Issuu on Google+

Manual Corporativo


No contexto social da sociedade da información, a Casa das Crechas afronta un reto de actualización e modernización do seu estilo, nun proxecto que abarca todos os aspectos relacionados coa comunicación, a xestión da oferta cultural e a colaboración interna. A comunicación efectiva do proxecto é unha parte substancial deste reto, xa que as audiencias de destino presentan unha gran heteroxenidade, incluíndo a traballadores propios. O establecemento dun novo estilo mediante unha Imaxe Visual Corporativa ten como obxectivo principal reforzar o papel que xoga a Casa das Crechas nos distintos ámbitos en que esta ten presenza. A imaxe debe favorecer que os distintos usuarios perciban a Casa das Crechas como unha entidade que se desenvolve na diversidade e nas novas formas de relación social na rede. Esta percepción fortalécese mediante o uso da imaxe visual en todas os soportes propios, incluíndo instalacións, publicacións, papelaría, Internet, etc. Este Manual de Imaxe Visual Corporativa foi elaborado tendo en conta todas as consideracións anteriores, e pretende servir como punto de partida para definir o estilo completo da ECasa das Crechas. Nel desenvólvense as normas xerais que afectan aos elementos principais da marca, incluíndo cores, tipografía e posibles aplicacións e variacións.


Visión Se unha referencia nos circuitos culturais alternativos e ofrecer aos nosos clientes ademáis de bebidas, ferramentas para crear unha ampla comunidade na que o debate, a creación e a liberdade sexan os eixos dunha nova andaina.

Misión Combinar as novas tecnoloxías com o trato profesional do noso personal para conquerir o entusiasmo dos nosos clientes.

Valores Experiencia, dinamismo, profesionalidade, confianza, compromiso, solidaridade, empatía, diversidade.


O Símbolo. Concepción 1

O símbolo asociado ata agora coa Casa das Crechas está formado por un elementos constitutivo que se considera fortemente representativos da empresa- dibuxo celta conforando un triskel con tres cabezas. Estos elementos se dispoñen graficamente como se mostra na figura 1. Analizando o símbolo actual, detéctanse as seguintes deficiencias: 1. 2. 3.

2

4. 5.

O símbolo está formado por liñas, cunha complexidade excesiva que dificulta a súa asimilación visual. O símbolo resulta irrecoñecible en reducións a pequena escala. A presenza do símbolo nos soportes propios da empresa é baixa, utilizándose unicamente como parte da marca Non se dispón de cores corporativos. Non existe un estudo completo de aplicación.

Diante da situación actual, proponse un redeseño do símbolo, de forma que se subsanen as deficiencias detectadas pero non se perda o concepto orixinal. Xa que logo, adóptanse as seguintes decisións: 1.

2.

Decídese manter o elemento central como elemento principal do símbolo, xa que xeometricamente ofrece un amplo abano de posibilidades e a sua imagen xa está ligada ás Crechas debido a seus anos de existencia. Elimínase o trenzado do símbolo principal debido á dificultade de reducir a súa complexidade. Non obstante, seguirá utilizándose en algunhas variacións para reforzar a asociación entre a nova imaxe e o símbolo actual, facilitando o tránsito entre ambas ás audiencias de destino.


3. Preténdese obter un símbolo cun forte valor expresivo e gran simplicidade xeométrica, facilitando a súa asimilación e o seu uso en reduccions a pequena escala. 4. O novo símbolo definirase utilizando un conxunto de cores corporativos, aínda que prevese o uso nalgunhas aplicacións de versións monocromáticas. 5. Para reforzar a asociación entre o símbolo e a entidade debe realizarse un estudo completo de aplicación, no que a xeometría do símbolo e as cores corporativos utilícense para definir a imaxe das Crechas nos seus distintos soportes propios. Por tanto utílizarase o elemento central do símbolo histórico modificando os seus trazos iniciais para dótalo de maios simplicidade. O símbolo histórico seguirá a utlizarse en elementos maiestáticos de honor da empresa.


O Logotipo. Concepción O logotipo é o elemento tipográfico que acompaña ao símbolo para formar a marca. Neste caso, a lonxitude do nome completo da empresa –Casa das Crechas–. O logotipo deseñouse buscando unha fonte semellante ao logotipo histórico, neste caso atopamos una fonte - Stonehenge regular modificada- por presentar unha gran similitude coa tipografía utilizada no logo histórico. Habitualmente utilizarase o símbolo xunto co logotipo.


Vertical

A Marca Bandeira

Con Lema

A marca é a unión do símbolo e o logotipo para completar a imaxe visual corporativa. Neste apartado se expoñerán as distintas formulacións realizadas para a marca, combinando en cada unha de elas o símbolo co logotipo.


Geneva

abcdefghijklmnopqrstuvwxyz ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ 1234567890¡!¿?.,ç&()

Gill sans light

abcdefghijklmnopqrstuvwxyz ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ 1234567890¡!¿?.,ç&() Gill sans regular

abcdefghijklmnopqrstuvwxyz ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ 1234567890¡!¿?.,ç&() Kozuka Gothic pro light

abcdefghijklmnopqrstuvwxyz ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ 1234567890¡!¿?.,ç&()

Kozuka Gothic pro regular

abcdefghijklmnopqrstuvwxyz ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ 1234567890¡!¿?.,ç&() Kozuka Gothic pro medium

abcdefghijklmnopqrstuvwxyz ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ 1234567890¡!¿?.,ç&()

Tipografía complementaria A tipografía a utilizar nos distintos documentos emitidos pola Casa das Crechas serán 3, fontes de pau seco, Geneva, Gill Sans e Kozuka Gothic , nas formas light, regular e medium. Así mesmo no lema da marca utílizarase a kozuka Gothic pro light


Pantone 368 U

C= 57% Y= 100%

R= 132 G= 184 B= 25

#84B819

web R= 153 G= 204 B= 0

#99CC00

Colores corporativos A seguir detállanse as características das cores utilizados, tanto para a súa obtención directa utilizando a táboa de cor PANTONE como para o seu proceso por cuatricomía.


Reduci贸ns O comportamento da marca en reduci贸ns pode cualificarse de excelente, xa que mant茅n a representatividade da mesma a铆nda a escalas moi reducidas.


Versións monocromáticas En determinadas ocasións, non poderá utilizarse a versión a cor damarca, recorréndose nestes casos a algunha das versións monocromáticas que se detallan a seguir. O comportamento dea marca é satisfactorio en versión monocromática, tanto en seu variante positiva como negativa.



Manual de imaxe corporativa