Issuu on Google+

UNIDADE 3

Como somos FALAMOS Como somos APRENDEMOS PALABRAS O corpo humano Vestiario e complementos LEMOS Sabela, Afonso D. Rodríguez Castelao RECANTOS O adxectivo cualificativo O verbo ter COÑECEMOS GALICIA As Mariñas FIANDO NA REDE Irmáus, Celso Emilio Ferreiro

Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

1


U3 FALAMOS

Como somos

Para explicarmos con palabras como somos, primeiro debemos seleccionar aqueles aspectos físicos e de personalidade que mellor nos singularicen, despois presentalos de maneira clara, ordenada e cun vocabulario preciso. Indica as túas características físicas máis salientables. ordenadamente: 1. Aspectos físicos globais: Idade, sexo, altura, complexión, pel… 2. Detalles das partes do corpo seguindo unha orde descendente: Cabeza, cara, cabelo, ollos, nariz,boca… Corpo, mans, ventre, pernas… 3. Trazos especiais.

Faino

Agora, fai o mesmo cos trazos que mellor definen a túa forma de ser, a túa personalidade. 1. 2. 3. 4. 5.

Es humilde, ou fachendoso? Es agresivo, nervioso, sosegado, teimudo, reflexivo…? Es adulador, mentireiro, simpático, rallante… Es introvertido ou extravertido? Es nugallán, preguiceiro, ou traballador e disposto?

Pensa agora na túa estética, en como vistes e os complementos que utilizas ou que máis che gustan: 1. En xeral, como definirías a túa estética? 2. Que prendas de vestir son as que máis empregas? 3. Utilizas reloxo, aneis, colares, chapeu…?

Agora, logo de analizar polo miúdo e por separado cada un dos aspectos anteriores, selecciona os teus trazos diferenciadores, ordénaos (podes partir do conxunto e despois centrarte nos detalles) e fai a túa descrición.

ADIVIÑA QUEN? Pensa nun personaxe famoso, coñecido de todos. Ordena os trazos máis característicos e descríbello ao profesor e aos compañeiros e compañeiras. Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

2


Como somos

U3 FALAMOS

Elixe un personaxe desta particular galería de famosos. Repara nos seus trazos característicos e engádelle todos aqueles que ti coñezas. Descríbeo sen dicir o seu nome e comproba quen o recoñece antes.

Facemos agora a descrición dun compañeiro ou compañeiro. Cada alumno e alumna escribe nun papel o seu nome. Introdúcense nunha bolsa e ao chou cada un vai collendo un papeliño. Durante uns minutos, cada participante prepara a súa descrición. Despois, expoñeranse as descricións, tendo en conta que en ningún momento debe dicir o nome da persoa descrita. Os demais deberán adiviñar de quen se trata. Fai frases comparativas tomando como base as características físicas destas persoas.

Despois de todo o que aprendiches chegou a hora de que fagas a túa propia descrición polo miúdo. Podes utilizar como guía o seguinte esquema. Primeiro anota nel os datos e características. Despois redacta a túa descrición. DATOS IDENTIFICATIVOS BÁSICOS Nome:

Sexo:

Idade:

Enderezo:

Natural de:

Estudos:

ASPECTO XERAL

FÍSICO CABEZA CORPO

Édelingua: programa de inmersión lingüística

ESTÉTICA

PERSONALIDADE

AFECCIÓNS

TRAZOS ESPECIAIS

IES O Mosteirón

3


U3 APRENDEMOS PALABRAS

O corpo humano

A CARA, A FACE, A FACIANA, O ROSTRO o cabelo, a cabeleira, o pelo o ollo

a meixela, o pómulo

as pestanas

a cella

a fronte, a testa

a pálpebra, a perfeba

a tempa, a sen a vidalla

o nariz

a orella

a fazula, a moufa

os beizos o queixo, o queixelo

o pescozo

O CORPO a cabeza a barba e o bigote o brazo os cotenos cóbado os dedos das mans a cintura

a caluga o ombreiro o peito o cóbado o ventre a man

a perna o xeonllo

as dedas dos pés

a sofraxe

o nocello

ALGUNHAS EXPRESIÓNS RELACIONADAS COAS PARTES DO CORPO: Non dar pé con bóla (Facer todo mal) Saber de que pé coxea (Coñecer as debilidades; os vicios) Buscarlle os tres pés ao gato (Empeñarse en algo sen sentido) Nacer de pé (Nacer con moita sorte) Ter man esquerda (Ser diplomático) Botar unha man (Axudar a quen o necesite) Ter as mans libres (Ter liberdade para actuar) Falar coa boca pequena (Falar sen convicción) Non abrir a boca (Estar calado) A pedir de boca (Elixir o mellor, o que se queira) Botar a lingua a pacer (Falar de máis e sen saber) Tirar da lingua (Provocar a alguén para que fale) Ter na punta da lingua (Non ser quen de recordar algo que se sabe) Irse da lingua (Falar o que non se debe) Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

4


Vestiario e complementos

U3 APRENDEMOS PALABRAS

a carapucha

a bufanda

a gravata

a camiseta o pano de man

a americana

a chaqueta

os mitóns

a camisa

o peto

o pantalón os vaqueiros

os amallós dos tenis

os lentes de sol a blusa

o abrigo o colo

o botón

a lapela a manga

o ollal

a saia

as bermudas

a fibela o peto

o pantalón curto

o cinto

a sandalia

a zapatilla

o tenis

a bota

o zapato

o zoco

Édelingua: programa de inmersión lingüística

o sombreiro, o chapeo

o cinto

o paraugas

a viseira

a boina

o gorro

os brincos

o reloxo

o anel

as luvas

o colar

o bolso IES O Mosteirón

5


U3 LEMOS

Sabela

Sabela é un dos cinco relatos que compoñen Retrincos, unha obra narrativa de Afonso Rodríguez Castelao, un dos grandes persoeiros da nosa cultura, que publicou a editorial Nós no ano 1934. Sabela é a moza máis fermosa da vila e a compañeira de bailes do narrador. O paso do tempo provocará grandes cambios en Sabela. Cando eu andaba no estudo era un mozo das romarías, bailador e divertido. Non había festa na vila, nin nos arredores, onde non aparecese danzando como un trompo escaravelleiro. Ai, aqueles valses, aquelas mazurcas, aquelas polcas e aquelas habaneras! Entón o agarradiño aínda era un pecado venial, e bailabamos con tino, para que os vellos non refungasen. As mozas acoirazaban o corpo con xustillos e non consentían o arrimo; pero recendían a roupa gardada con mazás e a carne lavada con xabón de rosas. Os mozos bailabamos por darlles gusto ás pernas, e contentabámonos co cheiro… Había na vila unha rapaza do meu tempo, xeitosa de corpo, feitiña de cara, leda de xenio, traballadora de condición, pescantina de oficio e limpa de conduta, pero picante nos dicires. As súas verbas tiñan o labio salgado dos mariscos. Os dicires escintilaban contentamento, e nos seus arredores non podía medrar a tristura. O riso facíalle goios de amor nas fazulas, poñíalle pintiña de nácara nos dentes. Os andares, arfados e velaíños, facían no aire ronseis de graza. Andaba descalza, e os engados da súa carne non tiñan segredo para os ollos de ninguén. Os pés lenes, as pernas brancas, os brazos redondiños. O corpo era un gran corazón plisado. Cantaba coma un xílgaro e bailaba coma un argadelo. Era a rapaza máis fermosa da vila, e dábase conta do seu poderío. Escarolábase, burlona, cando os señoritos forasteiros lle facían a rosca e revíase, compasiva, cando os mozos do seu igual criaban o pasmo. Ela gustaba de contar na ribeira os perigos en que se metía, e as pescas estordegábanse de riso cos ditos da rapaza, que descubría, de miúdo, todas as súas enchoiadas amorosas. Ela gustaba de acender fogueiras e logo apagalas, e nos seus feitizos de serea morrían os fumes dos señoritos e as olladas dos mozos mariñeiros. Era dona de si e viviu sempre ceibe de murmuracións. Nos días de festa parecía outra. A saia longa, a chambra de flores, o pano de oito puntas. Unha lazada verde na trenza do pelo. A cara con certo dengue de señoritiña. Os andares coutados, por mor dos zapatos… Deica bailar tres veces non xurdía na súa face o riso escachado dos días soltos. No retorno da festa entraba na casa cunha cantiga nos beizos e cos zapatos na man. A primeira vez que bailei foi con ela. Eu dedicábame, nos meses de vacacións, á vida de gandaina, e cando me fixen mozo quixen ser un tunante; pero non sabía bailar de modo. Eu reloucaba por deprender ben o agarradiño e lucirme nas romarías; pero non lle daba xeito ás pernas. Unha noite atrevinme: -Queres que botemos esta polca? -E ti sabes? Édelingua: programa de inmersión lingüística

- Imos ver. A rapaza comprometeuse a ensinarme, e eu pagáballe coa miña ledicia de estudante. Empecei dando voltas á dereita. Ela levábame… “Agora dous pasiños de lado”. “Agora outra volta”. “Dálle máis aire ao corpo”. “¡Non saímos do sitio!”. “Ai, que burro!”. “Así, home, así”. “Agora vai ben”. Pouco a pouco fun deprendendo, e non tardei en bailar valses e mazurcas con certa mestría. Despois xa me fixen bailador e aproveitaba todas as tocatas; pero afeito á miña compañeira non tiña gusto en bailar con outras. De remate os dous fixemos unha das mellores parellas. A rapaza e mais eu estabamos unidos polo baile. Ela seguíase burlando dos namorados, e eu ríame, a cachón, dos seus ditos. Queriámonos ben; pero non sentiamos desacougos amorosos. Se chegase a poñer ollo na súa fermosura burlaríase de min coma dos demais. Con todo a miña nai reprendíame: -Ti non es quen para comparar coa Sabela. Por que non bailas con todas? Sempre coa mesma, sempre coa mesma! Pois nin ti lle fas favor a ela nin ela cho fai a ti. -Baila moi ben, sabe miña nai? -Bailará; pero ela é unha pesca e ti es un estudante. O baile é cousa do demo e Sabela é unha boa rapaza. Pobre de ti como non a respectes. Miña nai, como todas as nais, coidaba que seu fillo era un Tenorio; pero a honradez de Sabela gardábase detrás de catro muros de cantería. Marchei da vila cangado cun título universitario, e as preocupacións do meu vivir arredáronme das troulas. Perdín a mocidade, fíxenme home; o baile chegou a parecerme cousa de parvos, e hai moitos anos que nin tan sequera vexo bailar. Do tempo de estudante non gardei un recuncho para as lembranzas de romaría, e Sabela esvaecéuseme da memoria. Cando se proclamou a República lanceime á política e saín deputado das Constituíntes. A miña vila quixo agasallarme a alá fun eu. Desembarquei baixo o estrondo das bombas e ante o entusiasmo dos vellos amigos, que acugulaban o peirao e a ribeira. O azougamento non me deixaba camiñar, e se sodes sentimentais comprenderedes a miña emoción, porque a vila natal non é como todas as vilas. Cheguei á casa de meus pais, e na beira da porta vin a unha muller… Era gorda de ventre, de pernas e de brazos; a cara inflada e vermella; a boca sen dentes; a postura de regateira. Miroume, fite a fite, cos ollos mergullados en bágoas, e ao pasar a carón dela, sioume con voz estremecida estas verbas: -¡Meu bailador! Afonso R. Castelao. Retrincos. Ed. Galaxia.(Adaptación) IES O Mosteirón

6


Sabela

U3 LEMOS

Escoita atentamente e despois le o texto. Di se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións sobre o texto, xustificando as túas respostas con frases tiradas del.  Sabela era moi alegre e divertida.  A parella de baile de Sabela sempre se lembrou dela.  Foi Sabela quen lle ensinou a bailar ao estudante.  Os dous personaxes da historia estaban namorados.  O estudante volveu á vila anos despois cando foi elixido deputado.  Sabela era unha boa rapaza.

Escribe a oración do texto na que aparece cada unha das seguintes palabras: escintilar Resplandecer, despedir raios de luz.

Os dicires escintilaban contentamento.

medrar

Crecer; facerse máis grande, aumentar.

ronsel

Rastro de escuma que deixa unha embarcación ao navegar. Pegada, sinal.

serea

Ser fantástico mariño coa parte superior do corpo de muller.

engado

Encanto, misterio; atractivo.

dengue

Delicadeza excesiva e afectada; melindrada.

Como vestía Sabela os días de festa? Saia

Chambra

Pano

Pelo

Lazada

Cara

Andares

Pés

Completa o seguinte cadro con todos os trazos de Sabela, cando era moza, que aparecen no texto. Trazos físicos Xeitosa de corpo

Trazos de personalidade Leda de xenio

Aparencia externa Andares lixeiros

LÉMBRATE Dentro da descrición de persoas caben tres posibilidades: Prosopografía; descríbese soamente o aspecto físico. Etopea; descríbese soamente o carácter ou o comportamento. Retrato; descríbese tanto o aspecto físico como a forma de ser. Valéndote dos trazos do cadro da actividade anterior, describe a Sabela coas túas propias palabras. Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

7


U3 RECANTOS

O adxectivo cualificativo

O adxectivo é a palabra que expresa unha calidade atribuída a un ser, a un obxecto ou a un concepto designado polo substantivo. Repara na descrición de Sabela: as pernas brancas, os brazos redondiños. As palabras destacadas sinalan a calidade dos substantivos pernas e brazos, son adxectivos cualificativos.

Os adxectivos cualificativos designan unha calidade ou propiedade dos substantivos que modifican. O adxectivo cualificativo concorda en xénero e número co substantivo ao que acompaña e pode situarse diante ou detrás do nome. rapaza alta, longas pernas, encarnadas meixelas, pés lenes. A maior parte dos adxectivos cualificativos poden ser graduables, de maneira que se establecen tres tipos de grao: Positivo: Indica unha calidade sen comparación nin intensificación. Sabela era unha rapaza fermosa. Comparativo: Permite confrontar, en termos de igualdade, inferioridade ou superioridade, distintos elementos pertencentes a un mesmo conxunto ou a diferentes. Lucía era tan alta como Sabela (igualdade). Sabela era tan alta coma ti (igualdade). Daniel é máis gordo ca ti (superioridade). Ti es máis gordo do que cres (superioridade). Estevo come menos ca min (inferioridade). Eu como menos do que debo (inferioridade). Superlativo: Intensifica unha calidade ao seu máis alto grao. Este grao admite dúas formas, absoluta e relativa. O superlativo absoluto atribúe unha característica nun grao moi elevado sen a comparar con outra explicitamente. Sabela era fermosísima. O superlativo relativo presenta unha calidade no máis alto grao en maior ou menor medida a respecto dun conxunto. Sabela era a máis fermosa. Existen unha serie de formas sintéticas dos adxectivos para os graos comparativo e superlativo que proceden directamente do latín: GRAO POSITIVO DO ADXECTIVO bo

GRAO COMPARATIVO DE SUPERIORIDADE DO ADXECTIVO mellor

GRAO SUPERLATIVO DO ADXECTIVO óptimo

malo

peor

pésimo

grande

maior

máximo

pequeno

menor

mínimo

alto

superior

supremo

baixo

inferior

ínfimo

Pensa en tres personaxes famosos, atribúelles adxectivos cualificativos, descríbeos sinxelamente e establece comparacións. Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

8


O verbo ter

U3 RECANTOS

TER INDICATIVO

SUBXUNTIVO

PRESENTE teño tes ten temos tedes teñen

COPRETÉRITO tiña tiñas tiña tiñamos tiñades tiñan

PRESENTE teña teñas teña teñamos teñades teñan

PRETÉRITO

ANTEPRETÉRITO

PRETÉRITO

tiven tiveches tivo tivemos tivestes tiveron FUTURO terei terás terá teremos teredes terán

tivera tiveras tivera tiveramos tiverades tiveran POSPRETÉRITO tería terías tería teriamos teriades terían

tivese tiveses tivese tivésemos tivésedes tivesen FUTURO tiver tiveres tiver tivermos tiverdes tiveren

IMPERATIVO

ten

tende/tede INFINITIVO PERSOAL ter teres ter termos terdes teren INFINITIVO ter XERUNDIO tendo PARTICIPIO tido

O modo verbal indica a actitude do emisor ante o contido do enunciado. Existen tres modos: indicativo, subxuntivo e imperativo. O modo indicativo é o modo da realidade e presenta unha situación obxectiva e verosímil, previsible ou en vías de realización. O modo subxuntivo é o modo da irrealidade e expresa unha situación non realizada, desexable, posible ou dubitativa. O modo imperativo presenta o enunciado como unha orde, consello, convite ou petición. A entoación da frase asume grande relevancia na interpretación do valor imperativo do enunciado, xa que moitas veces este tempo coincide co presente de indicativo.

Practica os distintos tempos do verbo ter con preguntas e respostas: Que tes na carteira? Que tiñas posto o domingo cando saíches a pasear cos teus amigos? Que complementos tes postos nestes momentos? Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

9


U3 COÑECEMOS GALICIA

As Mariñas

As Mariñas é o nome dunha das comarcas máis poboadas de Galicia. Comprende dez concellos coruñeses: Abegondo, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello de Abegondo está situado no interior das Mariñas; é un lugar tranquilo, rodeado de natureza e grandes bosques e bañado polo encoro de Cecebre e o río Mero. Podemos atopar tamén un dos exemplos de cruceiros máis importantes de Galicia: o Cruceiro Bonito, de 1877. A Coruña, capital da provincia, con douscentos cincuenta mil habitantes é a segunda cidade de Galicia en poboación. Situada no centro da costa Ártabra, ten na Torre de Hércules, monumento declarado Patrimonio da Humanidade, o seu símbolo por excelencia. Arteixo é a zona máis occidental das mariñas e a máis industrializada. Con todo ofrece un agradable clima e unha rica flora e fauna con abondosas praias e un interesante patrimonio artístico. O concello de Bergondo esténdese dende a desembocadura do río Mandeo e da ría de Betanzos ata Sada. Un dos seus atractivos principais son as súas praias, aínda que posúe monumentos importantes como o mosteiro de San Salvador de Bergondo e o pazo de Mariñán. As Mariñas Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

10


U3 COÑECEMOS GALICIA Betanzos é coñecida como “cidade dos cabaleiros”. Foi declarada Conxunto Histórico Artístico en 1970 por ter un dos cascos antigos máis interesantes de toda Galicia. É coñecida mundialmente polas súas festas en honor de San Roque, o seu santo patrón. Cambre sitúase no centro da bisbarra e está limitado por todos os concellos agás os de Arteixo e A Coruña. Por este concello pasa o Camiño Inglés. A igrexa de Santa María é un claro exemplo do románico. Ten tamén importancia arqueolóxica polos restos dunha vila romana dos séculos III-V. Carral está situado no sur da comarca. É coñecida sobre todo pola forma de elaborar “o pan de Carral”. No centro da vila está erixido un monumento dedicado aos chamados “Mártires de Carral”, que en 1846 se sublevaron contra a ditadura do xeneral Narváez, presidente do Goberno español. Foron fusilados logo do xuízo sumarísimo. O monumento foi inaugurado en 1904. Culleredo pasa do monte Xalo á ría do Burgo. Ten mostras arquitectónicas moi interesantes que van dende as edificacións relixiosas (igrexa de Santiago do Burgo), militares (Torre de Celas de Peiro), civís (ponte romana –reconstruídasobre o río Mero) e industriais (antigas fábricas da Cross). Neste concello atópase o aeroporto de Alvedro. Oleiros está situado entre a ría de Betanzos e a baía coruñesa. É un concello costeiro de moita tradición e fundamentalmente residencial. Ofrece amplas praias e unha zona costeira (Dexo-Serantes) de impresionantes vistas panorámicas considerada Monumento Nacional. Sada, “a filla da ría de prata”, situada a 18 km da Coruña posúe magníficas praias e ten un porto pesqueiro e outro deportivo con máis de 700 amarres. Dende o 1924, ano en que se inaugurou a liña do tranvía dende A Coruña, Sada converteuse no centro turístico da bisbarra. Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

11


U3 FIANDO NA REDE

Irmáus, Celso Emilio Ferreiro

OBSERVA

Irmáus Camiñan ao meu rente moitos h_m_s. Non os coñezo. Sonme _str_n_s. Pero ti, que te alcontras alá l_nx_, máis alá dos desertos e dos l_g_s, máis alá das sabanas e das _ll_s, coma un irmáu che f_l_. Si é túa a miña n_ _t_, si choran os meus ollos o teu pr_nt_, si os nosos berros son _g_ _l_s, coma un irmáu che f_l_. anque as nosas palabras sean d_st_nt_s, e ti negro i eu br_nc_, si temos semellantes as f_r_d_s, coma un irmáu che f_l_. Por enriba de tódalas fr_nt_ _r_s, por enriba de muros e v_l_d_s, si os nosos soños son _g__l_s, coma un irmáu che f_l_. Común temos a p_tr_ _, común a loita, _mb_s. A miña mau che d_ _, coma un irmáu che f_l_

Fotografía oficial da voda de Celso Emilio e Moraima. Xixón, 15 de xullo de 1943.

Caricatura dunha das voces máis orixinais, rotundas e poderosas, ardorosas e emotivas da nosa poesía contemporánea.

Cando era mozo alá polo 36 (ano da guerra), estando de permiso en Celanova... e por falar un pouco alto o que pensaba, o Gobernador Militar de Ourense, “ordenó por teléfono que me fusilaran”. Pero todo quedou nalgúns días nunha cela do Convento de San Rosendo. Neses días escribín o poema Longa noite de pedra, primeiro do libro así titulado.

Celso Emilio Ferreiro, Longa Noite de Pedra

INVESTIGA Busca en internet a canción irmáus do grupo “Fuxan Os ventos”, baseada no poema de Celso Emilio. Considera as seguintes palabras clave: irmáus, Celso Emilio Ferreiro e Fuxan os Ventos. ANALIZA Completa o poema engadindo as vogais. Localiza no dicionario dixital: rente, pranto, berro, valado, rabexa, cobiza… e tamén aqueloutras que non entendas ou que che resulten curiosas. Comenta as diferenzas que atopas entre o poema orixinal e a versión musicada. SINTETIZA Opina sobre a temática do poema. Explica os diferentes significados da palabra irmán (irmao,irmáu). Édelingua: programa de inmersión lingüística

IES O Mosteirón

12


COMO SOMOS