Page 1

XEOGRAFÍA- 3º ESO- SÍNTESE DA PROGRAMACIÓN Curso 2010-11 1) OS CONTIDOS •

PRIMEI RA AVALIACIÓN

Antes de comezar será preciso adicar algunha sesión a sistematiza-los coñecementos previos que posúen os alumnos, posto que xa traballaron sobre estes temas nos dous cursos anteriores. Faremos especial fincapé nas técnicas xeográficas, para o que este departamento ten preparados uns materiais de traballo na aula que se realizará nas dúas primeiras semanas do curso.

• •

Tema 1. CAPITALISMOE GLOBALIZACIÓN Tema 2. A ORGANIZACIÓNPOLÍTICA DASSOCIEDADES

SEGUNDA AVALIACIÓN

Tema 3. PRODUCCIÓNEN SERIE,CONSUMODEMASAS

• •

Tema 4: TRABALLO,DESEMPREGOE OCIO

• •

Tema 6. EUROPAE A UNIÓN EUROPEA Tema 7. AS PAISAXESNATURAISDEESPAÑA

TERCEIRA AVALIACIÓN

• • • • •

Tema 8: O ESPAZOXEOGRÁFICOGALEGO Tema 9. POBOACIÓNE POBOAMENTOEN ESPAÑA Tema 10. A DIVERSIDADEDA ECONOMÍA ESPAÑOLA Tema 11. GALICIA, REXIÓNPERIFÉRICA Tema 12: ACTIVIDADESHUMANASE IMPACTOAMBIENTAL

Tema 5. CONTRASTESE CONFLITOSNO MUNDOACTUAL

Oscontidos comúns trátanse en tódalas unidades

2) NORMAS PARA O CADERNO 1. 2. 3. 4.

Será tipo dossier e non se admitirán follas arrancadas de libreta As follas serán con cuadrícula e iguais en tamaño Ó escribir deben deixarse os marxes precisos Portada na primeira folla. Incluirá o nome da materia e nome e curso do alumno

5.

9.

As follas deben estar paxinadas, o que se fará a medida que se precise (non antes). De ter que intercalar follas, estas levarán o número de páxina anterior e a palabra bis Cada tema comezará en folla diferente e estará encabezada polo título Ostemas inclúen: exercicios, apuntamentos ou diccionario. Estesapartados estarán claramente diferenciados. No caso dos exercicios indicarase o título e o nº de páxina, debe deixarse un pequeno espacio libre para posibles correccións entre un exercicio e outro A resolución de exercicios, apuntamentos e definicións non poden escribirse en vermello.

10.

Non se permite empregar lapis ou tippex

11.

A lingua utilizada será a galega

6. 7. 8.

3) NORMAS PARA OS TRABALLOS - Empregar sempre a lingua galega


- Escritos con procesador de textos, a máquina ou man. Neste caso coidar a caligrafía. - Xustificar os parágrafos - Deixar marxes: 3 cm arriba, 2 cm abaixo, a dereita e a esquerda - Elaborar unha portada que recolla: Título do traballo (en maiúsculas) Nome e apelidos e curso (de ser varios, irán en orde alfabética do primeiro apelido) Ano académico - Engadir unha contraportada en branco - Numerar as páxinas, comezando despois da contraportada - A primeira folla levará o índice. Incluirá os apartados e o seu número de páxina - De se incluír imaxes, han levar pé en alusión ós contidos tratados e a fonte - Non se admiten tachaduras ou tippex - Na derradeira folla, antes da contraportada, irá a bibliografía: libros, revistas, prensa,.... O xeito correcto das referencias bibliográficas é como segue: - Bibliografía de formato papel: Libros: Autor/s (separados por punto e coma) comezando polos apelidos. Título (subtítulo se o hai), sempre en cursiva. Editorial, cidade, data. Exemplo: Jakson, G. “ La República española y la guerra civil”. Editorial Crítica, Barcelona, 1976 Enciclopedias: Ó tratarse dunha colección indicaremos o número de volumes e o número do/s utilizados Exemplo: “ Historia Universal del Arte”. Volume 3. Editorial Planeta, Barcelona, 1.990.10 volumes Artigos de prensa ou revistas: Autor. Título do artigo. Titulo da publicación, páxina e data. Exemplo: Ambrós, I.. "La creación de una zona de libre cambio con EE.UU. divide a la UE". La Vanguardia, páx 10, 1995. - Bibliografía de formato dixital, sexa en liña, CD-rom ou DVD: Título. Autor. Data. De tratarse de páxina web engadiremos a dirección. Exemplo: Biblioteca Nacional. Exposicionesvirtuales. Cartografía española de los siglos XVI a XIX. <http://www.bne.es/esp/cartografia-fra.htm - Sefacemoscitas textuais, estas han ir entrecomilladas e relacionadas cunha chamada a pé de páxina por medio dun número (en superíndice 1). No pe da páxina indicamos o documento do que procede a cita, sinalando o número de páxina. - En determinadas circunstancias será posible entregar o traballo en soporte dixital (disquete, CD).

3) AVALIACIÓN

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Fixa o currículo once criterios referidos ó grao de consecución das competencias e capacidades que se desexa acaden os alumnos -é dicir, os obxectivos-, en relación cos contidos tratados. As capacidades que recollían os obxectivos son as de comprensión, aplicación, valoración e desenvolvemento que, aplicadas ós feitos xeográficos, van parellas coas de observar, comparar e interpretar. O mesmo que no caso dos obxectivos, insiste no ámbito cultural de Occidente.

PROCEDEMENTOS A avaliación, como medio de mellora da ensinanza, ten unha función reguladora, un valor formativo e de diagnóstico, non sancionador. Debeatende-los contidos a través de instrumentos variados referidos tanto ó traballo individual como de grupo. Os procedementos serán variados, sen atención exclusiva ós exames, procurando que os coñecementos do alumno poidan ser expresados con recursos variados que permitan ó profesor comprender as súas capacidades e o seu interese pola materia. Polo tanto, os procedimentos de avaliación serán os seguintes:

Observación na clase, valorando a atención, laboriosidade, iniciativa, toma de apuntes, etc.

Probas específicas. Terán un doble carácter; por unha banda potenciarán a expresión dos contidos conceptuais, pero por outra servirán para que o alumno demostre as capacidades procedimentais adquiridas no seu traballo na aula Análise das produccións dos alumnos, coa corrección do caderno de traballo diario (valorando a orde, os contidos e o esforzo persoal ) e, especialmente, coa corrección dos exercicios realizados na aula. Estes exercicios poderán ser recollidos polo profesor para a súa cualificación posterior, ampliando dese xeito os coñecementos que o mesmo poida ter sobre o alumnado Participación na resolución de problemas plantexados ó longo das clases (preguntas, corrección de exercicios, debates... )

Tódolos datos de observación así como as cualificacións das probas e as valoracións do traballo son recollidas polo profesor no seu caderno de clase. Do conxunto de datos obterémo-la cualificación de avaliación. Da valoración das tres avaliacións obterase a nota final do curso.

BAREMACIÓN


1. 2.

Exames escritos e/ou orais, traballos de investigación individuais ou grupais, e calquera outra proba que o profesor poida considerar en función dos temas tratados. Contribuirán nun 70%á cualificación Traballo na aula que incluirá actividades de lectura, visionado de películas e documentais, elaboración de materiais dentro do Plan TIC, o caderno do traballo diario, elaboración de mapas, exposición de temas, visitas e actividades sobre as mesmas, .... Teranse tamén en conta os datos rexistrados do profesor referentes a comportamento, participación, atención, laboriosidade, interese, voluntariedade, ... . Suporá un 30%da cualificación.

A baremación completa non se aplicará:

o o o

Sen a presentación do caderno de traballo e, se os houbera, os traballos obrigatorios que así se sinalen Con cualificación inferior a 4 puntos en, en calquera dos dous apartados (examese traballo) En caso de que o alumno teña copiado nalgún exame

ESPECIFICACIÓNS 

Os exames e/ou probas escritas poderán ir seguidas da correspondente contrastación oral sempre que o profesor o considere oportuno, por exemplo se hai sospeita de que un alumno teña copiado. Esta proba oral se realizará nun prazo non superior aos catro días despois da dita proba escrita.

Ortografía: terase en conta en tódolos materiais escritos, os erros (especialmente graves como uso de maiúsculas ou confusión b/v) restarán puntuación, a 0,1 cada un e ata un máximo de 2puntos p or actividade. O alumno que non se teña presentado o día de exame só terá a opción de facer eseexame na recuperación. Sóse exceptúan desta norma os casosexcepcionais. No caso de que un alumno sexa encontrado copiando nalgunha proba ou exame será eliminado automaticamente da mesma, tendo que recuperala na avaliación seguinte de xeito que:

 

a. b. c. d.

 

Secopia nun exame suspenderá a avaliación e terá que face-la recuperación da dita avaliación. Se copiase nun exame de recuperación, suspenderá esa recuperación e terá polo tanto que presentarse ó exame de suficiencia en xuño. Secopia no exame de xuño será enviado directamente á convocatoria de setembro. Se,por último, copiase neseexame de setembro tería a asignatura suspensa ata o vindeiro curso Recuperación. Haberá probas de recuperación por exame ou exames en cada período de avaliación, e probas especiais de recuperación de avaliacións a finais de curso para aqueles alumnos que teñan pendente máis dunha avaliación Para aprobar a materia é preciso aprobar as tres avaliacións. En setembro o exame incluirá todos os contidos do curso e a cualificación obtense exclusivamente da nota do exame. Os alumnos que durante o período escolar non presentaran o caderno de clase e/ou os traballos esixidos deberán presentalo o día do exame. A nota final non será media aritmética senón media ponderada, arredondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior Faltas de orde graves, impuntualidade, carencia reiterada do material preciso, poderán restar puntuación da nota da avaliación, ata un máximo de 1 punto, segundo as anotacións do profesor.

- 1-

DEPARTAMENTODEXEOGRAFÍAE HISTORIA


Resumo da programacion  

Síntese da programación de 3º da ESO para o curso 2010/11

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you