Page 17

Val Miñor

Xullo 2018 Xornal 21

Nigrán | gondomar | Baiona

Baiona inaugura a Biblioteca Municipal O pasado 7 de xullo Baiona materializaba “un dos proxectos máis ambiciosos dos últimos anos no municipio” e non é outro que a rehabilitación do edificio Sancti Spiritus que acolle

a Biblioteca Municipal da Vila. As novas dependencias albergan o maior arquivo histórico da comarca e un dos máis importantes de Galicia na súa renovada edificación. Ao acto de inauguración

Nigrán Decide propón ao pleno unha baixada do IBI dun 5%

Volve o Conde de Gondomar

NIGRÁN DECIDE presentou ao pleno unha moción para baixar o Imposto de Bens Inmobles un 5 por cento. En concreto pide que “o tipo de gravame para os bens inmobles urbanos pase do 0,5% actual ao 0,475%, medida que tería efectos no recibo do ano 2019”. NIGRÁN DECIDE considera que “o aumento dos ingresos do Concello de Nigrán, como consecuencia da aplicación da regularización catastral no Imposto de Bens Inmobles, pode ser compensado cunha rebaixa do tipo de gravame dese imposto, sen causar unha diminución dos ingresos do Concello”.

acudiu a presidenta do Congreso dos Deputados e ex ministra de fomento, Ana Pastor, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o Conselleiro de Sanidade e Ex Alcalde de Baiona, Jesús

Vázquez Almuiña, o Alcalde de Baiona, Anxo Rodal, a Concelleira de Cultura, María Igrexas e demais membros da corporación local. O equipo de goberno con-

Una de las salidas de la anterior edición del Conde de Gondomar. /© Rosana Calvo

17

seguiu que a rehabilitación leve a cabo cun investimento superior aos 1,1 millóns achegados polo Ministerio de Fomento, grazas ao plan denominado 1,5% Cultural. A pretensión sempre foi a de continuar coa liña de recuperación de inmobles e espazos de interese cultural e histórico para a vila que se iniciou hai uns anos. A empresa UTE Orega Coviastec foi a encargada das obras de rehabilitación, deseñadas polo estudo de arquitectura Murado e Elvira, gañador do concurso de ideas convocado polo goberno local para a reforma. O inmoble, que combina vanguardismo e funcionalidade, foi rehabilitado totalmente cun deseño innovador. O proxecto gañador foi o denominado «Concéntrico» e o resultado do mesmo para o edificio é unha harmonización de elementos e materiais. A unión dos distintos espazos e engadidos construídos ao longo de séculos, así como dotar ao edificio da máxima funcionalidade, eliminando barreiras arquitectónicas e dando protagonismo tanto ás escaleiras como ao patio interior do edificio.

Este mes de xullo regresa ás rías galegas o Conde de Gondomar, unha das regatas máis emblemáticas do panorama náutico español, que este ano cumpre o seu cuadraxésimo terceira edición, patrocinada un ano máis por Banco Sabadell. A histórica competición, disputada sen interrupción desde a súa creación en 1976, volverá ser un ano máis Campionato de España de Altura de Cruceiros, ao incluír a mítica subida ao Carrumeiro Mozo, na ría de Corcubión, de case 100 millas de percorrido. O Monte Real Club de Iates, que presentará oficialmente o trofeo o próximo 17 de xullo, acaba de anunciar as datas para a súa celebración, que serán este ano os días 21, 22 e 25 de xullo, e de abrir o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar.

Xornal21 nº123  

Número 123 de Xornal21.

Xornal21 nº123  

Número 123 de Xornal21.

Advertisement