Page 1

[Catรกlogo

para Bibliotecas]

Participaciรณn | Lingua | Lectura | Xogo | Patrimonio


[Quen

dis que era?]

Xincana literaria | Lingua | Didáctica lúdica | Divulgación cultural

Proxecto de divulgación e dinamización da obra e figura do autor/a homenaxeado/a no Día das Letras Galegas. Trátase dunha iniciativa para público xuvenil onde se misturan propostas ben diversas na que os mozos/as se converten en actores protagonistas e na que a súa participación se volve imprescindible. Convidámolos a participar nunha xincana literaria na que terán que superar varias probas e retos.

FICHA TÉCNICA Para grupos de ata 50 mozos/as a partir dos 10 anos. Duración da actividade: 70 minutos, aproximadamente. Necesítase espazo polivalente con espazos distintos para desenvolver as probas. Tempo de montaxe | desmontaxe: 30 minutos. xandobela.info | info@xandobela.info


[Ía

un can polo monte...]

Contos e creatividade para fomentar o hábito lector Sesións de contadas interactivas acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector. As temáticas que se tratan en cada sesión de contacontos servirán para introducir a realización de obradoiros plásticos de diversa tipoloxía. Algunhas das sesións son: 'Fábulas Fabulosas' 'Contos en clave de sol' 'A volta ao mundo en contos'

'Medo eu? Noooon...' 'Macedonia de contos' 'Contos da lareira'

Dispoñemos de programación testada para máis de 30 sesións.

FICHA TÉCNICA Para grupos de ata 30 participantes de 4 a 8 anos. Duración da actividade: 90 minutos/sesión. Necesítase un espazo tipo aula, biblioteca... (cómodo, acolledor) e mesas. Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos. xandobela.info | info@xandobela.info


[Aventuras

literarias]

Club de lectura xuvenil para fomentar o hábito lector | Divulgación cultural {Animación á lectura} {Creatividade Barata}

Unha maneira diferente de fomentar a lectura entre os nenos/as máis maiores: xogos, enigmas, novas tecnoloxías, retos e probas… serán os ingredientes indispensables para gozar das aventuras deste especial e suxerinte Club de Lectura. Sesións e encontros preferentemente de carácter mensual nos que buscaremos a resolución dos enigmas propostos nas sesións anteriores e iniciaremos unha nova andaina vivenciando as historias dun novo libro perdido. Clásicos da Literatura Xuvenil; a Literatura Xuvenil galega; variedade de xéneros; creatividade e creación literaria; o noso particular xeito de presentar as lecturas e o 'Librómetro', farán que esa 'idade na que se comeza a deixar de ler' xa non sexa tal.

FICHA TÉCNICA Para grupos de ata 25 nenos/as de 8 a 12 anos. Duración da actividade: 90 minutos/sesión. Necesítase un espazo tipo aula, biblioteca... (cómodo, acolledor) e mesas. Tempo de montaxe | desmontaxe: 30 minutos.

xandobela.info | info@xandobela.info


[Xoguetoloxía] Creatividade para o xogo con materiais naturais e de refugallo | Patrimonio lúdico Nos tempos de antes xogábase con calquera cousa e os nenos/as fabricaban os seus propios enredos. Co abuso das novas tecnoloxías estase a fomentar un ocio moi sedentario e individualista que case chega a desnaturalizar a significación do propio xogo. Queremos achegarlles o mundo do xogo imitando as fórmulas que se utilizaban antes e fornecelos dunha ampla gama de brinquedos cos que pasar un rato divertido e en grupo. Son sesións nas que se crean os seus propios xogos e trebellos con materiais naturais e de refugallo. Contamos cun amplo repertorio co que gozarán e aprenderán a construír os seus propios enredos, a xogar sen necesidade de grandes gastos e fomentando a creatividade e a autonomía. Trabállase tamén o pensamento diverxente e rematamos con xogos tradicionais bailados.

FICHA TÉCNICA Para nenos/as a partir dos 4 anos. Duración da actividade: 90 minutos/sesión. Necesítase un espazo con mesas. Tempo de montaxe | desmontaxe: 20 minutos.

xandobela.info | info@xandobela.info


[Imos

cantar o Nadal!]

Obradoiro participativo de recuperación de Cantos de Nadal | Patrimonio | Dinamización lingüística Esta é unha proposta que persegue difundir o patrimonio cultural inmaterial relacionado coa tradición do Nadal galego entre a xente máis nova dunha maneira creativa, participativa e amena: a literatura oral (os Cantos, os romances...); a música (os ritmos e melodías empregadas; os instrumentos...); e tamén os rituais relacionados con ir cantar os Reis (pedir licenza; pedir o aguinaldo; os agradecementos...). A proposta está dividida en tres momentos ben diferenciados: • Obradoiro de Cantos de Nadal e construción de instrumentos sonoros. • Imos cantar o Nadal: implicando aos establecementos comerciais do entorno, bares, centros culturais, tendas... • Paparota final.

FICHA TÉCNICA Para público familiar, ata 40 persoas por sesión. Duración: 2,5 horas aproximadamente. Espazo amplo con mesas e cadeiras móbiles. xandobela.info | info@xandobela.info


[Pan

e auga? Sopas!]

Contos e obradoiros para público infantil e familiar Sesión de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector. O protagonismo de cantigas de base popular e tradicional, a gastronomía e os enredos e brincadeiras forman parte da narración das historias de avó Casiano. A contada remata cun sinxelo obradoiro de cociña creativa a xeito de brincadeira, pero que sorprende por igual a grandes e a pequenos. “O meu avó Casiano era listo coma un allo e grande coma un día sen pan e coñecido na redonda por lle saber tirar do xenio aos soberbios, aconsellar ben a quen lle fora preguntar e deleitar aos máis exquisitos padais con receitas de colleita propia e insólitos ingredientes.”

FICHA TÉCNICA Para nenos/as a partir dos 5 anos e público familiar. Duración: 80 minutos aproximadamente. Tempo de montaxe | desmontaxe: 30 minutos. Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.

xandobela.info | info@xandobela.info


[Imos

levarnos ben...]

Contos e obradoiros para público infantil e familiar Sesión de contadas interactivas, quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector. Ás veces portámonos mal e convertémonos en bechos insoportables; ás veces somos adorables e encantadores... Contos de diversidade e interculturalidade, para a paz e a convivencia. “Non me non me, que te que te. Tremenda parvada teño diante! Que, se enfadarse leva un suspiro, facer as paces un instante!”

FICHA TÉCNICA

Para nenos/as a partir dos 3 anos e público familiar. Duración: 60 minutos aproximadamente. Tempo de montaxe | desmontaxe: 30 minutos. Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica. xandobela.info | info@xandobela.info


[Quen

ten cu ten medo]

Contos e obradoiros para público infantil e familiar Sesión de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector. O medo é unha emoción que está presente ao longo de toda a vida do ser humano: na literatura infantil temos grandes historias e personaxes que pasaron xa a formar parte do noso imaxinario colectivo. Darémoslle un repaso a todo iso e aprenderemos a asumir o medo sen complexos e como algo natural. “Becho que rebufas detrás dese penedo. Vaite d'aí que non che teño medo!”

FICHA TÉCNICA Para nenos/as a partir dos 5 anos e público familiar. Duración: 80 minutos aproximadamente. Tempo de montaxe | desmontaxe: 30 minutos. Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica. xandobela.info | info@xandobela.info


[Contos

para o tempo de Nadal]

Contos e obradoiros para público infantil e familiar Sesión de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector. Nestas datas sinaladas recollemos historias e mitos sobre como se vive o Nadal e o cambio de ano nas distintas culturas do mundo ao tempo que damos a coñecer libros da literatura infantil que versan sobre a temática. “As noitiñas do Nadal, son noites de moita alegría, cando nos xuntamos á beira do lume mentres fóra xía, e veñen os de aquí e mais os de acolá, cadaquén coa súa novedá, e durmimos cun ollo pechado e outro a medio abrir por ver a quen de noite poida vir ;-)”

FICHA TÉCNICA Para nenos/as a partir dos 3 anos e público familiar. Duración: 80 minutos aproximadamente. Tempo de montaxe | desmontaxe: 30 minutos. Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica. xandobela.info | info@xandobela.info


[Contos e artes con Carlos Casares] Lingua | Didáctica lúdica | Creatividade

Para homenaxear ao autor do Día das Letras Galegas do 2017 e o 50º aniversario da publicación de A galiña azul durante o ano 2018. Lectura lúdica e participativa do primeiro libro infantil publicado por Carlos Casares, A galiña azul, no que nos narra en forma de carta as historias da formiga esquiadora, a galiña azul do Lorenzo, os inventos do Leoncio... Propoñemos aos nenos/as coñecer as súas historias e protagonistas a través de xogos e probas. Deste xeito, coñeceremos a Leoncio, os seus marabillosos inventos e enrevesados discursos e decidiremos se a historia que contou sobre o peixe da fonte do xardín é verdade ou non; axudaremos á formiga esquiadora a acarrexar as pedriñas de azucre... Experimentaremos tamén coas cores e descubriremos o singular xeito de debuxar con tampóns e tinta: galiñas multicores, con ovos das cores do arco da vella...

FICHA TÉCNICA Para grupos de ata 25 nenos/as a partir de 5 a 8 anos. Duración: 60 minutos aproximadamente. Tempo de montaxe | desmontaxe: 30 minutos. Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica. xandobela.info | info@xandobela.info


[Navegando entre papel e contos] Lingua | Didáctica lúdica | Creatividade

Para homenaxear a María Victoria Moreno, a autora do Día das Letras Galegas do 2018, ideamos unha proposta moi sinxeliña para traballar cos nenos/as máis pequenos/as. Trátase dunha sesión de xogos e obradoiro de confección de elementos mariños con papel, seguindo a arte xaponesa de pregado ou origami, aderezada coas narracións e relatos que María Victoria Moreno nos deixou no libro Mar adiante e con xogos na que a participación da rapazada será fundamental. Viaxeremos no noso propio “Arroás”, nun barquiño feito coas nosas mans para descubrir o que lle aconteceu á tripulación de tan especial escola: exploraremos a illa dos paxaros, coñeceremos o conto do lobo, a don Amodo e a historia do luceiro e Cravisca...

FICHA TÉCNICA Para grupos de ata 25 nenos/as a partir de 5 a 8 anos. Duración: 60 minutos aproximadamente. Tempo de montaxe | desmontaxe: 30 minutos. Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica. xandobela.info | info@xandobela.info


[Xandobela

EDUCACIÓN E CULTURA

]

Participación | Lingua | Lectura | Xogo | Patrimonio Levamos máis dunha década desenvolvendo actividades e proxectos de animación á lectura, divulgación e didáctica cultural e patrimonial, dinamización lingüística e pedagoxía lúdica, con enorme éxito e aceptación por parte do público. Son cuentiosos os proxectos que Xandobela vén liderando a nivel local e tamén a nivel europeo, traballando en rede con numerosas entidades de ámbito continental. Pouco a pouco, fomos quen de crear fórmulas metodolóxicas propias e moi sinxelas pero altamente efectivas na procura dos obxectivos que cada proxecto persegue. Alén deste catálogo de actividades, a nosa especialidade é o deseño de propostas educativas e culturais a medida. Se tes na

cabeza unha idea, unha data cultural que celebrar, un persoeiro que homenaxear, materiais e contidos a desenvolver e divulgar... podemos axudarte. Ti pide, nós creamos! Este gusto pola investigación e creación de propostas novidosas e o traballo en rede, levounos desde hai anos a participar activamente en varios proxectos de ámbito europeo para o intercambio de boas prácticas e aprendizaxe permanente. O noso principal obxectivo neste sentido é transferir as aprendizaxes adquiridas á nosa comunidade a través do deseño e desenvolvemento de proxectos novidosos e atraentes. Estamos formándonos constantemente e somos moi amigas de asumir novos retos!

QUEN VIMOS SENDO?

CONTACTADE CON NÓS: NEREA COUSELO | nerea@xandobela.info

Pegagoga, educadora social, monitora e directora de actividades no tempo libre, directora de campos de traballo, técnica en xestión de ludotecas, promotora da lectura e máis...

CHUS CARAMÉS | chus@xandobela.info Animadora sociocultural, técnica en condución de actividades físico-deportivas no medio natural, investigadora no campo do patrimonio inmaterial galego, narradora e máis...

xandobela.info | info@xandobela.info

Catálogo de actividade para bibliotecas 2018  

Catálogo das actividades para bibliotecas que Xandobela ten preparadas para o ano 2018. #contos, #obradoiros, #creatividade, #lingua, #patr...

Catálogo de actividade para bibliotecas 2018  

Catálogo das actividades para bibliotecas que Xandobela ten preparadas para o ano 2018. #contos, #obradoiros, #creatividade, #lingua, #patr...

Advertisement