Page 12

12

Xornal 21 Xullo 2018

O Porriño

A Louriña

A Xunta adxudicará unha vivenda en alugueiro a unha familia en risco de exclusión social

A taxa de paro no Porriño situouse en xuño en niveis de hai 10 anos O número de desempregados no Porriño estaba, a finais do pasado mes de xuño a niveis de hai dez anos. En total, 1.430 personas estaban anotadas coma demandantes de emprego na vila, 66 menos que o pasado mes de maio, o que representa un descenso do paro dun 0,7%. A taxa de desmprego no Porriño, dacordo cos datos publi-

cados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, situouse na vila no 15,3%, o que “supón preto de 8 puntos menos que cando o actual Goberno Local empezara o seu mandato: daquela 2.139 porriñeses –o 23,1% da poboación en idade de traballar- estaba sen traballo,

703 máis que na actualidade” sinalan dende o Concello. En relación co mes de xuño de 2017, o número de veciñas e veciños anotadas coma demandantes na oficina do Servizo Galego de Emprego baixou de 1.705 a 1.430, o que supón que hai 275 traballadoras e traballadores máis no Porriño e que en so un ano o paro caeu en 3 puntos.

Os veciños de Pego advirten do perigo de derrube dunha torreta de media tensión Os veciños do barrio de Pego advirten do perigo que reviste o estado dunha torreta de media tensión que se ubica a escasos metros das súas vivendas. O poste metálico que soporta o tendido eléctrico está visiblemente inclinado, o que provoca unha excesiva tirantez nos cables. Isto fai temer aos veciños polo risco de rotura do cableado, coas consecuencias que iso podería traer. O tendido atravesa unha zona de arborado moi denso e está tocando directamente as polas e nalgúns casos o propio tronco das árbores. Os veciños quéixanse ademáis da “falla de limpeza da zona. O trazado está cuberto pola maleza e Gas Natural Fenosa (agora Naturgy) non fixo os labores de desbroce e clareo do tendido a que está obrigada por lei”. O portavoz do BNG, que estivo en Pego cos veciños, faise eco desta denuncia veciñal e lamenta que “tanto a compañía eléctrica, propietaria da liña, como o Servizo de Emerxencias 112, dependente da Xunta, como o propio concello do Porriño, desoísen as reiteradas denuncias formuladas ante todos eles polos residentes no barrio”.

A Xunta de Galicia adxudicará unha vivenda no Concello do Porriño a unha familia, con menores, en risco de exclusión social unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación. A vivenda que se entregará unha vez asinado o contrato de alugueiro foi cedida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo por SAREB para ser destinada a alugueiro

Deputación aproba novas achegas por importe de 715.427€ A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas para o concello do Porriño dentro da Liña 1 do “Plan Concellos 2018”, por importe de 715.427,49€.

Máis polo miúdo, o concello recibe por parte da Deputación unha achega de

“Apoiamos aos veciños na súa reclamación, atendemos a súa preocupación polo perigo que

reviste o mal estado da instalación e demandamos unha solución urxente”.

social e atópase emprazada neste concello pontevedrés. Desde o ano 2015 a Xunta realoxou a 190 familias en situación de extrema necesidade en vivendas propiedade da Administración autonómica ou cedidas por Abanca, Sareb, Banco Sabadell e CaixaBank. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas polo Goberno galego.

463.007,15€ para financiar a beirarrúa A Pontenova-A Guia-Atios e outra axuda de 252.420,34€ para a rotonda en A Pontenova. Con esta achega, O Porriño xa ten recibido 1.165.255,69€ do Plan Concellos 2018, é dicir, o 61.8 % do plan provincial.

Xornal21 nº123  

Número 123 de Xornal21.

Xornal21 nº123  

Número 123 de Xornal21.

Advertisement