Page 1

Historia da lingua galega A

historia da lingua galega

comeza no tempo en que os colonizadores romanos trouxeron o idioma latino ata o noroeste ibérico. (Século II a. C.) O latín superpúxose ás linguas dos habitantes prerromanos deste territorio, linguas de substrato, incorporando delas

e

léxico

procedente

experimentando

modificacións

certas

inducidas

pola

permanencia de trazos e hábitos lingüísticos

previos.

Tempo

despois, romanizado e latinizado completamente

o

territorio,

o

latín galaico veuse afectado por pobos

que,

asentándose

na

rexión, adóptano como lingua ou exercen

influencia

sobre

el,

linguas de superestrato.

Sada. Ano 2012.

1


Historia da lingua galega No esquema constitutivo

do galego

distinguimos varios estratos previos ao latín. Os substratos preindoeuropeos, situados cronoloxicamente na idade de pedra, están formados por varios grupos étnicos sucesivos: Euroafricano ou mediterráneo (10 000 a. C.). De Galicia ao norte de África. Palabras como queiroga, cosco, mata, carrasco, carqueixa, carroucho. Hispano-caucásico (terceiro milenio antes de Cristo). Na Europa meridional, dende o Atlántico ao Cáucaso. Palabras como coto, morodo, amorodo, sobaco. Tirrénico (posteriores aos anteriores). Países ribeiríos co Mediterráneo. Palabras como touza, morea, petouto,balsa, esquerdo, veiga, barro, codeso, cama, parra.

Sada. Ano 2012.

2


Historia da lingua galega A partir do primeiro milenio

a. C.

aparecen uns pobos portadores dunha lingua indoeuropea que se superpoñen, sen as facer desparecer, ás etnias anteriores. Estes substratos indoeuropeos sóense dividir en dous grupos: Preceltas (800 a. C.). Viñan do centro de Europa. Ligures, ambroilirios, protoceltas... Palabras como cabana, cabazo, cabaceira, pala, páramo... Celtas. Constitúen un conxunto de grupos tribais unidos por unha lingua e cultura comúns. Un dos máis definidos será o galaico-portugués que ocupa toda a franxa occidental dende o río Douro ao mar Cantábrico. Camisa, cervexa, braga, cabalo, camiño, billa, colmo,beizo, bugallo, cántiga, xouba, touciño, estancar, escombrar e moitos topónimos como Barallobre, Callobre, Illobre. Tamén hidrónimos como Sar, Sarela, Támega, Limia...

Sada. Ano 2012.

3


Historia da lingua galega No ano 28 a.C.

os romanos inician a

incorporación de Hispania ao mundo latino. En Galicia a romanización está marcada por tres diferentes etapas: Expedición de Décimo Xunio Bruto (137 a.C.). Entra cruzando o río Limia (identificado polos romanos co Lethes, “río do esquecemento”). Do nome do pobo Callaici derivouse o nome de Gallaecia que se aplicou a todo o territorio dende o Douro ata o Cantábrico. Expedición de Xulio César (61 a.C.). Trátase dunha expedición militar por vía marítima que chega ata Brigantium (Betanzos). Non chega a someter e pacificar totalmente Gallaecia. Campaña do emperador Octavio Auguto (29-19 a.C.). A conquista definitiva levou consigo un incremento notable da presenza de Roma e da súa cultura. Con ela impúxose tamén o vehículo que lle servía de canle: o latín, lingua oficial do Imperio, escrita e unificada, ensinada na escola e difundida pola Igrexa a través do culto e a oración. O latín da Gallaecia revela unha identidade propia que o diferencia do latín hispánico común.

Sada. Ano 2012.

4


Historia da lingua galega Desaparecido o Imperio romano

e coas achegas

lingüísticas dos xermanos e árabes vaise ir configurando unha evolución do latín cada vez máis diferenciado nas distintas rexións de Hispania que o levará a desembocar nas primitivas formas romances. Os suevos aséntanse en Galicia e fundan un reino que durou ata o 585. A súa influencia lingüística foi moi reducida xa que se limitou a voces como laverca, feltro... Dos visigodos conservamos agasallar, estaca, roupa, rico, roca, garbo.... Tamén son de procedencia xermánica os topónimos rematados en –riz, Allariz, Mondariz, Guitiriz... No ano 711 os árabes desembarcaron en Xibraltar e en pouco tempo apoderáronse do reino visigodo, mais en Galicia a súa presenza foi imperceptible. Son de procedencia árabe algúns topónimos como A Mezquita, Sada, Rábade, Almuíña... Palabras de procedencia árabe son: alcalde, algodón, alfoz, arroz, alfinete, alcatrán, álxebra... Sada. Ano 2012.

5


Historia da lingua galega Dende o século IX a lingua falada

no extremo

noroccidental da Península estaba tan diferenciada do latín que podemos considerar a existencia de dúas linguas: latín e galego. O latín continúa a ser a lingua de cultura dos documentos legais, da liturxia e do ensino en toda a Europa medieval. O documento literario en galego máis antigo dos coñecidos na actualidade é a cantiga satírica Ora faz ost’o senhor de Navarra de Joam Soares de Pavia, escrita contra o ano 1200. Dos comezos do século XIII datan os primeiros documentos non literarios en Galicia, a Noticia de Torto (1211) e o Testamento de Afonso II de Portugal (1214). No século XIII, o galego é a lingua exclusiva no uso oral e cooficial xunto co latín nos documentos notariais, bandos, preitos, etc., aínda que o latín segue a ser a lingua universal de cultura.

Sada. Ano 2012.

6


Historia da lingua galega O galego convértese na lingua da lírica en toda a Península. Debemos falar de lírica galego-portuguesa, xa que ata mediados do século XIV as dúas linguas forman un tronco común. O galego atinxe agora o rango de lingua internacional, xa que está presente tanto na obra de literatos de diversos países como en diferentes cortes reais e señoriais. As Cantigas de Santa María, compostas na corte de Afonso X o Sabio, son claro exemplo do prestixio do idioma galego como lingua literaria a finais do século XIII. Nos séculos XIV e XV os temas de maior difusión na Europa medieval recóllense en lingua galega: Historia Troiana, Crónica Troiana, Miragres de Santiago, Crónica Xeral Galega, Crónica Galega e Crónica de Santa María de Iria constitúense en exemplos da prosa literaria. Sada. Ano 2012.

7


Historia da lingua galega Ao remate desta etapa o idioma

e a literatura

galega entran nun período de decadencia que é coñecido como Séculos Escuros. O proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade impiden a consolidación do galego como lingua literaria. A necesidade de uniformización lingüística como factor de cohesión da nova estrutura política caracterizada polo centralismo e o concepto de Estado Nacional vai ser determinante neste longo período de tres séculos (XV, XVI e XVII). O galego pasou a ser de uso exclusivamente oral e coloquial, desaparecendo por completo o uso escrito no século XVI. Como consecuencias desta situación producirase unha progresiva fragmentación dialectal do idioma, unha evolución fonética que o afastará cada vez máis do portugués, a ruralización e castelanización do léxico e, sobre todo, o sentimento de inferioridade dos propios falantes, ao sentilo como lingua incapaz de asumir funcións de prestixio e cultura. Sada. Ano 2012.

8


Historia da lingua galega Teremos que agardar ata o século XVIII

para

darmos cos traballos sobre o galego, fundamentalmente lexicográficos, de tres figuras: Xosé Cornide, O Padre Sobreira e Frei Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento consideraba o galego como un dialecto da lingua latina, situándoo, por tanto, nun plano de igualdade respecto do portugués, o castelán, o catalán, o provenzal, o italiano, o siciliano ou o francés. Frei Juan Sobreira Salgado deixou unhas fichas nas que anotou unha considerable cantidade de voces do seu tempo, refráns e frases proverbiais, coplas populares e mesmo informacións sobre algúns fenómenos lingüísticos de diverso tipo. As fontes que José Cornide utilizou para o seu Catálogo de palabras gallegas foron os propios galegos do seu tempo, de quen tomou palabras designativas dos máis variados elementos da flora e a fauna de Galicia, dos labores e aparellos agrícolas, mariñeiros e artesanais, cancións, refráns, xogos, oficios, costumes… Sada. Ano 2012.

9


Historia da lingua galega Durante o século XIX prodúcese un incremento no ritmo e na intensidade do proceso de castelanización da sociedade galega. Con todo, a aparición do Rexurdimento literario trae consigo a recuperación da escrita literaria e a aparición dun movemento ideolóxico que defende e reivindica os trazos característicos e colectivos de Galicia. Na década de 1830 o Estado Liberal realiza unha nova estruturación administrativa e territorial do reino de Galicia e provoca a aparición do Provincialismo, o primeiro paso cara a unha toma de conciencia política de carácter galeguista. En 1861 convócase na Coruña un concurso poético, Os Xogos Florais. Cos poemas galardoados e con outros poemas dos “vates galegos contemporáneos” publicarase o ano seguinte a primeira escolma poética galega moderna, El Álbum de la Caridad. A partir de 1889, o galeguismo vive unha segunda xeira coñecida como Rexionalismo, movemento herdeiro do Provincialismo e que ten como figuras máis importantes a Alfredo Brañas e a Manuel Murguía.

Sada. Ano 2012.

10


Historia da lingua galega Cantares gallegos (1863) de Rosalía de Castro, primeiro libro monolingüe galego, é o evento que marca o inicio do Rexurdimento pleno das nosas letras. No 1880 publícanse, entre outras obras, Follas Novas (Rosalía), Aires da Miña Terra (Curros), Maxina ou a filla espúrea (Marcial Valladares), e teatro, novela e prosa didáctica van aparecendo paulatinamente en galego. Publícanse as primeiras gramáticas e aparecen os primeiros dicionarios. Xorde a prensa en galego coa publicación en Ourense entre 1876 e 1890 o quincenario O Tío Marcos da Portela, dirixido por Valentín Lamas Carvajal. Nace tamén a primeira editorial galega Biblioteca Gallega (1885) da man de Martínez Salazar. O galego característico deste período está fortemente influído polo galego oral, con todas as súas eivas (castelanismos, vulgarismos, dialectalismos…) Será a principios do século XX cando os escritores sentirán a necesidade de crear un modelo de lingua escrita. Sada. Ano 2012.

11


Historia da lingua galega Logo da fundación da Real Academia Galega (1906), a aparición das Irmandades da Fala en 1916 vai producir un salto cualitativo no emprego do idioma, factor que vai ser determinante na busca da identidade colectiva. O galego vai ser utilizado en actos públicos, no xornalismo, no ensaio político, no texto científico… As Irmandades da Fala dótanse dun órgano de expresión totalmente en galego: o decenario A Nosa Terra. En 1920 xorde en Ourense a revista Nós, que pretende servir de canle de expresión para a posta ao día e potenciación da cultura galega ata entón moi localista e excesivamente marcada pola lírica, o ruralismo e o costumismo. No terreo da ampliación e potenciación da lingua na prosa científica e técnica ten unha importancia considerable o Seminario de Estudos Galegos (1923) que desenvolverá toda a súa actividade en lingua galega. Foi creado por un grupo de universitarios desexosos de se dotaren dunha institución que fixese posible o estudo de Galicia con rigor e disciplina científica. Sada. Ano 2012.

12


Historia da lingua galega Coa instauración da República

(1931), o galeguismo

vai recuperar protagonismo social. En decembro de 1931 créase en Pontevedra o Partido Galeguista, gran artífice do Estatuto de Autonomía de 1936. O galego será recoñecido como lingua cooficial xunto co castelán na Administración e se introduciría o seu estudo no sistema educativo. Por vez primeira, despois de catro séculos, o galego parecía recuperar algunhas cotas de oficialidade. Os escritores do primeiro terzo do s.XX caracterízanse por superar o dialectalismo ou interdialectalismo do período anterior a favor dun supradialectalismo. A tarefa principal é a purificación do idioma eliminando os castelanismos. Neste proceso vanse adoptar solucións tiradas da tradición literaria e outras tomadas do portugués, o cal dará orixe a numerosos arcaísmos e lusismos. Por outra banda a busca da pureza idiomática provocarán o hipergaleguismo e a pseudoevolución, configurando así un galego afastado da práctica falada normal. Sada. Ano 2012.

13


Historia da lingua galega A partir de 1939, finalizada a guerra civil, iníciase en Galicia un dilatado período de interrupción das actividades culturais e lingüísticas específicas. A Igrexa, a escola, a Administración pública, os medios de comunicación… van empregar exclusivamente o castelán. Galicia mergúllase nun silencio profundo. Entre 1936 e 1950 a penas se publican libros en galego dentro de Galicia. O galego cede a súa palabra á Galicia Americana: editoriais (Galicia, Nova, Citania) reedicións e edicións de libros, conferencias, programas de radio, publicacións periódicas, representacións teatrais, actos cívicos… converten a Bos Aires na capital cultural e espiritual de Galicia. En torno a 1950 maniféstanse síntomas de recuperación cultural que callarán na fundación da editorial Galaxia. Quixo servir de enlace entre as xeracións anteriores á guerra e as novas promocións para espertar nelas a conciencia galeguista e facer presente, no país e fóra do país, a existencia afirmativa da personalidade de Galicia como pobo. Ademais de editar e reeditar poesía, contos e re latos breves, promociona a narrativa, o ensaio e a prosa científica nun intento de estender o galego a campos nos que aínda estaba pouco implantado. Sada. Ano 2012.

14


Historia da lingua galega Especialmente

nos

anos

sesenta

aparecen

institucións e asociación culturais que se empeñan no traballo de recuperación lingüística e cultural, de afirmación da personalidade nacional e de resistencia ideolóxica fronte ao franquismo. Durante os anos sesenta o estudo do noso idioma debeuse en grande medida á Universidade de Santiago de Compostela, na que dende 1965 se deron cursos de lingua e literatura galegas. En 1970 a Real Academia Galega (RAG) publicou as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego. A creación do Instituto da Lingua Galega en 1971, a dotación da cátedra de lingua e literatura galegas en 1972 e a constitución do Departamento de Lingüística e Literatura Galegas supuxeron pasos sólidos no camiño de creación dunha lingua escrita estándar. A Gramática elemental del gallego común (1966), de Ricardo Carballo Calero, e mais os métodos de aprendizaxe do Instituto da Lingua Galega: Galego 1, 2 e 3, serán dúas obras de notable incidencia no proceso de corrección do galego escrito da época. Sada. Ano 2012.

15


Historia da lingua galega Morto Franco (1975) e instaurada unha democracia parlamentaria (Constitución de 1978), Galicia dótase dun Estatuto de Autonomía (1980) e de institucións propias (Parlamento, Xunta de Galicia). A situación do idioma vai estar a partir de aí definida polo marco xurídico-legal que emana da Constitución, do Estatuto e das Leis do Parlamento de Galicia. O galego pasa a ser recoñecida como a lingua propia de Galicia e a ser oficial en Galicia xunto co castelán. O galego incorpórase ás máis variadas funcións: xornais e revistas, ao ensino, á radio e televisión, ao libro didáctico. É unha lingua empregada na universidade, na Administración pública, na Igrexa, na publicidade… En 1980, a Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia nomea unha comisión de lingüística encargada de elaborar unhas normas ortográficas destinadas a uso interno da Xunta e para empregar en todas as publicacións que dependesen dela. O resultado foron as Normas Ortográficas do Idioma Galego (1980) nas que se manifestaban de modo claro as dúas posturas normativizadoras entre as que se movía o galego: a independentista e a reintegracionista. Sada. Ano 2012.

16


Historia da lingua galega En 1982, o Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega elaboraron unhas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego que a Xunta de Galicia adoptou como oficiais a través do Decreto 173/1982, de 17 de novembro. A aceptación desta normativa non foi unánime e existe unha oposición que se traduce na aparición doutros sistemas ortográficos e morfolóxicos de carácter reintegracionista que van dende unha aproximación graduada ata a integración plena no sistema ortográfico do portugués. En 1983 aprobouse a Lei de normalización lingüística e en 1984 constituíuse a Radio e Televisión de Galicia. No ano 2003 a Real Academia Galega introduciu certos cambios na Normativa do Idioma Galego e semella que na actualidade non son tan evidentes as disputas normativas. Malia a acción normalizadora e dos usos rituais e institucionais do galego, os avances no uso social do galego non son tan notorios, nin sequera no detemento do proceso de substitución lingüística que se vén dando en Galicia nas últimas décadas. Sada. Ano 2012.

17

HISTORIA BÁSICA DA LINGUA GALEGA  

Un resumo ilustrado da historia da lingua galega en 2.500 palabras.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you