Issuu on Google+

Galicia

Moisés Rodríguez, alcalde de Tui

Hernández afirma que o Eixe Atlántico do AVE quedará rematado o vindeiro ano

03

Provincia

www.xornal21.es

Nº 59 / Marzo 2013

Periódico galego de distribución gratuita

O parque de Porriño incorporará catro bombeiros - conductores

04

Deportes

A Eurocidade Tui - Valença organiza 17 andainas para 2013

Saúde

A maioría das enfermidades cardiovasculares son prevenibles

“É o momento de unir”

Motor

22

Nova Serie Especial Citroën DS3 Urban Shot

Estudiado o 40% das alegacións do PXOM de Mos 08

Os bombeiros darán a d n e Viv cobertura total á provincia a partir de maio

Actualidade n Decoración n Tendencias n Xardinaría n

15 - 19

>

Mos

>

Saldeca de Caselas

>

l Suplento Especia

A Deputación de Pontevedra adxudicou a contratación da Xestión Indirecta, mediante concesión administrativa, da xestión do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento á empresa Mantemento de Infraestruturas SA (MATINSA SA) en 21,1 millóns de euros. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, desta-

cou que, por primeira vez, se dará cobertura á totalidade dos habitantes da provincia pois o Consorcio amplía o seu radio de cobertura a nove concellos máis e esto completaráse nalgúns outros coa intervención dos Grupos de Emerxencia que financian a Xunta, a Deputación e os propios concellos, así como cos parques municipais das grandes cidades, Vigo e Pontevedra. 04

CONCELLOS

> >

Gondomar

>

13

14

Ponteareas

>

>

27

10 - 12

Salvaterra de Miño Tui

29

05 - 09

O Porriño

>

28

20

22 - 25

Tomiño

26 21

Nigrán

21

Festas de San Telmo en Tui

24 - 25


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Marzo 2013

Opinión... Porriño "a desfeita" José Luis Gil Vázquez (O Porriño)

Logo da "Desfeita" urbanística dos tempos do goberno bipartito BNG-PSOE, nos que se encheu a localidade de mamotretos, que lle dan un aire triste e gris, coma se doutro Vigo en pequeno tratásese; varios destes "tochos" ademais quedáronse a medio cociñar pola crise, cal monumentos ao mal gusto e á incompetencia,

exemplos claros, o esqueleto do edificio que substituíu a unha fermosa e señorial casona xunto á capela da alameda, ou o mastodonte inacabado fronte á estación, ou a reforma da Av. de Galicia na que se eliminaron carriles e ducias de aparcamentos, substituídas por "macroaceras" sen unha soa árbore, que cando a canícula aperta convértese nun infernal eiral de losetas, tan pouco atractivo que non se instalou negocio algún en toda a larguísima fileira de bloques, vía na que nas horas punta fórmase un embudo para o tráfico e un grave contratempo para ambulancias ou bombeiros en situacións de urxencia.

Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis

O PORRIÑO

Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Tomiño

TOMIÑO

PONTEAREAS

Concello de Nigrán Centro de Saúde Casa do Mar Panxón Centro de Saúde A Xunqueira, A Ramallosa Policía Local Taxis Nigrán Taxis A Ramallosa

986 365 000 986 365 042 986 352 600 986 383 929 986 365 406 986 350 009

Concello de Gondomar Centro de Saúde Policía Local Taxis

986 360 125 986 360 781 986 389 191 986 360 244

986 622 003 986 623 411 986 622 006 986 622 811

NIGRÁN

GONDOMAR

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

teléfono contra a violencia de xénero

986 640 000 986 661 000 986 640 001 986 640 988

986 804 100 900 123 505 902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

MOS Mercedes Abellás A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

TOMIÑO M. del Carmen Pardo Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González Carregal de Arriba, 15 O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B. C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

número 59 / 15 de Marzo de 2013 o 15 de Abril de 2013

Director Técnico: Pablo Freijeiro

Publicidade: Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es 986 348106 Redacción: redaccion@xornal21.es

Fotografía: Óscar Martínez, Arquivo Xornal21

Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández e José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez.

Martes Mércores

Luns

Martes Mércores

Xoves

4 5 6 7 11 12 13 14 18 19 20 21 25 26 27 28

Venres

ABRIL 2013 Xoves

Sábado Domingo

1 2 3 8 9 10 15 16 17 22 23 24 29 30 31

Venres

Sábado Domingo

FARMACIAS de GARDA

986 335 000 986 338 869 620 404 040 986 330 014

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

MARZO 2013

Luns

Tui: 08 abril (Luns de San Telmo) Nigrán: 19 marzo (San Xosé)

Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis

SALCEDA DE CASELAS Concello Salceda de Caselas 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008

Michel Eyquem de Montaigne (1533-1592) Escritor y filósofo francés.

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 349 008 Policía Local 639 821 377 Taxis 986 658 034

TUI

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

Cita

Yo no me encuentro a mí mismo cuando más me busco. Me encuentro por sorpresa cuando menos lo espero.

FESTIVOS LOCAIS

i TELEFONOS de INTERESE MOS

Un concello, gobernado agora polo PP, que debe de estar coas arcas baleiras, pois agora sóbenos a contribución un mínimo dun 25%, antes 109 agora 138 euros, pero que non se corta en "fanfarrias e mandangas". En setembro, durante as festas, terei que soportar unha vez máis orquestas debaixo da miña fiestra ata as 4.30 da madrugada e un sinfín de foguetes ás 8 da mañá. Despues queixámonos de que a Merkel quéiranos "apertar as clavixas".

Distribución: Buzoneo: Zona sur provincia Pontevedra, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Ponteareas. Dpto. Circulación Eloy Rodríguez

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: ImcoDavila

Depósito legal: VG 1138 – 2007 Membro de:

Tel. 986 333 487 Tel. 986 486 550

Tel. 986 336 013 Tel. 986 487 094

Tel. 986 330 330

Tel. 986 486 245

Tel. 986 487 094

Tel. 986 62 22 85

Tel. 986 62 00 10

Tel. 986 25 20 31

Tel. 986 62 42 62

Tel. 986 63 37 53 Tel. 986 337 055 Tel. 986 346 529

Tel. 986 331 307

Tel. 986 333 212

Tel. 986 331 373

Tel. 986 332 003

Tel. 986 344 006

Tel. 986 60 32 89

Tel. 986 60 00 62

Tel. 986 60 01 55

Tel. 986 60 00 57

PONTEAREAS Farmacia Elduayen, 7 Farmacia Picoto, 3 - Areas Farmacia Plaza Mayor, 26 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade Farmacia Real, 12 Farmacia Ruiz de Alda, 13

986 641 795 986 642 215 986 640 023 986 653 680 986 640 832 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz Vendanova, 23 – San Xurxo Tel. 986 349 353 Juan Pablo Peleteiro Tel. 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D Tel. 986 340 742 SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez San Roque, 2 - Leirado Cándido Teijeiro / Renfe, 39 Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 Claudia Vidal / Avda. Portugal, 11

NIGRÁN ABAL LOURIDO, MARINA Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón) ALONSO BRAVO, JORGE Rúa dos Pazos, 142 - Camos ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue NIMO SOTELO, SONSOLES Rosalía de Castro, 10 - Villamean PRIETO ESTURILLO, CB. Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón VIVES HERMIDA, SUSANA Mª Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44)

GONDOMAR ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8 ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B. Telleiro, 9 - Donas CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO San Miguel Peitieiros - Fonte MOLINA GAMARRA, TOMÁS Hervillas, 8 - Vincios NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN Avda. Del Conde, 22 VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO. Eduardo Iglesias, 2

Tel. 986 649 266 Tel. 986 343 057

Tel. 986 657 672 Tel. 986 658 035 Tel. 986 658 158 Tel. 986 658 108 Tel. 986 350 252 Tel. 986 368 046

Tel. 986 366 252

Tel. 986 380 170

Tel. 986 365 794

Tel. 986 365 894 Tel. 986 353 106 Tel. 986 389042

Tel. 986 354954

Tel. 986 389066

Tel. 986 363476 Tel. 986 360002

Tel. 986 360028

Periódico galego de distribución gratuita Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza.

O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa. REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. Correos 1091 - 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra Tel.: 986 348106 www.xornal21.es


Galicia

Marzo 2013

Xornal 21

3

Campaña de reciclaxe en 66 concellos

Imaxe das obras do AVE en Vigo. /Arquivo Xornal21

Hernández afirma que o Eixe Atlántico do AVE quedará rematado o vindeiro ano Xornal21.es

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, destacou a vontade do actual Goberno de España á hora de axilizar os trámites e dotar do financiamento necesario ás obras de Alta Velocidade a Galicia, e sinalou que dito empeño fará posible que o Eixe Atlántico estea operativo en toda a súa lonxitude ao longo do próximo ano. O responsable de Infraestruturas da Xunta fixo esta afirmación no transcurso da súa intervención no Parlamento, onde reiterou o compromiso do propio presidente do Goberno de que as obras de conexión coa rede española e europea de alta velocidade a través do centro de España concluirán en 2018. Recordou que o actual Goberno de España, a pesar das dificultades económicas, está a avanzar no Eixe Atlántico, quedando unicamente tres tramos pendentes en obras: Vigo- Soutomaior, Pontevedra- Portela e Vilagarcía de Arousa- Padrón. Neste último tramo seguen as obras do viaduto do Ulla en Catoira que unicamente se ven supeditadas pola complexidade técnica dunha estrutura que se considera, na súa tipoloxía, unha marca

Explica que as obras do AVE en territorio galego deron un pulo significativo dende xaneiro de 2012, que se traduce na adxudicación de obras por un importe de máis de 1.200 millóns de euros. mundial, precisou. Destacou que só en base a estes feitos, desde o Goberno galego recoñécese que a Administración estatal está a poñer a vontade política e os recursos necesarios, facendo realidade unhas obras xustas e necesarias para Galicia. Engadiu que tamén son necesarias para o equilibrio territorial, económico e social de España, aínda que desde outros lugares traten de cuestionar un investimento polo que a Comunidade galega agardou durante moitos anos, sen discutir a prioridade doutros territorios a dispoñer desta infraestrutura antes. Pulo significativo Durante a súa intervención, o conselleiro destacou que as obras do AVE deron un pulo definitivo dende que Ana Pastor está á fronte do Ministerio de Fomento, xa que dende xaneiro de 2012 se adxudicaron obras por un importe total de 1.228 millóns de euros.

Explicou que no tocante á conexión ferroviaria de AVE co centro de España, e na súa sección máis complexa entre Lubián e Ourense, dende xaneiro de 2012 adxudicáronse as obras de plataforma correspondentes ao 60% da lonxitude entre Lubián e Taboadela, sumándose así ao outro 40% xa licitado. Así, toda a lonxitude da liñas entre Lubián e Taboadela está en obras. Herdanza do anterior Goberno Agustín Hernández sinalou que o novo ciclo político, con Mariano Rajoy á fronte, non só trouxo un maior impulso a estas actuacións vitais para Galicia; senón tamén unha vontade de diálogo e colaboración por parte de executivo central. Deste xeito, a sociedade galega coñecía en decembro de 2011 a verdadeira e exacta realidade das obras do AVE, que pasaban por unha difícil situación económica. A modo de resumo, salientou

que no Eixe Atlántico faltaban por licitar obras por un importe de 253 millóns de euros e había 465 millóns de euros de que debían aboarse en 2012, polo que o orzamento pendente ascendía a 718 millóns de euros, é dicir un 47% do investimento total (estimado en 1.513 M€). Engadiu que se á cifra do importe sen aboar (718M€) sumamos o importe do orzamento da entón paralizada estación de Urzáiz en Vigo, o investimento pendente elevábase ata os 898 millóns euros. No relativo á conexión co centro da Península, entre Olmedo e Ourense, do total do investimento previsto, cifrado en 7.023 millóns de euros, as obras aínda sen licitar sumaban un importe de 3.456 (practicamente un 50%) e outros 2.107 estaban aínda sen adxudicar. En resumo, dixo, quedaban sen pagar 6.517 millóns de euros (un 93% do investimento total) e nos tramos do territorio galego unicamente se tiña pagado un 1,6% (59 dos 3.618 millóns de euros orzamentados). “O balance- concluíu o conselleiro- no Eixe Atlántico faltaba por pagar un 47% das obras en execución e na conexión co centro de España un 93% do investimento total”.

A campaña da reciclaxe impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e o Sistema Integrado de Xestión Ecoembes baixo o lema Separemos ben, reciclaremos mellor, e cuxo obxectivo non era outro que o de incentivar a recuperación de residuos en Galicia mediante a mellora da segregación en orixe e correcto depósito dos mesmos nos distintos contedores de recollida selectiva, sáldase cun balance positivo ao propiciar a participación directa na mesma de 17.000 persoas de distintos puntos de Galicia, contabilizando nesta cifra á veciñanza en xeral e escolares. A iniciativa, enmarcada no plan galego de xestión de residuos urbanos 2010-2020, e que arrancou en setembro de 2012, materializouse en 66 concellos con porcentaxes de impropios no contedor amarelo situados entre o 31 e o 40 por cento. Destes, 16 pertencían á provincia da Coruña, 17 á de Lugo, 23 á de Ourense e 10 á provincia de Pontevedra. En todos os casos despregáronse un bo número de actividades de concienciación e sensibilización social onde as boas prácticas na xestión sostible dos refugallos, un dos maiores desafíos ambientais aos que as sociedades avanzadas deben facer fronte, constituíron o epicentro das distintas xornadas levadas a cabo. Así, a estratexia dos tres erres converteuse na auténtica protagonista ao recordar a necesidade de reducir a produción de desperdicios, a través do consumo responsable; reutilizar os produtos, alongando a vida útil; e activar a participación nos mecanismos de recollida selectiva, facéndose necesaria a axeitada segregación de materiais en orixe e correcto depósito dos mesmos nos diferentes contedores: amarelo, para envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks); azul, envases de cartón e papel; iglú verde, para os de vidro, e verde convencional, para os restos non reciclables, que Sogama consegue transformar, con todas as garantías, en enerxía eléctrica.


4

Provincia

Xornal 21 Marzo 2013

Matinsa adxudícase a xestión conxunta dos parques de bombeiros da provincia A Deputación de Pontevedra adxudicou a contratación da Xestión Indirecta, mediante concesión administrativa, da xestión do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento á empresa Mantemento de Infraestruturas SA (MATINSA SA) en 21,1 millóns de euros. Aforro de 150.000 euros anuais Ao concurso presentaranse catro empresas pero a de Matinsa foi a oferta máis ventaxosa e con importantes melloras. A adxudicación suporá un aforro de 150.000 euros anuais sobre o que viña costando este servizo e permitirá á Deputación desenvolver melloras nos parques de bombeiros da provincia. O contrato, que é o máis alto dos executados pola Deputación de Pontevedra, terá unha duración de 8 anos, prorrogable por periodos máximos de tres anos, ata os 14 anos. Máis bombeiros, novo camión e outras melloras Esta adxudicación permitirá a xestión conxunta dos parques de bombeiros da provincia e implicará importantes melloras. En concreto, que se contratarán 8 bombeiros máis a tempo total e 4 a tempo parcial; que se contará cun novo camión de bombeo urbán valorado en 333.000 euros e con dous novos equipos de excarcelación; e que os traballadores dos parques obterán melloras en seguros de cobertura, equipamentos, vestiario, etc. O presidente da Deputación de Pontevedra compareceu ante os medios, acompañado polo Director Xeral de

Emerxencia, Santiago Villanueva, e os delegados da Xunta, Cores Tourís e María Xosé Bravo, para informar dos acordos adoptados polo pleno do consorcio provincial. Inicio en maio e cobertura ao 100% da provincia Louzán destacou que, por primeira vez, se dará cobertura á totalidade dos habitantes da provincia pois o Consorcio amplía o seu radio de cobertura a nove concellos máis e esto completaráse nalgúns outros coa intervención dos Grupos de Emerxencia que financian a Xunta, a Deputación e os propios concellos, así como cos parques municipais das grandes cidades, Vigo e Pontevedra. Según Louzán, a nova empresa adxudicataria faráse cargo da xestión dos parques de bombeiros provinciais a partir do mes de maio-xuño. Santiago Villanueva lembrou que no ano 2000, a provincia tiña tan só os dous parques de Vigo e Pontevedra e que agora dispón de 14 grupos de profesionais de emerxencias que cubren a totalidade do territorio cunha isocrona de menos de 30 minutos á maioría da poboación Os concellos que compoñen as “áreas de actuación preferente” de cada parque son: Bueu (Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Soutomaior e Ponte Caldelas), Porriño (As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui), Ribadumia (Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia e Sanxenxo, Portas e Barro) e Vilagarcía (A Illa, Vilagarcia, Vilanova, Caldas, Catoira e Valga).

Catro bombeiros-conductores máis para Porriño

A adxudicación da xestión do Consorcio Provincial de Bombeiros á empresa Matinsa acarreará diversas melloras para o personal dos parques provinciais así como para as propias instalacións dos centros.

A adxudicataria inclueu na súa oferta, que resultou gañadora, melloras técnicas en medios humanos adicionais e efectivos de intervención sobre o mínimo esixido. En concreto, catro bombeiros-conductores en tur-

nos comúns, a máis dos 41 esixidos, pasando a facer un total de 85 efectivos; e, en turnos a tempo parcial, catro efectivos máis equivalentes a 1.656 horas anuais. A adxudicación implicará

tamén 13.120 horas/ano adicionais a disposición do consorcio e a cargo do concesionario sobre o mínimo esixido; un plan de intervención que inclúe un estudio de cada zona con datos de poboación, riscos

detectados, estudos de isócronas, protocolos de intervención, plans de mantemento de edificios e vehículos e medios de emerxencias esistentes en cada zona. Finalmente, a adxudicación implicará tamén melloras sociais para os traballadores por un importe de 12.916 euros ao ano; unha póliza de responsabilidade civil a 6 millóns de euros de 1.500 esixidos; seguros de vehículos a todo risco; seguro obligatorio por accidentes de traballo con indemnizacións de ata 120.000 € en caso de morte ou de 60.000 en caso de incapacidade absoluta. Os bombeiros tamén serán obxecto doutras melloras no vestiario, aplicacións informáticas para mellorar e evaluar o seu traballo, así como un camión de extinción autobomba e dous equipos de excarcelación. A adxudicación dos parques suporá un aforro de 150.000 €, sobre o custe actual do servizo, e implicará melloras nas instalacións do parque de bombeiros de Porriño por 50.000 €.


Marzo 2013 Xornal 21

Mos

5

Mos reitera na necesidade de buscar unha solución á problemática do transporte interurbán Redacción Xornal21

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, envioulle unha carta ó director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Miguel Rodríguez Bugarín, reiterándolle a necesidade de que dende a administración autonómica se lle dea unha solución ó Concello para o problema do transporte interurbán, agravado últimamente polas pretensións de varias empresas concesionarias de realizar cambios e incluso supresións nas liñas que na actualidade pasan polo termo municipal mosense. E é que nas últimas semanas a rexedora local xunto con membros do goberno municipal levan mantido varias reunións con Asociacións de Veciños que representan a habitantes do Concello afectados polas propostas de modificacións das empresas de transporte. En ditas xuntanzas os representantes municipais puideron comprobar a preocupación dos veciños de Mos, coa que coincide a administración local; e é por iso que Arévalo decidiuse hoxe a dirixirse novamente á Xunta insistindo na necesidade da posta en marcha inminente dunha solución ó problema. Compre lembrar que o día 20 do mes pasado celebrouse na delegación da Xunta de Galicia en Vigo, entre a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, e máis alcaldes e concelleiros doutros municipios da área da cidade olívica entre os que se atopaba o edil mosense Isidoro Táboas, unha

A alcaldesa, Nidia Arévalo, envioulle recentemente unha carta neste sentido ó director xeral de Mobilidade.

O día 20 do mes pasado celebrouse na delegación da Xunta de Galicia en Vigo, unha reunión na que se expresou a necesidade da entrada en vigor da Área Metropolitana como solución ós problemas e deficiencias existentes no servizo de transporte interurbán.

reunión na que se expresou a necesidade da entrada en vigor da Área Metropolitana como solución ós problemas e deficiencias existentes no servizo de transporte interurbán. Naquel encontro, e en nome de tódolos alcaldes dos Concellos afectados, Nidia Arévalo xa instara ó director xeral, Miguel Rodríguez, a abordar o antes posible este tema co conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para buscar unha solución a este problema e pola en marcha

de xeito inminente. E evitar así, deste xeito, que a problemática se prolongase indefinidamente no tempo. Na reunión de febreiro en Vigo foi unánime o rechazo de tódolos representantes de administracións locais presentes, tanto alcaldes como concelleiros, das modificacións plantexadas polas empresas de transporte concesionarias do servizo interurbán; instando deste xeito ás mesmas a buscar solucións en lugar de suprimir ou modificar servizos. Tal e como explicou o director

xeral, as empresas concesionarias xustifican os cambios previstos nas súas liñas co aumento de gasto que a elas lles está a supor o incremento dos prezos dos combustibles. Sen embargo, Arévalo e Táboas, representantes municipais argumentan a oposición do Concello de Mos ás modificacións nos servizos de transporte interurbán ofrecidos polas empresas concesionarias en que “debido á crise económica e ó aumento do prezo do combustible para os vehículos particulares ou turismos, cada

vez son máis os usuarios que recurren ó transporte público para desprazarse; ademais de que o Concello de Mos é un municipio moi disperso con ausencia dun centro e históricamente moi castigado pola construcción de diversas infraestruturas coma autovía e autopista, motivos polos que os seus habitantes precisan tanto do transporte público e calquera cambio ou supresión nel lles perxudica significativamente”. Ademais alegan que coa crise económica e a suba do prezo do combustible están a aumentar en Mos os usuarios de autobús, o que significa un beneficio para as empresas e non unha perda, como elas pretenden dar a entender. Ó longo de todo o termo municipal de Mos existen un total de 9 paradas de transporte público interurbán, partindo dende Sanguiñeda e ata chegar á parada de Puxeiros que é última antes de entrar no Concello de Vigo, polo que, tratándose de tantas paradas, coa alteración de idas e voltas en certas liñas vense perxudicados un gran número de veciños e veciñas da localidade mosense. Estas 9 paradas de autobús existentes en Mos atópanse repartidas entre as parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga. Pola súa parte o Concello de Mos xa presentou, en tempo e forma, as súas correspondentes alegacións ós cambios propostos polas empresas de transporte que operan no termo municipal mosense. Alegacións estas que xa se atopan en mans da Xunta de Galicia para ser estudiadas.


6

Xornal 21 Marzo 2013

Mos

Incorpórase ás súas prácticas laborais a primeira dos cinco bolseiros concedidos pola Deputación A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, recibiron a un dos cinco bolseiros en prácticas que traballarán durante os vindeiros seis meses no Concello de Mos concedidos polo Plan de Prácticas Laborais da Deputación de Pontevedra. As repesentantes municipais recibiron, concretamente, á bolseira diplomada en Turismo que traballará para a concellería de Cultura mosense atendendo ós usuarios da oficina de turismo municipal sita nas Angustias, parroquia de Sanguiñeda. Esta traballadora, ó igual que os outros catro que se irán incorporando progresivamente ós seus postos na administración local, ten un contrato laboral de seis meses de duración prorrogable a outros seis meses máis. Os outros catro bolseiros concedidos pola Deputación son un educador/a social e un psicopedagogo/a para a concellería de Educación e Participación Cidadá, un diplomado en Empresariais para a concellería de Formación e Emprego, e un enxeñeiro/a técnico industrial para a concellería de Urbanismo. Gracias a este plan da Deputación de Pontevedra, cinco mozos e mozas titulados universitarios sen experiencia laboral previa poderán realizar a súa formación práctica no Concello de Mos. Deste xeito completarán a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral cunha remuneración de 800 euros mensuais e un horario de 35 horas semanais distribuídas en 28 horas de práctica e 7 horas de formación teórica. Cada bolseiro dispón dun titor ou titora no departamento no que pasa a integrarse no Concello, que se encargará de orientalo na práctica laboral e impartirlle a parte teórica de 7 horas semanais. O motivo da adhesión do Concello de Mos a este plan provincial é que dende a administración local se tenta facilitar a través dos propios plans municipais de emprego e daqueles plans de fomento do emprego que proveñen doutras administracións a posibilidade de que determina-

Trátase dunha diplomada en Turismo que xestionará a oficina municipal de turismo das Angustias. Os outros catro bolseiros son un educador/a social, un psicopedagogo/a, un diplomado/a en Empresariais e un enxeñeiro/a técnico industrial. dos colectivos con dificultades de inserción adquiran as competencias e habilidades necesarias para a súa incorporación ao mercado laboral, nunhas condicións óptimas. Por elo, o Concello de Mos presentou a súa proposta para recibir bolseiros de diferentes titulacións que se adscribiran a diferentes departa-

dun traballo adecuado ao seu perfil; incorporar a estes titulados/as universitarios/as á bolsa de emprego do municipio, o que facilitará que posteriormente ou durante o perído de prácticas o contacto con empresas do municipio ou de fora do mesmo, que poidan estar interesadas nun perfil pro-

de apoio ó Plan Municipal de Emprego traballará no Servizo de Asesoramento ao Emprendedor (SAE-Mos) atendendo e asesorando dentro do posible ao emprendedor, dinamizando este departamento, organizando formación específica, atendendo a aula do emprendedor e dinamizando a parte específica da páxi-

Últimos días para inscribirse nas Escolas Infantís O prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva de praza coma de novo ingreso, rematará o vindeiro día 21 de marzo. Para inscribir ós seus fillos de cara ó próximo curso escolar, os pais de nenos de entre 0 e 3 anos de idade poden dirixirse á calquera das dúas Escolas Infantís de Mos, tanto á da Porteliña coma a de Cototorrón, xa que a lista é conxunta, en horario de mañá de 09.00 horas a 12.00 horas e de tarde de 14.30 horas a 19.00 horas. E para obter máis información poden tamén chamar por teléfono a calquera dos dous centros, ben ó da Porteliña ó número 986 337 184 ou ben ó de Cototorrón ó número 986 190 998; ou senón poden ampliar información a través da páxina web http://www.escolasinfantis.net

Plan de limpeza viaria

mentos, aos que se adapte a súa titulación, e desta maneira puideran adquirir as competencias e práctica profesional que lles facilite o acceso ao mercado de traballo ao término do seu período de prácticas. Deste xeito o Plan de Prácticas Laborais da Deputación incorpórase ó Plan de Acción Local para o Emprego do Concello de Mos en aras de acadar obxectivos tales coma facilitarlles ás persoas desempregadas tituladas universitarias, residentes en Mos, e sen experiencia profesional, unha posibilidade de incorporación a un traballo que lles facilite a súa introducción no mercado laboral e unha experiencia profesional básica e efectiva, para que no futuro lles sexa máis factible o desempeño

fesional que coincida coa persoa en prácticas; e enriquecer o traballo dos departamentos da entidade local, con novos puntos de vista que poidan aportar estes bolseiros/as. O educador/a social e o psicopedagogo/a que participarán no programa de apoio á área de Educación e Participación Cidadá realizarán prácticas laborais relacionadas coa dinamización xuvenil e cidadá, e participación dos mesmos nas distintas actividades programadas e dirixidas nenos e nenas e promoción e fomento da participación cidadá da poboación do municipio en diferentes actividades programadas dende a concellaría para o período 2013. O diplomado/a en Empresariais que se incorporará ó programa

na web adicada ao emprendedor. O enxeñeiro/a técnico industrial que fará prácticas no departamento municipal de Urbanismo asistirá á oficina técnica de enxeñería industrial revisando documentación técnica esixida pola normativa actual en tramitación de expedientes de licencias de actividades, acompañando a visitas de inspección, e tutelando na realización de proxectos e memorias técnicas. E por último, a bolseira diplomada en Turismo que hoxe iniciou o seu período de prácticas no Concello de Mos adicarase á promoción turística local na oficina de turismo municipal co fin de poñer en valor os recursos arquitectónicos, patrimoniais, culturais e etnográficos da localidade.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Limpeza Viaria, Cándido Pérez, informaron de que próximamente dará comezo un plan de limpeza de cunetas, beiravías e marxes nas estradas do Concello. Tras a recente adxudicación da obra, os representantes municipais anunciaron que se iniciarán próximamente os traballos, empezando pola parroquia de Mos e continuando ata completar a limpeza viaria nas dez parroquias mosenses. O edil Cándido Pérez explicou que “este plan de limpeza viaria conta cun orzamento de 100.000 euros e terá unha duración total de oito meses”. O primeiro, segundo e terceiro mes do plan a empresa adxudicataria adicarase ós labores de limpeza de cunetas, mentres que o terceiro, cuarto, quinto, sexto, sétimo e oitavo mes os traballos centratanse no desbroce; compaxinando, durante o terceiro mes, as tarefas de limpeza de cunetas e desbroce. Durante estes oito meses adicaranse oito horas diarias ós traballos de limpeza e desbroce de cunetas.


Marzo 2013 Xornal 21

Mos

7

Novo paso cara á regularización dos servizos deficientes no Polígono do Rebullón O Concello elaborou un proxecto para dotar á zona de rede de abastecemento. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que dende o Concello continúase a traballar no plan de ordeamento e regularización das empresas que se atopan ubicadas no Polígono Industrial do Rebullón. Plan que desde administración local mosense se leva desenvolvendo xa dende fai uns anos ante a necesidades presentadas polas propias empresas, que debido a que se

Este polígono industrial presenta condicións de servizos moi deficientes foron instalando de xeito disperso e sen un patrón ordeado de colocación, sufrían dificultades para poder acollerse ós servizos públicos municipais tales coma saneamento, abastecemento, recollida de lixo, etc. Gracias a un convenio asinado o ano pasado co Concello de

Vigo, os empresarios do Rebullón xa teñen desbloqueada a situación da rede de alcantarillado público e actualmente o Concello de Mos xa ten elaborado un proxecto de acometida da rede de abastecemento neste polígono, polo que os avances cara a regularización de servizos nesta zona vese que son notables. Ademais, segundo explicou Arévalo “outro paso que beneficiará moito a ordenación do Polígono do Rebullón será a entrada en vigor do PXOM, que xa se atopa aprobado inicialmente e en proceso de estudio das alegacións presentadas durante o período de exposición pública”. Ante as condicións de servizos deficientes neste polígono, o Concello de Mos iniciou fai uns anos, concretamente coa chegada ó goberno local da actual alcaldesa, este plan de regularización que incluiu tamén un control da recollida do lixo, xa que existía un problema de almacenamento de desperdicios que logrou ser erradicado gracias ó seguemento constante por parte da administración local e á sensibilidade e colaboración dos empresarios. Por medio do convenio asinado en febreiro de 2012 entre os Concellos de Mos e Vigo, logrouse desbloquear a situa-

ción do saneamento na zona do Polígono do Rebullón podéndolle dar saída cara á Vigo ás súas augas residuais. O último paso dado polo Concello de Mos, concretamente pola concellería de Saneamento e Abastecemento que dirixe o edil Camilo Augusto, en aras de mellorar os servizos no Polígono do Rebullón, foi elaborar e redactar un proxecto de abaste-

Ecoloxistas protestan fronte ao circo Coliseo instalado en Mos A organización internacional de defensa dos animais Igualdade Animal levou a cabo unha nova protesta fronte ao circo Coliseo, instalado recentemente en Mos, para dar a coñecer a “terrible realidade que padecen durante toda a súa vida os animais utilizados como espectáculo e concienciar deste xeito sobre o respecto polos animais”. Así mesmo, Igualdade Animal enviou unha carta á alcaldesa, Nidia Mª Arévalo Gómez, para que o Concello de Mos sómese aos xa 8 municipios de Galicia que prohibiron a instalación de circos que utilizan animais nos seus espectáculos. Vigo uniuse a esta iniciativa recentemente e máis de 90 municipios en Cataluña e outras comunidades autónomas xa o fixeron. Esta foi a 6ª protesta que Igualdade Animal leva a cabo en Galicia fronte ao circo Coliseo, circo que leva varios meses desprazándose por distintos muni-

cipios galegos con remolques cheos de gaiolas con leóns, tigres, osos, camellos e focas que utilizan nas súas funcións. Desde a asociación afirman que “as protestas consecutivas motivaron aos donos do circo a plantarse coas súas propias pan-

cartas fronte á nosa protesta, indicando con elas que os animais están mellor con eles que no seu hábitat, pois nel corren o risco de ser cazados ou morrer de fame".

cemento para dotar de traída de auga potable a tódalas empresas do polígono. Este estudio atópase xa rematado e agora se está a traballar na búsqueda de fórmulas para que o Concello poida acometer a obra necesaria plasmada no proxecto. A rexedora local concluiu explicando que “a intención do Concello é de regularizar na súa totalidade os servizos

do Polígono do Rebullón para que os empresarios nel instalados teñan cubertas as súas necesidades e manteñan a ubicación das súas empresas nun momento de crise económica onde o tecido empresarial é tan importante para as administracións locais e, sobre todo, para evitar o ascenso das taxas de desemprego entre a veciñañza do municipio”.


8

Xornal 21 Marzo 2013

Mos

Dan comenzo os Estudiado o 40% das obradoiros de Tempo alegacións do PXOM de Mos de Lecer 2013 nas asociacións mosenses A concelleira de Urbanismo mosense, Julia Loureiro, informou do punto no que se atopa o estudio das alegacións presentadas ó documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado inicial-

Loureiro estima que a análise desta cuarta parroquia da que se están nestes intres a estudiar as alegacións dos núcleos rurais estará finalizada despois de Semana Santa, momento no que está previsto que o

ro, “e se na consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas nos dan o traballo coas alegacións estudiadas ata o momento como correcto, continuaremos coa análise das alegacións de núcleo rural do resto das seis parroquias mosenses seguindo os prazos previstos de evolución do proceso do PXOM”. Asimesmo a edil de Urbanismo considera que de cara ó vindeiro mes de xuño estarán xa analizadas tódalas alega-

mente. Loureiro explicou que o equipo redactor do Plan Xeral de Mos está a estudiar ditas alegacións mantendo un contacto constante cos técnicos municipais do departamento de Urbanismo. Ata o momento o equipo redactor do PXOM leva estudiadas as alegacións dos núcleos rurais de tres parroquias, e se atopan actualmente co estudio dunha cuarta; o que representa que levan analizado xa o 40% do total de alegacións presentadas.

equipo redactor acompañado dos técnicos municipais se dirixa, -previa reunión cos tres grupos políticos da Corporación Municipal para que lle dean o visto bo unánime ó informe-, á Xunta de Galicia para constatar que dende a administración autonómica consideran que o labor realizado ata o de agora vai polo bo camiño e se pode continuar na mesma liña de traballo. “Tras a reunión na Xunta posterior á vindeira Semana Santa”, explicou Julia Lourei-

cións de núcleo rural das dez parroquias do termo municipal de Mos e se pasará, a continuación, ó estudio dos parámetros máis xerais como son zonas urbanizables e industriais, distintos viais, ordenanzas, etc; xa que a día de hoxe aínda se están a recibir no Concello diversos informes sectoriais a este respecto. A resposta ás alegacións presentadas realizarase ó final do estudio, unha vez estea analizada a totalidade de alegacións existentes.

Dende o concello estiman ter analizada a

totalidade das mesmas de cara ó vindeiro

Este ano participan un total de 18 asociacións con 28 cursos diferentes. Xa comenzaron as clases dos cursos do Programa Tempo de Lecer 2013 nas asociacións adheridas a esta iniciativa do departamento municipal de Participación Cidadá. Dende a concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos que dirixe a edil Kely Monzón investíronse 10.000 euros para poder continuar co programa Tempo de Lecer durante o ano 2013 e que os seus usuarios sigan a pagar tan só un euro

por cada hora de clase. O total de asociacións adheridas ó Programa Tempo de Lecer 2013 é de 18. Concretamente son As Pedriñas de Tameiga, Santa Eulalia de Mos, A Cividade de Louredo, a Asociación Recreativa e Cultural de Guizán, a Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, a Asociación Cultural e Social de Herville, o Círculo Cultural Abrente, o Centro Recreativo e Cultural de Torroso, Santa Mariña de Dornelas, Asomamos, Ledicia de Sanguiñeda, o Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras, a Asociación Veciñal Nosa Terra de Pereiras, San Rafael de Pereiras, San Martín de Tameiga, e as asociacións de veciños de Petelos, Celado e Chan do Bosque. Entre todas elas impartiranse un total de 28 cursos diferentes, hainas que realizarán un so curso de 30 horas de duración e outras levarán a cabo dous cursos de 15 horas cada un. Monzón considera fundamental a continuidade deste programa que promove actividades de lecer nos locais de diferentes asociacións ubicadas nas dez

parroquias mosenses para facilitarlles ós veciños e veciñas do municipio uns mellores e máis óptimos aproveitamento e xestión do seu tempo libre, posto que ó ser o de Mos un Concello tan disperso, iniciativas coma esta son o xeito máis eficaz de achegarlle ós seus habitantes iniciativas de ocio productivas. Ademais, outro dos fins do programa é dar resposta á gran demanda por parte das asocia-

cións, a maiores do xa mencionado obxectivo de conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social. De modo que, en resumo, os fins desta nova etapa do programa Tempo de Lecer do ano 2013 son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo, e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo. Os obradoiros realizaranse entre os meses de marzo a novembro, parándose no mes de agosto por vacacións. Este programa está dirixido a tódolos veciños e veciñas maiores de 14 anos, empadroados/as no Concello de Mos ou que sexan membros dalgunha asociación inscrita neste Concello.

mes de xuño.


Marzo 2013 Xornal 21

Mos

9

Nova numeración das vivendas

O parque biosaudable da Pateira será trasladado a unha zona menos inundable. /Arquivo Xornal21

Visto bo ó proxecto de rehabilitación do paseo do Louro A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse no Concello co equipo técnico redactor do proxecto de rehabilitación do Sendeiro Ecolóxico do Río Louro e cos técnicos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil responsables do mesmo. O motivo deste encontro foi o contraste por parte da administración local do documento, previo ó remate da redacción do proxecto final, e a revisión dalgún terreo que os particulares puxeran xa a disposición do Concello para efectuar esta obra e que aínda quedaba pendente de recepcionar. Asimesmo os técnicos proporcionáronlle á alcaldesa un listado de cesións de terreos pendentes por parte de veciños, a maiores dos xa cedidos na primeira obra acometida, labor co que Arévalo se comprometeu. Tras revisar o documento facilitado polos técnicos asistentes á reunión, a rexedora local deulle o visto bo ó mesmo, xa prácticamente finalizado, tras comprobar que xa foran recollidas e incluídas todas as suxerencias aportadas dende o Concello, algunhas delas froito das demandas dos propios veciños da zona. Entre ditas suxerencias atópanse a recuperación dunha antiga

ponte, a creación dunha pasarela na parte final do paseo, preto da estrada Nacional 550; e o traslado do parque biosaudable da Pateira a unha zona menos inundable. Dado que a redacción do proxecto atópase xa en fase de finalización, calcúlase que estará rematado de cara ó vindeiro mes de marzo, para a continuación iniciar o proceso de licitación das obras e contratación; polo que se prevé que os traballos dean comenzo no mes de setembro deste ano. Esta reparación do paseo do Louro farase realidade gracias a un convenio entre Concello, Deputación e Confederación Hidrográfica. Na obra, que non terá custe económico para Mos, investirase preto dun millón de euros. O convenio para a mellora da marxe do Louro, destinado ó mantemento e conservación da mesma, financiará as obras de acondicionamento cunha cantidade exacta de 950.000 euros. Ditas obras, segundo informou a rexedora local, consistirán na acometida das proteccións necesarias do cauce para evitar a erosión ocasionada polas crecidas e na reparación total da senda fluvial.

O Concello de Mos está procedendo a entrega dos novos múmeros que se lle asignaron a cada unha das vivendas do Concello á raíz da aprobación en Pleno da toponimia dos viais do termo municipal e da renumeración das vivendas, acordo que fora adoitado no ano 2011. Ademais, aproveitando esta entrega casa por casa, a administración local realizará unha revisión e actualización dos padróns dos servizos municipais en tódalas vivendas e edificacións do Concello. O traballo a realizar é unha ardua labor de revisión do traballo de nomenclatura dos viais, así coma de entrega ós propietarios das vivendas dos seus respectivos números, sendo unha tarefa minuciosa, xa que se irá porta por porta por cada unha das dez

desta parcela”. Para Miguel Anxo Aldea “esto non é problema, sempre que se acate o acordo que se tiña coa empresa inicial, cunha duración temporal similar e incluso mantendo o mesmo prezo de aluguer”. Pero neste caso, segundo o BNG, “por parte do concello en connivencia coas empresas, primeiro se cambia a duración do contrato, pasando de 25 a 50 anos. Esto fíxose no pleno de novembro do ano pasado, sin facer caso ao informe negativo de secretaría e intervención. O Secretario informa que se debe rematar o periodo inicial de 25

tódolos camiños e numeración en tódalas vivendas, eliminando así a problemática da repetición dos números en casas do mesmo vial e dos nomes das vías públicas municipais.

En abril iníciase o curso preparatorio das probas Celga 3 Os interesados en inscribirse poden facelo acudindo ó Centro de Desenvolvemento Local ou a través da sección habilitada para tal fin na web municipal. O Concello de Mos, vai a desenvolver durante o mes de abril e maio un curso preparatorio para as probas do nivel Celga 3, convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Estas probas terán lugar o día 2 de xuño en Vigo. Dito curso foi concedido pola Secretaría xeral ao Concello de Mos, adherido á Rede de Dinamización Lingüística dende o ano 2011, cuxo obxectivo é o de promover a coordinación das actuacións en materia de dinamización lingüística e de aumentar a efectividade das mesmas desde o

Aldea Moscoso “o concello sáltase os informes para a prórroga da cesión dun terreno municipal” Miguel Anxo Aldea Moscoso, portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos, denuncia, o aluguer e a cesión unha parcela “cos informes negativos tanto por parte do interventor como do secretario”. O problema ven dunhas parcelas no denominado parque empresarial de Monte Faquiña, inicialmente se lle cedeu o dereito de superficie dunha parcela á empresa Tráfico no ano 1996 por 25 anos, na actualidade “esta empresa quere deixar esta parcela de case 6000 metros, e chega a un acordo con outra empresa para que se quede co aluguer e a cesión

parroquias mosenses, recollendo ademais as posibles puntualizacións ou demandas dos veciños de cada casa a este respecto. Unha vez rematado o reparto, Mos contará con sinalización en

anos e logo, se acaso faríase, unha ampliación doutros 25, e o interventor informa de que se produce unha merma nos ingresos do concello e de que a propiedade da parcela non é allea a posibles litixios” afirman. Engadindo que “aínda así se aproba o cambio de período de cesión no pleno, co voto en contra do BNG”. Aldea engade que “non se pode permitir esta connivencia entre políticos e empresas, non se pode permitir que os ingresos do concello se vexan mermados por este tipo de acordos, para por outro lado subirnos os impostos aos cidadáns”.

ámbito local. O inicio do curso está previsto para o día 1 de abril, no Centro de Desenvolvemento Local de Mos, de 19:00 a 21:00 horas de luns a xoves. O curso terá unha duración de 70 horas, e é preparatorio das probas do Celga 3, é dicir, non da dereito a diploma, e polo tanto non certifica o coñecemento do galego nese nivel, pero sí prepara ás persoas interesadas para a presentación ás probas de nivel Celga. Para a obtención da certificación

correspondente ao nivel deberán matricularse para esas probas. Poden obter os formularios de matrícula a través da web http://www.xunta.es/linguagalega, ou nas oficinas do CDL. Tódolos interesados e interesadas poden inscribirse no curso. Para elo, deben achegarse ao Centro de Desenvolvemento Local do Concello (CDL) ou ben inscribirse no espazo habilitado ao efecto na páxina web do Concello www.mos.es antes do día 22 de marzo.


10

Xornal 21 Marzo 2013

O Porriño

A Xunta inviste 68.000 euros na mellora de camiños A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladouse o pasado 11 de marzo ata o Concello do Porriño para comprobar in situ o resultado de dúas actuacións levadas a cabo no municipio ao abeiro dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013 que concedeu a Consellería do Medio Rural e do Mar e que, neste caso, contou cun investimento total de 67.864,97 euros. Acompañada polo alcalde da localidade, Nelson Santos, e polo xefe territorial de Medio Rural, Gerardo Zugasti, a representante da Administración autonómica na área de Vigo explicou que unha das obras acometidas se executou na parroquia de Pontellas, concretamente no camiño Abelenda mentres que a outra actuación foi no camiño Gulpilleira. Os traballos consistiron fun-

Talleres de memoria e ximnasia para maiores A Concellalía de Emprego e Formación, en colaboración co Obradoiro de Emprego Porremprego I, organiza talleres de memoria e clases de ximnasia para maiores. O obxectivo destas actividades é a prevención do envexecimiento cerebral e o mantemento e coidado das articulaciones das persoas maiores. As clases levaranse a cabo do 15 de abril ao 15 de xuño en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas, os luns, martes, xoves e venres. Todas as persoas interesadas en inscribirse teñen de prazo ata o 7 de abril. Para unha maior información deben dirixirse aos Servizos Sociais.

damentalmente na mellora da capa de rodaxe de ambos camiños, con aglomerado en quente, accesos a leiras e casas, roza e limpeza, movemento de terra, recollida de augas pluviais e pintado e sinalización. O orzamento total da Xunta de Galicia foi de case 68.000 euros pero o Concello do Porriño realizou unha achega económica dos fondos municipais para mellorar a actuación. O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

O BNG defende destinar recursos económicos para garantir a igualdade de oportunidades no Porriño O BNG presentou unha moción para que “o Pleno da Corporación do Porriño acorde asumir o compromiso político de traballar para xerar un municipio de suxeitos iguais en dereitos e obrigacións, utilizando os medios legais existentes e posibilitando as canles e os recursos económicos para que homes e mulleres teñan as mesmas posibilidades de desenvolvemento”. A moción presentada polo BNG solicita “incrementar o orzamento destinado a políticas transver-

sais e específicas destinadas a conseguir a igualdade entre mulleres e homes, aumentar os recursos materiais e de persoal para a prevención e atención das mulleres en situacións de especial vulnerabilidade, e elevar ao Goberno do Estado a esixencia de non restrinxir os dereitos das mulleres paralizando calquera reforma regresiva como a da lei de interrupción voluntaria do embarazo”. O grupo nacionalista solicita que “nos orzamentos municipais para o ano

2013 se destine unha partida orzamentaria específica destinada a realización das accións propostas no 2º Plan de Igualdade de Oportunidades e de Trato de Mulleres e Homes 2011-2014 Xestión ecolóxica e sustentábel do lixo

O grupo municipal nacionalista presentou tamén unha moción na que se defenden “melloras para garantir unha xestión ecolóxica e sustentábel dos residuos. O BNG defen-

derá o acordo dos grupos políticos con representación no Pleno para manifestar o apoio do concello porriñés á tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que pretende promulgar unha lei para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza, actualmente en tramitación”. A moción solicita á Xunta que “abandone a idea de construír unha nova incineradora de residuos urbanos en Galiza, e que destine os fondos previstos nesta inversión ao financiamento de proxectos comarcais de reciclaxe e compostaxe que permitan a creación de emprego nas diferentes localidades e alcancen os obxectivos de recollida selectiva e reciclaxe propios das sociedades avanzadas”.


Marzo 2013 Xornal 21

O Porriño

11

Campaña policial contra os hurtos de carteiras O resultado deste operativo está sendo moi positivo e é que, nos últimos oito meses, reducíronse nun 90% as denuncias sobre este ilícito penal. A Policía Local de Porriño conxuntamente coa Garda Civil están levando a cabo un operativo co obxectivo de evitar o hurto de carteiras e outros obxectos ao descoido nas zonas de masiva confluencia de xente como ocorre os martes, día de mercado municipal na vila. O resultado de

de xente á hora de realizar os hurtos. Para evitar que estes delincuentes consigan o seu obxectivo, os axentes recomendan unha serie de actitudes, como ser precavidos á hora de apoiar por un momento o bolso ou carteira ou “non pararse con persoas que se dedican a solicitar firmas”, xa

Dúas toneladas de alimentos para Sos Porriño Responsables da proba deportiva Interruning fixeron entrega dos produtos ao grupo de voluntarios de SOS Porriño que agradeceron este xesto solidario desexando que iniciativas como esta continúen desenvolvéndose.

devandita actuación está sendo “moi positivo” e é que, nos últimos oito meses, reducíronse nun 90% as denuncias sobre este ilícito penal. Os axentes tratan de localizar e identificar aos presuntos carteristas que buscan o descoido das súas vítimas e a afluencia

que, segundo un comunicado emitido polo departamento de prensa de Porriño, é outra forma de actuar dos amigos do alleo “cuxo modus operandi é sempre o mesmo: mentres un pide a firma, outro trata de hurtarle a carteira ou algún obxecto de valor”.

Pasta, arroz, galletas, cacao, azucre, aceite, leite, conservas, legumes, fariña, sopas e un sinfín de alimentos foron os que a organización da Interrunning recaudou para doar a SOS Porriño. O reto fixado o pasado ano de superar a cantidade de alimentos recollidos cumpriuse e fíxose efectiva a recepción de 2 toneladas de alimentos nas instalacións de SOS Porriño. Fredy Velasco e outros responsables do evento fixeron a entrega ao grupo de voluntarios encabezado por Teresa Veloso quen agradeceu “enormemente” este xesto solidario “que beneficiará a moitas familias porriñesas que acoden periódicamente a recoller a súa lote de víveres”, desexando que iniciativas como esta continúen desenvolvéndose.

A recaudación de alimentos realizouse durante 3 xornadas, as dúas primeiras no coñecido establecemento, lugar onde os participantes debían recoller os seus dorsales, e logo o propio día da proba, coa colaboración de Aceesca. Neste sentido, a organización da Interrunning destaca “a boa acollida desta iniciativa coa que xa o ano pasado se recaudaron 1.100 quilos de alimentos, superándose agora grazas á solidariedade de todos, participantes da proba, acompañantes, veciños de Porriño e visitantes, algúns dos cales ata doaron unha compra enteira”. Ambas partes coincidiron en sinalar que en contextos como estes, da celebración dun evento deportivo, a idea de colocar un posto para doar alimentos é sempre

moi positiva e moi ben recibida, “é reconfortante ver como a xente involúcrase, é solidaria e participa”, subliña a concelleira Velasco engadindo que “trátase de poñer en marcha acciones que custan pouco e coas que, en cambio, conséguese moito”. Desde SOS Porriño fan un chamamento a toda a sociedade, empresas e particulares, a que colaboren coas persoas máis necesitadas aportando alimentos. Para iso poden dirixirse directamente ás súas instalacións sitas na rúa Domingo Bueno, no barrio da Pontenova, os mércores e venres en horario de 16.00 a 18.00 horas ou depositar devanditos alimentos nos puntos repartidos por todo o municipio, localizados en diferentes supermercados.


12

Xornal 21 Marzo 2013

O Concello premiado polo apoio ó deporte feminino A Asociación Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) celebrou a II Gala do Deporte Feminino de Galicia na cal o Concello de Porriño foi elixido como a mellor entidade pública pola súa aposta polo deporte feminino. Ao acto asistiu o alcalde Nelson Santos, o concelleiro de Deportes M. Alejandro Lorenzo e a concejala Ana Martínez, que foi a encargada de recoller o galardón.

Campamento polideportivo na Cidade Infantil Príncipe Felipe A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Porriño informa da celebración do campamento polideportivo na Cidade Infantil Príncipe Felipe, en Pontevedra. Todos os nenos e nenas nacidos entre os anos 1999 e 2006 (ambos incluídos) poderán participar desta actividade organizada pola Diputación provincial. Estableceranse seis quendas, de cinco días cada un, dando comezo o 8 de xullo e finalizando o 24 de agosto. As persoas interesadas poden obter máis información e tramitar xa a solicitude, con prazo ata o día 17 de abril, nas dependencias da OMIX, no centro cultural municipal, en horario de luns a venres de 09.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.

Nelson Santos destina 6.000 euros para unha proba ciclista O alcalde do Concello de Porriño Nelson Santos decidiu destinar a cantidade de 6.000 euros para patrocinar unha proba deportiva. Trátase dunha carreira ciclista que pasarán por diferentes parroquias de Porriño, ademais doutras pertencentes aos municipios de Salceda e de Tui. Así, o rexidor, asinou un convenio de patrocinio co presidente e gerente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón e Ricardo Terceiro, destinando 6.000 euros á organización da proba que se celebrará o día 7 de abril.

O Porriño

A mostra pictórica “Divertimentos de academia” no Círculo Recreativo Cultural

A Xunta recoñece a traxectoria de Joyería Lorenzo no seu 118 aniversario

Fotografía da entrega de diploma en Joyería Lorenzo. De esquerda a dereita: Raquel Alonso (secretaria de Acipor), Marcelino Coto, Carlos Lorenzo, Eduarda Varela, Montse Lorenzo, Pablo Lorenzo e Juana Pérez.

A inauguración da mostra pictórica Divertimentos de academia de Puri do Palacio foi un dos actos celebrados en Porriño con motivo do Día Internacional da Muller. Nada en Madrid, Puri do Palacio plasma parte das súas experiencias vitais que teñen lugar na súa cidade de adopción, Vigo, desde fai máis de 40 anos. Cunha personalidade creativa, a artista trae a esta mostra desde evocadoras paisaxes ata fermosos bodegones. A propia Puri recoñece que esta colección “ata para a miña é atípica” cuxo título “Divertimentos de academia, é o fío condutor que

une todos os cadros, nos que se resume o amor pola academia, pola forma, polo debuxo, a luz e o divertimento, o xogo persoal, a parte lúdica da pintura, a experimentación. Disciplina e xogo, simbiosis coa que realiza un guiño ao espectador, á seriedade, ao pop e á mensaxe”, recoñece a artista. A mostra que permanecerá aberta ao público no Círculo Recreativo Cultural ata o día 31 de marzo.

A subdirectora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Eduarda Varela, foi a encargada de facer entrega dun diploma de recoñecemento á traxectoria de Joyería Lorenzo que neste 2013 cumpre 118 anos, sendo así o máis lonxevo da vila. Trátase da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia” coa que a Consellería de Economía e Industria pon en valor o traballo desenvolvido polos 52 centros comerciais abertos existentes en Galicia, dedicándolles unha semana do ano a cada un deles. Precisamente, a pasada correspondeulle a Morea, Centro Comercial Aberto de Porriño, cuxa presidenta, Juana Pérez, tamén asistiu ao acto de entrega do diploma. 118 anos á fronte do negocio familiar Carlos Lorenzo e os seus sobriños Montse e Pablo Lorenzo

foron os encargados de recibir este diploma de recoñecemento ao negocio familiar. Montse e Pablo xa pertencen á cuarta xeración de Joyería Lorenzo que naceu en 1895 como un pequeno establecemento de reparación e venda de reloxos. A clientela estable e fiel animou ao seu fundador, Serafín Lorenzo, a ir ampliando o seu campo de acción; os seus fillos fóronse incorporando ao negocio familiar e estes, á súa vez, deron paso á terceira xeración. En 1983 efectuaron unha remodelación total das instalacións ata chegar ao día de hoxe, nun local amplo que dá resposta ás diferentes demandas dos seus clientes. Desde a Dirección Xeral de Comercio xustificaron a adjudicación deste recoñecemento a Joyería Lorenzo pola súa capacidade de adaptación ao paso do tempo, mantendo sempre a calidade e a proximidade ao cliente.


Marzo 2013 Xornal 21

Salceda de Caselas

Remata o curso de búsqueda de emprego por internet

Alegacións ao regulamento do uso do Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón Redacción

O Técnico Local de Emprego e a concelleira de emprego e formación fixeron onte entrega dos diplomas correspondentes ao 2º curso de búsqueda de emprego por internet. 15 alumnos, veciños e veci-

Salceda conta con 1213 parados A Concellería de Emprego e Formación analizou os últimos datos de desemprego, no que se reflexa unha leve disminución das cifras de paro. Concretamente os datos do IGE reflexaban 1217 parados en xaneiro deste ano, cifra que baixou a 1213, cun descenso de catro parados. Salceda é o único concello da zona na que as cifras de paro disminúen. A Concellería aposta por poñer todos os medios posibles a disposición dos desempregados e desempregadas, a pesares de que as competencias nesta área a teñen outras administracións, pero queren incidir en que a Xunta debería mirar aos concellos da mesma forma, “no ano 2012 ao noso Concello non se lle concedeu ningunha Acción Formativa para Desempregados, recibindo unha comunicación fai uns días na que se nos indicaba que o motivo é a falta de crédito orzamentario”. Marina Cabaleiro, “non é de recibo que nos estemos poñendo todos os esforzos na área que máis preocupa os veciños e veciñas, a proba está nas cifras de desemprego, e que a Xunta lle dea a outros concellos máis de unha AFD, mentres que a nos ningunha por falta de crédito. A administración autonómica ten a obligación de repartir os recursos entre todos de maneira igualitaria, entendemos que hai recurtes, pero estes teñen que ser asumidos por todos os concellos da mesma maneira, non só por algúns”.

ñas de Salceda, recibiron o correspondinte certificado de asistencia. Estes cursos estanse a levar a cabo no CDL de O Torrón, e tendrán continuidade durante os seguintes meses ata formar o total dos solicitantes.

Comenzo do 2ª taller de recuperación de memoria organizado pola Concellería de Benestar Deu comenzo o novo taller de recuperación de memoria para a terceira idade. Nesta ocasión 30 veciños e veciñas, maiores de 60 anos, serán as que reciban estas clases, en dous grupos de 15 persoas. Trátase de diferentes actividades encamiñadas a potenciar a memoria como recurso para mellorar a calidade de vida. Obradoiros e talleres para activar a memoria a través de actividades de cálculo, orientación, xogos, charlas, bailes, e como non podía ser doutra maneira convivir, este último un aspecto a ter en conta e moi importante desta actividade. As actividades levaranse a cabo o longo dos meses de marzo, abril e maio e as persoas no Centro Social de A Devesa. Algúns dos asistentes, xa foron usuarios desta actividade na edicción do ano 2012. A concellería de Benestar Social agradeceu a colaboración económica da oficina de La Caixa de Salceda, por segundo ano consecutivo.

13

O Partido Popular de Salceda de Caselas vén de presentar unha serie de alegacións ao regulamento do uso do Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón. “Así, analizada a documentación existente no expediente observouse que en determinados artigos hai incompatibilidades e carencias, de aí que trala súa aprobación inicial e publicada no BOP se fixesen as seguintes alegacións”, explica Santiago Rodríguez Davila, portavoz e concelleiro popular. No que respecta ao horario do centro, os populares sosteñen que “é totalmente incompatible co servizo do viveiro de empresas, pois os emprendedores que alí se instalen terán seguramente un horario máis amplo e non

tan axustado”. Neste senso, o PP avoga por que se lle entreguen aos ocupantes do viveiro cadansúa chave de acceso ao centro, sendo sempre eles responsables de todo problema ou dano que poida ocorrer fóra do horario de acceso ás zonas comúns. Polo que respecta á custodia e garda de chaves, os populares explican que o feito de que o Concello dispoña de chaves de todos os locais do viveiro “vulnera a intimidade e a protección de datos de todas as empresas que alí se instalen” polo que entenden que este artigo debe ser suprimido do regulamento. E relacionado con este punto está o referente á responsabilidade de uso das instalacións, neste sentido o PP sinala que “é lóxico que as empresas contraten o seu propio seguro, pero o que si

non é de recibo e que se o Concello ten as chaves de cada un dos locais do viveiro non se faga responsable de ningún tipo de dano ou prexuízo, estamos pois ante unha gran contradición”, asegura Rodríguez Davila. Por outra parte, en canto ao servizo de limpeza, o PP sostén que “non ten sentido establecer un horario de limpeza no viveiro cando este servizo corre a cargo de cada unha das empresas, polo que é elección de cada empresario decidir a que hora limpa a súa oficina”. Finalmente, respecto da modificación do contrato, no regulamento contémplase que ante calquera cambio do contrato inicial perderíase o total da fianza polo que os populares propoñen aquí que a perda sexa só do 50%.

Presentación oficial do club badminton Salceda de Caselas

O pasado venres 8 de marzo realizouse a presentación oficial do club badminton Salceda de Caselas. Con este xa son catro anos que este club está funcionando na localidade de Salceda de Caselas e cada vez son máis os adeptos a este deporte. En total forman parte do club

cerca de 30 nenos e nenas, con idades que comprende dende os 6 ata os 16 anos. Trátase dun deporte que está gustanto moito no municipio de Salceda de Caselas e dende o clune sinalan que “ hai xa nenos con madeira de futuros campións”. Victor, o entrenador do club badminton Salceda de Caselas, recor-

da que os adestramentos son os venres dende as 16.00 horas ata as 18.30 horas no pavillón municipal de Salceda de Caselas oa carón do colexio Altamira. Dende o clube queren agradecer e dar as grazas “ós distintos patrocinadores e tamén a concellalía de deportes pola implicación con este club”.


14

Xornal 21 Marzo 2013

Salvaterra de Miño

A Festa do Mexillón de Galicia en Cabreira aspira a se converter en Festa de Interese Turístico galego Antes xa se servirán os mexillóns ao vapor, en vinagreta, e empanada de mexillóns normal e de pan de millo. Esta última vai ser novidade nesta edición.

prirá dez anos, en 2014, aspira a conseguir o título de Festa de Interese Turístico Galego. Trala edición deste ano, a Comisión vai recoller a documentación

mento. 2014’ xa se están a perfilar as bases do concurso. Creouse un logotipo que xa vai no cartel da festa deste ano. “Aqueles que se acheguen o 7 de abril a Festa poderán tamén, se así o desexan, dar súa aportación para o monumento ao mexillón”. Primeiro se vai convocar un concurso de ideas. Unha vez que se presenten as maquetas

Os prezos populares manteñensen inalterables nos últimos anos. A ración de mexillón a 5 euros xunto con pan e viño (Condado tinto e branco). Amenizará a festa a ‘Charannga Divertida’ de Salceda de Caselas. A Festa remata a primeiras horas da tarde. Por otra parte, a festa que cum-

precisa para presentar na Xunta de Galicia. “Esperamos que o pleno do Concello de Salvaterra respalde a iniciativa cun acordo plenario que esixe a lei para acadar esta categoría de Festa de Interese Turístico Galego”, explica o presidente da Comisión Sergio Burgo. Respecto a ‘Cabreira. Promonu-

das obras artísticas vaise facer unha exposición con elas e unha votación de todos os veciños da parroquia que representará o 50% para elixir o proxecto gañador. A outra metade da puntuación vai ser outorgada por un xurado constituido oficialmente. Ao proxecto gañador se lle encomendará a construc-

A Comisión xa traballa no monumento ao Mexillón por suscripción popular que se outorgará a un artista por concurso de ideas. Redacción Salvaterra de Miño

O presidente da Comisión da Festa do Mexillón de Galicia en Cabreira, Salvaterra de Miño, afirma “esta novena edición, o vindeiro domingo 7 de abril, vai ser novidosa en moitos aspectos. Temos rediseñado a imaxe visual da festa, escollimos a unha pregoeira de excepción, Merchi Rodal a reposteira do programa gastronómico da TVG ‘Larpeiros’ e estamos dando os primeiros pasos para o que demos en chamar ‘Cabreira. Promonumento 2014’ que nos levará na décima elección a inaugurar un monumento sobre o mexillón de Galicia e, por riba, aspiramos a ser festa de interese turístico galego”. Veciños e empresarios de Salvaterra de Miño e, en especial, da parroquia de San Miguel de Cabreira están a colaborar coa festa gastronómica. Non faltan algunhas firmas colaboradoras do veciño municipio de Salceda co que limita esta parroquia. Case medio centenar de empresas sosteñen a festa a través das súas doazóns. Tamén os veciños contan coa colaboración do Concello de Salvaterra. A festa celébrase a partir das 11 da mañá do domingo, 7 de abril, na Área Recreativa de san Miguel de Cabreira, Salvaterra de Miño, a beira do río Caselas. A pregoeira, Merchi Rodal é licenciada en Ciencias do Mar, xerente dun establecimiento hoteleiro en Cangas e reposteira no programa da TVG de Cociña, Larpeiros. A lectura do pregón por Merchi de ‘Larpeiros’ vai ser as 12.00 horas.

O Campión do Mundo Cándido Carreira loitará novamente polo Mundial Salvaterra de Miño volverá ter representación no Mundial de Rallyes xa que Cándido Carreira participará unha tempada máis no Mundial de Rallyes xunto a José Antonio Suárez "Foguete" coa clara intención de loitar polo título. Ademais esta tempada Cándido tamén confirmou que participará no Campionato de España de Asfalto dentro do equipo ACSM nas citas que non coincidan co Mundial.

ción do monumento que terá que ser inaugurado o día da décima edición da Festa en 2014. “Temos unha grande ilusión porque isto vai representar un importante paso para a Festa, a parroquia e o municipio de Salvaterra”, sinala Burgo. E engade que “o mesmo Concello de Salvaterra está orgulloso desta iniciativa veciñal e mani-

festou a Comisión a oportunidade do monumento”. A Comisión presidida por Sergio Burgo está integrada polo vicepresidente José Daniel Queiruga, a secretaria Conchi Matilde e os vogais Eugenio González, Joaquín Oliveira, Rosa García, Marcos Alonso e Sara García.

ITV de vehículos agrícolas O vindeiro 30 de abril está previsto que se realice unha campaña de Inspección Técnica de Vehículos agrícolas en Salvaterra. Os interesados deberán acudir o campo de fútbol de Salvaterra

"Apúntaste??" O Concello de Salvaterra presenta a súa programación Infantil con motivo da celebración da Semana Santa, baixo o slogan "Apúntaste??". Trátase de diferentes actividades ao aire libre, encadradas na Praza do Concello, onde os máis cativos do municipio poderán desfrutar de diferentes actividades durante tres días consecutivos, de

den horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00. Para solicitar cita previa deberán de chamar ao teléfono 881 920 490 ou a través da web ww.sycitv.com, no apartado de cita previa. 16.30 a 18.00h. Así o primeiro día, o luns 25 de marzo, todos os nenos e nenas que se acheguen a praza poderán participar nunha actividade intereactiva cun contacontos. O martes 26, haberá diferentes xogos infantís, maquillaxe e globoflexia. E para rematar estas actividades de Semana Santa o mércores 27 haberá un gran xogo infantil de Asterix e Obelix.


vivenda Marzo 2013

Suplemento

Especial

decoración xardinería tendencias actualidade

Xornal 21

15

PReZO dA ViVendA en VendA

O prezo da vivenda sobe un 0,1% en Galicia en febreiro A ViVendA de segundA sitúAse de mediA en 1.755 €/m2 Redacción

O prezo medio da vivenda de segunda man en Galicia en febreiro experimenta unha suba dun 0,1% e sitúa o prezo medio da vivenda en 1.755 €/m2, segundo os datos publicados por un coñecido inmobiliario. Este valor encóntrase un -6,5% por debaixo da media nacional, que este mes é de 1.878 €/m2. En canto ao ranking de CC.AA. co prezo da vivenda de segunda man máis alto en febreiro, Galicia está na novena posición. Esta rexión rexistrou o seu máximo histórico no prezo da vivenda de segunda man en outubro de 2.007, cando alcanzou un valor de 2.382 €/m2. Dende entón acumulou un descenso dun -26,3%.

prezo respecto o mes anterior (1.864 €/m2) e Ourense e Pontevedra rexistran un incremento no prezo, un 0,2% e 0,3% respectivamente. A Coruña é a provincia onde se rexistra un prezo medio da vivenda máis alto (1.864 €/m2), seguida de Pontevedra (1.793 €/m2), Ourense (1.643 €/m2) e finalmente Lugo (1.381 €/m2). Pontevedra é o único municipio que aumenta de prezo A única poboación que rexistra un aumento no prezo medio da vivenda de segunda man é Pontevedra, que rexistra en febreiro un incremento do 0,6% e alcanza un valor de 1.808 €/m2. En Ponteareas e Culleredo os prezos mantéñense respecto ao mes de xaneiro (1.157 €/m2 e 1887 €/m2, respectivamente). O resto de municipios galegos rexistran descensos no prezo medio de vivenda que oscilan entre o -4,8% de Ares e o 0,2% de Narón. O prezo máis alto por metro cadrado de Galicia encóntrase en Baiona, con 2.498 €/m 2, seguido de Sanxenxo con 2.442 €/m 2. En lado oposto, Ferrol é a localidade máis económica de Galicia, cun prezo medio de 1.139 €/m2.

Baiona é a poboación co prezo máis alto

Caen os prezos en Lugo Das catro provincias galegas, Lugo é a única que rexistra un descenso no prezo de venda da vivenda de segunda man, en concreto a caída é do 0,2%, situando o prezo medio en 1.381 €/m 2. A Coruña mantén o

Concellos con incremento e menor descenso mensual no prezo da vivenda Provincia

Concello

Febreiro 2013 (€/m2)

Variación mensual (%)

Pontevedra

Pontevedra

1.808

0,6%

Pontevedra

Ponteareas

1.157

0,0%

A Coruña

Culleredo

1.887

0,0%

A Coruña

Narón

1.145

-0,2%

Ourense

Ourense

1.783

-0,2% Fonte: Índice Inmobiliario fotocasa

Concellos co prezo da vivienda de segunda man máis elevado Provincia

Concello

Febreiro 2013 (€/m2) Variación mensual (%)

Pontevedra

Baiona

2.498

-1,7%

Pontevedra

Sanxenxo

2.442

-0,5%

A Coruña

A Coruña

2.416

-0,3%

A Coruña

Santiago de Compostela

2.337

-1,9%

Ourense

Vigo

2.005

-0,8% Fonte: Índice Inmobiliario fotocasa


16

Xornal 21 Marzo 2013

Suplento Espe

Xardín construído en en San Sebastián de los Reyes. Un espazo desaproveitado de 45 m2 transformouse nunha estanza funcional con ofuro, fonte e regueiro. /Lapaisajista M.B.

Showroom construído en Aranjuez para mostrar un ambiente diferente, trátase dun xardín de moi baixo mantemento, a pesar de ter diversos elemen tivos. /Lapaisajista M.B.

Detalle da fonte. /Lapaisajista M.B.

Por Monique Briones (Paisaxista)

O Paisaxismo aumenta o valor da túa propiedade

Algúns factores como a situación, superficie, calidade da construción e materiais, son fundamentais para que unha propiedade chegue a alcanzar un bo valor. Pero a todo isto deberías poder sumar unha boa presentación. Refírome a que, un proxecto de paisaxismo cun mantemento posterior axeitado (ollo, isto é moi importante), a cada día que pasa transfórmase en fundamental para agregar valor ás propiedades. Sexan vivendas, locais, urbanizacións, empresas e mesmo centros comerciais. Estamos a falar xa dun aumento do 10%

ao 30% no valor da propiedade. Estes son datos comprobados por varias investigacións feitas en América e Europa. Segundo estes datos, a paisaxe é quen proporciona o primeiro impacto visual e unha primeira impresión positiva, impulsando o negocio. Proba disto é que propiedades similares na mesma rexión se poden vender a prezos distintos, cando unha delas proporciona un maior impacto visual debido ao paisaxismo. O investimento neste sector tamén aumentou entre o 100% e 200%, e hai unha razón moi clara: os

compradores buscan máis calidade de vida. Cousa que un xardín ben deseñado pode doadamente proporcionar. Por iso, se estas tratando de vender a súa casa, ou propiedade, tes a oportunidade de destacar da competencia con só realizar un deseño bonito e funcional do exterior da túa vivenda. Resúltanos obvio que as casas con xardíns teñan máis atractivo para os compradores. Entón por que non pensan así tamén as construtoras? Existen formas moi sinxelas de lograr que o exterior da túa casa axude a ven-

dela. Asegurarse que o pavimento é liso e sen tropezos, libres de malas herbas, unha boa pintura, boa iluminación, resumindo, unha entrada cómoda e doada che axuda a pasar a impresión de que a túa casa está ben coidada. Pero ata onde isto é suficiente? Talvez sexa o momento de considerar redeseñar o espazo exterior da vivenda. Porque podes utilizar a iluminación dos camiños soamente por seguridade, ou sacarlle un uso estético, baixo as árbores, contra as plantas que fan sombra na parede da casa, coas súas formas infinitamen-


ecial

Vivenda

Marzo 2013

Xornal 21

17

Detalle da iluminación. /Lapaisajista M.B.

ntos decora-

/Lapaisajista M.B.

Este, en Las Rozas, foi o protagonista do programa "Reforma Integral Xardíns" da canle DECASA, onde Monique Briones fixo a reforma do espazo partindo de cero. /Lapaisajista M.B.

te interesantes, facendo que o ambiente nocturno sexa do máis entrañable. Porque unha árbore ben posta e algúns arbustos en flor, enmarcan a túa casa, conéctana co ámbito. Fana parecer máis ampla. Engádenlle cor, forma, textura, aromas e vida, un cambio ao longo das estacións. Admíteo: xa fixeches todo o posible para engadirlle valor á túa casa, modernizaches a cociña, cambiado o parqué, quitaches a vella bañeira e instalado unha ducha con hidromasaxe, e non basta. Hai demasiada oferta no mercado e a túa casa é soamente outra máis. Entón que fas agora? Pois mira cara a fóra. Pensa que a maioría da xente pega unha reforma tremenda á nova vivenda que acaba de adquirir. Quérena ao seu xeito. Non vai contar moito os pequenos cambios que fagas dentro. Non. Porque o primeiro que lles chama a atención cando visitan a túa casa, é o de fóra. É a xardinaría. É o céspede, son As árbores, a

pérgola e o sollado que instalaches gloriosamente debaixo da sombra daquela moreira. Onde estes futuros moradores van gozar de moitas comidas sós ou con amigos en épocas de bo tempo, e de malo, tamén se tiveches a sorte de contratar un intelixente e moderno paisaxista que che suxeriu construír un "fire pit" (cacharelas de xardín). Estarás a achegar un cuarto exterior á túa casa. Espazo para gozar ao aire libre. Pero tampouco digo que haxa que facer o proxecto de paisaxismo máis impresionante, soamente para vender a casa. Para nada. O que digo é que deberías deixar de mirar a parcela que tes fóra como unha tremenda perda de tempo en rozas, ou que sexa apenas un espazo para que o teu can tire proveito. Faino ti. Faino agora. Tira proveito TI do que tes. Pero non o fagas plantando céspede e algunhas árbores. Faino ben. Chama alguén que

entenda do tema, que se dedique a iso. Ten unha longa charla con este profesional paisaxista, explícalle que queres gozar da túa casa agora, pero que queres tamén achegarlle valor por se algún día a vendes. Por se cando os nenos se vaian a casa che vai moi grande. Explícao se queres ou non mantemento, que queres facer no xardín e cando. O tema de aumentar o valor da túa casa funciona así: se vas gastar un 5% do valor da túa vivenda no xardín, poderías obter un beneficio do 150% de ese diñeiro, cun bo proxecto de paisaxismo, e máis dependendo de canto de bo sexa o exteriorista que tes contratado, porque el pode de verdade facer milagres co espazo. Para iso están os paisaxistas. Se o fas só para vender a casa, hai que ter claro que a paisaxe ten que madurar e iso leva un tempo de inactividade para que logre os seus propósitos, que ás veces entran en conflito coa necesidade de venda rápida. Calcula ben cando é o

momento de chamar o paisaxista. Pero non penses que isto é así de doado. Vas ter que facer o que poidas para destacarse agora que o mercado inmobiliario está máis frio que nunca. A clave agora é o atractivo. Repito, non serve poñer unhas árbores e rodealas por floreciñas e céspede. Hai que ser imaxinativo e facer con que o exterior sexa tan apetecible como os interiores da casa. Para poñelo en perspectiva: unha casa de 500.000 € no que se gastan 25.000 € para darlle sabor, mesmo unha modesta ganancia de 7,5% poñería 12.500 € de beneficios no teu peto. Pero aínda que o resultado, un xardín perfecto e marabilloso poida parecer sinxelo de conseguir, ollo, porque existen mil factores que contribúen ou non, para que o poidas ter. Insisto: chama un bo paisaxista. Fai un bo proxecto, un xardín de deseño e goza con el.


18

Xornal 21 Marzo 2013

Aforro enerxético no fogar Á hora de comprar e utilizar os electrodomésticos, podemos realizar un gran aforro de recursos, o que será de gran axuda tanto ao medio ambiente como ao noso peto. Comprar electrodomésticos eficientes é importante e sinxelo de identificar, grazas á etiqueta enerxética que permite ao consumidor coñecer de forma rápida a eficiencia energética dun electrodoméstico. Están identificadas por un código de cores e letras que van desde a cor verde e a letra A para os equipos máis eficientes ata a cor vermella e a letra G para os equipos menos eficientes. Na actualidade existen novas clases máis eficientes, A+ , A++ e A+++. Hay que ter isto en conta á hora de comprar un electrodoméstico, xa que esta eficiencia verase traducida en importantes aforros económicos. Oito consellos para aforrar: 1. Unha temperatura entre 30ºC e 35ºC é suficiente para sentirse cómodo na ducha ou no baño. Manteña a temperatura no seu fogar a 21ºC no inverno e 26ºC no verán. A enerxía solar térmica é idónea para a produción de auga quente sanitaria cun baixo custe. 2. Mellore o illamento, poden aforrar ata un 30%. 3. Pida a un fontaneiro que instale válvulas termostáticas en radiadores aforran ata un 13% de enerxía. 4. Nos puntos de luz que estean acesos máis dunha hora ao día, instale lámpadas de baixo consumo ou tubos fluorescentes. 5. Os equipos con etiquetado enerxético de clase A+, A++ e A+++ son os máis eficientes e poden aforrarnos moito diñeiro. 6. Non elixa aparellos máis grandes nin máis potentes do que necesita. 7. Os microondas e as ollas súper rápidas a presión aforran enerxía. 8. O mantemento adecuado e a limpeza dos electrodomésticos prolonga a súa vida e aforra enerxía.

Suplento Especial

O baño é unha das zonas da casa na que pasamos máis tempo e que visitamos con maior frecuencia. Por iso é importante prestarlle a atención que merece. Coñece as tendencias en decoración de cuartos de baño para este ano. En primeiro lugar debemos de ser conscientes do tamaño do noso cuarto de baño. Unha vez analicemos as medidas, a luminosidad e a ubicación, podemos elixir dentro das últimas tendencias que máis se adapten á nosa personalidade e ao aspecto do noso fogar. COR: tons claros para os baños pequenos e máis atrevidos como vermellos, laranxas e rosas para os que dispoñan dun maior espazo. MATERIAIS: vinilos e papel pintado e porcelanas que imitan a madeira son tendencia este ano. O máis clásico segue

Vivenda

tendenCiA en deCORACiÓn

Cuartos de baño actuais sendo cerámicos tanto na parede -azulexos- como para o chan. Doutra banda está a pedras, natural e sintética, o granito pode ser un aliado perfecto para o chan e a metade baixa da parede. MAPARAS: conver téronse nun elemento imprescindible na decoración do baño, actualmente dispoñemos dun amplo abano de posibilidades no mercado a uns prezos moi interesantes. Bañeira por ducha Para unha estancia que conseguiu ser o centro de relaxación da casa e na que pasamos un intre apartados do estrés e do

Verde esperanza a cor do 2013 CAdA AnO está de mOdA unhA COR e en 2013 A COR que PuxO de mOdA A fiRmA PAntOne seRá VeRde esmeRAldA... Ou esPeRAnZA.

mundo, mergullados na bañeira ou ata cunha rápida ducha reconfortante. A orde e o arranxo persoal van unidos irremediablemente, así que personalizar este espazo pode ser unha reconfor tante moi experiencia. Si non hai demasiado espazo no baño, o ideal é retirar a bañeira e colocar un prato de ducha. As últimas tendencias en mamparas e por tas corredeiras son moi decorativas. Así podemos crear baño minimalista moitísimo máis espazo.

Concretamente, o elixido para ser cor de moda en 2013 é o Pantone 17-5641 Emerald que, segundo os responsables da elección, resulta "inspirador e da harmonía". Adóitase asociar con pedras preciosas, así que a súa percepción, apuntan, tamén é "sofisticada" e de luxo, ademais de ser a cor do "crecemento, a renovación e a prosperidade". Dende a marca Pantone destacan ademáis

Existen diferentes tipos de columnas de hidromasaxe que permiten o efecto choiva e que conseguen un aspecto moderno e actual.

que en moitos países a cor verde se usa para representar unidade e curación, así en España é moi habitual velo en hospitais ou farmacias. Así que agora que xa o sabes, déixate de dramas e viste o teu fogar dunha cor verde esperanza!


Suplento Especial

Vivenda

Marzo 2013

Xornal 21

19

Renovada imaxe exterior e un interior moderno e cheo de luz RefORmA integRAl de ViVendA Redacción Xornal21.es

A-cero presenta un dos seus últimos proxectos de vivenda unifamiliar. Trátase dunha reforma integral de vivenda existente na que os seus propietarios encontraron a necesidade de reformala tanto exterior coma interiormente para actualizar a súa imaxe.

cheo de luz. A vivenda sitúase nunha parcela de xenerosas dimensións cunha lixeira pendente cara ao sur e moi arborada, con xardín consolidado que se respectou no proxecto. A intervención exterior apréciase máis na fachada sur, xa que é o alzado máis visible e despexado da vivenda pois en boa

Ademais desta revisión formal, tamén se fan melloras estruturais na vivenda como a ampliación da superficie do salón e estender o soportal aproveitando a volumetría dos novos beiriles. No interior o cambio é máis substancial e evidente. Pártese dunha vivenda obsoleta carente de luz. O acceso prodúcese pola planta alta onde un vestíbulo distribúe a comunicación das estanzas. Nesta planta superior sitúanse os dormitorios. Un gran dormitorio principal con vestidor e baño, e outros dous dormitorios en suite, un infantil e outro de convidados.

de luz polo predominio da cor branca tanto en paredes e chan, e os grandes ventanais que desembocan ao xardín, diferéncianse varios ambientes. Unha zona de comedor, outra zona de ver a televisión e outro espazo de lectura con cheminea. Completan esta planta a cociña e zona de servizo. Todo o novo mobiliario foi deseñado por A-cero, salvo elementos que xa pertencían á propiedade. Proponse o branco como fío condutor do proxecto de interiorismo que rompe con algún ton marrón en pintura. No mobiliario respéc-

fotos: A-cero

Trátase orixinariamente dunha magnífica vivenda, pero que acusara o paso do tempo e tanto estética coma funcionalmente necesitaba un cambio. A actuación céntrase en dous puntos. Dotar á vivenda dunha renovada imaxe exterior e crear un ambiente interior moderno

parte, esta está cuberta de hedra que quixo manter a propiedade e unha construción anexa que acolle o garaxe. Nesta fachada sur obtéñense as formas con láminas de aluminio. Este novo aspecto resulta máis moderno, seguindo unha liña máis orgánica con formas onduladas coas pautas do estudo A-cero.

Tamén hai espazo para unha zona de despacho aberto ao propio vestíbulo. Tamén dende aquí baixa á planta inferior por unhas escaleiras ás que se lles dotou dunha varanda escultórica que envorca directamente ao gran salón comedor. Neste grande espazo invadido

tase esta pauta cromática. Os dormitorios en cambio concíbense máis cálidos sen perder o concepto moderno. Ademais do resultado de cambio evidente, o proxecto consegue optimizar as prestacións entre o resultado, a calidade e un presuposto moi axustado.


20

Xornal 21 Marzo 2013

Sampedro pon en marcha o “Plan Cultural Municipal” A concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro Fernández presentou os representantes dos distintos colectivos musicais e culturais do Concello de Ponteareas o Plan Cultural Municipal que o Concello de Ponteareas porá en marcha para este ano 2013. Con esta iniciativa a concelleria de Cultura pretende poñer en valor as infraestructuras culturais construídas nas diferentes parroquias, os centros culturais e dinamizar os mesmos ofrecendolle cursos e actividades. Andres Sampedro, sinalaba que este Plan Cultural inicia a súa andaina “cunha partida presupuestaria que permitirá ofrecer aos centros culturais e locais sociais máis de 50 actuacións de grupos e agrupacións musicais de Ponteareas”. O concelleiro tamén valorou especialmente este plan dado que “se apoia nos centros culturais por un lado e se colabora tamén coas agrupacións e grupos musicais do noso concello aportandolle unha axuda que mellore a súa financiación nuns momentos de especial dificultade”.

Galiza Nova comeza unha campaña informativa sobre o conservatorio A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, comezou unha campaña informativa para dar a coñecer a situación “límite que está a vivir o Conservatorio Municipal de Ponteareas”. O Responsábel Local de Galiza Nova, Miguel Bouzó, afirma que “o Alcalde, Salvador G. Solla, e o Concelleiro de Cultura e Ensino, Andrés Sampedro, coa súa xestión, están degradando o Conservatorio, deixando gravemente en perigo a súa continuidade”. Miguel Bouzó lembrou que en xullo, “como xa denunciara Galiza Nova o goberno do PP, co apoio de ACiP, decide aplicar unha escandalosa suba de taxas no Conservatorio e na Escola de Música para pagar os 18 millóns de débeda do Concello”. Os nacionalistas non poden entender que o concello se contente cunha “ridícula esmola de 10.000 euros para o Conservatorio” afirman.

Ponteareas

COGAMI inicia en Ponteareas un curso de formación profesional Doce persoas con discapacidade de Ponteareas, Vigo, Mondariz e O Porriño vanse formar en Ofimática básica. O luns, 11 de marzo, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciaaba un curso de formación profesional de Ofimática básica que financia a Consellería de Traballo e Benestar – Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega. Un total de 12 persoas, 6 homes e 6 mulleres, son as que van iniciar esta acción formativa que consta de 340 horas lectivas presenciais impartidas de luns a venres en horario de 15:30 a 20:30 h. centro de recursos ASPRODICO. Ata o día 19 do mes de xuño, o alumnado (7 persoas de Ponteareas, 2 de Vigo, 2 de Mondariz e 1 de O Porriño) terá que prepararse en contidos

como sistema operativo, tratamento de textos, folla de cálculo, Internet, presentacións gráficas e mecanografía. Con este, son 17 os cursos de formación profesional que a Confederación vai impartir neste ano co fin de aprenderlles unha profesión ás persoas que

forman parte do colectivo que representa, para que estean preparadas para a inserción ao mercado laboral e conseguir, finalmente, a súa inclusión dentro da sociedade. De feito, este ano como novidade, COGAMI vai poñer en marcha unha nova plataforma

de formación baseada no MOODLE e que a entidade personalizou e adaptou para o seu colectivo. Esta plataforma vai lograr impulsar a formación a distancia, permitindo que as persoas do rural poidan ter as mesmas oportunidades formativas que as demais.

A DEPUTACIÓN E A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL DESTINARÁN 4 MILLÓNS DE EUROS

Mellora na drenaxe do río Canedo Redacción Ponteareas

A xunta de goberno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou a sinatura dun convenio de colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e co Concello de Ponteareas, para a execución de actuacións de mantemento e conservación e de restauración ambiental e mellora da drenaxe no río Canedo. A solución proxectada consistirá na mellora da drenaxe do río Canedo, ó seu paso por Ponteareas, separando as augas do couce das augas fecais, facendo compatibles os usos das marxes coas crecidas do río, e

actuando sobre a rede de saneamento para limitar as infiltracións do río. O proxecto construtivo é o resultante da fusión de 2 proxectos relativos ós tramos alto e baixo do río Canedo, redactados pola Confederación cun custe de 76.751,77 €. Estímase que o investimento preciso para acometer esta actuación ascenda a 4 millóns de euros. A Confederación Hidrográfica del Miño Sil aportará 3.200.000 € (o 80 % da inversión), con cargo ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo de Galicia 2007-2013.

Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra aportará 800.000 € (o 20% da inversión) e a contía inicialmente estimada, de 227.648,34 €, polos gastos financeiros correspondentes ó abono das certificacións das obras e servizos necesarios. Do memo xeito, ambas entidades asumirán, en idéntico portentaxe (80%/20%) cada un, as variacións económicas que se podan producir, á alza ou baixa, por modificacións relacionadas coa execución da actuación. Segundo as estimacións, o prazo de execución será de 18 meses, estando previsto o inicio das obras durante o 1º semestre de 2013 e a finali-

zación no 2015. No obstante a vixencia do convenio non concluirá ata o fin das actuacións. Asemade, considérase vixente ata que conclúa todo o proceso de expropiación dos terreos. A Confederación hidrográfica será a responsable da obtención dos terreos; licitación, adxudicación e xestión dos contratos de obra. Unha vez terminadas as obras serán entregada para o seu uso público á Corporación Local do Concello de Ponteareas que partir de tal momento, se responsabilizará do seu mantemento e conservación, tal e como recolle o convenio aprobado hoxe pola Deputación.


Marzo 2013 Xornal 21

Gondomar Nigrán

Nigrán recibe cinco dos sete diplomas SICTED do Val Miñor O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva, recibiron o pasado día 11 de mans da Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro, e do presidente da Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, catro dos cinco diplomas Diplomas de Calidade Turística en Destinos (SICTED) que este ano recibiu o municipio. As praias de Patos, Panxón e Praia América, a Oficina de Turismo

Dunas de Gaifar e o restaurante Os Abetos foron os que recibiron este recoñecemento, facendo que Nigrán acumule cinco dos sete distintivos entregados na comarca do Val Miñor. O rexidor municipal subliñou que a obtención deste distintivo de calidade nas tres principais praias do municipio, así como na oficina de turismo, é unha mostra clara do bo traballo desenvolvido polo goberno municipal, “que está permitindo consolidar

a Nigrán como destino turístico de calidade, tanto a nivel nacional como internacional”. “Unha calidade que vinculamos á capacidade de satisfacer as necesidades e demandas dos turistas, non ao luxo”, puntualizou. Así mesmo, avanzou que estes distintivos de calidade súmanse ás bandeiras azuis de AEDAC, “que este 2013 ampliaranse a tres coa incorporación de Area Fofa ás xa habituais Patos e Praia América”, engadiu.

Deputación destina preto de 279.000 euros a Nigrán O Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra destinará a Nigrán preto de 279.000 euros, que o goberno de Alberto Valverde utilizará para mellorar a rede de saneamiento e abastecemento do municipio, para a recuperación de espazos públicos e parques infantís, para o acondicionamiento parcial da planta baixa do concello para asuntos sociais e para a pavimentación das rúas Romana Baixa, Damas Apostólicas, Camiño da Cabreira e Tomadas. O groso do investimento do ente supramunicipal, 154.000

euros, empregaranse para mellorar a rede de saneamiento e abastecemento, unha das grandes demandas de Nigrán e actuación prioritaria para o goberno municipal. “Mellorar e completar a rede de abastecemento do noso municipio é un compromiso adquirido cos veciños, e seguiremos traballando para destinar a maior cantidade de fondos posibles a este fin”, sinala o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde. Doutro lado, o goberno municipal destinará preto de 60.500 euros á recuperación e mellora dos parques infantís públicos,

Campamento de Semana Santa

en Nigrán con idades comprendidas entre os 5 e os 9 anos. O periodo de inscripción remata o 28 de marzo, e terá un custo de 23 euros. Para máis información na OMIX de Nigrán, situada na Estrada pola vía, 65 (Antiga Estación do Tranvía) en Panxón.

A OMIX organiza o Campamento de Semana Santa 2013, que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de marzo. O campamento está destinado a nenos empadronadas

UCN-CDL oponse a suspensión do transporte público O portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCNCDL), Antonio Fernández, oponse á pretensión da empresa concesionaria de transporte “ATSA”, a levar acabo unha drástica redución de liñas e servizos de transporte público, -que alegan defici-

tarios- e afectan, non só a Nigrán, senón tamén a todo Val Miñor, cuxo expediente está en fase de tramitación na Xunta de Galicia, pendente de resolución. UCN denuncia a “pasividade” da Xunta de Galicia, con distintos gobernos (PP ou bipartito PSOEBNG), xa que “logo de máis de dez anos falando sobre o transporte metropolitano, a día de hoxe nada se avanzou, e o que é peor, a situación cada vez segue deteriorándose e os cidadáns sofren as consecuencias” afirman.

unhas actuacións que comezarán por aqueles de maior capacidade e dimensións. Do importe restante, algo máis de 64.000 euros, empregaranse máis de 32.000 euros en acometer a pavimentación das rúas Romana Baixa, Damas Apostólicas, Camiño dá Cabreira e Tomadas, na contorna da Ramallosa. Para rematar, o goberno municipal investirá 32.000 euros no acondicionamiento parcial da planta baixa do concello, para recolocar aí ao departamento de asuntos sociais.

21

O director xeral de Conservación da Natureza reúnese cos pescadores de ‘A Troita rebelde’ A nova directiva analizou os plans de actuacións que se debería levar a cabo no río Miñor en colaboración con la Consellería de Medio Ambiente, en beneficio da riqueza piscícola, como son a limpeza das ribeiras e a retirada de materiais do leito, entre outras tarefa. Xornal21.es

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, vén de recibir aos novos membros da Asociación de pescadores ‘A Troita rebelde’ de Gondomar, os que lle insistiron na importancia da conservación e limpeza do coto situado no río Miñor. Durante a xuntanza, a nova directiva analizou con Gar-

cía-Borregón os plans de actuacións que se levarán a cabo no río Miñor en colaboración con la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en beneficio do medio ambiente e da riqueza piscícola do citado río, como son a limpeza das ribeiras e a retirada de materiais do leito, entre outras tarefas. O director xeral agradeceulles a colaboración que prestan á Xunta de Galiicia no coidado e vixilancia dos ríos galegos.

O BNG reclama que se contraten artistas galegos O BNG presentou unha moción para que “o Concello de Gondomar impulse a presenza de propostas culturais galegas nas festas populares de Gondomar, vinculando as subvencións outorgadas con cargo aos orzamentos municipais á contratación de creadores, crea-

doras e artistas galegos”. Ante “a situación pola que está a pasar a cultura galega” o BNG está a presentar esta moción en todos so concellos para evitar o desmantelamento do sector e que os seus traballadores e traballadoras sigan engrosando as filas do paro.


22

Xornal 21 Marzo 2013

Tui

Entrevista MOISÉS RODRÍGUEZ, ALCALDE DE TUI

“É o momento de unir e para poder apostar hai que rendibilizar uns recursos que a nosa Eurociudade comparte” Moisés Rodríguez, alcalde de Tui, fala de unión e de tender pontes ao referirse á próxima irmandade con Versmold, Alemañá, e tamén a xa feita realidade Eurocidade TuiValença. No seu parecer hai que abrir camiños e soldar alianzas. Tamén aposta pola mellora da calidade de vida dos cidadáns. Tui vai asinar a irmandade coa cidade alemá de Versmold durante as festas de San Telmo. Qué vai significar esta irmandade? Unha nova construción para a cidade das pontes. A de Versmold a soldaron persoalmente máis dun millar de tudense hai anos, e esta irmandade é un acto de xustiza para con eles, e de compromiso coas xeracións vindeiras. Son os veciños os que deciden o rumbo para as súas cidades e o carácter transfronteirizo de Tui a envorcou cara Europa. Versmold é unha ponte. Varios mozos tudense atoparon alí traballo este ano este ano e a porta de colaboración ábrese a todos os sectores.

Especialmente á formación e o emprego, porque tamén apoiaremos calquera iniciativa de intercambio xuvenil que posibilite compartir aprendizaxes de culturas e idiomas. Hai xa un ano da constitución da Eurocidade Tui-Valença. Qué valoración fai deste primeiro ano? Manteño que viramos o temón para abrir camiños e soldar alianzas. Máis de antaño que a de Versmold, pero igualmente valiosa, é a alianza europea con Valença, anterior a esta unión administrativa. É o momento de unir e para poder apostar hai que rendibilizar uns recursos que a nosa Eurociudade comparte. Abrimos o ano cun dos premios ao deporte galego pola promoción dunha práctica deportiva saudable e, co mesmo carácter, os dous rexedores abanderamos esta aposta. O obxectivo é competir pola mellor calidade para os nosos eurociudadáns, co respaldo duns fondos europeos específicos para estes proxectos comúns.

Tui se prepara para a Semana Santa O pregón de Semana Santa pronunciado, o domingo 17 na Catedral, polo profesor Domingo González Lopo, foi o primeiro dos actos da Semana Santa Tudense. O domingo de Ramos coa tradicional bendición dos ramos ás 11h na praza de San Fernando seguida a procesión e a misa é o segundo dos actos previstos concentrándose xa a meirande parte deles no Xoves e Venres Santo baixo a organización da Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia. O Xoves Santo os actos comezan ás 19.30h cunha misa vespertina da cea do Señor na Catedral, e logo ás oito coa visita aos monumentos nas distintas igrexas, destacando a horta das oliveiras na Capela da Misericordia. Rematan os actos ás 23h na Catedral coa Hora Santa. Na xornada do Venres Santo ás 11h da mañá sairá da Capela da

Misericordia a procesión dos Pasos que irá ata a praza de San Fernando onde terá lugar o sermón do Encontro, actuando como orador D. Santiago Freire Comesaña e contando coa participación da Coral Polifónica da S.I. Catedral. Ao remate continuará a procesión dos Pasos. Pola tarde, ás 18h, celebrarase na Catedral a paixón do Señor, e ás 20h terá lugar na Igrexa de Santo Domingo o sermón do Desencravo, seguido da procesión do Santo Enterro. O sábado ás 8h da mañá sairá a procesión da Soidade, na que so participan mulleres, dende a Igrexa de San Francisco ata a Catedral onde se celebrará un sermón. Pola noite, ás 21.30h, na igrexa de San Francisco terá lugar a solemne Vixilia Pascual. Por último o domingo, ás 12h do mediodía, celebrarase na Catedral a Misa Pascual presidida polo bispo da Diocese, Monseñor Quinteiro Fiuza.

Cales son os obxectivos que como alcalde se marca para este ano? A prioridade é, insisto, defender e loitar pola calidade de vida de todos os cidadáns. As posibilidades dunha administración local son limitadas e vulnerables as situacións supramunicipais, nacionais e europeas, ás que non só non se pode ser alleo senón que adoitan repercutir con maior intensidade nos estamentos inferiores. Hai que xerar emprego, abrir un centro de saúde, unha escola infantil, un viveiro de empresas...O programa electoral témolo claro e presente cada día desde hai xa dous anos. Estamos a loitalo. En setembro comezará a funcionar a Escola Infantil. Satisfeito? Prefiro falar de feitos consumados. En setembro fareime eco do nivel da satisfacción dos beneficiarios. A educación é a única construción rendible nestes momentos. Será a nosa principal aposta. Esta escola non chega tarde

pero fíxose esperar demasiado. Non imos repetir erros; en setembro teremos 82 pequenos escolares tudenses nas súas aulas e confiamos en que, antes de que abandonen a súa etapa de infantil, teñamos instalacións, persoal e servizos suficientes para atender a toda a poboación desa

franxa de idade e ás súas familias. Para rematar unha mensaxe ou desexo para estes días festivos...

O meu desexo é que os tudenses disfruten nestas festa sen compañía de familiares e seres queridos. Que San Telmo nos bendiga, guíe e protexa.

Jaume Gubianas Escudé gaña o concurso de carteis das festas de San Telmo 2013 Jaume Gubianas Escudé, de Navàs de Barcelona é o gañador do concurso do cartel anunciado das Festas de San Telmo 2013 co seu traballo titulado “Festa, sentimento, tradición”. Foron un total de 16 os traballos presentados a esta convocatoria da Concellería de Cultura do Concello de Tui, coa colaboración da Comisión de Festas. O xurado, reunido na tarde do martes, resalta que a obra gañadora salienta pola súa capacidade comunicativa e representativa da cidade, recollendo o principal momento das festas de San Telmo: a solemne procesión de San Telmo. Coa resolución deste concurso a Concellería de Cultura tudense recupera a aposta pola oferta aos deseñadores e creativos á hora da confección do cartel anunciador das festas patronais tudenses, logrando deste xeito unha obra máis representativa e participativa.


Marzo 2013 Xornal 21

Tui

A carreira de San Telmo celebrarase o 7 de abril

O Parador de Tui reabriu as súas portas

A categoría absoluta comezará ás 10.30h. Esta xa aberto o prazo de inscrición para a Carreira Popular de San Telmo que se vai celebrar domingo 7 de abril en Tui. Está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia. A saída e chegada será no paseo de Corredoira dende a categoría de pitufos ata veterano. A categoría absoluta dará comezo ás 10.30 horas para dar 2 voltas a un circuíto urbano de aproximadamente 3.500 m cada unha onde se percorreran as principais rúas de Tui dende o Paseo da Corredoira, pasando pola beira do Miño ou adentrarse á zona monumental de Tui. Pero tamén haberá categorías inferiores de pitufos, benxamín, probas que van dende os 2 anos en diante. A inscrición para esta proba será gratuíta pero existindo un ano máis a “Operación Quilo”, polo que se solicita a cada atleta que se inscriba que no momento de retirada do dorsal, entregue 1 kilo de alimentos non perecedoiros que o  Club Atletismo Tui-Thermalia doará a unha Ong. Para facer a inscrición será necesario cubrir un formulario que se pode descargar en http://www.atletismotui.es/ onde está toda a información da carreira.

23

O médico Rosendo Bugarín pregoeiro das Festas O acto oficial de comezo dos festexos será o 30 de marzo ás 19h.

O pasado venres 15 de marzo Parado rde Turismo reabriu o Parador de Tui, xunto a os de Verín e Vilalba, tralo peche estacional acordando nas negociacións do Plan de Reestructuración e do Expediente de Regulación de Emprego desta empresa pública. O parador tudense que estivo pechado dende o 21 de xaneiro e abre agora cunha oferta de 60€ aloxamento e tamén creou promocións gastronómicas e ofertas especiais para a súa apertura. Os clientes que desexen beneficiarse desta promoción terán que solicitala previamente ao realizar a reserva. Estará vixente ata o 14 de abril. O Parador de Tui volverá a pechar as súas portas temporalmente no mes de decembro.

O sábado, 30 de marzo, ás 19h no Teatro Municipal de Tui , terá lugar o solemne acto de proclamación e coroación das raíñas e a lectura do pregón das festas co que oficialmente van comezar os festexos de San Telmo 2013. O médico tudense, Rosendo Bugarín González, é este ano o encargado de dar lectura ao pregón das Festas de San Telmo. Coa súa designación o Concello de Tui da continuidade á súa aposta pola promoción de personalida- Rosendo Bugarín dará co seu pregón o comezo oficial as festas. des locais que teñan salientado na súa actividade para esta tarefa. especialista Universitario en llo de Teo. É o presidente do Rosendo Bugarín é licenciaUrxencias. Durante quince Comité de Ética de Investido e doutor en Medicina anos traballou no Hospital gación Clínica de Galicia e pola Universidade de SantiaClínico Universitario de vocal da Comisión Galega go de Compostela, así como Santiago de Compostela e, de Bioética. Forma parte da diplomado en Sanidade, na actualidade, exerce como Xunta Directiva do Colexio especialista en Medicina médico de familia no Centro Oficial de Médicos de A Familiar e Comunitaria, e de Saúde de Calo do ConceCoruña.


24

Xornal 21 Marzo 2013

Tui

Entrevista VANESA RODRÍGUEZ PEREIRA, CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN E CULTURA

“As casas culturais tudenses realizan unha gran labor, son moi importantes”

A concelleira de Educación e Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, destaca o importante papel que xogan as asociacións culturais do municipio na Cultura local. Recoñece que o orzamento do que dispoñen este ano é inferior o que lles leva a ter que facer case “encaixe de bolillos” para levar a cabo a programación neste 2013. Agarda todos e todas as tudenses disfruten das festas de San Telmo.

que é menor que o do ano pasado, polo que temos que facer case encaixe de bolillos. Quixera dar as grazas as institucións que nos apoian e nos dan ese empuxo preciso para seguir adiante. Volvendo as festas, nestes día sos grupos das asociacións están moi presentes, como antes comentaba... Sí, coma xa dixen antes, eles son a parte máis importante da cultura na nosa cidade. Cada casa cultural é unha pequena gran familia que co seu esforzo e dedicación consigue facer que os seus grupos sexan tan importantes. Nestas datas énchenos de orgullo poder contar con eles tanto na Semana de Teatro Afeccionado, como no Festival Folclórico, e noutras actividades. Eles traballan ao longo de todo o ano, se esforzan e evolucionan,... quixera dar as grazas as directivas que traballar para amosar o mellor dos seus grupos. Sen eles a cultura en Tui estaría coxa. Son moi importante. Fan o traballo de campo, o máis cercano, nos entreteñen,...levan a cabo unha gran labor.

Qué destacaría das festas deste ano? Un ano máis chegan as Festas de San Telmo, e dende o concello seguimos apoiando tanto economicamente como con ilusión a celebración destes festexos.Nestes tempos tan difíciles economicamente seguimos crendo que con vontade e ilusión se pode facer moito. Tanto eu, coma os meus compañeiros, tentamos que non se note a crise nestas festas. Temos que cambiar moitas cousas, sabémolo, pero pouco a pouco cremo que imos lograr que as festas de San Telmo sexan as que todos queremos e desexamos. En breve presentarse unha nova programación cultural. Qué nos pode avanzar da mesma? Dende o Departamento de Cultura seguimos traballando pola variedade, para os proxectos do novos e os que xa están xa se leven a cabo, e poidamos realizar máis con menos. Podemos comentar que o que máis nos enche de satisfac-

ción é que o Teatro Municipal cumpra dez anos, e que ano a ano asistan máis espectadores e se continúen realizando espectáculos. Seguimos apostando polos da casa, polas nosas casas culturais, xa que grazas a elas podemos estar moi orgullosos da nosa Semana de Teatro Afeccionado, o Festival Fol-

clórico, así como de todas as actuación coas que nos acompañan en cada celebración. Cómo inflúe a situación económica nesta programación? Inflúe moitísimo aínda que tentamos que non se note. Pero cada decisión que tomamos depende do orzamento,

Para rematar un desexo para estas festas... O desexo é volver ilusionar á poboación, que saía e disfrute das festas...nestas datas temos que deixara trás os nosos problemas e seguira diante con vontade. Coma sempre me lembra a miña avoa “sempre fai máis o que quere que o que pode”. Imos querer.

Sábado, 30 de marzo Ás 15.30h. nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran celébrase a V Proba Automobilística San Telmo 2013. Organiza: Concello de Tui, Amigos da Xincana e Comisión de Festas. Ás 17h. a charanga tudense Cantos Somos comeza a súa actuación polas principais rúas de Tui. Ás 19h. no Teatro Municipal na Área Panorámica solemne acto de coroación das raíñas das festas de San Telmo 2013 e lectura do pregón a cargo do tudense Rosendo Bugarín González. Actuación da Banda de Gaitas de Pexegueiro. Entrada libre. Ás 20h. inauguración da exposición colectiva “Imago Tude” na Sala de Exposicións Municipal. Ás 21h. Acendido do alumeado das festas

Domingo, 31 de marzo Ás 8.30h. tirada de bombas de palenque anunciando o comezo das festas Ás 10h. saída dende a Casa Forestal no P.N. do Monte Aloia da 2ª Andaina Saudable da Eurocidade Tui-Valença polo sendeiro do “Rego da Pedra”. Percorrido de 8 quilómetros de dificultade fácil. Tempo estimado 2 horas. (Para aqueles que non coñezan o emprazamento da Casa Forestal quedarase ás 9.50h no Centro Interfederado de Tui) Ás 15.30h. nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran celébrase a V Proba Automobilística San Telmo 2013. Organiza: Concello de Tui, Amigos da Xincana e Comisión de Festas. Ás 17.15h. no Centro Sociocomunitario de Tui o grupo musical Tráfico amenizará unha tarde de baile. Ás 18.00h. no Teatro Municipal de Tui celébrase o “Festival Folclórico San Telmo 2013” coa participación dos grupos folclóricos “San Fins” de Rebordáns, “Santa Columba” de Ribadelouro, “Seixos Albos” de Areas, “San Xoán” de Paramos, “Inquendanzas” de Pazos de Reis, “O Mosteiro” de Pexegueiro e “Xuntanza” de Randufe. Entrada libre. Acada grupo actuará 15 minutos. Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por D.Fernando Cerezo García, reitor do Seminario Menor de Tui, e cantada pola Coral da S.I. Catedral. Ás 20.30h. Novena na S.I.Catedral Ás 20.30h. a orquestra Pontevedra amenizará a primeira verbena das festas no Paseo da Corredoira.

Luns, 1 de abril Ás 16.30h. no salón de actos da Aula UNED, no antigo convento de San Domingos, celébrase a VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de “Brave” Ás 17.30h. as raíñas das festas e as súas damas visitarán as resi-


Marzo 2013 Xornal 21

Tui

Programación Festas de San Telmo 2013

dencias San Telmo e Paz y Bien acompañadas dun grupo folclórico Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por D. Juan L. Martínez Diz, párroco de Alveos, e cantada pola Coral do Centro Sociocomunitario de Tui Ás 20.15h. no Teatro Municipal de Tui comeza a V Semana do Teatro Afeccionado organizada pola concellería de Cultura de Tui coa actuación de “Garabullada Teatro” da Asociación “Xuntanza” de Randufe pondo en escena “Un día de espías”. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes. Ás 20.30h. Novena a San Telmo na S.I.Catedral

Martes, 2 de abril Ás 10h. inauguración da exposición Animalia de animais exóticos na Área Panorámica. Ás 11h. visita guiada polo conxunto histórico de Tui. Saída dende a S.I. Catedral. Ás 16.30h. no salón de actos da Aula UNED, no antigo convento de San Domingos, VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de “Madagascar” Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por D. Javier Alonso Docampo, párroco da Franqueira, e cantada pola Coral de Entienza. Ás 20.30h. Novena na S.I.Catedral Ás 21.15h. no Teatro Municipal actuación do grupo de teatro “San Fins” da Asociación Cultural “San Fins de Rebordáns representando a obra “Ratibrom” no marco da V Semana do Teatro Afeccionado. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes. Mércores, 3 de abril Ás 11h.30h. celébrase no Claustro da S.I. Catedral o tradicional Concurso de Debuxo Festas de San Telmo Ás 16.30h. no salón de actos da Aula UNED, no antigo convento de San Domingos, VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de “Tadeo Jones” Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por D. Renato A. Freitas Poça, prior da congraría de San Telmo de Massarelos, e cantada pola Coral do Rosal.

Ás 20.30h. Novena na S.I.Catedral. Ás 21.15h. no Teatro Municipal o grupo de teatro “Atalaia” do Centro Sociocomunitario de Tui leva a escena a obra “O cianuro, só ou con leite” dentro da V Semana do Teatro Afeccionado. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

Xoves, 4 de abril Ás 16.30h. no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, proxección da película Hotel Transilvania na IX Semana de Cinema Infantil. Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por D. Eloy Perales Rodal, párroco de Padrones, e cantada pola Coral Mª Auxiliadora Ás 20.30h. Novena na S.I.Catedral Ás 21.15h. no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro “Caldemiños” da Asociación Cultural “A Insua” de Caldelas presenta a obra “O Ciridonio”. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

Venres, 5 de abril Ás 16.30h. no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, clausura da IX Semana de Cinema Infantil coa proxección de “Blancanieves mirror mirror”. Ás 19h. no Paseo da Corredoira celébrase unha nova edición do Karaoke Infantil. Ás 20h. na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de concerto co gallo da sinatura do acordo de irmandade coa cidade alemá de Versmold Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Juan M. Equiza Lasarte, e cantada polo Coro Clásico de Vigo. Ás 20.30h. Novena na S.I.Catedral Ás 21.15h. no Teatro Municipal de Tui o grupo “Aloia Teatro” da Asociación Cultural “Aloia” de Pazos de Reis leva a escena “A vinganza da Petra”. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes. Ás 22h. no Paseo da Corredoira Karaoke para adultos. Ao remate música con Kiko Carballo.

Ás 23:30 h. na Cafetería El Pilar celébrase o Campionato de Tute Festas de San Telmo.

Sábado, 6 de abril Ás 9h. 21 bombas de palenque anunciarán o primeiro día grande das festas. Ás 10.30h. a charanga tudense Cantos Somos iniciará a súa actuación polas rúas de Tui. Ás 11h. Xornada de Xogos Populares Festas de San Telmo no Paseo da Corredoira. Xogos populares: canicas, comba, mariquitiña, goma, chapas. Organiza Concello de Tui, CRA Mestra Clara Torres e Comisión de Festas. Ás 12h. partido de fútbol Tyde F.C. – Español Versmold F.C. no complexo deportivo municipal Álvarez Durán Ás 17h. no Paseo da Corredoira terá lugar o “Torneo de Minitenis na rúa” dirixido a público de todas as idades. Inscricións dende as 16.30h. Obsequios para os participantes. Organiza: Club Tenis Tui. Ás 17h. no Claustro da S.I. Catedral celebrarse II Torneo de Xadrez Festas de San Telmo 2013. Categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluto. Máis información en www.xadreztui.org. Organiza: Club Xadrez Tui e Comisión de Festas. Colabora: Concellería de Deportes do Concello de Tui. Ás 18h. pasarrúas a cargo da charanga tudense Cantos Somos Ás 18h. no salón de sesións da casa do concello sinatura oficial do acordo de irmandade entre o Concello de Tui e a localidade alemá de Versmold Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Juan M. Equiza Lasarte, e cantada pola Coral Polifónica da Guarda. Ás 20.15h. no Teatro Municipal de Tui o grupo “Chirlomirlo Teatro” da Asociación “Xuntanza” de Randufe leva a escena a obra “O enfermo imaxinario”. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes. Ás 20.30h. Novena na S.I.Catedral Ás 22.30h. verbena amenizada polas orquestras La Oca e Fania Blanco Show

Domingo, 7 de abril Ás 9h. 21 bombas de palenque anunciará o segundo día grande das festas Ás 9h. inicio I Campionato de Pesca Popular Trofeo Eurocidade. Saída dende o Centro Interfederado. Organiza: Sociedade de Pesca Reo Miño. Ás 10.30h. Celébrase a Carreira Popular de San Telmo organizada polo Club Atletismo Tui –Thermalia. A liña de saída e de meta estará no Paseo da Corredoira. Circuíto urbano. Categorías dende pitufos a absoluta. Máis información en www.atletismotui.es Ás 11.00h. saída da Área Panorámica do Desfile Exaltación do Traxe Tradicional coa participación das raíñas e damas das festas, xunto a todo aquel que desexe lucir o traxe típico. Remate na S.I. Catedral. Organiza a Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui. Participarán os xigantes e cabezudos acompañados do grupo de pandereteiras “As d’Abadía” de Caldelas e do grupo folclórico “Refaixos e polainas” de Baldráns. Ás 12.00h. Misa ofrenda a San Telmo presidida por D. Faustino Martínez Álvarez, párroco de San Juan de la Arena de Asturias. Ás 13h. pasarrúas da Banda de Música Popular de Tui Ás 19h. a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto no Paseo da Corredoira Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Juan M. Equiza Lasarte, e cantada polo Coro Sportivo de Ponteareas. Ás 20.30h. Novena na S.I.Catedral Ás 20.30h. inicio da verbena a cargo das orquestras Salsa Rosa e París de Noia

Luns, 8 de abril – Día de San Telmo (Festivo local) De 8h. a 10h. Misas na Igrexa de San Telmo. Ás 9h. 21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día grande das festas. Ás 10h. na rúa Calzada, no barrio de San Bartolomeu, celebración da “Feira dos Cabalos”. Ás 11h. Procesión das reliquias pola Coronilla. Santa Misa concelebrada na S.I. Catedral, presidida polo bispo da diocese de Tui-Vigo, Monseñor Luís Quinteiro Fiuza, e cantada pola

25

Coral da S.I. Catedral. Ás 11.30h. pasarrúas dos xigantes e cabezudos dende a Área Panorámica ata a o Paseo da Corredoira. Ás 11.30h. actuación do grupo de gaitas “Lembranzas da Terra” de Guillarei no Paseo da Corredoira. Ás 14h. repique das campás da S.I. Catedral acompañadas dunha gran tirada de bombas de palenque. Ás 18h. entrada a Tui dende o Paseo da Corredoira da Banda de Guerra da Brilat-Galicia VIII. Ás 18h. no Teatro Municipal, na Área Panorámica, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. Entrada 3€. Venda de localidades media hora antes do comezo do concerto no despacho de billetes. Ás 18.30h. Homenaxe aos confrades falecidos durante o ano pola Banda de Brilat na igrexa de San Telmo. Ás 20h. actuación da orquestra Televisión. Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por M.I.S. Don Ricardo García Fernández, prior da Confraría de San Telmo. Ás 20.30h. Novena na S.I.Catedral Ás 21h. inicio da solemne procesión de San Telmo dende a S.I. Catedral percorrendo as rúas de Tui. Ao rematar ofrenda floral a San Telmo na praza de San Fernando. A Coral da S.I. Catedral e a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín e a Banda de Música Popular de Tui interpretarán a Salve Marinera e o Himno a San Telmo. Ás 23:30h. espectacular tirada de fogos de lucería. Ao remate actuará de novo a orquestra Televisión pechando as Festas de San Telmo 2013.


26

Xornal 21 Marzo 2013

Tomiño

Entrevista OLGA ORDUÑA, CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN DE TOMIÑO

“Cremos que é necesario dar aos mozos e mozas de Tomiño un espazo de formación”

O Concello de Tomiño pon en marcha o proxecto “É aprender” co que quere combater as altas cifras de fracaso escolar que hai na localidade. Dirixido ao alumnado da ESO busca proporcinar a mozos e mozas un espazo de reunión e estudio coa colaboración do voluntariado local. A concelleira de Educación de Tomiño, Olga Orduña, explica as características desta iniciativa.

Cómo e por qué xurde este proxecto? Coma na maioría dos concellos de Galicia e de España as cifras do fracaso escolar aumentan cada ano e, por conseguinte, preocupan tamén ao goberno local de Tomiño, polo que este, despois de analizar a situación durante un tempo e coa colaboración do persoal do IES de Tomiño, decidiu facer algo por mellorar a situación na medida das súas posibilidades. En qué consiste? O proxecto consiste, fundamentalmente, na creación de espazos onde os alumnos e alumnas de ESO poidan reu-

nirse e estudar. Para acompañarlles neste proceso temos un grupo de voluntarias da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) que apoiará aos estudantes na concreción de ditas tarefas. Hai que aclarar, que non se trata de clases particulares, pero si se darán nocións sobre técnicas de estudo (realización de resumos, esquemas, mnemotecnia, etc.) e consellos para afrontar a ansiedade e outros problemas relacionados co estudo e coa adolescencia. A quen vai dirixido? A iniciativa vai especialmente dirixida ao alumnado de ESO, de 1º a 4º, ambos os dous incluídos, xa que é este tramo o que maior abandono escolar sofre.

Cómo vai ser o seu funcionamento? A idea é que en cada unha das parroquias do municipio, se cree un espazo de estudo ao que os mozos e mozas poidan acudir. Deste xeito, evitaríase que os mesmos teñan que desprazarse ata o centro do concello, coa conseguinte comodidade que isto representa para eles e as súas familias.

As aulas funcionarían dúas veces por semana en cada parroquia.

Qué resposta agardan por parte do alumando do instituto? Cremos que é necesario dar aos mozos e mozas de Tomiño un espazo de formación e tamén de reflexión sobre o sistema educativo actual e os seus resultados. E tamén transmitir a importancia que teñen os estudos, ou que deberan ter, na nosa sociedade, de cara a mellorar a empregabilidade nun futuro próximo. Cal será o papel dos voluntarios en “É aprender”? Trátase dun grupo de voluntarias da OMIX, na súa maioría con estudos, que se encargarán de acompañar e guiar ao alumnado na elaboración das súas tarefas escolares. O voluntariado da OMIX leva tempo traballando en distintos proxectos con bos resultados, e porá tamén neste, o seu granito de area para tentar mellorar a situación de moitos mozos e mozas con problemas de aprendizaxe ou conduta.

Ampla oferta de actividades na OMIX para primavera Vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 30 anos.

A OMIX de Tomiño presenta unha ampla oferta de actividades para a primavera. Impartirán un curso básico de francés e de portugués, un curso de formador de formadores, así como un curso de fotografía dixital. Amais levarán a cabo un obradoiro de elaboración de xabón. Por unha banda o 20 de marzo comeza o curso básico de francés que se impartirá os martes e mércores de 20 a 22h cun total de 25 horas lectivas. Por outra parte ata o 5 de abril está aberto o prazo de inscrición para o curso de formador de formadores que van celebrar a partir do 12 de abril con 40 horas lectivas. As clases serán os venres de

19 a 22h e os sábados de 10 a 14h. Esta actividade vai dirixida a profesionais da docencia en activo ou non, persoas curiosas na metodoloxía de traballo con grupos pequenos, a todas as persoas que queiran orientarse a calquera tipo de impartición de accións formativas. O prezo do curso é de 45€. Ata o 25 de marzo está aberto o prazo de inscrición para o curso de fotografía dixital que se vai impartir dende o 5 de abril. As clases serán os venres de 16 a 20h. O prezo deste curso é de 10€. Para o mes de maio está previsto un curso básico de portugués. Impartirase luns e venres de 20 a 22h dende

o 20 de maio. O prezo do curso é de 15€ e os interesados poden inscribirse ata o 12 de maio. Por último dende a OMIX organizan tamén un obradoiro de elaboración de xabón artesanal para limpeza do fogar e produtos de ecocosmética. Terá lugar os luns, mércores e venres de 19 a 22h ou de 10 a 13h, en función da demanda, dende o 6 de maio. Esta actividade consta de 9 horas lectivas e ten un prezo de 6€. A inscirción está aberta ata o 12 de maio. Estas actividades van dirixidos a mozos de 12 a 30 anos, con preferencia para os empadroados en Tomiño. Se quedan prazas libres, poderán inscribirse os maiores de 30 anos e as persoas doutros concellos.

Olga Orduña aclara que non se trata de clases particulares, pero si se darán nocións sobre técnicas de estudo.

Alumnos de Tomiño premiados no V Concurso de Robótica Tres equipos de alumnos de 4º ESO do IES de Tomiño acadaron o segundo premio ex aequo no V Concurso de Robótica, organizado pola Institución Galega da Ciencia en colaboración coa Fundación Barrié. A Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), en colaboración coa Fundación Barrié, organizou na Coruña, do luns 25 de febreiro ao venres 1 de marzo, o V Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participaron preto de 1.000 alumnos e 58 profesores de 29 centros educativos de toda Galicia. O IES de Tomiño participou neste V Concurso Galego de Robótica cun total

de 48 alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º bacharelato tutelados polos profesores de Tecnoloxía, acadando un resultado moi bo: 3 equipos de 4º ESO empataron no segundo posto da categoría de 4º ESO cos equipos do IES A Cachada de Boiro e IES Canido de Ferrol A proba consistiu no deseño de varios programas mediante os cales un robot debía realizar diferentes tarefas, como trazar rutas seguindo unha luz, detectar obstáculos, seguir ordes en función dos sons detectados, etc. Para isto dispuxeron so de unha hora. O interese mostrado por todos os participantes foi moi alto e a experiencia resultou moi satisfactoria para todos.

O presidente de ADETO foi nomeado vicepresidente da Federación Provincial de Comercio Manuel Pérez Riveiro, presidente de ADETO, foi nomeado vicepresidente da Federación Provincial de Comercio. Así foi acordado na reunión do Comité Executivo da Federación Provincial de Comercio celebrada o pasado 21 de febrei-

ro en Pontevedra. Amais ADETO foi designada como delegación da Federación Provincial de Comercio no Baixo Miño. Este acordo vén reflectir o bo traballo realizado nos últimos anos por ADET O e o seu presidente.


motor

Marzo 2013

Xornal 21

27

Nova Serie Especial Citroën DS3 Urban Shot O Citroën DS3 está disposto a converterse no rei dos urbanitas. O seu segredo para conseguilo é combinar con acerto un deseño que marca tendencia cunhas mecánicas áxiles e ao mesmo tempo austeras en consumo e emisións. Se a isto se lle suma un completo equipamento e un prezo atractivo, dá como resultado o DS3 Urban Shot. A nova Serie Especial do DS3, que conta con varias combinacións de cores, está dirixida aos automobilistas máis urbanitas e tamén ao seu peto, xa que pode adquirirse, se se financia con Citroën Bank, por 125 € ao mes en 60 cotas, dando unha entrada de 5.225 €. O DS3 Urban Shot ofrece ademais un completo equipamento de serie que potencia

o seu exterior, incluíndo lamias de aliaxe Ashera de 16" e faros diúrnos LEDs dianteiros, e tamén o seu interior, que ademais de sistemas de seguridade como o ABS e ESP, incorpora regulador e limitador de velocidade, radio CD Mp3 e aire acondicionado. Destinado principalmente á cidade, coidou particularmente os consumos nas súas motorizacións. Así, o DS3 Urban Shot equipa, en gasolina, o VTi 82, motor tricilíndrico da familia "Pure Tech", que desenvolve unha potencia de 82 CV CEE a 5.750 rpm e caracterízase pola súa austeridade (4,5/100 km). En diesel, monta o HDi 70, cuxo consumo é de tan só 3,8/100 km cunhas emisións de 99 gr de CO2.

O PRimeiRO VOlkswAgen COmPletAmente eléCtRiCO estReARAse mundiAlmente nO sAlÓn de fRAnkfuRt deste AnO.

O novo e-up! Volkswagen está a escribir un novo capítulo en mobilidade coa presentación do seu primeiro vehículo de produción completamente eléctrico: o novo e-up!. O vehículo de catro prazas, que opera sen emitir practicamente ningún ruído, móstrase na Conferencia Anual de Prensa e Investidores en Wolfsburg. O novo e-up! impresiona coa súa autonomía de condución de 150 km e o seu excelente practicidad para o día a día. Volkswagen presenta innovacións que fascinan. O e-up! ofrece a entrada a un novo concepto pioneiro de vehículo con motor eléctrico e catro prazas. Un vehículo para un uso diario na cidade, pero tamén ideal para viaxeiros diarios ou como innovador segundo coche. Pode afrontar sen esforzo distancias de ata 150 quilómetros. Logo, o e-up! pódese recargar ata un 80% da súa capacidade de almacenamento de enerxía en só 30 minutos. Case sen emitir ningún ruído, o e-up! está propulsado por

un motor eléctrico cunha potencia punta de 82 CV (60 kW), sen ningunha molesta interrupción de cambio de marcha ou son de motor. A súa potencia continua é de 55 CV (40 kW) e o seu par máximo de 210 Nanómetros está dispoñible inmediatamente coa primeira revolución. Acelera de 0 a 100 km/h en 14 segundos e alcanza unha velocidade máxima de 135 km/h. A batería de ión-litio integrada baixo o chan ten unha capacidade total de almacenamento de enerxía de 18,7 quilovatios por hora (kWh), o que lle permite cubrir ata 150 km (segundo o NEDC) cunha soa carga grazas ao seu baixo peso de 1.185 kg O porto de carga da batería no e-up! está escondido detrás da tapa do depósito de combustible. Como opción, pódese usar o Sistema de Carga Combinada (CCS), que foi estandarizado por Volkswagen e outros fabricantes. Soporta tanto cargas DC como AC, polo

que os condutores poden cargar doadamente os seus vehículos na maioría de estacións, tanto para cargas rápidas (30 min) como carga normal. O e-up! ten o ADN Volkswagen cunha personalidade e carácter propios. Unha característica exterior distintiva é a forma curvada dos faros LED de luz diúrna no parachoques frontal. Ademais, na parte traseira, os perfís e os baixos optimizáronse aerodinámicamente. O e-up! pódese recoñecer á primeira vista polas súas lamias de aliaxe de 15 polgadas, os emblemas de Volkswagen con fondo azul e un logo e-up! na parte traseira. O interior do vehículo presenta os asentos e-up! en gris claro con costuras decorativas en azul. Usáronse toques especiais de coiro e cromo para transmitir unha impresión purista que integra á perfección o concepto de vehículo urbano e eléctrico. En outono, o e-up! estrearase no Salón Internacional do Automóbil de Frankfurt (IAA), momento no que comezará a súa comercialización en Alemaña.


28

Xornal 21 Marzo 2013

deportes

A Eurocidade Tui-Valença organiza 17 andainas para 2013 Un total de dezasete andainas configuran o programa de Andainas Saudables que promove para este ano a Eurocidade Tui-Valença. A presentación desta actividade tivo lugar pasado 25 de febreiro, no antigo convento de Santo Domingo de Tui, a cargo do alcalde de Tui e do presidente da Cámara de Valença, o secretario Xeral para o Deporte, o director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, e os concelleiros de Deportes de Tui e Valença. Tamén participaron os representantes de Celtas do Minho e Verdeazul que serán os responsables de guiar estes percorridos. Son un total de 17 andainas as previstas para este ano ata o 14 de decembro. Haberá dúas que se van celebrar fóra do territorio da Eurocidade e outra andaina será nocturna. En 2012 nas 13 andainas realizadas participaron 1000 persoas e percorreron 167 quilómetros. Este ano agardan chegar aos 2.500 participantes xa que se incrementa o número de actividades a realizar. Marina Carvalho de Montañeiros Celtas do Minho explicou que as andainas serán en Valença o segundo sábado de mes e en Tui o último domingo de mes. Entre as novidades deste ano está a publicación dun pasaporte onde figuran o programa completo previsto e que será selado en cada andaina. Tamén convocarán un concurso fotográfico entre outras iniciativas a realizar para incentivar a participación.

O concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, abriu a súa intervención salientando que este circuíto de andainas saudables é “un bo exemplo do futuro desta Eurocidade, e do cómo un bo traballo conxunto pode dar os seus froitos, de cómo aunando esforzo se poden optimizar recursos e se pode facer máis con menos”. Esta actividades explicaba o edil que forma parte dun proxecto deportivo que este ano estará conforma-

salientaba que “un dos nosos obxectivo prioritarios é ter unha poboación fisicamente activa” e por tanto “máis sa e máis feliz e con maior benestar e calidade de vida”. O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, manifestou que a súa presenza neste acto interprétase como un símbolo de apoio da súa Dirección Xeral a esta Eurocidade, a que explicaba “lle temos especial cariño porque é

do por 13 eventos: torneo de fútbol 7 benxamín e alevín, campionato ibérico de KungFu, torneo de pesca deportiva, proba de bicicleta de montaña, carreira atlética de 10 quilómetros, cuadriatlón, trofeo de balonmán, liga de fútbol sala, campionatos de tenis e de baile deportivo e un festival aéreo. Algunhas destas probas se celebraron xa o ano pasado “colocando á Eurocidade no mapa deportivo galego do norte de Portugal” segundo Nicolás Lorenzo. Amais o concelleiro

unha iniciativa que nace da propia demanda social”. Engadía que esta é unha Eurocidade xa coñecida en Bruxelas apuntando que contou e vai contar con distintas iniciativas da Unión Europea. Avanzaba amais Jesús Gamallo que están a ultimar a publicación dunha Guía de Recursos da Eurocidade que vai recoller non só os recursos patrimoniais das dúas cidades senón tamén os gastronómicos, de lecer... O secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, sinalou que

O Tomiño feminino sobe a primeira división O Tomiño FC Feminino proclamouse o domingo, 24 de febreiro, no Campo do Alivio en Tomiño campión de Liga fronte ao Telmo

Peluqueros a quen se impuxo por 3-0. Con esta vitoria as mozas do Tomiño lograron amais o ascenso a primeira división.

“hoxe vense posibilidades, fiestras de colaboración entre fronteiras. O río é un elemento común e a Eurocidade é a oportunidade para dar resposta aos desafíos que temos”. Avanzou amais que no prazo dun mes, aproximadamente, abrirá en Tui unha Unidade de Promoción do exercicio que terá a súa sede no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo en Tui, na que se prestará asesoramento á poboación da Eurocidade sobre a práctica de actividade física para mellorar a calidade de vida. Ao fronte desta unidade estará un licenciado/a en Ciencias da Actividade Física. O presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, expuxo que “a Eurocidade non é un proxecto que se teña quedado no papel senón que está a ter o seu desenvolvemento na sociedade tudense e valenciana a favor do seu futuro, neste caso en favor da mellora da súa actividade deportiva”. Aludiu amais a proxección como destino turístico tanto no Norte de Portugal como en Galicia. Por último o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, afirmaba que “a Eurocidade está viva e ten moito futuro” engadía que agora as dúas cidades traballan na mesma dirección e se van coñecendo pouco a pouco. Explicaba que “temos moito máis que ofrecer pero queremos ir dando os pasos pouco a pouco”. Por último animaba o rexedor tudense a participar nas andainas programadas para este ano 2013.

Bronce para Manu Garrido Manu Garrido logrou o pasado día 17 a medalla de bronce, en c1 senior, nunha magnífica regata no Campionato de España en Sevilla. Tras clasificarse, no posto número 17 para a final, o palista do Kayak Tudense foi remontando ao longo de

toda a proba cunha gran actuación. A 500 metros da liña de meta estaba xa decidido o podio que ocuparon Manuel Antonio Campos cun tempo de 22:38:01, Diego Romeu Fraga con 22:46:960 e Manuel Garrido Barbosa con 23:01:460.

I Curso de Dirección e Xestión de Clubs Deportivos A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o inicio, nas instalacións da Escola de Canteiros, do I Curso de Formación Continua en Dirección e Xestión de Clubs e Entidades Deportivas, enmarcado dentro do Plan de Formación de Técnicos Deportivos 2013. Este curso, pioneiro en Galicia, pretende dotar á provincia de Pontevedra de cualificados xestores deportivos. O curso celebraráse en sucesivas quendas perante os meses de abril, maio, setembro, outubro, novembro e decembro. Entre os seus obxectivos, figura dar formación sólida e de calidade a directivos e técnicos, contribuír a unha configuración curricular dos asistentes; mellorar a calidade xestora dos clubs, mediante a formación teórico-práctica, dos directivos; comparar e analizar modelos de xestión utilizados nos clubes; salientar a importancia de utilizar unha correcta pedagoxía e didáctica do deporte; e identificar demandas e necesidades reais dos directivos. A Deputación oferta 40 prazas gratuitas por curso e un total de 6 cursos, o que supón a formación de 240 persoas. Só poderán participar dúas personas, como máximo, por club. O prazo de inscripción estará aberto ata o 15 de abril. O profesorado terá como xefe de estudios a Víctor Arufe Giráldez, profesor da Universidade de A Coruña; Marina Romero Tejero, de Sportis, como secretaria de estudios; e como docentes, Víctor Arufe; Carlos Lago Peñas, profesor da Universidade de Vigo; Rubén Domínguez, profesor da Universidade de A Coruña e entrenador profesional de baloncesto (Breogán, CAB Ourense, etc.); Mariano García-Verdugo Belmás, da Federación Española de Atletismo, docente do Centro de Estudios Olímpicos e director da Escola Galega de Atletismo; e Víctor Barro Casal, profesor da Universidade de Vigo. O curso terá control de asistencia e evaluación final e, entre as súas características, destacan as clases teórico-prácticas presenciais (12 horas); Clases on line (8 horas); Diploma de asistencia; Cartafol co material didáctico do curso; e formación de técnico deportivo.


saúde

Marzo 2013

A maioría de enfermidades cardiovasculares son prevenibles Con motivo do Día Europeo de Prevención do Risco Cardiovascular, que se celebrou o 14 de marzo, a Fundación Española do Corazón (FEC) recorda que as enfermidades cardiovasculares (ECV) son a primeira causa de morte nos países desenvolvidos, por encima do cancro e as enfermidades do sistema respiratorio. En España cobráronse 118.313 mortes en 2011, o que representa o 30,5% dos falecementos producidos. Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), as enfermidades cerebrovasculares (ictus) causaron un total de 28.855 mortes en 2011, cifra que representa un 24,38% dos falecementos por causas cardiovasculares. En concreto, o ictus significou a morte de 16.703 mulleres e 12.152 homes. En segundo lugar, atópanse outras enfermidades cardiovasculares que supuxeron a morte de 20.466 persoas, mentres que o infarto agudo de miocardio causou 18.101 mortes. Compre destacar que o 90% dos infartos asóciase a factores de risco clásicos coñecidos e fácilmente modificables e prevenibles, como son a hipertensión, o colesterol elevado, o tabaquismo, a diabetes e a obesidad. Segundo o Dr. Enrique Galve, presidente da sección de Risco Vascular e Rehabilitación Cardíaca da Sociedade Española de Cardiología (SEC), “os factores de risco máis preocupantes son a diabetes e a obesidad, factores estrechamente relacionados coa mala nutrición” e engade que “a nosa sociedade pasou dun modelo de alimentación baseado nos produtos naturais á comida rápida e os produtos precocinados”.

A FEC recomenda practicar exercicio físico de intensidade moderada regularmente. /Superstock

provocará a longo prazo un incremento de enfermidades coronarias no caso do xénero feminino” explica o Dr. Galve. A muller, especialmente durante a súa etapa fértil, está máis protexida que o home ante eventos cardíacos grazas ao seu sistema hormonal pero, na actualidade, esta protección vese diminuída a causa do tabaquismo e os hábitos pouco saudables. O sedentarismo é outro dos factores que, xunto á mala alimen-

Como combater o risco cardiovascular A FEC recomenda 1. Seguir unha dieta sa e cardiosaludable para previr o sobrepeso, a obesidad e, en particular, a obesidad abdominal. Para combater a obesidad en xeral, hai que manter o índice de masa corporal (IMC), por baixo de 24,9. O IMC obtense a partir do peso e a altura de cada individuo e indica si unha persoa ten un peso insuficiente, normal, sobrepeso ou obesidad en distintos grados. Así: IMC > 18,5 = peso insuficiente, IMC 24,9 = peso normal, IMC 29,9 = sobrepeso, IMC 39,9= obesidad e IMC < 40 = obesidad mórbida. 2. Practicar exercicio físico de intensidade moderada regularmente. Unha boa opción é pasear a bo ritmo entre 30 e 60 minutos diarios, polo menos cinco días por semana. 3. Non fumar. 4. Acudir ao médico cada certo tempo para coñecer os factores de risco de cada un. Así, coa medida da presión arterial e unha análise de sangue pódese saber si a presión arterial, os lípidos e a glucosa (azucre) en sangue atópanse dentro dos parámetros da normalidad.

Outro dos factores de risco cardiovascular máis preocupantes é o hábito tabáquico. “Aínda que se produciu unha situación de contención, especialmente no caso dos homes, segue sendo un factor a ter en conta. Durante os últimos 30 anos, a muller incrementou o consumo de tabaco, en parte porque esta incorporouse moito máis tarde ao hábito de fumar. Este feito

tación, pode conducir á alteración das cifras da presión arterial, o colesterol, os lípidos en sangue, a obesidad e a diabetes. O Dr. Galve afirma que “malia que as campañas para promover a actividade física entre a poboación foron moi ben recibidas polo público en xeral, son precisamente as persoas que máis necesitan a actividade deportiva, as que levan unha

vida máis sedentaria”. Oito de cada dez infartos poderíanse evitar deixando de fumar, practicando exercicio físico regular e mantendo unha dieta sa. Estes hábitos saudables reducen a hipertensión arterial, o nivel de lípidos (colesterol e triglicéridos) e preveñen a diabetes ou na súa falta melloran o seu control si o individuo xa a padece. En xeral, a presión arterial debería ser inferior a 90 mmHg para a diastólica e menor a 140 mmHg para a sistólica, o colesterol LDL debería situarse en menos de 130 mg/dl e para valorar a glucemia, a hemoglobina glicosilada, debería estar por baixo do 6,5%. En persoas que xa sufriron un primeiro infarto de miocardio, estas cifras aínda deben ser máis estritas e estar máis baixas. Os resultados desta analítica, combinados coa idade do individuo e o IMC, así como a medida do perímetro abdominal, ou circunferencia da cintura, permiten estimar o risco cardiovascular de cada persoa, mediante distintas táboas de cálculo de risco cardiovascular, como a de Framingham, SCORE e REGICOR, existentes na actualidade e que utilizan os profesionais da medicina. Ademais, segundo o Dr. Galve, “no caso das persoas que xa padecen algunha enfermidade cardiovascular e foron diagnosticadas é imprescindible seguir de xeito constante e estrita o tratamento médico prescrito, habitualmente farmacológico, así como realizar os controis regulares que o especialista designou”.

Xornal 21

29

O diagnóstico precoz do glaucoma evitaría o 95% dos casos de cegueira O glaucoma constitúe a segunda causa de cegueira no mundo, só superada polas cataratas, segundo datos da Organización Mundial da Saúde. Malia a súa gravidade, a metade da poboación afectada por glaucoma descoñéceo, xa que xeralmente non causa síntomas que advirtan da patoloxía. O problema é que, si non se detecta e trata a tempo, o glaucoma pode chegar a pro-

ducir baixa visión e, ata, cegueira no 5% dos casos. Cun diagnóstico cedo eses casos de cegueira poderíanse evitar nun 95%. Segundo o presidente do Consello Xeral de Colexios de Ópticos- Optometristas, Juan Carlos Martínez Moral “estímase que só no noso país o glaucoma afecta a máis dun millón de

persoas e a súa incidencia increméntase coa idade”. Así, no grupo de 50 a 59 anos, a incidencia sitúase no 2,1%. Esta cifra ascende ao 2,3% en persoas de 60 a 69 anos e, unha vez pasados os 70, alcanza o 3,5%. Detección precoz Coincidindo co Día Mundial do Glaucoma, o Consello Xeral de Colexios de Ópticos-Optometristas quere concienciar á oblación maior de 45 anos da importancia de someterse a unha revisión ocular anual nun establecemento sanitario de óptica. O ópticooptometrista é o profesional da saúde visual primaria e dispón da formación necesaria para detectar o glaucoma nos seus estadios iniciais, antes de que o paciente sufra unha perda visual importante e irreversible. Segundo Martínez Moral ”esa detección baséase nunha exploración do fondo de ollo e a medida da presión intraocular. Os ópticos-optometristas realizan estas e outras exploracións de forma rutineira nos establecementos sanitarios de óptica”.


30

Xornal 21 Marzo 2013

Emprego

Consumo

Libros “DETRÁS DE LA PUERTA”

O coñecido arquitecto galego Joaquín Torres acaba de publicar a segunda edición desta obra que «axuda a entender a súa filosofía», como di no prólogo o seu socio en A-Cero, Rafael Llamazares. Joaquín Torres quere trasladarnos co libro unha forma de entender a vida sempre ligada ao deseño, á arquitectura, que é o seu modo de expresión e de relacionarse cos demais: «Nunca me imaxinei doutro xeito que non sexa facendo o que fago, porque amo a arquitectura sobre todas as cousas. Sei que non son un xenio, pero si son moi bo no que fago, e créoo. Falo con total sinceridade cando digo que non traballo por diñeiro, senón porque amo o que fago. Porque o traballo é o máis importante da miña vida, mesmo máis que a miña propia familia. Sei que cheguei onde estou en poucos anos porque tiven un empuxón familiar, pero tamén porque teño certo talento e dedícolle ao traballo» «moitas horas do meu tempo», escribe o autor. Non busco en absoluto que me chamen artista. Unha obra de arte é algo que

GUIA DE EMPREGO OFERTAS DE EMPREGO

PROFESOR DE PIANO. BUSCO persoa que imparta clases particulares de piano e se desplace a domicilio en Mos. 605082556

transcende no tempo e, sinceramente, non quero estar aí aínda. Eu non fago obras de arte, fago arquitectura intento que sexa da boa- e son moi consciente de que facela e recibir eloxios de quen a ve e se emociona che pode levar a un grao de idiotez supino no que non quero encontrarme. Eu gozo coa arte, que sen dúbida é unha fonte inesgotable para a nosa creatividade,» sinala en Detrás da porta. Polas páxinas de Detrás de la puerta desfilan personaxes como Luis García Cereceda, Amancio Ortega, Raúl, Borja e Branca Thyssen ou Víctor Valdés. E Torres, honesto e sen pelos na lingua, desmonta moitos mitos sobre a súa figura: o seu encadramento como «o arquitecto dos famosos», a súa obsesión pola imaxe, a utilización dalgúns personaxes para triunfar, un prestixio mediático disputado co profesional...

COMECIAL ¿BUSCAS EMPREGO? Xornal21 selecciona COMERCIAIES - PUBLICITARIOS para zona LOURIÑA – BAIXO MIÑO - CONDADO. Seleccionamos comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade, medios e Internet. Interesados enviar C.V. a publicidade@xornal21.es o chamar o teléfono 986 348 106 (de 16 a 20 h.) COMERCIAL para empresa de Novas Tecnoloxías 662 089 008

DEMANDAS DE EMPREGO

ROCES, limpezas de leiras e montes. Económico (Manuel 658902647) ELOY portes e mudanzas económicos. Dispoño de furgón carrozado de 3.500 kg con plataforma elevadora. Vigo teléfono 664537532 e-mail yotuel39@yahoo.es RAPAZ de 37 anos busca traballo calqueira ocupación. Carné de conducir, coche, manipulador alimentos. 633 097 608 RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285 RAPAZ novo busco traballo, Medio, Mantemento ou Cociña. 633.375.785 DIRECTOR de autoescola, profesor, formador, CAP. e mestre. Ofrécese para toda España. Experiencia. 610 54 19 21 LOURIÑA para pasar o ferro ou limpeza, tamén cortar pelo a domicilio- 60897.55.72 RAPAZ, traballo do que sexa. Carnés B - C1 - C - BTP, carretillero, manipulador de alimentos. 627.100.623 SEÑORA ofrécese para acompañar anciáns de noite ou tarefas do fogar por horas 651344532

ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13 POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78 ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13 RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, Porriño. Yolanda 606 77 31 97 SEÑORA busca traballo como asistenta de fogar na zona de Tui. T. 986.600.886 RAPAZA para parrillera ou axudante de cociña. 627.614.917 RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112-633036768 (con coche) ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634 RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209 RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos Puxeiros. Nathaly 699514112 CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051 PINTOR e colocación de papel, rehabilitación de madeiras, económico pida o seu presuposto sen compromiso 695 628 911 RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838 FONTANEIRO con experiencia en instalacións de calefacción , gas, propano ,caldeiras e reparacións urxentes vivendas , comunidades. T. 698177740

CUPÓN ANUNCIOS BREVES

PARTICULARES - Os anuncios son de balde para os particulares e non supoñen ningún custo. Enviar este cupón correctamente cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga MOS (Pontevedra) Tamén podes publicar o teu anuncio enviando o formulario que aparece en www.xornal21.es Os anuncios serán publicados gratuitamente na edición impresa e dixital do Xornal21 durante tres edicións, se decides retiralo antes bastará con que envíes de novo o cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO” Os anuncios da sección de CONTACTOS deberán enviarse por correo postal xunto á fotocopia do DNI ou Pasaporte do anunciante.

EMPRESAS - Os anuncios BREVES e CLASIFICADOS son de pago para as EMPRESAS Consulte condicións no 986 348 106 – publicidade@xornal21.es / TARIFA: Módulo a cor (con fotografía) dende 15 €* Texto ata 20 palabras dende 10 €* *IVE NON ENGADIDO. CONSULTAR CONDICIÓNS

TEXTO DO ANUNCIO (Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras) ___________________________________________________________________________________________________ ___________________________________________________________________________________________________ ___________________________________________________________________________________________________ NOME*:_________________________________________ APELIDOS*:_______________________________________ D.N.I. ou Pasaporte*:_______________________________________________________________________________ Lugar de residencia*:___________________________________________ Telf.:________________________________ E-mail:___________________________________________ c Alugueres c Animais c Automóbiles

c Ensino c Casas c Contactos

c Retirar anuncio c Publicar anuncio

c Pisos c Compras varias c EMPREGO c Solares e terreos c Vendas varias c Demandas c Traspasos c Outros c Ofertas

Firma

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.


Breves

Marzo 2013 Xornal 21

Clasificados

Alugeres

FIAT Stilo JTD, ano 2003, 1.9 diesel, 6000 € prezo negociable Tel: 660768777

VIVENDA amoblada, tres cuartos, cociña americana, baño, terraza. No Cerquido - Porriño. 300 €. 637 740 114 - 629 390 206

KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548

APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727

MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353.

RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12 CUARTO EN PORRIÑO dende 145 € /Mes Tel.: 651078705

Contactos RAPAZA busca amigas para saír (Porriño ou arredores) 653 32 41 31 LUSO-HISPANO de 62 anos busca parella entre 60 e 65 anos para relación seria. Nada de malos-rolos. T. 629.221.285 RAPAZ de 27 boa presenza, licenciado, busca rapaza para amizade ou posible relación. T. 664.281.590 SEÑORA busca amigas para saír (Tui ou arredores) Tel.: 687 691 508 SEÑORA 50 anos, seria, busca cabaleiro serio para amizade. Absterse “malos rollos”. 687 69 15 08

CUARTO de luns a venres, só para durmir, económico, Porriño. 608.97.55.72 LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (Porriño) T. 986.33.01.75 TAMEIGA (Mos) piso amplo, 120 m2. Tres hab. dous baños, salón, cociña e pequena terraza. 2º planta. 380€. T. 679771966

PROFESOR de Kung-Fu Monitor de Tai-Chi e Instrutor de Artes Marciais Mixtas. 629325431 INGLÉS, todos os niveis. 656 87 33 00

GATIÑA PELUDA, se ten unha e non a queres chámame 650.610.633

CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717 INGLÉS E FRANCÉS Lic. en tradución e interpretación. 986332330 PROFESORA FRANCÉS nativa, alta diplomada da cursos todos os niveis. Isabelle 986660890

Casas

Automóbiles QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327 PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15

PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122 PORRIÑO. PISOS A ESTRENAR 3 Dormit. c/ lavadero 81.750€ 2 Dormit. c/lavadero 66.750€ (Condiciones especiales) 619 735 333

OCASIÓN! Comercio de roupa moi económico en Porriño T. 986.330.175 GALIA SALCEDA. Traspaso 20.000 euros. 986 340858 - 697 222 486

Compras varias SELOS novos de curso legal, compro baixo facial segundo valores, cantidades e necesidades. 610 54 19 21 LIBROS antigos 986602106

676165136

/

ORDENADOR e BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72 MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688 MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491

SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09 VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semi. amoblado, 125.000 euros negociables. 646653883

Vendas varias CAPUCHÓNS de entroido (3 ud.) de rasa cor negra, a 10 € cada un. 671 35 74 26 SELOS usados, vendo. 1000 diferentes España: 16 €; 5.000 mundiais: 50 €; 10.000 mundiais: 90 €; 25.000 mundiais 200 € e 50.000 mundiais 375 €. José Manuel 610 54 19 21

COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m2, horreo, terreo 1810 m2. Bo acceso. Bo prezo. 634459555 ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m2. 658.312.090 CHALÉS zona Nespereira, ao lado campo de Fútbol, a 3 Km. da nave de Pórtico. Entrega inmediata. Máis información 677.57.73.93 670.50.48.14 MOS casa independente preto de San Antoiño. 4 cuartos, 2 baños, cociña grande, salón con cheminea, armarios encaixados, barbacoa, piscina.... Aluguer con opción compra. Prezo 280.000. Tel. 605082556

Has perdido las llaves del coche ¿Qué hacer? CERRAJERIA BERMA 986 33 74 07 / 649 66 66 55 PORRIÑO Urbanización El Sol c/ Cruceiro, 23 bajo. Somos profesionales expertos en seguridad y cerrajería. CERRAJERÍA DEL AUTOMOVIL: Apertura de vehículos; Codificación de llaves por código; Tallado de llaves por código; Creación de llaves partiendo de la cerradura del vehículo, sin desmontar cerradura; Reparación de mandos y llaves; Igualamientos - Amaestramientos bombines de puertas y contacto. Profesionales altamente cualificados con atención personalizada y rápida. VIÑO furanchos e particulares. Branco Pais prezo a negociar. 647 92 55 02 MOBLES USADOS véndense 680 26 17 84

MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84

VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090 PORRIÑO -98 m² 3 dormitorios. Totalmente reformado a estrear. Tel. 651.665.755

Outros

VÉNDESE ou CÁMBIASE APARTAMENTO en Torrevieja (Alicante) por apartamento, piso ou outros en provincia de Pontevedra. De 2 hab. 1 cociña 1 salón terraza zona estival. T. 619.985.001

VIGO piso exterior, 3 hab., 2 baños, salón comedor...Plaza garaxe. T. 690.901.956

CLASES de canto, piano, baixo, guitarra... Tel. 986 33 23 30

COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776

Pisos

SALÓN DE PEITEADOS funcionando por non poder atender. T. 600.02.07.01

PORRIÑO 4 hab., prezo a convir. 986 33 50 27

PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776

SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175

BUSCO CASA en Salvaterra, para comprar ou arrendar. Prezo razoable. T.626.313.248

TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. 619.44.15.91

TORNEIROS Fase 3, piso proximidades do instituto, Inem e Froiz. Ten 3 cuartos, baño, salón e cociña. Totalmente amoblado.686.573.042

ADESTRAMENTO canino a domicilio: Obediencia básica, iniciación, adestramento en cachorros, estereotipias, corrección de condutas etc. T. 606503943

BO PREZO CASA RÚSTICA habitable por 42.170 euros., con terreo de 528 m2, 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Máis información: 986.33.35.02 - 691.886.068

Traspasos

ÁTICO EN PORRIÑO. A estrear na Avda. Galicia. 65 m². 637 25 21 81

Ensino

TUI local a preparar ideal para tapería ou restaurante (R/Colón) Tel. 606.606.727

Animais

SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646725195

31

VALENÇA médium. Vidente, tarotista, predicións, limpezas espirituais, saike 634 885 993 PEIXEIRAS. Véndense dúas peixeiras con accesorios e unha gaiola de xardín exagonal de cinc. 687 691508

REGALO VESTIDO de noiva palabra de honra en perfecto estado. É do año2009.Tel. 690630963

Solares e Terreos

TINTO MENCÍA con Sousón e Tempranillo, Branco, Albariño... dende 1,15 € 617 26 86 59

REFORMAS, cantería, albanelaría, pintura... 676.85.76.79

EN TOMIÑO terreo de 1.200 m² Prezo 17.000 e negociables. Tel.: 608.523.586

MOEDAS, 19 quilos de moedas mundiais variadas por 285 euros. 610 54 19 21

TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993

MESA FORMICA con catro cadeiras, usada. 50 € 986332330

XINZO (Ponteareas) TERREO EDIFICABLE. Amplo e soleado, superficie 628 m². Con planos e permisos. Prezo: 60.000 € Teléfono: 986 33 35 02

CARRO BEBÉ Jané anos 70 en bo estado. 986 33 23 30

SALVATERRA terreo 850 m² con soto rematado, auga, luz, planos e licenzas por 65.000 €. 615 32 02 82 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas 655909351 INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322

FORNO ELÉCTRICO Teka HT610 moi bo estado. 671244207 36 POSTES de cachotaría 4metros polo que ofrezan. 671 35 74 26 REMOLQUE tenda económico 900 e. 659.209.505

MODISTA fanse arranxos de roupa. Tameiga 616.82.42.39

VESTIDO DE NOIVA Lunanovias 2011, palabra de honra, talla 40 valorado en 1600 € vendo por 600 € Tel.: 690.71.30.80 BICI CARREIRAS BH forquita de carbono, seminova. 650 € T. 659 20 95 05

PASAMOS todo tipo de informes e proxectos a ordenador. 687276443. 646728179 Chamar a partir das 18.00 o 634 468 200

ARADO pequeno. Largo 90 cm, alto 60 cm, ancho 30 cm. 40 kg 175€. T. 609853943

REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es


32

Xornal 21

Membro de:


Xornal21 nº 59