Page 1

NA

PUNTA DA LINGUA

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Boletín Informativo nº 8

ÍNDICE Páxina

Contido

Páxina

Contido

1

Consello de Europa e inmersión

2

Asociación Diverslingua

2

Linguas indíxenas en América Latina

3

Déficit lingüístico nos/nas licenciados/as

3

Portal Biblioteca das Letras Galegas

3

Tradutor Google

4

Linguaxe e xenética

4

Atlas da UNESCO

5

Editorial Galaxia en Google Books

5

Atlas Mundial Galego on line

6

A contumacia na crenza no deixou espazo para a preguiza. Para non dubidar.

O Consello de Europa aposta pola 'inmersión total' no ensino O Consello de Europa propúxolles ás comunidades autónomas españolas con linguas cooficiais que desenvolvan un modelo de ensino baseado na 'inmersión total' para aumentar a presenza destes idiomas á vez que cualificou de 'insatisfactoria' a situación do galego no ensino de Galicia. Pode consultarse o Informe.

1


Nace a asociación Diverslinguae para dar a coñecer o plurilingüismo do Estado español A asociación Diverslinguae nace co obxectivo de dar a coñecer a realidade plurilingüe do Estado español e defender os dereitos lingüísticos dos pobos con idiomas minorizados no ámbito estatal. Forman parte de Diverslinguae A Mesa pola Normalización Lingüística, a Fundación Aurten Bai, Euskara Kultur Elkargoa e o CIEMEN (Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions), entidades que manteñen unha colaboración permanente e prolongada no tempo e que integran o Comité do Estado Español da Axencia Europea das Linguas Minorizadas (EBLUL- European Bureau for Lesser-Used Languages).

En América Latina hai 522 pobos indíxenas que falan 420 linguas Preto de 522 pobos indíxenas que falan 420 linguas existen en América Latina, segundo o primeiro Atlas Sociolingüístico da rexión, efectuado por unha fundación patrocinada por UNICEF O estudo, que comprende 21 países e foi realizado polo Programa de Formación en Educación Intercultural Bilingüe para os Países Andinos, determinou que a maior cantidade de pobos indíxenas se concentra en Brasil, con 247, mentres que no outro extremo está El Salvador, con tres.

.

2


Cales son as linguas máis útiles para os licenciados galegos? O 11% DAS PEMES PERDE CLIENTES POR DÉFICIT LINGÜÍSTICO Un equipo de investigadores do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago está a realizar un estudo sobre as competencias idiomáticas dos egresados universitarios nos seus postos de traballo. A finalidade é establecer propostas de mellora na formación inicial dos estudantes e tamén na formación permanente dos titulados no relativo aos idiomas, como parte fundamental do desenvolvemento das súas habilidades profesionais no mundo da empresa.

Aparece o Portal Biblioteca das Letras Galegas O Portal Biblioteca das Letras Galegas, que se acolle ás infraestruturas electrónicas e telemáticas que lle ofrece a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, ten por finalidade facilitarlles aos usuarios da rede obras dixitalizadas da literatura galega de todos os tempos, dende as primeiras manifestacións medievais (séculos XIII-XV) até a actualidade.

GOOGLE INCORPORA O GALEGO NO SEU SERVIZO DE TRADUCIÓN EN LIÑA

3


A evolución da linguaxe sería un proceso cultural, non xenético A adaptación xenética á linguaxe é imposible pola inestabilidade dos contornos lingüísticos A evolución da linguaxe humana débese á cultura e non á xenética, segundo un estudo realizado polo UNIVERSITY COLLEGE LONDON (UCL), do Reino Unido. Aínda que haxa unha base xenética relacionada coa linguaxe, e que incluso puido preceder á aparición deste, os cambios lingüísticos son demasiado repentinos para que puideran quedar codificados nos nosos xenes. A esta conclusión chegaron os científicos grazas a un modelo teórico baseado en simulacións informáticas que permitiron comparar o ritmo da evolución da linguaxe e o da evolución xenética. A conclusión, segundo os investigadores, é que a linguaxe humana é un sistema evolucionado culturalmente, e non un produto da adaptación biolóxica.

ATLAS DA UNESCO COAS LINGUAS EN PERIGO

4


Presentación dos fondos de Galaxia en Google Books A Editorial Galaxia puxo os fondos completos ao servizo dos internautas. O acordo con Google consiste en poñer a disposición dos lectores e as lectoras de todo o mundo os textos do catálogo, tanto actual como histórico, de modo que se poida acceder a eles parcialmente, para así axudar á súa máxima difusión.

ATLAS MUNDIAL GALEGO ON LINE

5


A contumacia na crenza non deixou espazo para a preguiza Probablemente estamos perante unha das maiores dúbidas que nos aparecen á hora de utilizar as formas estándar: presidencia? presidenza? influencia? influenza? Nas palabras cultas, en xeral as de entrada máis recente, coincide o galego co castelán e co portugués, pois nos tres idiomas se conservan estas terminacións sen alteración na forma: abundancia, alternancia, arrogancia, circunstancia, constancia, discordancia, distancia, elegancia, extravagancia, exuberancia, ganancia, ignorancia, importancia, infancia, petulancia, redundancia, repugnancia, resonancia, substancia, tolerancia, vixilancia, etc. Outros: adolescencia, aparencia, ascendencia, descendencia, diverxencia, esixencia, incidencia, independencia, indulxencia, inocencia, intelixencia, presidencia, procedencia, referencia, residencia, reticencia, urxencia, virulencia, vixencia; audiencia, ciencia, conciencia, consciencia, conveniencia, deficiencia, desobediencia, eficiencia, experiencia, impaciencia, inconsciencia, inconveniencia, inexperiencia, insuficiencia, obediencia, omnisciencia, paciencia, proveniencia, sapiencia, subconsciencia, suficiencia; afluencia, altilocuencia, anuencia, confluencia, consecuencia, delincuencia, efluencia, elocuencia, fluencia, frecuencia, grandilocuencia, incongruencia, inconsecuencia, influencia, secuencia, etc. Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, audacia, avaricia, contumacia, delicia, eficacia, falacia, farmacia, ictericia, impericia, inmundicia, malicia, milicia, noticia, pericia, perspicacia, pertinacia, suspicacia, etc. Teñen terminación -cio formas coma anuncio, artificio, beneficio, bulicio, cartapacio, cilicio, comercio, consorcio, desperdicio, divorcio, edificio, exercicio, ficticio, hospicio, maleficio, necio, negocio, nuncio, oficio, orificio, palacio, patricio, precipicio, prefacio, propicio, sacerdocio, sacrificio, silencio, socio, vicio, xentilicio, etc. Noutras palabras o galego conserva as formas con solución patrimonial -zo, -za: andazo, avinza, cansazo, cobiza (cobizar, cobizoso etc.), crenza (descrenza), diferenza (indiferenza), doenza, espazo (espazar, espazoso), estanza (‘estrofa’), finanza (financeiro), graza (desgraza), habenza, licenza, nacenza (renacenza), novizo, perseveranza, pertenza (xunto ao cultismo pertinencia, con significado diferente), postizo, preguiza (preguiceiro, preguizoso), presenza, prezo (desprezo, menosprezo, prezar, desprezar), querenza (benquerenza, malquerenza), sentenza, servizo (servizal), tenza (mantenza), terzo (terza, terzá, terzar), xuízo (axuizar, prexuízo), xustiza (axustizar, inxustiza, xusticeiro). A maioría delas son formas xa amplamente documentadas desde antigo na nosa lingua, e algunhas son préstamos que se incorporaron con esta solución (estanza, finanza...).

TODO CHE É CUESTIÓN DE PACIENCIA ? PACENCIA? PACENZA?

6

Boletín Na punta da Lingua 8  

Boletín do Equipo de Normalización Lingüística do IES do Castro de Vigo

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you