Page 20

20

Xornal 21 Xullo 2018

Deportes

Lucas Costa, David Moya e Juan Carlos Mesquita reinan na travesía “Costa Serena”

A VIII edición da Travesía a nado “Costa Serena” celebrouse o pasado 8 de xullo de 2018 en Praia América (Nigrán) e constou de tres probas de 800, 2.700 e 4.000 metros. Ademais, houbo dúas probas de 50 e 150 metros para nenos. A proba xuntou a centos de nadadores de todo o noroeste peninsular, pois se trataba dunha das citas máis importantes e atractivas do calendario de natación de augas abertas de Galicia. Lucas Costa logrou impoñerse na VIII edición da travesía

a nado “Costa Serena” parando o crono en 00:49:38. En segundo lugar clasificouse Marcos Vila (00:49:42) mentres que David Rodríguez (00:53:05) facíao en terceira posición. En mulleres, a vencedora en 4.000 metros foi Cristina García cun crono de 01:03:00. Seguíaa moi de preto Mónica Incera (01:03:37), en terceiro lugar chegaba Cristina Torres Hervés, con 01:06:42. En 2.700 metros, alcanzando o mais alto do podium na categoría masculina, clasifi-

Óscar Graña e Diego Romeu logran a medalla de ouro no europeo de Croacia Óscar Graña xunto a Diego Romeu conquistou o ouro en C2 senior, por diante das piraguas de Polonia e Hungría na última xornada do campionato de Europa. A representación galega no campionato de Europa de maratón pecha a súa participación nesta edición 2018 cunha medalla de ouro conseguida pola parella de Óscar Graña e Diego Romeu na carreira de C2 senior. Nesta mesma competición Ton Campos e Jose Sánchez ocuparon a quinta posición. O padeeiro pontevedrés agora nas filas do Breogán do Grove Óscar Graña agranda a súa lenda e suma unha medalla máis ao seu longo historial deportivo. Nesta

cábase David Moya (00:43:11), en segundo lugar Gabriel Alarcón (00:43:56) e completaba a clasificación en terceira posición Daniel Martín (00:45:48). Na categoría feminina vencía Paola Fernández (00:48:58), despois chegaba Ester do Monte (00:48:58) seguida de Carme André (00:50:54) en terceira posición. Na proba de 800 metros vencía Juan Carlos Mesquita, cun crono de 00:12:16 na categoría masculina, en segunda posición quedaba Gabriel Figueroa (00:13:44) seguido de Juan González (00:15:17). En mulleres, venceu Irene Rivadulla (00:15:14), seguida de Ana Paula Eijo Gil (00:15:18) e Azucena García González (00:15:27).

ocasión Graña participaba co vilagarcián e compañeiro de equipo Diego Romeu. A aposta deste úl-

timo pola embarcación dobre foi clara desde o primeiro momento e por este motivo renunciaba á

súa participación no barco individual no cal tiña a praza. A dupla de Graña e Romeu que tomaba a saída ás 8:00 dominou os tempos durante os 30 quilómetros que durou a proba, sempre na cabeza e acompañados polas piraguas de Polonia, Hungría e España foi na quinta volta cando se descolgaban os españois Campos e Sánchez. Pola súa banda Graña e Romeu continuaban ao seu desgastando aos seus rivais. A falta dunha volta o tándem español aproveitou unha ciaboga na que os polacos envistieron aos húngaros, para realizar un tirón que lles permitiu escaparse e palear de forma clara cara ao máis alto do podio. O C2 español cruzaba a liña de meta despois de 01:55:33.46 milésimas superando aos seus rivais máis próximos os polacos Mateusz Orgiel xunto a Mateusz Zuchora en 00:00:15.43 milésimas e en 00:00:20.56 aos húngaros Dániel Laczó e Gergely Nagy. Doutra banda, ás 10:10 dábase a saída á carreira das mulleres senior en K2 na que tomaban parte as deportistas Tania Fernández e Tania Álvarez. Na súa primeira competición internacional xuntas as galegas terminaron en meritoria cuarta posición, nunha regata na que o podio os o completaban en primeira e segunda posición as K2 de Hungría e o terceiro posto foi para as españolas Eva Barrio e Amaia Ousaba.

CN PONTEAREAS "dando guerra" no Campionato Galego Alevín

O pasaso fin de semana, Sabado 30 Xuño e Domingo 1 de Xullo, disputouse na piscina Rosario Donas de Ourense o Campionato Galego Alevín de Verán. 21 Clubs de toda a xeografía galega dábanse cita cos seus equipos para participar nas 4 sesións na que estaba estruturado o evento. O CN Ponteareas contaba cun equipo que, a pesar de non ser moi numeroso, prometia dar moita guerra. E asi foi. Os nadadore s conseguiron 6 medallas de OURO, cunha Mellor Marca Galega da categoría para Pablo Cabana incluída, 3 de PRATA e 3 de BRONCE. Todos os integrantes do equipo competiron a bo nivel, demostrando seriedade e compromiso e buscando mellorar tempos e lograr puntos para a clasificación final por equipos que quedou encabezada polo CN Ferrol, seguido do CN Galaico (Pontevedra) e o CN Coruña en terceira posición, ocupando o CN PONTEAREAS o 6° lugar.

Xornal21 nº123  

Número 123 de Xornal21.

Xornal21 nº123  

Número 123 de Xornal21.

Advertisement