Page 1

Regras xerais de acentuación O acento gráfico ou ortográfico é o signo (´) que se coloca sobre unha vogal para marcar o acento de intensidade. Non todas as sílabas tónicas o levan. Existen unhas regras establecidas que indican cales son os casos en que se utiliza. Levan acento gráfico:

LÉMBRATE! Para coñecer as regras de acentuación cómpre recordarmos os seguintes conceptos:  Sílaba tónica: é a sílaba ou a vogal dunha palabra sobre a que recae o acento de intensidade. As outras, que non se pronuncian con tanta forza, chámanse átonas.  As palabras agudas son aquelas nas que o acento recae sobre a última sílaba: mazá, cu-ller, ca-mión.  As palabras graves son aquelas nas que o acento recae sobre a penúltima sílaba: pa-xa-ro, mó-bil.  As palabras esdrúxulas son aquelas nas que o acento recae sobre a antepenúltima sílaba: có-ba-do.

 As palabras agudas polisílabas que rematan en vogal, en vogal+n, en vogal+s ou en vogal+ns: ventá, canción, tabús, violíns.  Non levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que levan un ditongo decrecente na última sílaba (seguido ou non de –n, ou –s): ademais, azuis, xersei, cantou.  Non levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas rematadas nunha consoante distinta de –n ou –s: anel, tambor, cariz, nin nun grupo consonántico distinto de – ns: robots, argots.  Non levan acento gráfico as palabras monosílabas, agás nos casos de acento gráfico diacrítico (é, dá, pór…): leis, fun, man, bos.  As palabras graves que rematan nunha consoante distinta de –n ou –s (mísil, cáliz), nun grupo consonántico que non sexa –ns (bíceps, cómics), ou que levan ditongo decrecente na última sílaba (posíbeis, culpábeis).  As palabras esdrúxulas sempre levan acento gráfico: cómoda, árbore, básicos.

Acentuación de ditongos, tritongos e hiatos As palabras que levan ditongo seguen as normas xerais de acentuación. O acento gráfico, no caso de levalo, colócase sempre sobre a vogal forte (a, e, o), é dicir, sobre a vogal aberta tónica: (ái) tráiler, (áu) náutica, (éi) béisbol, (éu) éuscaro, (óu) axóuxere, (ói) cóidame, (iá) ancián, (ié) diérese, (ió) nación, (uá) acuático, (ué) pantagruélico, (uó) quórum. 

Lémbrate que nunca levan acento gráfico cando van na última sílaba dunha palabra aguda: animais, despois.

Os tritongos, secuencias de tres vogais que se pronuncian na mesma sílaba nas que unha vogal aberta (a, e, o) vai entre dúas vogais pechadas átonas (i,u), levan acento gráfico cando lles corresponde segundo as normas xerais de acentuación. O acento, caso de levalo, sitúase sempre sobre a vogal aberta: cambiéillelo, abreviéivolo. 

Non levan acento gráfico cando van na última sílaba dunha palabra aguda, do mesmo xeito que os ditongos decrecentes: sociais, abreviei, residuais, asistenciais.

Nas combinacións dunha vogal aberta (a, e, o) e dunha vogal pechada (i, u), as vogais i, u tónicas levan acento gráfico se forman hiato, é dicir, se pertencen a unha sílaba distinta que a vogal átona anterior ou posterior: aí, país, ataúde, saúdos, día, fría, súa, rúa.  

Nos hiatos que concorren as dúas vogais pechadas (i, u), a vogal tónica vai en segundo lugar e deberemos acentuala: miúdo, ruído. Nalgunhas palabras poderemos atopar ditongos iu ou ui precedidos doutra vogal coa que forman un hiato. Neses casos acentuaremos graficamente a primeira vogal do ditongo iu ou ui (cando o acento fónico recaia sobre ela) para indicar o hiato anterior: oíu, construíu, baúis.

Diacríticos e acentuación ortográfica de formas verbais O acento gráfico utilízase tamén para distinguir na escrita unha serie de parellas de palabras con significados distintos que se escriben igual. Este acento gráfico diferencial denomínase acento diacrítico.


Na nosa lingua distínguense na escrita as seguintes parellas de palabras con acento

 a/á

diacrítico:

Artigo, preposición ou pronome/Extremidade das aves. Contracción de a+a.

 as/ás Artigo ou pronome/Extremidades das aves. Carta co número un. Contracción de a+as.

 besta/bésta Animal/Arma antiga. Resorte dos vehículos.  bola/bóla Peza de pan/Pelota. Obxecto circular.  ca/cá; coas/cás Conxunción comparativa/Contracción de ca+a, ca+as.

 co/cós; cos/cós Contracción de con+o, con+os/Contracción de ca+o, ca+os.

 compre/cómpre Merque/É preciso.  do/dós; dos/dós Contracción de de+o/Compaixón. Nota musical.  fora/fóra Verbo ser ou ir/Adverbio.  no/nó Contracción en+o/Lazo  nos/nós Contracción en+os. Pronome átono/ Pronome tónico.

 As formas verbais que levan algún pronome enclítico compórtanse coma se fosen unha soa palabra no tocante á acentuación e levan acento gráfico ou non segundo as regras xerais de acentuación: dixeron/dixéronllelo, mantén/mantense…  As formas verbais que levan acento diacrítico consérvano cando levan un pronome átono enclítico: é/éche, pór/porlle…  As persoas P4 e P5 dos tempos pretérito imperfecto (copretérito), pluscuamperfecto (antepretérito) e futuro hipotético ou condicional (pospretérito) do modo indicativo teñen acentuación grave, polo tanto non levan acento gráfico: cantabamos, cantabades; cantaramos, cantarades; cantariamos, cantariades…

Plural de nó.

 o/ó; os/ós Artigo. Pronome átono/Contracción de a+o, a+os.  oso/óso Animal/Parte do esqueleto.  pe/pé Letra/Parte do corpo.   pola/póla Contracción de por+a. Galiña nova/Rama.  presa/présa Prendida. Encoro. Puñado/Apuro.  so/só Preposición “baixo”, “debaixo de”/Adverbio “unicamente”. Adxectivo “en soidade”.

 te/té Pronome átono. Letra/Infusión.   ven/vén Verbo ver/Verbo vir.  ves/vés Verbo ver/Verbo vir.  vos/vós Pronome átono/Pronome tónico cha/chá; chas/chás Contracción de che+a, che+as/Feminino de  chan.  da/dás; das/dás Contracción de de+a, de+as/Verbo dar.   e/é Conxunción copulativa/Verbo er.  ma/má; mas/más Contracción de me+a, me+as/Mala, malas.  mais/máis Conxunción copulativa ou adversativa/ Adverbio de cantidade.

 por/pór Preposición/Poñer.  se/sé Conxunción condicional. Pronome átono/Sede eclesiástica. Imperativo do verbo ser.

Outros casos de acentuación As palabras compostas que se escriben xuntas compórtanse para os efectos de acentuación como unha soa palabra e seguen as regras xerais de acentuación, independentemente de cómo se acentúen por separado os elementos que as forman: xirasol, vacaloura, contaquilómetros… As palabras compostas non soldadas formadas por dous ou máis elementos unidos cun guión conservan a acentuación que lle corresponde a cada un por separado: teórico-práctico, maníaco-depresivo… Non levan acento gráfico os adverbios rematados en –mente: ultimamente, traxicamente… Os pronomes interrogativos e exclamativos (cal, cando, canto, como, onde, que, quen por que) non levan acento gráfico nin nas interrogativas e exclamativas directas nin tampouco nas oracións interrogativas e exclamativas indirectas, aínda que se admite a posibilidade do acento diacrítico no caso das interrogativas indirectas cando haxa perigo de ambigüidade: Sei que comiches (Estou informado de que comiches). Sei qué comiches (Sei cal foi a comida que tomaches).

Actividades 1. Acentúa ortograficamente cando cumpra. vogar escorreu xersei gabian bide hindu abela feliz arpon haren oxala res misil coctel covarde mixto paxaro ganster camping biceps abazcaro boveda atico metropole hidraulico baul saudo periodico cambiou mensuais desvario arboreo peon capicua duas saiu

vaiven vil lapis clausula policia oiu

trobador cabare niquel atmosfera farmaceutico forceps

patin chale albanel latin docil escancer berenxena caracteres posue contribuir animais lingüistica

2. Engade os acentos ortográficos que faltan. O primeiro contacto entre romanos e galaicos debeuse mais ao azar dun incidente belico que a un interese por parte de Roma nesta rexion. En efecto, foi ao longo do ano 137 a. de C. cando, nun episodio das Guerras Lusitanas, Decimo Xuño Bruto veuse obrigado a loitar contra os galaicos, un pobo da zona sur da area ocupada pola cultura castrexa, que posteriormente daria o seu nome a toda a rexion noroeste da Peninsula Iberica. Decimo Xuño Bruto non pretendeu ocupar a zona sur da actual Galicia para conseguir riquezas, senon que unicamente levou a cabo unha expedicion de castigo contra este pobo, que se dedicaba a realizar incursions belicas e de saqueo na area lusitana. 3. Completa os enunciados coas formas verbais que aparecen no recadro. ves, vés, ven, vén, dás, xogabamos, andariades. Ben ……. que eu non ando con andrómenas. Se forades vós ……………….. con mil desculpas para non virdes. Por aí che …… o teu amigo, ese co que ………………. todos os días ás cartas. ….me lume? ….. comigo ao cine? Fillo, ……. acó e tráeme o xornal! Xacinto, o meu tío da Sionlla, e mais a miña madriña non …… nunca a televisión, porque non a teñen!

REGRAS DE ACENTUACIÓN ORTOGRÁFICA  

regras ortográficas da lingua galega

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you