Page 1

(…) Que é poesía? Tantos intentos se fixeron por intentar definir poesía! (…)Non me satisfaz esta definición que un día din eu nunha estrofa en castelán :

¡Es tan triste responder! ¡Poesía es detener la belleza que se va!

(…) A poesía verdadeira ten que producir emoción estética, o mésmo que a música ou outra arte. Confeso que, inda que pareza sorprendente, unha boa música a min prodúceme unha emoción máis fonda e inmediata que un poema. A poesía tén outra dimensión, porque é a interpretación da realidade por medio da palabra (…). Resumindo: para min a poesía é a máis alta expresión da comunicación humana (…). Fragmento da presentación no recital de poesía en Guitiriz Xosé María Díaz Castro, 1984

Moitos escritores galegos homenaxearon a Díaz Castro compoñendo poemas. Darío Xohán Cabana compuxo o seguinte, imitando o de Penélope: Suco vai, suco vén. E aquí chegamos, neve nos cumes, frío nas valgadas, e darredor as agras sementadas, e non chega a colleita que esperamos. Algún día entre soños sementamos o noso pan. Chovía nas aradas, e ó se achega-lo tempo das anadas desmo de fume e vento colleitamos. Cada cousa de nós é de borralla baixo do vento mol que se desliza sobre o mundo e o manca e o esborralla. Un paso adiante e outro atrás, Galiza. Un negro orballo eternamente orvalla sobre tristeza antiga e outoniza.

Triptico Diaz Castro  

EDLG e Biblioteca Castelao Rianxo Letras Galegas 2014

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you