Issuu on Google+

PROPOSTA DIDÁCTICA

Édelingua Programa de inmersión lingüística para inmigrantes

A malla en Osedo, Sada, 1925.

SEMINARIO PERMANENTE Francisco Xavier Cabanas Cao Belén Iglesias Gómez Xosé Anxo Seoane Cao

IES O MOSTEIRÓN. Sada. CEFORE DA CORUÑA. 2011/12


Édelingua: principios didácticos

PROPOSTA DIDÁCTICA

A presenza de alumnado procedente doutras comunidades e doutros países está nalgunhas clases en torno ao 20%. Temos alumnado procedente de doce nacionalidades distintas e nalgúns casos son membros de familias que se acaban de incorporar nos dous últimos anos. O desenvolvemento da materia de lingua galega non é garante de que este alumnado adquira a competencia lingüística necesaria en lingua galega para se incorporar a un sistema educativo no que a lingua é vehicular en varias materias. A ensinanza é comunicación, intercambio, coñecemento compartido. Esta realidade implica que a consolidación das destrezas básicas en lingua galega do alumnado reverterá favorablemente na aprendizaxe do resto das materias. Convén observar que en calquera actividade que deba resolver o alumno en calquera disciplina interveñen os procesos cognitivos complexos de produción e de comprensión, e que grande parte do éxito radica no dominio das ditas destrezas. O currículo oficial da área de Lingua Galega e Literatura establece como obxectivo último “que os alumnos e as alumnas progresen no dominio persoal das catro destrezas básicas e instrumentais da lingua, destrezas que deberon ter adquirido xa na etapa anterior: escoitar, falar, ler e escribir”. Porén, o alumnado ao que van dirixidas as actividades propostas enfróntanse por vez primeira a elas. No noso proxecto incorporamos o enfoque comunicativo da ensinanza da lingua, entendendo que a lingua é algo máis que unha disciplina, é un instrumento polo cal os seres humanos se comunican e constrúen coñecemento. Por isto, o eixe que articula as unidades didácticas céntrase na actividade comunicativa incardinada desde as catro destrezas básicas. Pretendemos desenvolver nos alumnos e nas alumnas as capacidades seguintes:  

Comprender discursos orais e escritos, recoñecendo as súas diferentes finalidades e as situacións de comunicación nas que se producen. Expresarse oralmente con coherencia e corrección, de acordo coas diferentes finalidades e situacións comunicativas e adoptando un estilo expresivo propio. Utilizar os recursos expresivos, lingüísticos e non lingüísticos, nos intercambios comunicativos propios da relación directa con outras persoas. Utilizar a lingua como instrumento para a adquisición de novas aprendizaxes, para a comprensión e a análise da realidade, a fixación e o desenvolvemento do pensamento e a regulación da propia actividade.

Basicamente, os principios metodolóxicos que fundamentan o noso proxecto son os seguintes: 

O ensino-aprendizaxe da lingua é comunicación. O noso fin último é o desenvolvemento da comprensión e a expresión oral. 2


Édelingua: principios didácticos

O ensino da lingua implica o tratamento case exclusivo da competencia lingüística aplicada á expresión oral. A área debe proporcionar coñecementos sobre a propia lingua, pero na medida en que sexas necesarios para se expresar oralmente.  O ensino da lingua debe fomentar a creatividade. Existe unha estreita relación entre o cultivo da imaxinación e a creatividade e a aprendizaxe da Lingua. A resolución dos problemas que presenta a comunicación esixe estratexias de creatividade.  O ensino da lingua debe adecuarse ao suxeito da aprendizaxe. A metodoloxía debe axustarse ao desenvolvemento socio-afectivo, persoal e cognitivo do alumnado. Así, deberemos ter en conta os coñecementos e as destrezas que é quen de adquirir conforme á súa idade e á proximidade e interese temático dos contidos cos que han de exercitar as destrezas comunicativas.  O ensino da lingua debe fomentar o hábito de ler e o goce como lector. O coñecemento, dominio e adquisición da lingua atopa na lectura é un dos seus mellores instrumentos. Así é necesario animar e predispoñer o alumnado cara á lectura, adestrándoo na técnica lectora, e sobre todo transmitíndolle o gusto polo acto de ler.

Tendo en conta as características da materia, o alumnado a quen van dirixidas as unidades didácticas así como os principios metodolóxicos dos que partimos, queremos que o alumnado acade os seguintes obxectivos xerais: • Valorar a lingua galega como propia de Galicia. • Comprender diferentes tipos de mensaxes orais, analizando e valorando o seu uso nos diferentes contextos e situacións. • Expresarse oralmente con coherencia, corrección, creatividade e adecuación ás súas necesidades comunicativas. • Coñecer e reflexionar sobre as condicións de produción e recepción das mensaxes en contextos sociais de comunicación, co fin de desenvolver a capacidade para regular as propias producións lingüísticas. • Utilizar harmonicamente todos os recursos expresivos, tanto lingüísticos como non lingüísticos, na comunicación directa con outras persoas. • Utilizar a linguaxe oral como instrumento para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo. • Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, valorando a lectura como fonte de pracer, ampliación de experiencias, coñecemento do patrimonio cultural e como estímulo para unha práctica literaria propia. • Analizar e xulgar fundada e criticamente os diferentes usos sociais das linguas, evitando os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos (clasistas, sexistas, racistas...), mediante o recoñecemento do posible contido ideolóxico da linguaxe. 3


Édelingua: principios didácticos

Os contidos a desenvolver son os mínimos necesarios para dotar o alumnado de competencia lingüística en galego, prestando especial atención á expresión oral e á comprensión lectora nunha primeira fase. Queremos desenvolver especialmente contidos funcionais que se refiren a actividades cotiás como:                 

Saudar e despedirse. Dar e pedir información sobre as persoas. Expresar agradecemento. Dar e pedir información sobre as actividades de aula. Preguntar e dicir qué fai alguén. Describir accións e actividades habituais. Describir e situar obxectos. Indicar cómo se chega a un sitio. Dar e solicitar información sobre a distancia e o tempo, sobre os medios de transporte, sobre comidas e bebidas… Dar instrucións, facer plans ou suxestións. Dar información sobre o tempo atmosférico. Expresar o estado físico e anímico das persoas. Describir unha doenza. Pedir e dar argumentos. Expresar aprobación e desaprobación. Expresar a opinión sobre un tema de actualidade. Relatar experiencias persoais.

A seguir indicamos unha sinxela relación dos contidos lingüísticos que estarán na base do noso proxecto, aínda que o que elaboramos é un proxecto natural de inmersión lingüística centrado na oralidade. 1.- Fonética. O alfabeto galego. Nomes das letras. Fonemas vocálicos. Abertos e pechados. Ditongos e tritongos. Fonemas consonánticos. A ortografía. Grafemas. O acento. Signos de puntuación: a diérese, o guión. 2.- O substantivo. O xénero e a formación do feminino. O número. Singular e plural. A formación do plural. 3.- O adxectivo. Xénero e número. Gradación do adxectivo: igualdade, inferioridade e superioridade. Posición.

4


Édelingua: principios didácticos

4.- O artigo. O artigo determinado. Contraccións. O artigo indeterminado. Contraccións. Usos principais. 5.- O pronome persoal. Formas tónicas e átonas. Concorrencia das formas átonas. 6.- O demostrativo. Formas. Masculino, feminino e neutro. Contraccións coas preposicións. Usos e valores especiais. 7.- O posesivo. Formas. Posesivo precedido do artigo. Posición. 8.- Os indefinidos e numerais. 9.- Relativos, interrogativos e exclamativos. 10.- O verbo. Conxugación dos verbos regulares. 11.- O adverbio. A afirmación, a negación e a dúbida. 12.- A preposición. As actividades a deseñar están centradas na expresión oral e consisten en conversas sobre núcleos temáticos determinados con anterioridade para poder experimentar na práctica o léxico e as estruturas gramaticais estudadas. Valémonos ademais dunha escolla de material audiovisual e de textos literarios feita polo miúdo e tendo en conta os intereses reais do alumnado. Co modelo de Proposta Didáctica que presentamos, pretendemos achegarlle ao profesorado un desenvolvemento práctico e documentado, que poderá utilizarse pola comunidade educativa como un conxunto de liñas mestras, e ser adaptado, simplificado ou enriquecido segundo o seu propio modelo educativo. Cada unidade didáctica está estruturada en doce páxinas: 1. Presentación da unidade: O título determina o centro de interese que nos servirá de base para o tratamento oral. Inclúe os contidos a desenvolver en cada apartado. 2 e 3. Falamos: Estratexias e propostas para traballar a expresión oral. 4 e 5. Lemos: Lectura e comprensión lectora.

5


Édelingua: principios didácticos

6 e 7. Aprendemos palabras: Campos semánticos relacionados co centro de interese. 8 e 9. Recantos: Contidos mínimos sobre gramática, ortografía… Están consideradas estas páxinas como un pequeno apéndice gramatical de consulta básica. 10 e 11. Coñecemos Galicia: Achegamento a Galicia, a súa historia, o seu territorio, as súas festas tradicionais… 12. Fiando na rede: Propostas de investigación na rede e proposta de memorización e recitado de poemas.

UNIDADES DIDÁCTICAS

UNIDADE 1: Chegamos a Galicia FALAMOS Fórmulas de presentación. Saudar e despedirnos. Indicación da nosa orixe. Os sons da lingua galega. APRENDEMOS PALABRAS Os espazos do noso instituto. Obxectos e materiais da aula. LEMOS O sistema educativo galego RECANTOS As letras do abecedario galego Os números até mil. Fórmulas de tratamento. Verbos: ser, estar, ter, chamar( se)

APRENDEMOS PALABRAS A vila A familia LEMOS A descansar RECANTOS O artigo. Os verbos ir e dicir COÑECEMOS GALICIA Os nosos devanceiros FIANDO NA REDE Romance de don Gaiferos, Anónimo

COÑECEMOS GALICIA Situación. A paisaxe. O idioma. Lugares para ver… FIANDO NA REDE Galicia, Manuel María

UNIDADE 2: Sada, un lugar para vivir

UNIDADE 3: Como somos

FALAMOS Sada, un lugar para vivir

FALAMOS Como somos 6


Édelingua: principios didácticos

APRENDEMOS PALABRAS O corpo humano Vestiario e complementos LEMOS Sabela, Afonso D. Rodríguez Castelao RECANTOS O adxectivo cualificativo O verbo ter COÑECEMOS GALICIA As Mariñas FIANDO NA REDE Irmáus, Celso Emilio Ferreiro

UNIDADE 4: Imos ao centro comercial FALAMOS Imos ao centro comercial APRENDEMOS PALABRAS O centro comercial Medios de transporte LEMOS Mecanoscrito da segunda orixe, Manuel de Pedrolo

LEMOS Xea sobre mollado, chove decontado RECANTOS Os posesivos. Os verbos da 1ª conxugación COÑECEMOS GALICIA Espazos naturais FIANDO NA REDE Lela, Alfonso Rodríguez Castelao

UNIDADE 6: Compramos e cociñamos FALAMOS Compramos e cociñamos APRENDEMOS PALABRAS O mercado de abastos A cociña e as comidas LEMOS Sabela, Afonso D. Rodríguez Castelao RECANTOS Os demostrativos Os verbos da 2ª conxugación

RECANTOS Os substantivos Os verbos haber e facer

COÑECEMOS GALICIA As festas tradicionais

COÑECEMOS GALICIA As cidades galegas

FIANDO NA REDE A xustiza pola man, Rosalía de Castro

FIANDO NA REDE No niño novo do vento, Álvaro Cunqueiro

UNIDADE 5: Imos de fin de semana FALAMOS Planificamos a fin de semana APRENDEMOS PALABRAS O tempo meteorolóxico. A natureza. 7


Édelingua: principios didácticos

DEPARTAMENTO DIDÁCTICO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

www.edelingua.blogspot.com CFR DA CORUÑA.

8


ÉDELINGUA: PRINCIPIOS DIDÁCTICOS