Issuu on Google+

C.E.I.P. AGRO DO MUテ催前

Pテ。gina 1


BIBLIOTECA AGRO DO MUÍÑO CURSO 2011-12 ORTOÑO-AMES

C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Página 2


Queridas familias: Como xa sabedes, a nosa Biblioteca forma parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) dende o curso 2010-2011. Dentro dos obxectivos propostos para o Fomento da Lectura, a Mochila Viaxeira é unha das actividades que se manteñen dado o interese que suscita nos alumnos e familias. Esta Mochila Viaxeira é unha invitación para disfrutar dos libros en compañía, compartindo coa familia os sentimentos e sensacións que producen as lecturas que propoñemos. Os materiais incluídos están pensados para que sexan do agrado de todos vós e confiamos en que poidamos conseguir os obxectivos para os que foi deseñada esta actividade:    

Toma de conciencia da importancia que ten a familia no fomento da lectura. Coñecer e valorar os diferentes tipos de lecturas: libros de ficción, informativos, revistas… Descubrir outros xeitos de ler: a linguaxe da música, dos audiovisuais… Fomentar o hábito lector no alumnado do Centro.

Xunto cos materiais mandamos tamén o Caderno Viaxeiro para que cada familia aporte as súas impresións e suxerencias sobre a actividade, os materiais, o libro que máis lle gustou… asemade algún debuxo que ilustre unha sensación, pensamento… En fin, o que queirades. Esperamos a vosa colaboración de sempre, convencidos de que o esforzo incidirá positivamente na educación dos vosos fill@s.

Ánimo coas lecturas!!! Equipo da Biblioteca

C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Página 3


CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA 2º B      

Revista Kids. Nº 13 Cuentos para jugar: R: 1234 Unha vella e un vello… R: 2460 Run, Pumpkin, Run. R: 639 Cuentos para pensar. DVD: Ice Age. Trilogía. R: 2920

A mochila entregarase ao alumnado de E. Primaria e E. Infantil os venres na súa aula e terá que ser devolta o venres da semana seguinte á titora.

· Tódolos membros da familia se comprometen a coidar o material especialmente elixido para esta actividade.

· A familia asume que se algún documento resulta danado, estragado ou perdido, o importe deberá ser aportado pola persoa ou persoas implicadas.

· Cando o responsable do dano ou perda sexa un menor, este comprométese a realizar actividades de colaboración familiar para compensar o importe que a familia ten que satisfacer para restituír o material.

IMPORTANTE: Antes de devolver a mochila comproba que non falta ningún material

C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Página 4


C.E.I.P. AGRO DO MUテ催前

Pテ。gina 5


MOCHILAS VIAXEIRAS