Page 1


UNIÓN EUROPEA ORGANIZACIÓN PARA A PROHIBICIÓN DAS ARMAS QUÍMICAS No ano 2013 o Premio Nobel da Paz recibiuno a Organización para a Prohibición das Armas Químicas. Esta organización ten unha misión: eliminar todo tipo de armas químicas en todo o mundo, comprobar que se destrúen as existentes e en coidar de que non se produzan nunca máis. A organización foi fundada no 1997 e as súas oficinas están en Bélxica.

A UE é unha asociación económica e política singular de 28 países europeos que abarcan xuntos gran parte do continente. Foi fundada despois da Segunda Guerra Mundial. O que comezou coma unha unión económica evolucionou hasta converterse nunha organización activa en todas as frontes, desde a axuda ao desenvolvemento hasta o medio ambiente. No 2012 a UE recibiu o Nobel da Paz pola súa contribución ao avance da paz, a reconciliación, a democracia e os dereitos humanos en Europa.


LIU XIAOBO

ELLEN JOHNSON SIRLEAF, LEYMAH GBOWEE E TAWAKKOL KARMAN Estas tres mulleres liberianas recibiron o Premio Nobel da Paz no ano 2011 pola súa labor a favor dos dereitos das mulleres e pola súa loita non violenta para garantir a seguridade das mulleres e a súa participación nos procesos de paz dos seus países. Ellen Johnson é a presidenta de Liberia. Foi a primeira xefa de Estado de todo o continente africano. Gbowee é avogada e activista. Karman é periodista e activista polos dereitos humanos en Yemen.

“A liberdade é un valor en si mesmo e por si mesmo, porque sen el, os seres humanos nunca poderían desenvolver todo o seu potencial”. Liu Xiaobo naceu o 28 de decembro de 1955. É un intelectual, profesor e activista pacifista a favor dos Dereitos Humanos e das reformas na República Popular China. No ano 2009 foi arrestado baixo sospeita de “incitar á subversión contra o poder do Estado”, polo que foi condenado a 11 anos de cárcere. No ano 2010 recibiu o Premio Nobel da Paz pola súa loita non violenta e duradeira por defender os Dereitos Humanos, pois esta loita garda unha estreita relación coa paz, requisito indispensable para a fraternidade entre as nacións.


MARTTI AHTISAARI BARACK OBAMA “Aqueles que defenden a xustiza sempre ocupan o lado correcto da historia”.

Martti Ahtisaari naceu no ano 1937 en Viipuri, por aquel entón pertencente a Finlandia, hoxe parte de Rusia.

Barack Obama naceu en Honolulu no ano 1961. É avogado e o actual presidente dos Estados Unidos de América. É o primeiro afroamericano en chegar á presidencia dos EEUU.

Foi o décimo presidente da República de Finlandia. Foi o enviado especial das Nacións Unidas no proceso de negociación do estatuto de Kosovo, co que se pretendía poñer fin á guerra de Kosovo.

No ano 2009 concedéuselle o Premio Nobel da Paz pola súa labor a favor do desarme nuclear e por traballar pola paz mundial.

Recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2008 pola súa importante labor en varios continentes e durante máis de tres décadas destinada a resolver conflitos internacionais.


AL GORE E O GRUPO DA ONU CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO “A dicotomía entre desenvolvemento e sustentabilidade é falsa. Sen planeta, non hai economía que vala”.

Al Gore naceu no ano 1948. Foi vicepresidente dos EEUU. No ano 2006 participou como protagonista nun documental contra o cambio climático que gañou un Óscar, Unha verdade incómoda, no que se insta á busca de enerxías limpas para evitar a destrución do planeta. No 2007 foi galardoado, xunto co grupo da ONU contra o cambio climático, co Premio Nobel da Paz pola súa contribución á reflexión e acción mundial contra o cambio climático.

MUHAMMAD YUNUS E A ORGANIZACIÓN GRAMEEN BANK “A pobreza é una ameaza para a paz”. Muhammad Yunus é un economista e banqueiro de Bangladés. El desenvolveu o concepto dos microcréditos, que son pequenos préstamos dirixidos a persoas pobres que non poderían solicitar un crédito nun banco normal. Foi o fundador do banco Grameen. No ano 2006 recibiu o Premio Nobel da Paz polos seus esforzos en incentivar o desenvolvemento económico e social desde abaixo.


WANGARI MAATHAI “A paz na Terra depende da nosa capacidade para asegurar o medio ambiente… a degradación ambiental e a pobreza van xuntas”. Wangari Maathai naceu en Kenia no ano 1940 e faleceu no 2011. Foi unha activista política e ecoloxista. Estudou bioloxía e doutorouse en menciña veterinaria. Fundou o Movemento Cinto Verde, responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores por todo o seu país para evitar a erosión do chan e así mellorar a calidade de vida das mulleres que levaban a cabo este traballo. Concedéronlle o Premio Nobel da Paz no ano 2004 pola súa contribución ao desenvolvemento sustentable, á democracia e á paz. Foi a primeira muller africana en recibir este galardón.

NELSON ROLIHLAHLA MANDELA “O meu ideal máis querido é o dunha sociedade libre e democrática na que todos poidamos vivir en harmonía e con igualdade de posibilidades”. Nelson Mandela naceu no ano 1918 en Sudáfrica e faleceu en decembro do 2013. No seu país era coñecido coma Madiba (título honorífico outorgado polos anciáns do seu clan). Foi avogado e político. Chegou a ser presidente de Sudáfrica entre 1994 e 1999. Encabezou o movemento contra o Apartheid (sistema de segregación racial no que había lugares determinados para vivir segundo o grupo racial ao que se pertencera), polo que foi ao cárcere durante 27 anos. No 1993 foi galardoado co Premio Nobel da Paz polos seus esforzos en establecer unha nova democracia que remate coa segregación racial en Sudáfrica.


XIV DALÁI LAMA “O medio para facer cambiar de opinión é o afecto, non a ira”.

TERESA DE CALCUTA “A paz comeza cun sorriso”

Tenzin Gyatso é o XIV Dalái Lama do Tíbet, tamén chamado “portador do loto”. Naceu no Tíbet no ano 1935.

A Madre Teresa de Calcuta naceu no ano 1910 e faleceu no 1997. O seu nome secular era Agnes Gonxha Bojaxhiu.

Asumiu a xefatura do goberno tibetano con 15 anos e decidiu exiliarse no ano 1959. Desde entón reside na India e viaxa polo mundo impartindo ensinanzas budistas e falando a favor do pobo tibetano e da súa autonomía respecto da China.

Foi unha monxa que fundou a congregación das Misioneiras da Caridade en Calcuta (India). Durante máis de 40 anos atendeu a pobres, enfermos, orfos e moribundos.

Concedéuselle o Premio Nobel da Paz no ano 1989 pola súa resistencia constante ao uso da violencia na loita da súa xente para recuperar a liberdade.

No ano 1979 concedéuselle o Premio Nobel da Paz polo traballo emprendido na loita por superar a pobreza e a angustia, que tamén constitúen unha ameaza para a paz.


MAHATMA GANDHI

KOFI ANNAN E A ONU

“Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño”

“Non conseguín nada eu só. Millóns de persoas en todo o mundo ansiaban a paz”.

Mahatma Gandhi naceu e falceu na India (18691948). Foi avogado, político e pensador. Loitou pola independencia da India con métodos non violentos. Estivo no cárcere en varias ocasións. Unha vez acadada a independencia da India, tratou de reformar a sociedade hindú, integrando as castas máis baixas e desenvolvendo as zonas rurais. Nunca recibiu o Premio Nobel da Paz. Anos despois, o Comité do Premio Nobel deuse conta de que iso era unha inxustiza. Na data do seu falecemento, o 30 de xaneiro, celébrase cada ano na súa honra o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.

Kofi Atta Annan naceu en Ghana no 1938. Estudou economía e foi o Secretario Xeral das Nacións Unidas (ONU). Durante o seu mandato, unha das súas maiores prioridades foi a loita activa contra a SIDA. No ano 2003 manifestouse en contra da guerra de Iraq e considerouna ilegal. Xunto coa ONU, recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2001 polo seu traballo por un mundo mellor organizado e máis pacífico.

Exposición premios nobel  

Exposición de algúns premios Nobeis. Equipos de biblioteca e EDLG do CEIP ADR Castelao Rianxo.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you