Page 18

18

Xornal 21 Xullo 2018

O International Keyboard Festival & Masterclass da Eurociudad Tui- Valença - IKFEM abrirá o próximo 20 de xullo a súa sexta edición no Paseo Fluvial de Tui. Este lugar icónico a beiras do río Miño acollerá unha xornada inaugural deseñada cun obxectivo solidario: estará dedicada ás persoas afectadas pola explosión de material pirotécnico ocorrida en Tui. O Paseo Fluvial, unha contorna de gran beleza paisaxística, é o marco seleccionado para dar o pistoletazo de saída á sexta edición do festival de música de instrumentos de teclado da Eurociudad Tui – Valença. Durante toda a tarde do día 20, e ata a noite, as persoas que se acheguen ata o lugar poderán gozar de diversos concertos como os de Júlio Resende e Najla Shami, entre outros; participar en actividades de ioga, kaiak e lecer infantil e gozar da gastronomía na zona de foodtrucks. Cos actos deste ano, o Paseo Fluvial incorpórase por primeira vez ao repertorio de escenarios de IKFEM, que

A guarda | o Rosal | oia | tomiño | tui

Baixo Miño

Unha xornada solidaria á beira do Miño abrirá a sexta edición de IKFEM

Máis info www.xornal21.es son sempre espazos emblemáticos da Eurociudad Tui- Valença. Na pasada edición do

festival a inauguración celebrouse na Ponte Internacional, que acolleu un especta-

cular concerto de 10 pianos simultáneos ao que asistiron 3.000 persoas. En 2018, IK-

FEM volve á contorna do río Miño cunha xornada de apertura solidaria.

Dez traballadores incorpóranse no Concello

Tomiño pon en marcha as actividades de verán Un centenar de nenos e nenas acoden dende esta semana ao campamento urbano organizado polo Concello de Tomiño, dentro das actividades de verán. Todas as mañás, de 9 a 14 horas, debuxan, aprenden, fan manualidades, xogos cooperativos e un longo etcétera. Divididos en dous grupos, por idades (3 a 6 e 7 a 12 anos), comparten as súas inquedanzas con nove monitores, tres de eles en prácticas. Esta semana terán cociña e a visita do mago “Samu” coma novidades. Algúns repiten experiencia e outros veñen por primeira vez, coma Xabi, 8 anos, de Barrantes, ou Marta, 9 anos, de Areas (Tui). Ao primeiro gústalle todo o que fan, mentres que a segunda prefire os xogos en grupo.

Unha das monitoras, Lorena Méndez, de Chirlo Mirlo, corrobórao: “o que máis lles gusta son os xogos libres”. Nesta semana comezaron tamén os campus de tenis e padel, con máis de 50 persoas apuntadas. O monitor Fabián Gutiérrez Corvetto, salienta a aceptación cada vez maior deste tipo de deportes até o de agora minoritarios, situación que no caso de Tomiño é posible tamén polas pistas da Área do Mosteiro, anexas ao colexio Pedro Caselles, arranxadas polo Concello recentemente. Paralelamente, están a piques de empezar outras actividades, coma o campus de rugby, piragüismo e fútbol; este último, do 16 ao 28 de xullo, nos campos do Regatiño e da Carballa, ou as actividades artísticas, para público infantil e adul-

to, organizadas polo Concello na Aula Museo Pintor Antonio Fernández, e outras nas que se conta coa participación do Grupo de Voluntariado Local, constituíndo un complemento ideal para a programación cultural de verán (O Son da Praza, visitas guiadas por rutas de valor ambiental, histórico, arqueolóxico, etc.). A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salienta o carácter amplo e inclusivo da axenda de verán, deseñada pensando en ofrecer actividades para todos os públicos, de xeito que tomiñeses e tomiñesas teñan alternativas de ocio de calidade e, na súa maioría, de balde, durante a época estival. Asemade, dende o Concello búscase axudar a conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais que traballan fora da casa.

Dez persoas comezaron este mes a traballar no Concello de Tui coma peóns grazas á achega de 103.260,15 concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao Concello de Tui para a contratación persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA. O contrato terá unha duración de sete meses. Por outra parte dende hai unha semana dúas bolseiras do Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra están a realizar a súa estadía laboral no Concello de Tui por un período inicial de 6 meses, prorrogables outros 8. Trátase dunha graduada en Xornalismo que realiza a súa formación na Radio Municipal e Gabinete de comunicación e outra persoa co Ciclo superior produción audiovisual e espectáculos formarase no Departamento de Cultura.

Xornal21 nº123  

Número 123 de Xornal21.

Xornal21 nº123  

Número 123 de Xornal21.

Advertisement