Page 1

UNIDADE 6 Compramos e cociñamos

FALAMOS Compramos e cociñamos APRENDEMOS PALABRAS O mercado de abastos A cociña e as comidas LEMOS O xantar de Gengis, Manuel Rivas RECANTOS Os demostrativos Os verbos da 2ª conxugación COÑECEMOS GALICIA As festas tradicionais FIANDO NA REDE A xustiza pola man, Rosalía de Castro Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

1


U6 FALAMOS

Compramos e cociñamos

Para cociñarmos, o primeiro que debemos facer é ir ao mercado e comprar os produtos necesarios. Debemos elixir ben e ter en conta a relación existente entre a calidade do produto e o seu prezo. Busca sempre produtos de tempada, frescos e naturais. Describe o que ves na fotografía. Nomea todos os produtos que observas e as posibilidades que ofrecen para preparar algunha receita. Agora, pensa nun menú consistente en dous pratos. Fai unha listaxe con todos os ingredientes que necesites e sae a mercar. 1º prato: Denominación: Ingredientes necesarios: 2º prato: Denominación: Ingredientes necesarios: Quen fai a compra na túa casa? Con que periodicidade se fai a compra: a diario, semanal…? Con carácter xeral, en que lugares se fai a compra? Ao longo do día inxerimos alimentos en varias ocasións: pola mañá, a media mañá, ao mediodía, pola tarde e cando chega a noite. Ordena cronoloxicamente as seguintes comidas do día. o xantar, a parva, o almorzo, a cea, a merenda

Que comidas das anteriores fas ti e a que horas? Que adoitas comer en cada unha delas? Preparas ti algunha destas comidas? Quen cociña normalmente na túa casa?

Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

2


Compramos e cociñamos

U6 FALAMOS

En Galicia temos una chea de pratos especiais para as distintas celebracións festivas do ano. Por exemplo, no San Xoán é costume tomar sardiñas asadas; polo outono as castañas; no Entroido o lacón con grelos… e así durante todo o ano. Que pratos tradicionais do teu lugar de orixe son máis característicos? Que produtos se necesitan para a súa preparación e como se elaboran?

Facemos agora a descrición dos seguintes pratos característicos de Galicia.

Fíxate nesta receita tradicional dun dos pratos de “culler” máis característicos da nosa terra, o caldo. Seguindo este modelo, explica a preparación da comida do teu lugar de procedencia que máis che guste. O CALDO PASO A PASO

INGREDIENTES

 150 gr. de fabas  500 gr. de patacas  Verdura (grelos, repolo, nabizas...)

 1 óso de porco da parte do espiñazo

 50 gr. de unto  Sal  Aceite de Oliva

Paso 1: Deixar a remollo as fabas a noite anterior. Paso 2: Poñer nunha ola con auga as fabas, o óso, o unto e o sal e deixar cocer con pouco lume durante hora e media. Engadir as patacas en anacos e continuar a cocción. Paso 3: Cando as patacas estean case feitas, engadir a verdura partida á man. Paso 4: Sacar o anaco de unto, machicalo sobre unha culler para que solte a esencia e devolvelo á ola. Paso 5: Continuar a cocción ata que as patacas estean listas. Deixar repousar un pouco e servir.

Despois de todo o que aprendiches chegou a hora de que escribas a túa recita preferida. Podes utilizar como guía o seguinte esquema. RECEITA PARA COCIÑAR … INGREDIENTES:

PREPARACIÓN:

Consellos e trucos:

Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

3


U6 APRENDEMOS PALABRAS

No mercado de abastos 1

3

2 4 5

6 7

9

8 10 mercado, chacinería, peixaría, froitaría, carnizaría, panadaría, verduras, hortalizas, legumes, carnes, friames, peixes, mariscos, froitos, cereais, pastas, leite, ovos,

leituga, escarola, repolo, verzas, grelos, tomate, coliflor, cebola, cenoria, allo, xudías, tirabeques, brócoli, alcachofa, feixón, garavanzo, nabiza, espinaca, espárrago, cogomelo, champiñón, ervella

pescada, salmonete, ollomol, peixe espada, abadexo, atún, bacallau, bertorella, castañeta, cherna, congro, dourada, faneca, robaliza, sardiña, quenlla, cazón, peixe sapo, meiga, xouba, xurelo, ameixas, berberechos, lagostino, gamba, centola Édelingua: programa de inmersión lingüística

11

12

13

1. laranxa, 2. kiwi, 3. plátano, 4. mazá, 5. ananás, 6. melocotón, 7. aguacate, 8. amorodo, 9. limón, 10. cogombro, 11. tomate, 12. pemento, 13. pera

chourizo, mortadela, salchichón, xamón, salchicha, queixo, morcilla, lombo, hamburguesa, filete, cabeza de xabaril, chacina, pavo, touciño, xamón cocido

año, cordeiro, bisté, boi, cabrito, coello, polo, cachucha, carneiro, costela, costeleta, fígado, lacón, perdiz, peituga, parrulo, entrecosto, solombo, leitón, riles, raxo, carne picada, capón, redondo de tenreira, faceira, zorza IES O Mosteirón

4


Na cociña

aparador

U6 APRENDEMOS PALABRAS

garrafa

xerra

andel

cambota frasco

tarro

caixa

alzadeiro lámpada

frigorífico

torradora

neveira

cafeteira

cociña

vertedoiro

despensa

billa

quentador

cadeira

cubo do lixo

mesa

azulexo

mantel

pucheiro

froiteiro

chan

cazo

baldosa tirador forno

coador

cunca

xerra

frigorífico

robot de cociña

cullerón

prato

prancha

forno

armario pota

bandexa

relador

cunca

pota

pratiño garfo coitelo culler

cunca

tixola

báscula amasadora torradora microondas

lámpada

Édelingua: programa de inmersión lingüística

cafeteira

tixola

muíño

batedor

cazarola paneira

copa

vaso

rodete, rolete

licuadora depuradora

lavadora xerra eléctrica IES O Mosteirón

5


U6 LEMOS

O xantar de Gengis O xantar de Gengis

Á hora do xantar, no comedor, o doutor Da Barca e Gengis Khan sentáronse fronte a fronte e todos os presos foron asombradas testemuñas daquela enchente. Vas tomar de entrante un cóctel de marisco. Lagosta con salsa rosa sobre un carolo de leituga do val da Barcia. E para beber?, preguntou Gengis Khan con incredulidade. Para beber, dixo moi serio o doutor Da Barca, un branco do Rosal. Mirábao en fite, apreixándoo coa lucerna dos ollos, e algo estaba a pasar porque Gengis Khan deixou de rir, vacilou un intre coma se estivese nun alto e lle dera vertixe, e logo ficou pampo. O doutor Da Barca ergueuse, rodeou a mesa, e pechoulle suavemente as pálpebras como se fosen cortiniñas de encaixe. Está bo o cóctel? Gengis Khan asentiu coa boca chea. E o viño? No pun, no punto, balbuciu en éxtase. Pois vai a modiño. Despois, cando o doutor Da Barca lle serviu de segundo un redondo de tenreira con puré de mazá, regado cun tinto de Amandi, a Gengis Khan foille mudando a cor. O xigante pálido e magro tiña agora o brillo colorado dun abade larpán. Sorría nel unha fartura campesiña e mensaxeira, unha doce revancha contra o tempo, que contaxiou a todos os presentes. Había no comedor un silencio de lingua no padal e ollos de fábula, que acalara o remoer das culleres no rancho, unha sopa indescifrable que chamaban auga de lavar carne. Agora, Gengis, dixo solemne o doutor Da Barca, a sobremesa prometida. Un touciño do ceo!, berrou con ansia irreprimible un espontáneo. Milfollas! Torta de Santiago! Pasou polo escuro comedor unha nube de po de azucre. Na corrente fría das portas burbullaba o merengue. Escorría o mel polas paredes descascadas. O doutor Da Barca pediu silencio cun aceno de mans. As castañas, Gengis!, dixo por fin. E seguiu un murmurio de desconcerto porque aquela era unha galdrumada de pobres. Mira, Gengis, castañas do Courel, do país dos soutos, fervidas en nébeda e fiúncho. Es neno, Gengis, ouvean os cans do vento, tremela a noite no candil, e os maiores andan engoumados polo peso do inverno. […] E agora imos bañar esas castañas con crema de chocolate, á maneira francesa, si, señor. Todo o mundo aprobou esa delicadeza. No parte de incidencias do comedor, o director da cadea leu: “Os internos rexeitaron tomar o xantar do día, sen manifestar ningún tipo de protesta nin explicaron os motivos desta actitude. A retirada do comedor produciuse sen incidentes que destacar.” A que xa ten cara de saúde?, dixo o doutor Da Barca. É certo o que di o refraneiro que de ilusión tamén se vive. É a ilusión, que lle fai subir a glicosa. Gengis Khan saíu da hipnose espertado polo seu propio arrouto de pracer. Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro, Xerais Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

6


O xantar de Gengis

U6 LEMOS

Escoita atentamente e despois le o texto.

Tira do texto de Manuel Rivas as palabras que teñan o mesmo significado que as seguintes: cárcere

cambiando

dubidou

tremelica

desquite

bazofia

A que personaxe fai referencia a expresión “xigante pálido e magro”? a) Ao doutor Da Barca

b) Ao director da prisión

c) A Gengis Khan

d)A un abade larpán

Ordena cronoloxicamente os seguintes sucesos narrados neste mesmo texto. o o o o o o

Logo do segundo prato, a Gengis mudoulle a cor. Na hora do xantar, os dous protagonistas sentáronse fronte a fronte. O doutor ofreceulle a sobremesa. Gengis saíu da hipnose. Os presos deixaron de remolar coas culleres no rancho. Da Barca hipnotiza a Gengis.

Pensa que pratos comprenderían a túa comida favorita e trata de explicar as sensacións físicas (visuais, gustativas, olfactivas e, incluso, auditivas) que terías ao gozar deles.

Escribe o menú que degustou Gengis.

A que postos do mercado de abastos terías que ir para mercar cada un dos produtos utilizados no xantar de Gengis?

Que líquidos aparecen mencionados no texto da páxina anterior? Completa esa relación con outros líquidos que se adoiten tomar nas distintas comidas do día.

Coa axuda do teu profesor ou profesora, intenta explicar o significado dos seguintes refráns e ditos populares: a) En todas as partes cocen fabas. b) O caldo, ao gusto do enfermo. c) A quen non quere caldo, dúas cuncas. d) O que non mata, engorda. e) Comer a fartar. f) Comer a pedir de boca. Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

7


U6 RECANTOS

Os demostrativos

Os demostrativos seleccionan a realidade nomeada polo substantivo, indicando a súa proximidade ou afastamento respecto do falante: este rapaz, eses paxaros, aquelas mazás. O paradigma do demostrativo, organizado en torno a tres graos de proximidade, presenta formas variables e invariables: DEMOSTRATIVOS VARIABLES GRAO DE PROXIMIDADE

SINGULAR

DEMOSTRATIVOS INVARIABLES

PLURAL

MASCULINO

FEMININO

MASCULINO

FEMININO

I

este

esta

estes

estas

isto

II

ese

esa

eses

esas

iso

III

aquel

aquela

aqueles

aquelas

aquilo

Polo xeral, diante dos posesivos debe colocarse o artigo determinado: a miña casa, os vosos libros. Porén nalgúns casos pódese suprimir, como con nomes de parentesco próximo (nai, pai, avoa…): meus pais. O demostrativo pode contraer coa preposición de ou aglutinarse coa preposición en. PREPOSICIÓN

DE

EN

GRAO DE PROXIMIDADE

DEMOSTRATIVOS INVARIABLES

DEMOSTRATIVOS VARIABLES

I

deste

desta

destes

destas

disto

II

dese

desa

deses

desas

diso

III

daquel

daquela

daqueles

daquelas

daquilo

I

neste

nesta

nestes

nestas

nisto

II

nese

nesa

neses

nesas

niso

III

naquel

naquela

naqueles

naquelas

naquilo

O demostrativo daquela pode empregarse como adverbio de tempo co significado de “naquel tempo, entón”: Daquela si que xogaban ben ás cartas.

Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

8


Os verbos da 2ª conxugación

U6 RECANTOS COLLER

PRESENTE collo colles colle collemos colledes collen

INDICATIVO COPRETÉRITO collía collías collía colliamos colliades collían

SUBXUNTIVO PRESENTE colla collas colla collamos collades collan

IMPERATIVO

colle

collede INFINITIVO PERSOAL

PRETÉRITO collín colliches colleu collemos collestes colleron FUTURO collerei collerás collerá colleremos colleredes collerán

ANTEPRETÉRITO collera colleras collera colleramos collerades colleran POSPRETÉRITO

PRETÉRITO collese colleses collese collésemos collésedes collesen FUTURO

collería collerías collería colleriamos colleriades collerían

coller colleres coller collermos collerdes colleren INFINITIVO

coller colleres coller collermos collerdes colleren

coller XERUNDIO collendo PARTICIPIO collido

INDICATIVO PRESENTE COPRETÉRITO bato batía bates batías bate batía batemos batiamos batedes batiades baten batían

SUBXUNTIVO PRESENTE bata batas bata batamos batades batan

IMPERATIVO

PRETÉRITO batín batiches bateu batemos batestes bateron FUTURO

PRETÉRITO batese bateses batese batésemos batésedes batesen FUTURO

BATER

bate

batede INFINITIVO PERSOAL

baterei baterás baterá bateremos bateredes baterán

ANTEPRETÉRITO batera bateras batera bateramos baterades bateran POSPRETÉRITO batería baterías batería bateriamos bateriades baterían

Édelingua: programa de inmersión lingüística

bater bateres bater batermos baterdes bateren

bater bateres bater batermos baterdes bateren INFINITIVO bater XERUNDIO batendo PARTICIPIO batido

IES O Mosteirón

9


U6 COÑECEMOS GALICIA

As Festas tradicionais

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper todas as normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas. Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes.

A Semana Santa é unha celebración eminentemente relixiosa. Evócase a paixón e a resurrección de Cristo. Ábrese o Domingo de Ramos; as palmas ou pólas de oliveiras son bendicidas e colocadas nas casas como protección contra os males que poidan presentarse. De igual xeito a auga bendita o Sábado de Gloria lévase ás casas para ser utilizada en rituais curativos. Ferrol e Viveiro son as localidades galegas onde se celebran maior número de procesións, converténdose en festas que transcenden máis alá do noso territorio e tamén máis alá do fervor relixioso.

Ritos e tradicións, crenzas e supersticións mestúranse en Galicia durante a noite do 23 ao 24 de xuño, a de San

Xoán. En todos os recunchos se prenden as lumeiradas como símbolo purificador e protector. Este lume, unha vez feito brasa, sáltase ao berro “meigas fóra” para botar fóra os males que poidan achegarse. Ao redor deste lume cántase, cómese, báilase e bébese para amedrentar os malos espíritos.

A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. A Festa dos Maios é a festa da primavera, ben sexa da súa chegada, ben do seu triunfo. Significa o reverdecer das plantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do horizonte e coller altura e forza. A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de Maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.É costume facer competicións, premiando as mellores esculturas e as mellores cantigas

Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

10


U6 COÑECEMOS GALICIA

As Festas tradicionais

O dezaseis de xullo de cada ano, festividade da Nosa Señora do Carme, é o día grande dos mariñeiros. É o día das misas de campaña nos portos e das procesións polo mar; dos foguetes e das danzas dos mariñeiros diante da Virxe.

O Magosto é unha das festas tradicionais de Galicia máis significativas, na que os seus elementos máis característicos son a castaña e o lume. Celébrase nos días comprendidos entre o 1 de novembro (Todos os Santos) e o 11 de novembro (San Martiño). A castaña recupera a importancia que foi perdendo coa chegada do millo e as patacas. Ademais das castañas asadas, adóitase consumir viño e chourizos. A xente acostuma saltar a fogueira, tisnar a cara con cinza e cantar e contar contos.

O Samaín é a festa de orixe celta máis importante. Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro celebrábase o fin da tempada de colleitas, polo que era considerada como o “Ano Novo” (antes da chegada do Cristianismo). Comezaba a estación escura. É unha festa de transición. A súa etimoloxía gaélica significa “fin do verán”. Nestes días, os nosos antigos lembraban os seus antepasados. Crían que o veo ou a cúpula que separaba o mundo terreal do espiritual desaparecía e así era moito máis doado comunicarse cos espíritos. Era a época na que as tribos celtas se recollían nos castros para pasar o inverno. Adoitaban levar as cabezas dos seus inimigos e depositalas nos muros dos castros para lle dar protección ao castro e nas noites do Samaín iluminábanas con fachos para manter o lugar protexido de visitas perturbadoras. Hoxe no canto de cranios, utilízanse cabazas con candeas no seu interior.

O Nadal é a festa cristiá máis importante. O ciclo comeza o día 25 de decembro co nacemento do neno Xesús en Belén. A noite anterior reúnese a familia nunha cea na que o bacallau con coliflor é o prato máis consumido. Xa no comezo desta festividade, nas casas colocábase o Belén, unha reprodución con figuriñas e maquetas do que debeu ser o nacemento do neno. A noite do 5 ao 6 de xaneiro é o día grande para os pequenos xa que os Reis Magos visitan as casas deixando agasallos para os que se portaron ben ao longo do ano e carbón para os que non o fixeron tan ben.

Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

11


U6 FIANDO NA REDE

A xustiza pola man, Rosalía de Castro

OBSERVA María Rosalía Rita Martínez de Castro escribe este poema incluído en Follas Novas, na parte subtitulada «Do íntimo». Nel conta a vinganza dunha muller que, despois de pedir en vano xustiza a xuíces e a Deus, decide matar a quen a aldraxaron.

A xustiza pola man Aqués que tén fama de honrados na vila, Roubáronme tanta brancura que eu tiña; Botáronme estrume nas galas dun día, A roupa decote puñéronma en tiras. ……………………………………………………… Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; Ó raso cas lebres dormín nas campías; Meus fillos..., ¡meus anxos!..., que tanto eu quería, ¡Morreron, morreron, ca fame que tiñan! ……………………………………………………………….. Fixéronme un leito de toxos e silvas; I en tanto, os raposos de sangre maldita Tranquilos nun leito de rosas dormían. -Salvademe ¡ou, xueces!, berrei..., ¡tolería! De min se mofaron, vendeume a xusticia. - Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda... ……………………………………………………………… Estonces cal loba doente ou ferida, Dun salto con rabia pillei a fouciña, Rondei paseniño...¡Ne-as herbas sentía! I a lúa escondiase, y a fera dormía ………………………………………………………………. Mireinos con calma, i as mans estendidas, Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, ……………………………………………………………… I estonces... ¡estonces!, cumpreuse a xustiza: Eu, neles; i as leises, na man que os ferira. Rosalía de Castro. Follas Novas

Santiago, 1837 – Padrón, 1885

Follas Novas (1880) é unha compilación de poemas ordenados sen un criterio claro. O libro preséntasenos estruturado en cinco seccións: I. Vaguedás. II. Do íntimo. III. Varia. IV. Da terra. V. As viúvas dos vivos e dos mortos.

Tranquila, esperando pola alba do día. Cos seus compañeiros en cama mullida. Nin pedra deixaron, en donde eu vivira; Quedei deshonrada, mucháronme a vida, Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.

INVESTIGA Busca na rede atendendo as seguintes palabras clave: a xustiza pola man, Rosalía, música: Amancio Prada, Nao. Localiza a letra e vídeos musicais. ANALIZA Completa o poema engadindo os versos en negriña onde corresponda. Comenta as diferenzas entre o poema orixinal e as versións musicadas. SINTETIZA Opina sobre a temática do poema. Expón algúns datos da vida e obra de Rosalía de Castro. EXPRESA Memoriza e recita en voz alta o poema. Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

12

COMPRAMOS E COCIÑAMOS  

Unidade 6 do programa de inmersión lingüística para inmigrantes

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you