Issuu on Google+

Viveiro Xardín Compostela

► Alumno : Gonzalo Seoane Nieto


ÍNDICE

1- Situación 2- Propiedade 3- Historia 4- Tipo de viveiro

5- Dimensións 6- Catálogo de especies a producir 7- Esquema de produción 8- Instalacións necesarias e automatismos 9- Sistemas de rega 10-

Sistemas de abonado

11-

Comercialización

12-

Comercialización de plantas

13-

Empregados / as


1- SITUACIÓN - O viveiro Xardín Compostela atópase na provincia de A Coruña. Consta de dúas instalacións, unha onde produción a planta e outra onde comercializan e venden ó público. - Os viveiros onde producen a planta atópase no concello de Boqueixón, na parroquia de Lestedo, e concretamente no lugar de Lestedo. Chégase a el pola estrada N-525 Santiago - Ourense. - Os viveiros onde venden as plantas atópase no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Villestro, e concretamente no lugar de Roxos. Para poder chegar a el iremos pola estrada AC – 543 Santiago – Noia.

2- PROPIEDADE - É unha sociedade limitada ( S.L. ) de propiedade familiar, xa que os socios compoñentes de sociedade son un matrimonio e o seu fillo. É de carácter privado.

3- HISTORIA - A historia do viveiro remóntase 19 anos atrás cando se instalaron na comarca de Santiago. Dende aquela levan traballando nas mesmas instalación que ata o momento. Antigamente xa se dedicaban a esta actividade na zona de Vilagarcía de Arousa ( Pontevedra ), de onde son naturais.


- Na actualidade aínda manteñen as instalacións de Vilagarcía de Arousa en propiedade pero non a teñen preparada para darlle uso nin como viveiro de produción nin de venda.

4- TIPO DE VIVEIRO - O viveiro dedícase basicamente a produción de planta de tempada. Sen embargo de cara a venda ó público, aparte de vender esta planta de tempada que eles producen tamén venden outras plantas e árbores ( como son as árbores de sombra, forestais,… ) que compran a outros viveiros.

5- DIMENSIÓNS - O recinto total das instalacións de Roxos ronda os 7000 m² mentres que as instalacións de Lestedo son 2800 m², repartidos en 5 invernadoiros de 70 metros de largo por 8 metros de ancho cada un.


6- CATÁLOGO DE ESPECIES A PRODUCIR

-Hebe - Pensamento - Petunia - Santolina - Primula - Viola - Xeraneo

7- ESQUEMA DE PRODUCIÓN - Exportan dende os Países Baixos e Bélxica. As plantas proceden de miniplantel. Exceptuando algunha planta como as petunias, na que utilizan unha mestura de fibra de coco con turba rubia, para o resto soen utilizar so substrato universal puro ( 51893 ).


Tipos de bandexas dos Paises Baixos

- Usan abonos de liberación lenta ( osmocote ), que o mesturan co substrato nunha proporción de 3 kilos de abono por m³ de terra. Unha vez se ten o substrato preparado comeza o proceso de pasalas a macetas. Este proceso realízano segundo o número de plantas do miniplantel e que a continuación queda referenciado:

Miniplantel

Macetas

72 buracos 128 buracos 264 buracos

15 - 16 centímetros 13 - 14 centímetros 10 - 11 centímetros

- Cando xa está toda a planta en maceta, xa queda lista para a súa posterior venda ó público. - Para conservar a planta en bo estado, aparte de que estean colocadas nos lugares axeitados e a temperaturas óptimas, non soen utilizar demasiados tratamentos. Non é costume que utilicen ananizantes pero si cando chega a época estival utilizan un funxicida ( Robral ) contra a botritis e usan insecticidas sobre todo para as orugas.

8- INSTALACIÓNS NECESARIAS E AUTOMATISMOS - Nas instalacións de Lestedo, onde producen plantas os invernadoiros están cubertos por plástico e nos laterais por unhas mallas que evitan a entrada de insectos dende o exterior. Ás plantas como os xeranios colócanselle unhas


mantas por enriba de elas para que poidan manter a temperatura que necesitan e non lles afecte o frío.

Manta témica para manter a temperatura dos xeraneos

- Tamén ten unha área de traballo para a preparación do enmacetado da planta. - En Roxos son invernadoiros tamén cubertos, con zonas acristaladas en algúns laterais e mallas antiinsectos. Posue unha estructura con ventilación cenital . Tamén contan con: - Unha pequena oficina. - Un aparcamento. - Un almacén (abonos, sustratos, envases, etc.). - Unha área de traballo.


Almacén ( Roxos )

9- SISTEMAS DE REGA - Nas instalacións de Roxos utilizan o rego por aspersión mediante microaspersores aéreos. Sen embargo nas instalacións de Lestedo usan difusores aéreos. En ambos casos recurren ó rego manual mediante unha mangueira.

Microaspersor aereo

10- SISTEMAS DE ABONADO - O proceso de abonado faise mesturando a terra e o abono de liberación lenta ( osmocote ). Utilizan polo xeral abono de liberación lenta de 3-4 meses, 5-


6 meses e 8-9 meses. Como xa indicara no apartado do esquema de produción faise a mestura nunha proporción de 3 kilos de abono por m³ de terra.

11- COMERCIALIZACIÓN - Como xa dixen, as instalacións onde comercializan ó público é en Roxos. Manteñen unha clientela fixa, o por menor, pero anos atrás tamén comercializaban o por maior para a empresas de xardinería, etc. Aínda hoxe en día en momentos puntuais comercializan a algunha empresa de xardinería ou ó concello.

12- COMERCIALIZACIÓN DE PLANTAS - A gran maioría das plantas véndenas en maceta.

Macetas para as plantas

Plantas nas macetas


13- EMPREGADOS/AS - No viveiro traballan catro persoas das cales tres son da mesma familia e socios do viveiro. Trátase de Delia, o seu home, o seu fillo José Manuel Barcala e outra empregada. Divídense polo xeral dous para as instalacións de Lestedo e os outros dous para as instalacións de Roxos.

Con José Manuel o día da visita ó viveiro de Roxos

A empregada que non forma parte da familia leva moitos anos traballando con eles. Teñen a experiencia de tantos anos de dedicación ás plantas e o mundo do viveiro.


Viveiro Xardín Compostela