Xornal21 nº 43

Page 21

Outubro 2011 Xornal 21

Salvaterra de Miño

Podio en el mundial de Rallye para Cándido Carrera Xornal21

El copiloto de Salvaterra de Miño, Cándido Carrera, ha logrado este fin de semana el primer podio de la WRC Academy en el Rallye de Francia, quinta cita de la temporada del certámen monomarca disputado con los Fiesta R2 de M-Sport sobre el asfalto de Alsacia, finalizando en segunda posición junto a su piloto, José Antonio Suárez "Cohete". La joven pareja ha estado durante toda la prueba luchando por los puestos de cabeza, aunque un pequeño despiste en una especial de la jornada del viernes, les ha hecho perder un tiempo muy valioso para luchar por la primera posición del Rallye.

Aun con este contratiempo, han salido en la jornada del sábado a luchar por el podio, rodando a fuerte ritmo por unas especiales muy rápidas y técnicas, demostrando que sobre asfalto, cuando el coche responde, pueden medirse a cualquier piloto. Después de este segundo puesto logrado en Francia, sumado al cuarto en Alemania, Cándido y José salen con la moral muy reforzada de cara a la última cita de la WRC Academy, el Rallye de Gran Bretaña, donde intentarán finalizar de la mejor manera posible esta gran experiencia que ha supuesto disputar seis pruebas del Campeonato del Mundo de Rallyes dentro de la WRC ACADEMY.

Marta Valcarcel impulsa Ponte Internacional de Tui como Ben de Interese Cultural O PPdeG ven de impulsar no Parlamento a solicitude da ponte internacional de Tui, proxectada por Pelayo Mancebo, declaración como Ben de Interese Cultural. A Comisión de Educación e Cultura celebrada hoxe aprobou por unanimidade unha Proposición non de Lei presentada polo Grupo Popular instando á Xunta a iniciar os trámites necesarios fundamentándose no seu valor histórico, social, artístico, científico e técnico. Segundo a deputada do PPdeG Marta Valcarcel, encargada da defensa da iniciativa, a inauguración da ponte realizouse o 25 de marzo de 1886, cumpríndose polo tanto recentemente o 125 aniversario, e permitiu conectar as liñas ferroviarias galegas coas do norte de Portugal, posibilitando así a viaxe en tren a Oporto e Lisboa dende as cidades galegas “o que contribuíu de maneira decisiva ao desenrolo económico das poboacións das dúas beiras e dos habitantes da zona, ao aumentar o comercio”. Marta Valcárcel considerou indispensable a necesidade de especial

protección dado a o seu gran valor histórico, polo que supuxo nas relacións bilaterais, económicas, culturais, comerciais e humáns entre as dúas marxenes do río, e tamén arquitectónico, como exemplo da construción e enxeñería de finais do século XIX. Así mesmo destacou o seu valor científico e técnico xa que constituíu un dos exemplos mais significativos e importantes deste modelo de construcción metálica en Galicia. A deputada popular resaltou na súa intervención que a ponte foi un proxecto do enxeñeiro Pelayo Mancebo e consiste nunha longa estrutura metálica, tipo celosía, en forma de caixón que descansa sobre uns grosos pilares que daban cabida ao tráfico ferroviario e ao tráfico por estrada “o que supuxo unha importante redución de custes fronte a separación en dúas pontes”. O importe da obra, costeada conxuntamente polos gobernos de Portugal e España, ascendeu a 1.259.143 pesetas e supuxo “unha revolución nas comunicacións entre Galicia e Portugal”.

En outubro volve a Peseta Durante o mes de outubro nos establecementos asociados a UNES poderase pagar utilizando a antiga moeda española: a peseta. A campaña está organizada pola Unión de Empresarios de Salvaterra de Miño (UNES) en colaboración co Concello de Salvaterra. Esta iniciativa permitirá pagar ata o vindeiro día 31 con moedas e billetes que xa non están en circulación.

21

O BNG alerta do perigo de derrubamento que corre a Ponte Romana da Fillaboa O grupo municipal do BNG de Salvaterra demanda que o equipo de Goberno de Arturo Grandal faga as xestións necesarias para reparar o continuo deterioro da Ponte Romana antes de que sexa demasiado tarde e coa chegado do inverno remate derrubándose. “Dende o BNG pensamos que é unha falta de intereses da conservación do patrimonio de Salvaterra, algo que vén sendo habitual ao longo dos anos co goberno de Grandal” subliña o portavoz do grupo municipal nacionalista, Gabriel Martínez. Ao seu xuízo o goberno do PP, encabezado por Arturo Grandal, “amosa unha falta de iniciativa en potenciar os recursos da vila para atraer turismo”. Gabriel Martínez salienta a importancia de reparar canto antes a Ponte Romana, xa que coa chegada do inverno e coas posíbeis subidas de auga no río Tea fagan debilitar aínda máis

a estrutura, provocando o derrubamento das pedras. O BNG xa alertara o pasado mes de marzo da mala conservación na que se atopan elementos patrimoniais como a Ponte Romana da Fillaboa, as telleiras, as termas de Oleiros,

muíños, o camiño Real... para Gabriel Martínez a posta en valor do patrimonio cultural e histórico de Salvaterra é un “elemento dinamizador fundamental para o turismo e o comercio da vila, polo que é preciso apostar”.

Actividades para outono organizadas polo Concello O Concello de Salvaterra de Miño organizadiversas actividades dende mediados de outubro ata o 16 de decembro. Para os adultos existen múltiples ofertas: Inglés Elemental (Luns e venres de 9:00 a 10:00); Inglés Medio (Martes e xoves de 18:00 a 19:00); Iniciación á Informática (Luns e venres de

10:00 a 11:30 / Martes e xoves de 9:00 a 10:30); Informática Básica (Luns e venres de 11:30 a 13:00 / Martes e xoves de 10:30 a 12:00) e actividades Artísticas (Mércores de 10:00 a 12:00). Os mais cativos tamén poderán participar nas actividades de: Inglés (Martes e xoves de 16:00 a 17:0 Informática (Martes e

xoves de 17:00 a 18:00) e distintos obradorios e contacontos (lúns ás 16:00). As prazasson limitadas e os interesados/as poden chamar ó teléfono do concello 986 658 082 (María) e apúntarse un no enderezo electrónico animacion@concellodesalvaterra.org

Primeiro rastreo en Lira O próximo día 22 de outubro organízase o Primeiro rastreo en Lira. O comezo deste rastreo terá lugar na feira de Lira as 21:00h, polo que a organización informa de que todos os grupos deberán estar na feira ás 20:30h para inscribirse, onde será necesario para a inscrición presentar o DNI de cada participante. O prezo por persoa será de 3€ e

haberá premio asegurado para todos os grupos, ademais o clasificado en primeira posición levará un xamón e dúas botellas de viño; o segundo un lacón e 2 botellas de viño e para o terceiro posto haberá unha reste de Chourizos e unha botella de viño. Dende a organización recomendáselles a todos os participantes

levar roupa e calzado axeitados para andar polo monte, tamén se lles aconsella levar roupa e calzado para cambiarse. O rematar o rastreo haberá chocolate gratis para todos os participantes. Os interesados poden ampliar información nos teléfonos 645 36 79 64 (Damián) ou 619 56 93 78 (Jose)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.