Page 1

UNIDADE 4

Chegada do primeiro tranvía a Sada. Rúa Barrié de la Maza (Pedregal). 31 de decembro de 1922.

Imos ao centro comercial FALAMOS Imos ao centro comercial APRENDEMOS PALABRAS O centro comercial Medios de transporte LEMOS Mecanoscrito da segunda orixe, Manuel de Pedrolo RECANTOS Os substantivos Os verbos haber e facer COÑECEMOS GALICIA As cidades galegas FIANDO NA REDE No niño novo do vento, Álvaro Cunqueiro

Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

1


U4 FALAMOS

Imos ao centro comercial

Para irmos ao centro comercial dende Sada, primeiro debemos achegarnos á parada do autobús, coñecer os horarios e programar a viaxe de ida e de volta. Indica que camiño tes que seguir dende o teu domicilio á parada de bus que se atope máis preto del. - Mesmo ao saír da casa torzo á dereita pola primeira rúa. Ao chegar á altura da fonte pública, collo a rúa que se atopa á esquerda. Sígoa ata o final. Fíxome como xusto enfronte, cruzando a avenida, hai unha parada de bus. Distínguese moi ben polo gran cartel que indica “BUS”.

Agora, unha vez que sobes ao bus, pregúntalle ao condutor canto vale a viaxe e onde terás que baixar para ir ao centro comercial. - Boa tarde, señor condutor! Diríxome á cidade; teño que ir ao centro comercial, en que parada teño que baixar? - Canto me custa a viaxe? - A que horas pasa o autobús para regresar á casa? - Déame un billete, por favor! Pode ser de ida e volta? - Moitas grazas!

Ao chegares ao teu destino deberás preguntar por onde tes que ir para chegar ao centro comercial. - Ola, boa tarde! Poderíame indicar por onde teño que ir para chegar ao centro comercial? - Moitas grazas, foi vostede moi amable.

Xa estás no centro comercial. Fíxate ben no directorio e localiza o andar ao que debes dirixirte para facer as túas compras. Unha vez que chegues á planta desexada, xa poderás mercar o que necesites. Non dubides en te dirixir aos dependentes, están aí para te axudar. - Boa tarde, señor/a, poderíame indicar onde podo atopar pantalóns vaqueiros de home/muller? Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

2


Imos ao centro comercial

U4 FALAMOS

Estás na sección de moda xuvenil. Elixiches varios pantalóns vaqueiros que che gustan, pero queres probalos; diríxeste de novo ao dependente/a.

- Por favor, poderíame indicar onde se atopan os probadores? - Moitas grazas. Xa tes decidido o que queres mercar. Tes que facer o pagamento. Diríxeste ao dependente/a que se atopa na caixa. - Quero levar estes pantalóns vaqueiros e tamén este suadoiro. - Pagarei con tarxeta. - Agora necesito mercar uns tenis, a que andar debo ir? - Moitas grazas. - Ata logo. Despois de tantas compras, cómpre tomar un respiro. Como aínda che queda media hora antes de ir á parada do bus para regresar á casa, vas tomar un refresco á cafetaría. - Gustaríame tomar un zume de laranxa natural, por favor! - Canto lle debo? - Ata logo! Xa chegaches á casa, e malia estar moi canso, tes gañas de lles contar a teus pais como che foi no centro comercial.

Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

3


U4 APRENDEMOS PALABRAS

O centro comercial

Todo o que este homiño necesita mercar antes de ir ao centro comercial reloxo espertador

teléfono móbil libro

cámara de video

caderno

ordenador

oso de peluche

cadeira

agasallo de cumpreanos

automóbil

desparafusador

lámpada de mesa

lapis

televisor

abrelatas

cafeteira

afialapis

maletín

Nun centro comercial podes atopar a maior parte das cousas que imaxines

restaurante e cafetaría camareiro, cociñeiro prato, cunca, cubertos vaso, copa, botella, xerra bandexa, cinceiro, saleiro pano da mesa, cocteleira aparador, alzadeiro, barra palillo, caixa, cliente Édelingua: programa de inmersión lingüística

cine e teatro pano, escenario decorados, sala fila, butaca acomodador despacho de billetes gardarroupa orquestra, estrea

comercios elementos comúns reloxería escaleiras mecánicas mercería bancos, palmeiras xoiería andar, escaparates supermercado pavimento, teito zapataría varanda, ascensor perruquería panel informativo libraría fonte, estanque IES O Mosteirón

4


Medios de transporte

U4 APRENDEMOS PALABRAS

avión, fuselaxe, ás, cabina, tren de aterraxe, alerón, depósito de combustible, pasaxeiros, azafata, piloto, despegue, pista de aterraxe, aeroporto, terminal, motor a reacción, liñas aéreas, paracaídas, chaleco salvavidas, xanela, piloto automático, terminal, sala de estar, área de embarque, equipaxe de man, facturación, maletas.

revisor, camiño de ferro, maquinista, raíl, estación, túnel, rampla, beiravía, asento, plataforma, apeadeiro, vagón de carga.

a bicicleta, a moto, motorista, guiador, cadro, roda, freo, caño de escape, pneumático, pedal, gardalamas, bucina, carburador, depósito, sela. Édelingua: programa de inmersión lingüística

autobús, autocar, condutor, chofer, taxista, calzada, paso de peóns, semáforo, sinal de tráfico, beirarrúa, parada, billete.

proa, popa, cuberta, mastro, ponte, amarra, hélice, quilla, remo, ollo de boi, iate, veleiro, casco, submarino, transbordador.

capó, faros, matrícula, volante, panca de velocidades, cinto de seguranza, parabrisas, amortecedor, baca, radio. IES O Mosteirón

5


U4 LEMOS

MECANOSCRITO da segunda orixe

MECANOSCRITO da segunda orixe é unha novela escrita por Manuel de Pedrolo, editada en galego en 1989, que conta a historia de Alba, unha rapaza de catorce anos e Dídac, un mozo de pel escura, que sobreviven a unha catástrofe mundial. Ao comezo da historia atopámonos cun escenario dantesco, feito de ruínas. E na vila non ficaba nada en pé. Os edificios derrubáranse sobre eles mesmos, como se de súpeto fraqueasen os parámetros, e os tellados caesen sobre os rebos. Moreas de pedras e cachos de tellas espallábanse polas rúas e cubrían preferentemente os beirais xa que a derruba fora tan achumbada que non deixara intransitables as vías máis amplas, por onde xa corría a auga dos canos rebentada que, nalgúns lugares, erguían surtidores impetuosos entre a poeira. En máis dun sitio, as paredes baixas mantíñanse verticais, como se quixesen conter no seu interior a desfeita dos pisos altos amontoados, nalgúns casos, entre paredes que, aínda fendidas, resistiran o cometemento brutal dun ataque aniquilador. Porque, Alba estaba segura, todo isto era obra daqueles aparatos misteriosos. E por todas as partes, medio soterrados polas ruínas, no interior dos coches parados, había cadáveres, todos coa face contraída nun xesto estraño e coa pel entre rosada e marela. Non os abaten nin as pedras nin as trabes, porque algúns se atopaban en espazos limpos e repousaban como quen dorme, sen sangue nin feridas visibles, simplemente caídos como quen sofre unha volta de alferecía. Outros, en troques, penduraban das fendas dos edificios e deixaban ver só un membro, ou a cabeza, no medio dos entullos que os apreixaban. Alba coñecíaos ben a todos: eran veciños, amigos, xente que estaba afeita a ver cada día. Tamén estarían seus pais. E botouse a correr de novo, agora ampeando baixo un farrapo da blusa que puxera por diante das ventás contra a poeira que a facía espirrar. Encamiñouse á praza, onde a torre do campanario, case intacta, erguíase enfesta sobre as ruínas da igrexa, que pechaban a entrada ás calexas de atrás, tan estreitas que a obrigaban a subir montes de mobles, parámetros e cadáveres para despois esvarar por terrapléns sentindo que a superficie roldaba por abaixo dos seus pés. Foise orientando pola xeografía dunha vila que agora era descoñecida, atravesou o cómaro duns baixos que se derrubaron despois e houberon soterrala, saltou un murado alto onde lle prenderon os shorts, que abriron de arriba a abaixo, suxeitos só polo cinto, e seguiu a correr por unha rúa curta e baleira, asolagada agora por un improvisado surtidor, cara á súa casa. E a casa xa non era. Os dous andares da construción precipitáranse sobre o teito dos baixos, que tamén debeu ceder por detrás da porta, e agora, coa parede lixeiramente empenada pola presión, pechaba a cova onde repousaban o pai, a nai, a irmá que ía casar para o mes… […] E volveron á praza, onde baixo dos soportais había unha tenda na que se vendía roupa de todas as clases. Puideron entrar por un dos escaparates e, no interior, o amo, a dependenta e dúas clientes ocupaban lugares case simétricos a un e outro lado do mostrador, sobre o piso de baldosas amarelas, e ao fondo había un gato branco coa cabeza fendida dun golpe. […] E colleron uns prismáticos e dirixíronse a un outeiro dos arredores, non máis alto cá casa máis alta da vila, onde estaban os depósitos, agora moi baixos de nivel, xa que a auga fuxía polas fendas e asolagaba as veigas veciñas. Dende o cumio, Alba confirmou que a súa vila non fora escollida ao chou nin tampouco especialmente favorecida. A catro metros de distancia aparentemente, a vila veciña, que de feito estaba a seis quilómetros, convertérase tamén nun labirinto de ruínas. E máis lonxe, a doce quilómetros, aínda puido ver, se ben é certo que non con tanta precisión, a antiga colonia fabril que co paso dos anos se transformara nunha grande vila. Sobresaían alí, outrora, un modesto rañaceos de seis pisos, construído nos últimos tempos, e a torre da igrexa, pero agora xa non estaban e ningún tellado brillaba co sol. Manuel de Pedrolo. Mecanoscrito da segunda orixe. Ed. Galaxia.(Adaptación) Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

6


MECANOSCRITO da segunda orixe

U4 LEMOS

Escoita atentamente e despois le o texto. Di se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións sobre o texto, xustificando as túas respostas con frases tiradas del.  A derruba deixara intransitables as vías máis amplas.  A devastación da vila fora producida por uns aparatos misteriosos.  A torre do campanario erguíase enfesta sobre as ruínas da igrexa.  A súa vila fora a única devastada, aniquilada.  Os dous rapaces entraron nunha tenda de roupa .  Os pais de Alba salváronse de milagre. Escribe a oración do texto na que aparece cada unha das seguintes palabras: ficar

Quedar, permanecer nun lugar ou estado.

alferecía

Doenza que se caracteriza por convulsións posteriores.

entullo

Restos de ladrillos, etc., que quedan dunha construción cando se desfai; rebo.

farrapo

Anaco de tea roto e gastado.

espirrar

Expulsar brusca e ruidosamente o aire dos pulmóns polo nariz e pola boca.

asolagar

Cubrir a auga un determinado lugar; anegar, inundar.

rañaceos

Edificio moi alto con moitos andares.

E na vila non ficaba nada en pé.

Situándote inicialmente na túa casa, describe o camiño que debes andar para ir mercar o xornal ao quiosco ou librería que se atope máis preto.

Completa o seguinte cadro con todos os obxectos que collerías da tenda de roupa de todas as clases que visitaron Alba e Dídac, e tamén doutras, no caso de que te atoparas nunha situación semellante.

tenda ou comercio

obxectos que collerías para a supervivencia

Tendo en conta a actividade anterior, e dada a situación límite na que te atoparías de ser Alba ou Dídac, que primeiras medidas tomarías para iniciar a túa supervivencia?

Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

7


U4 RECANTOS

O substantivo

O substantivo designa seres animados ou inanimados, accións, estados, sentimentos e calidades. Dende unha perspectiva morfolóxica, o substantivo consta dun morfema radical, que achega o contido lexical, e dous morfemas constitutivos flexivos, o de xénero e o de número. Alén disto, pode conter tamén morfemas derivativos. propio Alude a un referente único e diferenciado dos outros da mesma especie

Antropónimos (nomes de persoa, apelidos e alcumes) Topónimos (nomes de lugar) Hidrónimos (nomes de océanos, mares, ríos etc.) Orónimos (nomes de accidentes xeográficos) Nomes de empresas, entidades e institucións.

común fai referencia a todos os seres da mesma clase ou especie.

concreto

designa unha entidade material (persoa, animal ou cousa) percibida por medio dos sentidos.

abstracto

correspóndese cunha realidade inmaterial (noción, calidade, acción, estado que só se pode aprehender a través do pensamento.

contable

denota entidades que se poden cuantificar.

CLASIFICACIÓN DO SUBSTANTIVO

non contable aplícase a realidades que non poden ser enumeradas, mais si medidas e divididas.

individual

nomea no singular unha única realidade.

colectivo

alude no singular a un conxunto plural de entidades da mesma especie.

En canto ao xénero dos substantivos ten en conta:  As letras, os números, os mares, os ríos, os cabos, os océanos e os puntos cardinais son substantivos masculinos.  Son substantivos femininos os acabados en –axe, agás o garaxe, o traxe, o paxe. Personaxe pode ser masculino ou feminino segundo o xénero natural do referente. Polo xeral, o singular expresa un único elemento e o plural alude a máis de un. Porén, existen substantivos en que o plural fai referencia tanto a un único obxecto como a varios (alicates, lentes, pantalóns, tesoiras).  Algúns substantivos non presentan oposición de número. Hainos que soamente teñen singular e outros que só coñecen o plural: SÓ SINGULAR SÓ PLURAL

area, fariña, fe, ferro, leite, leste, oeste, orgullo, plebe, prata, saúde, sede, sur, trigo… cóxegas, condolencias, entrañas olleiras, ouriños, maniotas, tebras, tenaces, víveres…

Algúns substantivos adquiren co plural un significado diferente ao da forma singular: auga (líquido), augas (baños); fume (vapor), fumes (fachenda, orgullo).

Fai un repaso cos substantivos que aprendiches desta volta. Clasifícaos, indica o seu xénero e forma o seu plural. Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

8


Os verbos haber e facer

U4 RECANTOS

HABER / FACER INDICATIVO PRESENTE hei fago has fas ha, hai fai habemos facemos habedes facedes han fan PRETÉRITO fun fuches foi fomos fostes foron

fixen fixeches fixo fixemos fixestes fixeron

COPRETÉRITO era facía eras facías era facía eramos faciamos erades faciades eran facían ANTEPRETÉRITO fora fixera foras fixeras fora fixera foramos fixeramos forades fixerades foran fixeran

FUTURO

POSPRETÉRITO

serei farei será farás será fará seremos faremos seredes faredes serán farán

sería faría serías farías sería faría seriamos fariamos seriades fariades sería farían

SUBXUNTIVO PRESENTE sexas faga sexa fagas sexa faga sexamos fagamos sexades fagades sexan fagan PRETÉRITO fose foses fose fósemos fósedes fosen

fixese fixeses fixese fixésemos fixésedes fixesen

IMPERATIVO

sede

fixer fixeres fixer fixermos fixerdes fixeren

facede

INFINITIVO PERSOAL ser facer seres faceres ser facer sermos facermos serdes facerdes seren faceren

FUTURO for fores for formos fordes foren

fai

INFINITIVO ser

facer XERUNDIO sendo facendo PARTICIPIO sido feito

VALORES DOS TEMPOS DO INDICATIVO: O presente do indicativo localiza no momento actual a acción expresada polo verbo. Hoxe facemos o xantar nós. O copretérito do Indicativo designa unha acción inacabada anterior ao momento da enunciación. Cando chegamos xa facías o parvo. O pretérito do Indicativo indica unha acción xa concluída antes do momento da enunciación. O luns fixestes vós a colada. O antepretérito do Indicativo sinala unha acción anterior a outra xa pasada. O traballo xa o fixeran eles dous. O futuro do Indicativo expresa unha acción posterior ao momento da enunciación. Xa o fará despois. O pospretérito do Indicativo pon de manifesto unha acción que pode ocorrer no presente ou no futuro de se reuniren as condicións necesarias. Seriamos ricos se aforrásemos.

Practica os distintos tempos do verbo haber e facer con preguntas e respostas: Que obxectos hai na túa habitación? Que fas dende que te ergues ata a noite? Que hai que facer antes de embarcar nun avión? Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

9


U4 COÑECEMOS GALICIA

As cidades galegas

Galicia, situada no noroeste da península Ibérica e formada polas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, ten preto de 2.800.000 habitantes que se agrupan fundamentalmente nas zonas costeiras comprendidas entre Ferrol e A Coruña, no noroeste, e entre Vilagarcía e Vigo, no suroeste. Santiago de Compostela é a capital de Galicia e Vigo a cidade con maior número de habitantes, preto de 300.000. A seguir relacionamos as sete cidades galegas máis importantes ordenadas por maior poboación.

VIGO (297.124 hab.) Coñecida como a cidade olívica, Vigo amosa unha intensa actividade portuaria xa dende o século II, época da romanización. Berce do trobador Martín Códax, autor de oito cantigas de amigo recollidas no Pergamiño Vindel. No ano 1702 desenvolveuse o acontecemento histórico máis relevante da cidade, a Batalla de Rande. Na actualidade, malia a crise económica, Vigo constitúese como unha das zonas industrializadas e de servizos máis importantes do noroeste peninsular.

A CORUÑA (246.047 hab.) Coñecida como a cidade de cristal polas súas afamadas galerías, ou cidade herculina pola Torre de Hércules, verdadeiro símbolo, A Coruña é unha das cidades con máis densidade de poboación de España debido á súa reducida extensión. Ocupa unha península no centro da coñecida costa Ártabra. Coa aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia no ano 1981, a cidade perdeu a capitalidade de Galicia que mantiña dende 1563 en beneficio de Santiago de Compostela. No ano 2009, a Torre de Hércules foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

OURENSE (108.674 hab.) A cidade das Burgas, atravesada polo río Miño, é a cidade de interior máis populosa de Galicia. De orixe romana, na actualidade mantén gran importancia como centro administrativo e económico da provincia e un forte sector comercial, que lle está dando un gran pulo turístico, sobre todo no aspecto termal. Presenta un microclima de transición entre o oceánico e o continental do interior, con frío e humidade nos invernos e calores abafantes e húmidos nos veráns. Édelingua: programa de inmersión lingüística 10

IES O Mosteirón


LUGO (96.635 hab.) Fundada no ano 25 a. de C. é unha cidade de orixe romana construída nas proximidades dun castro. É a cidade máis antiga de Galicia; na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Conta cunha muralla única no mundo que conserva todo o seu perímetro e que foi declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000. Destacan as súas festas, como o Arde Lucus, que rememora o pasado romano e castrexo da cidade, e a de San Froilán.

SANTIAGO DE COMPOSTELA (94.824 hab.)

Capital de Galicia. Nela teñen a súa se o Goberno da Xunta de Galicia e o Parlamento. Cidade construída en torno ao sartego do Apóstolo Santiago e a súa catedral. Constitúese, xunto con Roma e Xerusalén, nun dos centros da cristiandade e é a meta de millóns de peregrinos que percorren o Camiño de Santiago xa dende os tempos da Idade Media. A súa universidade foi fundada en 1495 por Lope Gómez de Marzoa, é a de máis longa tradición de Galicia e unha das máis antigas do mundo.

PONTEVEDRA (81.981 hab.) Sobre o nacemento da cidade de Pontevedra existe unha lenda de orixe renacentista que di que o responsable da fundación da vila foi Teucro, un dos heroes da Guerra de Troia. O certo é que o nome deriva do latín e significa ponte vello. Na actualidade trátase dunha cidade administrativa, turística e de servizos. Cabeceira da provincia, é a cidade que experimentou un maior aumento de poboación nestes últimos anos, debido entre outros factores ao seu campus universitario.

FERROL (73.638 hab.) Ferrol é una cidade orientada tradicionalmente cara ás actividades marítimas, a través do seu porto pesqueiro e comercial, estaleiros civís e militares e diversas instalacións da Armada. A ría de Ferrol, onde desemboca o río Grande de Xuvia, sitúase entre os cabos Prioriño e Segaño, e xunto coas rías da Coruña, Betanzos e Ares, conforma o golfo Ártabro, denominación herdada da época romana.

Outras localidades galegas de máis de 30.000 habitantes son Narón, Oleiros, Carballo e Arteixo (na provincia da Coruña), Vilagarcía de Arousa e Redondela (na provincia de Pontevedra). Édelingua: programa de inmersión lingüística 11

IES O Mosteirón


U4 COÑECEMOS GALICIA

No niño novo do vento, Álvaro Cunqueiro

NO NIÑO NOVO DO VENTO

No niño do vento novo unha pomba hai dourada, meu amigo! Quén poidera namorala! Ao luar e ao mencer canta en frauta de olivo verde. Quén poidera namorala, meu amigo!

Arriba: fotomontaxe. Abaixo: portada dunha das primeiras edicións de Cantiga nova que se chama riveira.

Ten recente áers de frol, de recén casada, cousas meu amigo! Quén poidera namorala! Ten tamén sombra de sombra e primeiro andar de río. quén poidera namorala, meu amigo! A. Cunqueiro, Cantiga nova que se chama ribeira

“Eu nacín entre as zocas e os lóstregos na metade da noite, corenta e sete días despois do primeiro aeroplano; aínda colgaban do arame da anteguerra todas as intactas marabillas inauditas”. Cunqueiro foi poeta, novelista, autor teatral, tradutor, periodista e gastrónomo. A súa obra é unha das más ricas, non só da literatura galega, senón de toda a literatura española do século XX: fresca, culta, imaxinativa, estilisticamente impecable. Nunha etapa da súa vida interésase por investigar a tradición dos cancioneiros medievais e nace Cantiga nova que se chama ribeira, onde se inclúe este poema.

OBSERVA No poema as palabras en negriña non están ben colocadas. INVESTIGA Busca en internet a canción no niño novo do vento. Considera as seguintes palabras clave: Nome do poema, autor. Música: Luís Emilio Batallán, Xoel López. Localiza a letra e outros vídeos musicais. ANALIZA Refai o poema. Localiza no dicionario dixital: niño, pomba, luar, mencer, lóstrego e tamén aqueloutras que non entendas ou que che resulten curiosas. Comenta as diferenzas que atopas entre o poema orixinal e a versión musicada. SINTETIZA Opina sobre a temática do poema. EXPRESA Memoriza e recita en voz alta o poema. Que elementos da natureza elixirías para simbolizar o amor? Édelingua: programa de inmersión lingüística 12

IES O Mosteirón

IMOS AO CENTRO COMERCIAL  

Unidade 4 do programa de inmersión lingüística para inmigrantes

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you