Page 1

ESQUEMA BÁSICO DA LITERATURA GALEGA Xosé Anxo Seoane Cao

Como en todo acto de comunicación, existe unha estreita relación entre a mensaxe literaria e o contexto en que xorde. Na nosa literatura o condicionamento da sociedade é importantísimo. Dada a situación de opresión padecida por Galicia e a súa lingua, e a identificación entre esta lingua e as clases populares, a simple opción lingüística está ateigada de significación, pois pode responder a unha postura ideolóxica de quen a emprega. Por iso é tan frecuente a literatura “comprometida” na historia da literatura galega.

O NACEMENTO:

A LÍRICA MEDIEVAL (finais do S. XII- S. XV)

Logo da formación no noroeste peninsular dunha lingua romance diferenciada aparece a literatura galega escrita a finais do século XII. Na baixa idade media non se distingue da portuguesa, aínda que Portugal era un reino independente e en expansión cara ao sur.

CANTIGAS DE AMIGO

CANTIGAS DE AMOR

CANTIGAS DE SANTA MARÍA

CANTIGAS DE ESCARNIO E DE MALDICIR

A PROSA MEDIEVAL (S. XIII- S. XV)

O latín foi substituído polo castelán. Galicia, dependente primeiro da monarquía astur-leonesa e logo da castelá, non dispuxo dunha corte nin duns monarcas que ordenaran aos seus escribáns a substitución do latín polo romance, contribuíndo á fixación da lingua, como aconteceu en Castela ou en Portugal.

CICLO BRETÓN:

CICLO CLÁSICO:

CICLO CAROLINXIO:

lenda de Artur, lenda de Tristán e Isolda, lenda do Graal

lendas sobre o asedio e destrución de Troia

Os Miragres de Santiago

OS SÉCULOS ESCUROS (S. XV- S. XVIII) A partir do século XV a literatura galega queda reducida practicamente á expresión oral. Son escasísimas as mostras literarias en lingua galega. O galegoportugués evoluciona durante estes séculos dun modo diferente en Galicia e Portugal co que as dúas linguas van afastándose progresivamente.

POESÍA POPULAR:

POESÍA ACADÉMICA:

O VILANCICO DE NADAL:

O pranto da Frouseira, O saqueo de Cangas polos turcos

Soneto de Monterrei, Exequias da raíña Margarida, Décimas ao apóstolo Santiago

Panxoliñas, cantares de Nadal, de Aninovo e de Reis…

O TEATRO: Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (Gabriel Feixoo de Araúxo)

A ILUSTRACIÓN:

S.XVIII

Frei Martín Sarmiento, Xosé Cornide e Diego Cernadas e Castro “o cura de Fruíme”.


O SÉCULO XIX

Durante case todo o século XIX ignorábase a existencia da rica literatura galega medieval, por esta razón a literatura dos primeiros escritores aparece desvinculada da tradición medieval. Recorren, polo tanto, a modelos doutras literaturas e á literatura oral popular. É admirable o labor desta xeración por ter utilizado como lingua literaria un idioma desprezado pola cultura oficial e relegado ao mundo rural e familiar.

PRERREXURDIMENTO:

REXURDIMENTO:

Na primeira metade do século XIX van aparecendo algúns autores e obras que configuran a antesala do Rexurdimento.

Non hai mellor maneira de prestixiar un idioma que a de utilizalo como vehículo dunha grande obra literaria. Iso acontece cando Rosalía rompe a cantar (1863).

TEXTOS PROPRAGANDÍSTICOS: Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento (1808). Proezas de Galicia (1810, Xosé Fernández Neira). Os rogos dun gallego establecido en Londres, dedicados aos seus paisanos para abrirles os ollos sobre certas iñorancias e o demais que verá o curioso leutor, (1813, Manuel Pardo de Andrade).

ROSALÍA DE CASTRO (1837-1885) Cantares Gallegos (1863) Follas Novas (1880) Conto galego (1923, póstuma).

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ (1851-1908)

Aires da Miña Terra (1880) O Divino Sainete (1888)

TEATRO E VILANCICOS DE NADAL: A casamenteira (1812, Antonio Benito Fandiño). Tradición dos cantos de Nadal nos seminarios de Mondoñedo e Compostela.

OS PRECURSORES: Xoán Manuel Pintos (A Gaita gallega… 1853). Francisco Añón (Xogos Florais da Coruña, 1861). Nicomedes Pastor Díaz, Alberto Camino…

EDUARDO PONDAL (1835-1917) A campana de Anllóns (1962) Queixumes dos pinos (1886) Os Eoas (inconcluso).

A PROSA DO S. XIX Marcial Valladares (Maxina ou a filla espúrea, 1880). Valentín Lamas Carvajal (O catecismo do labrego). Antonio López Ferreiro (novelas históricas).


O SÉCULO XX  

DE 1900 A 1916

Continúase coa estética decimonónica. Aparecen escritores e discursos de transición da literatura do século XIX ao XX: Antón Noriega Varela e Ramón Cabanillas.

Irmandades da Fala (1916)

DE 1916 A 1936

 

Xeración Nós (1920)

Conservatorio Nacional de Arte Galega; editoriais e revistas. Ensaio político, novela, teatro... Procura dunha lingua literaria e dunha normativa.

    

Xeración vangardista, do 22, do 25 ou novecentista

Vangardas poéticas

Prosa

Revista Nós (1920-1936). Prosa moderna galega. Otero Pedrayo, Castelao, Risco, Cuevillas... Integración da cultura galega dentro da cultura europea. Teorización do nacionalismo. Imaxinismo ou Hilozoísmo: Luís Amado Carballo. Neotrobadorismo: Fermín Bouza Brei, Álvaro Cunqueiro. Creacionismo: Manuel Antonio.

Rafael Dieste González.

O SILENCIO PROFUNDO (1936-1950)

NARRATIVA DE POSGUERRA

A crónica da guerra e o tempo inmediatamente posterior

A imaxinación como fuxida

A indagación no conto popular

Crónica da guerra civil e anos posteriores: Silvio Santiago e Ramón de Valenzuela.

Literatura de evasión. Álvaro Cunqueiro.

O conto popular centra sempre o primeiro plano da actividade narradora: Ánxel Fole.

Continuadores da prosa da xeración Nós

Ricardo Carvalho Calero, Otero Pedraio...

A obra de Eduardo Blanco Amor

Novos recursos narrativos. Realismo social e compromiso. A Esmorga.

A Nova Narrativa Galega

Autores nados entre o 30 e o 40. Novidade técnica e temática: Gonzalo Mourullo, Méndez Ferrín, Carlos Casares, Camilo Suárez Llanos, María Xosé Queizán.


POESÍA DE POSGUERRA A poesía no exilio

A poesía civil, social, comprometida

A promoción de enlace

Xeración das Festas Minervais

Tres xeracións unidas nunha promoción poética que comeza a publicar a súa obra ao longo dos anos 50. Persisten ademais diversas correntes estéticas: o imaxinismo paisaxista de Aquilino Iglesia Alvariño, o neotrobadorismo con Cunqueiro, o clasicismo, o intimismo, o vitalismo existencial, o socialrealismo.

Luís Seoane, Emilio Pita, Lorenzo Varela. A corrente poética que máis éxito terá no exilio será a social realista.

É a xeración do 36. Destaca sobre todo Celso Emilio Ferreiro. Non é unha tradición nova xa que dende Curros e pasando por Cabanillas estivo presente na nosa poesía.

Son os autores nados nos anos vinte. Crecen no ambiente misérrimo da Guerra e son autodidactas. Antón Tovar, Luz Pozo, Cuña Novás.

A súa formación, a participación nas xustas poéticas, no diario compostelán La Noche e o Grupo Brais Pinto. Méndez Ferrín, Manuel María, Xohana Torres, Novoneyra.

A LITERATURA DENDE 1975 ATA HOXE

A autonomía política e as súas consecuencias institucionais e sociais fixeron deste último cuarto de século un período fecundo, incorporándose á literatura galega moitos novos autores que aportan novos acentos á poesía e ao xénero narrativo. O teatro, aínda que menos, tamén está a coñecer unha etapa de desenvolvemento. O ensaio e outras formas de prosa non narrativa tamén se están a proxectar. Quizais o aspecto máis destacable e novidoso no noso panorama literario sexa o peso acadado pola literatura destinada ao público infantil e xuvenil.

ALGÚNS NARRADORES DOS 70 Alfredo Conde, Xavier Alcalá, Paco Martín, Víctor Freixanes. ALGÚNS NARRADORES A PARTIR DOS 80 Carlos G. Reigosa, Suso de Toro, Xosé Cid Cabido, Manuel Rivas.

TEATRO

ALGÚNS POETAS DOS 70 Darío Xohán Cabana, Xesús Rábade Paredes, Helena Villar. ALGÚNS POETAS A PARTIR DOS 80 Xavier Rodríguez Baixeras, Xavier Seoane, Miguel Anxo Fernán Vello, Olga Novo.

LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

ENSAIO

Achegamento esquemático á literatura galega  

Esquemas sinxelos da historia da literatura galega. Especialmente elaborados para o alumnado de secundaria e bacharelato.

Achegamento esquemático á literatura galega  

Esquemas sinxelos da historia da literatura galega. Especialmente elaborados para o alumnado de secundaria e bacharelato.

Advertisement