Seguridade Viaria

Page 42

ANEXO 1: Fichas Técnicas das accións

Obxectivo Estratéxico 1: Promover contornos urbanos seguros e mellorar o transporte público

Descrición Unha inspección de seguridade viaria urbana é un procedemento sistemático de revisión in situ dunha rúa ou do seu contorno, dirixido por un experto en seguridade viaria.

Obxectivo - Identificar aspectos perigosos, deficiencias ou carencias da rúa e o seu contorno susceptibles de desencadear un accidente, para poder adoptar as medidas máis adecuadas co fin de eliminar ou paliar eses problemas.

Responsable - Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas (D.X. de Infraestruturas).

Territorio

e

Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2011-2015

1.1. Inspeccións de seguridade viaria urbanas e plan de actuacións

Orzamento e período de execución 200.000 € no período 2011-2015.

Indicadores de seguimento - Variación da accidentalidade e das vítimas despois da inspección de seguridade viaria. - Núm. de inspeccións realizadas.

41


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.