Page 16

16

Xornal 21 Xullo 2018

Mondariz | Mondariz Balneario | As Neves | salvaterra de Miño | Ponteareas

Tarque e Leiva, ao fronte de Gran Cañón, cabezas de cartaz do Rock in Rio Tea 2018

Encabezando o cartel Gran Cañón unha banda moi especial, da que forman parte músicos consagrados da escena nacional, que ten ó fronte a voz máis importante do Rock and Roll en español na actualidade. Un motivo polo que Carlos Tarque sempre foi a aspiración mais ilusionante para a organización do festival pero non o único; a especial relación de Tarque con Ponteareas, de donde é a súa nai e donde aínda reside boa parte da súa familia, fai que poder gozar do músico e compositor sobre un escenario da vila sexa un orgullo para o Rock in Río Tea, e se converta no acontecemento musical máis esperado en moito tempo.

O sábado 21 de Xullo, compartirán cartel con Terbutalina, outra banda moi desexada pola organización que aportará ese punto de loucura garaxe-punk que fará bailar a todo o que se acerque polo parque da feira vella. Os Madrileños The Parrots, completarán esa enerxía garaxeira e gamberra coa que triunfan dentro e fora das nosas fronteiras no escenario “Mahou”. Basanta, que están a arrasar co seu último traballo “Colorama” levarán a maxia o misterio e o fuzz ó escenario “Aguas de Mondariz”, no que abrirán o festival os gañadores do concurso de Bandas 2018 Atomic Lemons. Os lisboetas Her Name Was Fire completarán o

cartel do sábado subindo os decibelios co seu stoner arrasador. O venres 20 de Xullo teremos a unha das bandas galegas con mais proxección do momento. Stoned At Pompeii, que xa están a xirar por todo o mundo co seu traballo “Ancroidal”, paticipando en festivais tan importantes como o Resurrection Fest, encabezará a proposta do venres. A banda local MET, que xa participaran na primeira edición do festival volven a casa co seu espirito indie. Abrirán a xornada do venres os alumnos da CDM (Rock School) de Ponteareas, o futuro do Rock and Roll, que namoran co seu precoz talento e a súa espontaneidade.

Lazoiro e o Concello impulsan a protección das andoriñas A andoriña das vilas e a andoriña das barreiras, son duas especies de aves que forman colonias en zonas urbanas, preto de rios ou grandes masas de auga. As andoriña das vilas construen os seus niños en edificios, pontes, ou muros, e fano xuntando boliñas de barro que cementan co seu propio cuspe, dando lugar a unhas curiosas construccións redondas. A vila de Salvaterra de Miño conta cunha das maiores poboacións de avións de toda Galiza, contando no ano 2016 con arredor de 400 niños de parellas reprodutoras. A pesar disto, nos últimos tempos, tense producido un grave e acentuado descenso desta poboación debido ao uso de pesticidas e diversos tipos de químicos, así como pola redución do seu hábitat de caza. Por outra banda, o deseño dos edificios modernos, que carecen de lugares axeitados para aniñar, engadido á destrución dos niños

por parte dos humanos (actividade que está penada con multas entre 5.000 e 200.000 € de multa), repercute de forma moi negativa nestas poboacións. Esta situación non só é preocupante dende o punto de vista da biodiversidade, senón que por engadido, a base alimentar destas especies son os mosquitos, trazas e outros insectos , actuando deste xeito como regulador das poboacións destes invertebrados. Por todo isto, dende Lazoiro

e co apoio do Concello e da A.G.P.L.C.B. inician unha campaña de concienciación e protección destas aves. Para isto realizouse unha limpeza das zonas sensíbeis de ser usadas como niño por estas aves, así como a colocación de carteis informativos, acompañados dunha labor explicativa sobre os beneficios destes animais. Como conclusión, esta campaña contará ademais cunha segunda parte, onde Lazoiro solicitou a construción dun muro que sirva de emprazamento principal para os niños destas aves, permitindo así unha mellor protección, a realización de estudos avanzados e minimizando as molestias aos veciños. Esta solicitude conta co visto bo por parte do Concello, que xa solicitou un proxecto de xeito a comezar canto antes as obras e asegurar a protección destas curiosas e alegres veciñas.

O Condado

A Fundación Musical de Xinzo busca persoas e empresas colaboradoras A Fundación Musical de Xinzo inicia unha campaña de búsqueda de entidades e persoas colaboradoras para o desenvolvemento do seu obxectivo fundacional: a promoción do patrimonio musical galego a través da potenciaón da Escola e da Banda de Música de Xinzo. Cabe destacar a obtención importantes beneficios fiscais na declaración da renda ou no imposto de sociedades, para aquelas persoas ou empresas que realicen algunha aportación económica. En palabras do Presidente da Fundación Musical de Xinzo, Francisco Represas, “doar algunha cantidade económica sempre tendrá para quen o doe, importante beneficios fiscais, por exemplo, se unha persoa doa 100€, bonificásesellé n 75€ na súa declaración da

renda, ou se unha empresa doa 1.000€ beneficiásesé dun total de 350€ no Imposto de Sociedades. Pero sobre todo, estará contribuíndo dunha forma significativa a un proxecto musical e cultural que cada vez ten un maior recoñecemento en todo Galicia”. Polo que desde o Padroado da Fundación animamos a todas as persoas e empresas a realizar a súa donación e sumarse así a este importante proxecto, nacido na Banda de Música Xuvenil de Xinzo, e recoñecido como a Primeira Fundación deste tipo catalogada de Interés Galego pola Xunta de Galicia. Os interesados podrán poñerse en contacto coa Fundación a través dos teléfonos 986 642 096 oú 638 245 382, ou do correo electrónico fundacionmusicaldexinzo@gmail.com.

Convenio para o fomento da produción de castaña A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde das Neves, asinou o convenio de colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega para o fomento da produción de castaña na provincia de Pontevedra que este ano, sobre todo, estará centrado no concello do Condado tras a vaga de lumes que converteu o municipio na zona cero da ca-

tástrofe do pasado outubro. En total, a institución provincial vai achegar 35.000 € a través dos cales se porá en marcha un proxecto piloto e un programa formativo a través do cal se darán a coñecer as posibilidades da produción, cultivo e comercialización da castaña en terreos agroforestais da provincia de Pontevedra durante o último semestre do 2018.

O Concello de Ponteareas denuncia a "desaparición" dun vehículo todoterreo O goberno de Ponteareas denuncia ante a Garda Civil a desaparición e apropiación dun vehículo todoterreo cedido pola Xunta de Galicia ao concello no ano 2003 para a Policía Local e solicita a baixa temporal do vehículo en Tráfico. Unha multa de tráfico por non terse sometido o vehículo reseñado á inspección técnica periódica e tampouco terse detido ao tentalo parar os axentes da Garda Civil destapou a existencia dun vehículo do que, ata o de agora, non tiña constancia o goberno de Ponteareas. Trátase dun Nissan Terrano II, un vehículo cedido pola Xunta de Galicia ao concello de Ponteareas en propiedade segundo o establecido na orde do 9 de abril

de 2003. Este vehículo supuña un apoio aos corpos da Policía Local de Galicia e foron moitos os concellos que se beneficiaron destas cesións. Coa chegada desta multa e dunha seguinte por exceso de velocidade comezáronse as pertinentes xestións e o goberno procedeu á súa denuncia que, segundo a información recollida, “o vehículo desapareceu alomenos no ano 2010, no que o concello deixou de aseguralo. Non se descarta que esta desaparición estea relacionada coa compra, a prezo simbólico, dun vehículo Citroen C-15, pero o Concello non podía dispor do todoterreo, pois a día de hoxe aínda é a Xunta de Galicia a propietaria do vehículo desaparecido”.

Xornal21 nº 123  

Número 123 de Xornal21.

Xornal21 nº 123  

Número 123 de Xornal21.

Advertisement