Page 1

ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA

SITUACIÓN DA LINGUA GALEGA NO IES ISAAC DÍAZ PARDO. SADA (A CORUÑA)

ESTUDO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 4ºA ESO.

CURSO 2012/13


Situación da lingua galega no IES Isaac Díaz Pardo. Sada, outubro de 2012.

No mes de outubro de 2012 aplicámoslles a 67 alumnos e alumnas do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, con idades comprendidas entre os 11 e os 17 anos, o modelo de enquisa "Análise sociolingüística" para obtermos datos actualizados referentes á situación da lingua galega no noso centro educativo. A priori consideramos os datos máis relevantes aqueles que fan referencia á lingua inicial ou materna do alumnado e a súa posible relación co lugar de nacemento, á lingua habitual nas diferentes situacións comunicativas, á competencia lingüística do alumnado e tamén aqueles que nos proporcionen datos sobre as actitudes cara á lingua. Actitudes que en certa medida poderán explicar por que razóns os individuos aínda tendo competencia lingüística en lingua galega non fan uso dela habitualmente. Ademais, deste xeito poderemos comprobar se a pretendida normalización lingüística se está a levar a cabo ou non. En calquera caso pretendemos obter datos para tirar conclusións que nos expliquen a situación da lingua galega no noso centro. O hábitat adoita ser un factor importante na determinación da lingua inicial. No Mapa Sociolingüístico de Galicia (RAG, 1992) demóstrase que canto máis urbano é o hábitat, máis predomina o castelán como lingua inicial ou materna. Pola contra, canto máis rural, máis presenza de galegofalantes iniciais. No caso das vilas, como é neste caso Sada, o lugar de nacemento da maior parte dos entrevistados, a incidencia de bilingües iniciais debería ser maior que en calquera outro ámbito.

LUGAR DE NACEMENTO 17%

22%

0%

61%

urbano

rural

vilas

fóra Galicia

Gráfico 1: Lugar de nacemento dos entrevistados.

Tendo en conta estes datos, é probable que a presenza do bilingüismo inicial sexa destacable, xa que o 61 % do alumnado procede de vilas. O feito de que ningún dos entrevistados proceda do hábitat rural, sen dúbida condicionará a pouca presenza de monolingües iniciais en galego.


Situación da lingua galega no IES Isaac Díaz Pardo. Sada, outubro de 2012.

Entendemos por lingua inicial ou materna aquela que o individuo aprende a falar. É a que os pais/nais lles transmiten aos seus fillos/as cando estes aprenden a falar. Un dos factores determinantes no descenso do uso da lingua galega está precisamente na perda do galego como lingua materna.

LINGUA INICIAL OU MATERNA 3% 4%

93%

GALEGO

CASTELÁN

OUTRAS

Gráfico 2: Lingua inicial ou materna dos entrevistados.

O dato máis relevante é que o 93% do alumnado ten o castelán como lingua inicial. A porcentaxe de galegofalantes iniciais é case idéntica a aqueles que aprenderon outras linguas diferentes do galego e do castelán, e que se debe á presenza de inmigrantes ou emigrantes retornados procedentes de países de lingua inglesa e francesa. Chama tamén a atención a non presenza de bilingües iniciais, malia que máis do 60% proceden de Sada ou doutras vilas cualificadas do mesmo sector.

Onde aprendeu a falar? 3% 34%

63%

FAMILIA

ESCOLA

PERSOAS PRÓXIMAS

Gráfico 3: Onde aprendeu a falar?


Situación da lingua galega no IES Isaac Díaz Pardo. Sada, outubro de 2012.

A escola é o medio maioritario de transmisión da lingua galega. A familia perdeu o papel de transmisor do galego, aínda que un 34% dos entrevistados manifesta que aprendeu a falar galego coa familia. En calquera caso, o papel que a familia xoga na transmisión e usos lingüísticos é determinante. A lingua habitual é a lingua que se emprega a cotío nas diferentes relacións comunicativas e nos distintos ámbitos. Os últimos datos achegados polo Instituto de Estatística de Galicia indican, xa que logo, unha diminución xeral no uso do galego, pese a que o galego, en termos absolutos, segue a ser a lingua máis utilizada no conxunto de Galicia. Tamén é certo que os monolingües en galego diminúen coa idade.

LINGUA HABITUAL 100

10

1 AVÓS

GALEGO

PAIS

MÁIS GALEGO

AMIGOS

AS DÚAS

COMPAÑEIROS

MÁIS CASTELÁN

PROFESORES

CASTELÁN

OUTRA

Gráfico 4: Lingua habitual do alumnado.

O castelán é a lingua habitual na gran maioría dos alumnos/as en todos os ámbitos comunicativos. A presenza do valor "só en galego" percíbese unicamente nas relacións cos avós e co profesorado no instituto. Por outra banda, é moi significativo o feito da nula presenza do galego nas relacións cos amigos e cos compañeiros. No caso do profesorado malia a presenza de só galego ou máis galego, os valores máis repetidos son o de “máis castelán” e “só castelán”.


Situación da lingua galega no IES Isaac Díaz Pardo. Sada, outubro de 2012.

Como demostran os datos, o galego como lingua habitual é practicamente inexistente nos contextos comunicativos nos cales os entrevistados non coñecen os seus interlocutores. Cando se dirixen a alguén que non coñecen (emisor), algo máis do 95% utilizan o castelán. No caso de que alguén se dirixa a eles en lingua galega algo máis do 77% respondería en galego. Se a lingua na que se dirixen a eles é o castelán, todos, sen excepción, contestarían en castelán.

Lingua habitual 100 80

67

64 52

60 40 20

15 3

0

0 emisor

receptor galego galego

receptor castelán

castelán

Gráfico 5: Que lingua utilizas cando te dirixes a alguén que non coñeces?

Contando os valores “galego” e “as dúas”, soamente un 10% do alumnado aprendeu a ler e escribir en lingua galega. As escolas de educación infantil e primaria, neste caso, non se significan por ser un elemento de normalización lingüística xa que a lingua de aprendizaxe da lectoescritura é maioritariamente o castelán.

Lingua na que aprendeu a ler e escribir 1% 6% 3%

90%

GALEGO

CASTELÁN

AS DÚAS

OUTRA

Gráfico 6: Lingua na que aprendiches a ler e escribir?


Situación da lingua galega no IES Isaac Díaz Pardo. Sada, outubro de 2012.

Esta circunstancia vai ter especial relevancia xa que practicamente a totalidade dos entrevistados len e escriben habitualmente en castelán. Por outra banda, se analizamos a lingua habitual dos pais/nais, observamos que a pesar de que en 3 casos son galegofalantes habituais entre eles, mudan a súa lingua para se dirixiren aos seus fillos/as nun caso.

Lingua en que falan os pais entre si 100 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0 PAI GALEGO

NAI CASTELÁN

NAS DÚAS

OUTRA

Gráfico 7: Lingua habitual dos pais/nais.

Aínda que o predominio do castelán como lingua habitual dos pais/nais é evidente, a porcentaxe de pais que utilizan o galego para as súas relacións persoais é dun 24% no caso dos pais, mentres que no caso das nais baixa ata un 8%. Esa porcentaxe baixa ata un 19% cando os pais se dirixen aos seus fillos. A Competencia lingüística vén determinada polas destrezas de entender, falar, ler e escribir. Interésanos saber cal é a percepción que os alumnos teñen da súa competencia lingüística tanto en galego como en castelán. Traduciremos os datos obtidos a un valor numérico nunha escala de 0 a 10, como nas cualificacións académicas, para comprobarmos que nota se poñen.


Situación da lingua galega no IES Isaac Díaz Pardo. Sada, outubro de 2012.

Competencia en galego 35 30 MOITO

25

BASTANTE

20

REGULAR

15

POUCO

10

NADA

5 0 ENTENDER

FALAR

ESCRIBIR

LER

Gráfico 8: Competencia lingüística do alumnado en lingua galega.

Tendo en conta as catro destrezas básicas (entender, falar, escribir, ler) que determinan o nivel de competencia lingüística, o alumnado considérase máis competente no uso do castelán que no uso do galego. Obviamente o nivel de competencia diminúe na escrita e na lectura. Todos e todas manifestan entender e saber falar en galego, porén esa competencia lingüística non se traduce en galegofalantes habituais. En galego a media situaría as súas destrezas básicas no nivel “bastante”. En castelán en “moito”. En galego o valor "regular" é significativo, mentres que en castelán ningún alumno/a se situaría no valor "regular". A percepción que os alumnos e alumnas teñen é de que acadan máis competencia lingüística en castelán ca en galego. Nunha cualificación numérica de 0 a 10 as notas medias que eles se outorgarían serían: castelán:9,35 ; galego:7,50.

Competencia en castelán 60 50

MOITO 40

BASTANTE

30

REGULAR

20

POUCO NADA

10 0 ENTENDER

FALAR

ESCRIBIR

LER

Gráfico 9: Competencia lingüística do alumnado en lingua castelá.


Situación da lingua galega no IES Isaac Díaz Pardo. Sada, outubro de 2012.

É lóxica esta percepción xa que está relacionada directamente coas porcentaxes evidenciadas pola lingua habitual, claramente favorables para o castelán. Por outra banda, preto do 97% dos entrevistados manifesta que se sente máis seguro en castelán cando falan e cando escriben. A competencia lingüística en calquera lingua acádase polo seu uso nos diferentes ámbitos e situacións comunicativas. Deberemos ter en conta ademais cales son as razóns polas que un individuo, aínda tendo competencia nunha lingua, non a usa. As actitudes cara a unha lingua son fundamentais á hora de utilizala ou non. No caso da lingua galega a existencia de prexuízos individuais e sociais determina que moitos posibles falantes non cheguen a facer efectiva a súa competencia. Calquera plan de actuación para a normalización lingüística que leve consigo o medre progresivo do uso da lingua propia ten que incluír necesariamente estratexias para vencer e superar vellos e novos prexuízos lingüísticos. Por veces tense manifestado que a presenza da lingua galega no ensino debería limitarse ao seu estudo específico e non utilizalo como lingua vehicular doutras materias alegando que son os propios alumnos/as os que o demandan. Está claro que para acadar a competencia lingüística nunha lingua non é suficiente co seu estudo senón que se deben ampliar progresivamente os seus ámbitos de utilización. A partir dos mínimos fixados pola lexislación educativa e tendo en conta o obxectivo final da educación en canto a lograr a mesma competencia lingüística nas dúas linguas oficiais de Galicia, o número de materias que se imparten en lingua galega debe medrar e así compensar unha situación claramente desfavorable para o galego. O 82% dos entrevistados están de acordo en que o obxectivo a perseguir debe ser acadar a competencia lingüística en galego en igualdade co castelán. O 67% manifestan que esa “igualdade” non se está a conseguir e que acadan máis competencia lingüística en castelán ca en galego. As linguas están por riba dos argumentos prácticos e mesmamente do número de falantes que posúan, ou da súa utilidade para se relacionar comercial ou persoalmente con falantes doutros lugares do mundo. Á marxe deses aspectos está a identidade dun pobo, a peculiaridade que nos pode definir, nunca para arredarnos do mundo, senón todo o contrario, para que dende a nosa orixinalidade poidamos ofrecerlles aos demais o mellor de nós mesmos, e connosco, a nosa lingua propia, o galego. O 51% dos entrevistados consideran que a lingua dos galegos é o galego e o castelán. O 46% pensan que é o galego, e un 3% o castelán.


Situación da lingua galega no IES Isaac Díaz Pardo. Sada, outubro de 2012.

Aínda que consideran que teñen a suficiente competencia lingüística en galego para utilizala como lingua vehicular en calquera ámbito, sinalan como razóns que os levan a non utilizala as seguintes:  Por costume.  Por escasa competencia.  É máis doado o castelán.  Porque aprendemos en castelán.  É máis útil falar en castelán.  Por vergoña.  Case ninguén nos fala en galego.  Os medios de comunicación falan en castelán.  Por aceptación social.  Polo que poidan pensar os demais.  Por influencia das amizades.  Por medo á discriminación ou ás burlas. Tamén son conscientes de que xorde un novo prexuízo cara aos denominados neofalantes, isto é, aqueles que se incorporan ao uso do galego por decisión propia nun momento concreto da súa vida e que non cumpren o estereotipo de galegofalante, pois non pertencen ao mundo rural nin á terceira idade. Acúsanos de falar galego porque está de moda, por necesidades académicas ou por agradar ao profesorado. Ademais o galego que empregan é cualificado de artificial. O galego convértese nunha lingua marcada social e ideoloxicamente, xa que o seu emprego funciona como indicador dunha procedencia determinada (aldea), dunha opción ideolóxica e política concreta, e mesmo dunha futura profesión relacionada coa propia lingua.

CONCLUSIÓNS  O castelán é a lingua inicial ou materna do 93% do alumnado. Tan só o 4% son bilingües iniciais en galego e castelán.  Aínda no caso de pais galegofalantes, o castelán é a lingua de transmisión e de relación pais/fillos nun 79% dos casos.  O castelán é a lingua habitual do alumnado en todos os ámbitos. A presenza do monolingüísmo galego tan só aparece cando os interlocutores son os avós, e soamente nun 10% dos entrevistados.  Consideran os alumnos e alumnas que teñen máis competencia lingüística en castelán que en galego.


Situación da lingua galega no IES Isaac Díaz Pardo. Sada, outubro de 2012.

 A competencia lingüística en lingua galega dos alumnos e alumnas non se traslada ao seu uso real. Os usos da lingua galega como lingua habitual redúcense a aqueles ámbitos académicos nos que o seu uso é obrigatorio.  Para aumentar o número de galegofalantes cómpre levar a cabo estratexias para vencer os prexuízos lingüísticos existentes en contra da lingua galega.


Situación da lingua galega no IES Isaac Díaz Pardo. Sada, outubro de 2012.

ENQUISA ANÓNIMA DIRIXIDA AO ALUMNADO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO. SADA. CURSO 2012/13 1. Idade (anos cumpridos):

2. Lugar de nacemento:

concello:

provincia:

país:

3. En que lingua aprendiches a falar?

galego

castelán

outra: (indicar)

coas persoas próximas

outros (indicar):

4. Onde aprendiches a falar galego?

na familia

na escola

5. Que lingua falas habitualmente? só galego

máis galego ca castelán

as dúas por igual

máis castelán ca galego

só castelán

Outra (indicar)

cos avós cos pais cos amigos cos compañeiros no instituto cos profesores fóra das clases 6. Cando te dirixes a alguén que non coñeces, que lingua utilizas?

galego

castelán

outra (indicar):

7. Cando alguén se dirixe a ti en galego, en que lingua contestas?

galego

castelán

outra (indicar):

8. Cando alguén se dirixe a ti en castelán, en que lingua contestas?

galego

castelán

outra (indicar):

9. As lecturas que fas habitualmente fóra do instituto están escritas maioritariamente en? galego

castelán

outra (indicar):

10. Os escritos que fas fóra do traballo escolar están maioritariamente en? galego

castelán

outra (indicar):

11. En que lingua aprendiches a ler e escribir?

galego

castelán

outra (indicar)

12. En que lingua falan os teus pais entre si? galego

pai nai

castelán

outra (indicar):


Situación da lingua galega no IES Isaac Díaz Pardo. Sada, outubro de 2012.

13. En que lingua che falan os teus pais? Pai: Nai:

galego galego

castelán castelán

outra (indicar): outra (indicar):

14. Cal é o teu dominio do galego? moito

bastante

regular

pouco

nada

bastante

regular

pouco

nada

entender falar escribir ler 15. Cal é o teu dominio do castelán? moito entender falar escribir ler 16. Pensas que saber galego… ten moita utilidade

ten pouca utilidade

non ten utilidade

17. En que lingua te sentes máis seguro?

en galego

en castelán

outra(especifica)

cando falas cando escribes 18. A Lei di que “ao remate da educación obrigatoria os alumnos/as coñecerán o galego, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán”. Paréceche que isto está ben?

si

non

19. En relación coa cuestión anterior, cres que se está a conseguir esa igualdade? si

non

20. Cal é a lingua dos galegos? galego

castelán

as dúas

21. Poderías dar, cando menos, unha razón pola que cres que os rapaces e as rapazas, aínda sabendo, non falan habitualmente en galego.

22. En que situacións da túa vida cotiá te expresas normalmente en galego?

SITUACIÓN DA LINGUA GALEGA NO IES ISAAC DÍAZ PARDO  

Análise sociolingüística do galego no instituto Isaac Díaz Pardo, de Sada. Elaborada polo alumnado de 4ºA no curso escolar 2012/2013.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you