Issuu on Google+

A BOMBA DA FELICIDADE. Adaptación do conto A bomba da Felicidade de Carlos Casares

Un día Leoncio prometeulle aos rapaces que lle ensinaría a bomba da felicidade, o seu novo invento.


Leoncio tiña dúas manías: os discursos e os inventos. Todo o pobo o coñecía polas súas ocorrencias.


Os rapaces e rapazas perseguían a Leoncio para que lles explicase o seu novo invento. Éles xa coñecían …


“O Papapío”. “O Papapío” é un idioma inventado por Leoncio co que te podes comunicar cos paxaros e coas formigas. Leoncio coñece así moitos segredos da Natureza.


Un invento que tivo moito éxito os días de festa, foi o canón que disparaba caramelos .Había moitos sabores: amorodo, mazá, noz, limón, mel, menta, pexego, plátano, abelá, mandarina, pera e cereixa.


O último invento que amosou foi a súa alfombra voadora. Con ela recorre Galicia nos días longos da primavera.


A bomba da Felicidade era o invento do que máis orgulloso se sentía. Ocorréuselle inventala despois de ver as noticias na televisión. So aparecían pobos destruídos polas guerras, ou por catástrofes naturais. A Leoncio non lle gustaba ver familias sen fogar.


Leoncio explicou aos nenos como funcionaba. Para botala hai que subir nun paxaro coa bomba na man esquerda. D茅bese subir un quil贸metro hacia o ceo.


Logo díselle ao paxaro en idioma “Papapío”… -Paspallís pio pio pían. Que quere dicir si está preparado. Si o paxaro di que sí sóltase a bomba sobre o pobo elexido.


Os pobos no que se bota a bomba da Felicidade están destruídos. Os nenos non teñen colexios, non hai hospitais e todos teñen caras de tristeza. Cando a bomba estoura…


Aparecen no pobo vinte bandas de mĂşsica tocando alboradas e muiĂąeiras.


Do ceo choven rosc贸ns , rosquillas, caramelos, pasteis ,e miles de globos de cores.


A xente ĂŠnchese de ledicia. Todos se unen para reconstruĂ­r o pobo e volven a ter casas, escolas, hospitais e sobre todo Felicidade.


Os rapaces e rapazas quedaron moi contentos ao escoitar a Leoncio. O seu invento parecĂ­alles marabilloso.


Tódolos anos, o 30 de xaneiro, recordan a Leoncio e a súa bomba da Felicidade. Son nenos e nenas que queren vivir nun planeta cheo de

PAZ.

Alumnos/as 2º A Colexio A.D.R. Castelao.


A bomba da felicidade