Page 1

As Torres de Meirás son coñecidas como O Pazo de Meirás. Malia o seu aspecto medieval, a edificación actual é de finais do século XIX e está construída sobre as ruínas dunha antiga fortificación derruída polas tropas francesas no ano 1809 durante a guerra da independencia. A propiedade pasou a mans de Emilia Pardo Bazán que foi quen emprendeu a súa construción. Tras a súa morte, os seus herdeiros doan o pazo á Compañía de Xesús, pero estes non a aceptan polas condicións que tal doazón incluía. En 1938, as autoridades franquistas da época deciden ofrecerlle o pazo ao xeneral Franco como residencia de verán.

O concello está cheo de recantos con encanto, dende vales de interior, edificios singulares que merece a pena visitar e sobre todo paisaxes costeiras que fan deste lugar un verdadeiro paraíso. Contamos no noso concello con 8 praias: As Delicias, Morazón, Arnela, Armenteira, Lobos, Lourido, San Pedro e Cirro/Patelo, onde poder tomar baños de mar e sol e gozar do pracer do paseo.

A sociedade Sada y sus contornos naceu en Nova York o 19 de maio de 1913 por iniciativa dos emigrantes sadenses residentes nesa cidade americana cunha finalidade fundamentalmente educativa: crear escolas en Sada. Deste xeito, o 4 de setembro de 1927 inaugúrase a escola Sada y sus contornos.

Guía básica editada polo alumnado de 4ºPDC do IES O Mosteirón. Ámbito lingüístico e social. Curso 2011/12.


SADA, a filla da ría de prata, como era coñecida a principios do século XX, é un concello coruñés situado na Costa Ártabra, a 18 quilómetros da capital provincial e a 10 de Betanzos.

Na actualidade, Sada é un concello activo e dinámico, cun grande potencial de futuro no que a actividade económica xira arredor do turismo e do porto pesqueiro e deportivo.

Os máis de quince mil habitantes que viven no termo municipal están distribuídos nas oito parroquias do concello: Carnoedo, Meirás, Mondego, Mosteirón, Osedo, Sada, Samoedo e Soñeiro. A vila de Sada concentra case o 60% da poboación total.

As súas orixes son incertas malia que hai quen apunta a uns primeiros asentamentos lacustres na área de influencia das Brañas, un espazo natural protexido.

Un dos edificios máis emblemáticos de Sada é A Terraza. Orixinariamente esta cafetaría, construída no ano 1912, estaba situada nos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña e posteriormente trasladada a Sada entre 1919 e 1920.

O centro industrial e cultural de cerámicas do Castro está situado no Castro, en Osedo. As súas producións sobresaen polo coidado artesán co que son fabricadas cada unha das súas pezas. Todas as súas vaixelas, figuras e xoias de porcelana dura están decoradas e rematadas a man despois de saíren dos fornos das súas factorías no Castro. O Museo Carlos Maside foi fundado en 1970 para render homenaxe a un dos pintores galegos anteriores ao 1936 máis recoñecido.

O certo é que se atoparon restos arqueolóxicos pertencentes á cultura castrexa e á época romana, destacando unha ara votiva e os posibles restos dunha estela funeraria inserida no muro do cemiterio de Soñeiro que nos amosa un home togado.

Está situado en pleno paseo marítimo. Construído en madeira, vidro e forxados é un claro exemplo da arquitectura modernista de principios do século XX. Os venres pola noite pódese asistir a concertos de jazz mentres se saborea un café.

TRÍPTICO DE SADA  

Tríptico de carácter turístico sobre Sada, denominada aquí, "A filla da Ría de Prata".

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you