa que se traballan todos eles en todos os idiomas presentes no sistema educativo.

En definitiva, cómpre lembrar que plurilingüismo é... poder comunicarse en moitas linguas respectar todas as linguas ter interese por aprender fomentar a diversidade cultural concederlle valor á lingua propia Para máis información : http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/index.html

Plurilingüismo  

Remitido pola Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización