Page 1

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMÁ

Lingua Inglesa 1 Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

2012/2013


FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMÁ AUTORES: Francisco Javier Fernández Polo, Mario Cal Varela e JoDee Anderson. Edición electrónica. 2012. ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.


Índice 1. Datos descritivos da materia ............................................................................. 4 2. Obxectivos e competencias ............................................................................... 4 3. Contidos............................................................................................................. 5 4. Bibliografía e recursos didácticos ..................................................................... 6 5. Metodoloxía da ensinanza................................................................................. 8 6. Sistema de avaliación ........................................................................................ 9 7. Distribución e calendario de actividades ........................................................ 11


1. Datos descritivos da materia Materia: Lingua inglesa 1. Código(s): G5041105, G5051105, G5061102, G5071105, G5081105. Créditos ECTS: 6. Carácter: básico. Curso e cuadrimestre: Primeiro curso, primeiro cuadrimestre. Profesores que a imparten: Francisco Javier Fernández Polo, Mario Cal Varela (Campus de Santiago); JoDee Anderson (Campus de Lugo). 2. Obxectivos e competencias Con este módulo o estudante deberá adquirir un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B1 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. En particular, a superación da materia implicará que o estudante ten acadado a competencia necesaria para realizar con normalidade as seguintes funcións: Comprensión oral: 



Comprender as ideas principais cando o discurso é claro e na variedade estándar e trata asuntos cotiáns que teñen lugar no traballo, na escola, durante o tempo de lecer, etc. Comprender a idea principal de moitos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara.

Comprensión de lectura:  

Comprender textos redactados en lingua de uso habitual e cotiá ou relacionada co traballo. Comprender a descrición de acontecementos, sentimentos e desexos en cartas persoais.

Interacción oral:  

Desenvolverse en case todas as situacións que se presentan cando un viaxa a un país de fala inglesa. Participar espontaneamente nunha conversa que trate temas cotiáns de interese persoal ou que sexan pertinentes para a vida diaria (por exemplo, familia, afeccións, traballo, viaxes e acontecementos actuais).


Expresión oral:    

Enlazar frases de forma sinxela co fin de describir experiencias e feitos, soños, esperanzas e ambicións. Explicar e xustificar brevemente opinións e proxectos. Narrar unha historia ou relato, a trama dun libro ou dunha película Describir as reaccións propias.

Expresión escrita:  

Escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas coñecidos ou de interese persoal. Escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións.

Ademais dos obxectivos específicos relativos ao nivel de lingua que se deberá acadar, as actividades prácticas realizadas no marco desta materia permitirán aos estudantes pór en práctica e desenvolver unha serie de destrezas de carácter transversal: - A través da utilización dos medios e recursos suxeridos ao longo do curso, os estudantes consolidarán as súas destrezas no manexo dunha serie de ferramentas de autoaprendizaxe dispoñibles libremente a través da rede, mellorando así as súas capacidades para a aprendizaxe autónoma. - A realización de pequenos proxectos centrados na resolución de problemas concretos permitiralles aos estudantes desenvolver as súas destrezas de investigación, en concreto as relativas á localización de fontes de información e á extracción, valoración crítica e utilización adecuada dos datos obtidos. - Os estudantes desenvolverán tamén a súa capacidade para argumentar e expor con claridade o seu punto de vista, ao tempo que adquiren flexibilidade para admitir perspectivas distintas, mellorando deste xeito as súas habilidades para participar de forma construtiva en debates. - A interacción habitual en grupos pequenos axudaralles aos estudantes a mellorar as súas destrezas interpersoais, necesarias para a toma de decisións e a organización do traballo en equipo. 3. Contidos Durante o curso abordaranse cuestións de gramática e de léxico relacionadas coa utilización da lingua inglesa ao nivel e para os fins previstos na anterior sección de obxectivos do curso, particularmente para a realización a un nivel aceptable de actividades comunicativas en ámbitos da vida cotiá, persoais e profesionais. En concreto, no terreo do léxico está previsto tratar o vocabulario e as expresións máis comúns relacionadas con ámbitos tales como: a viaxe, a vida académica, as actividades de ocio e o mundo laboral, as tecnoloxías de uso cotiá, o fogar e a vida familiar, etc. No que toca á gramática, abordaranse durante o curso cuestións relativas ao uso correcto dos tempos verbais (con especial atención á falta de simetría co sistema verbal na lingua


materna do alumno), os verbos modais, as estruturas condicionais ou a expresión da negación, o discurso indirecto, os artigos e os cuantificadores, entre outras. Ademais, ao longo do curso porase unha énfase especial no estudio dos medios dos que dispón o inglés para a realización de funcións comunicativas básicas relacionadas co uso da lingua en contextos da vida diaria, tales como: a expresión de opinións (apreciación e desconformidade ou desgusto), de preocupación, como dar ou pedir consellos, expresar unha necesidade, emitir e entender unha advertencia, explicar e pedir axuda para resolver un problema persoal, pedir e conceder permiso, dar conta das opinións e das ideas de terceiras persoas, narrar acontecementos ocorridos na vida diaria, etc. 4. Bibliografía e recursos didácticos Libros de texto e outro material de uso habitual durante o curso Farase uso dun libro de texto correspondente ao nivel B1 do MCER, así como dunha gramática axeitada ao mesmo nivel. Durante a primeira semana do curso especificaranse tanto as referencias concretas a estes dous tipos de materiais, manual e gramática, como ao libro de lecturas previsto para o curso. Dicionarios recomendados Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press. Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers. Recursos na rede para a consulta, a práctica e a autoaprendizaxe Dicionarios (inglés e inglés-español) http://www.thefreedictionary.com/ (inglés) http://www.ldoceonline.com/ (inglés) http://dictionary.cambridge.org/ (inglés) http://www.wordreference.com/ (inglés-español-inglés) http://www.learnersdictionary.com/ (inglés) http://dictionary.reference.com/ (varios en inglés) http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html (inglés-galego) http://visual.merriam-webster.com/ (visual en inglés)


Sinónimos, antónimos e ideas relacionadas http://thesaurus.reference.com/ Gramáticas: http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm (con exercicios) http://www.englishpage.com/grammar/ (con exercicios) Miscelánea (actividades, tests, lectura, podcasts...) English Test Net http://www.english-test.net/ About.com: http://esl.about.com/ Easy English: http://www.easyenglish.com/ A4esl.org: http://a4esl.org/ UsingEnglish.com: http://www.usingenglish.com/ English Page http://www.englishpage.com/ (gramática, exercicios, léxico, escritura...) BBC Learning English http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/ (gramática, tests, actividades de lectura, comprensión oral, podcasts...) British Council - Learning English http://www.learnenglish.org.uk/ (gramática, tests, actividades de lectura, comprensión oral, podcasts...) University of Victoria - Language Center http://web2.uvcs.uvic.ca/elc/studyzone/index.htm (gramática, tests, comprensión, escritura...)


5. Metodoloxía da ensinanza As clases teórico-expositivas combinarán breves presentacións por parte do profesor, particularmente de cuestións de índole gramatical, léxica e de uso do inglés, coa realización de actividades prácticas na aula por parte dos alumnos, individualmente ou en grupo. O profesor encargado da parte teórico-expositiva regularmente proporá como complemento a realización fóra da aula por parte dos alumnos de actividades sobre cuestións lingüísticas que requiran, pola súa complexidade, unha práctica intensa e reforzada, pequenas actividades de investigación sobre cuestións de índole lingüística ou non relacionadas cos temas que se abordan na aula ou participación en actividades de grupo tales como debates a través das cales se busca que o alumno poña en práctica as súas competencias comunicativas en inglés. Para a realización de todas estas actividades fóra da aula está previsto que se empregue o Campus Virtual da USC. Este instrumento servirá tamén como canle adicional para o seguimento e titorización dos estudantes. As clases interactivas serán impartidas en grupos reducidos (máximo 20 alumnos) nunha aula-seminario ou nun laboratorio de idiomas. O número reducido de participantes nestas sesións pretende unha participación activa dos estudantes nas actividades da aula, particularmente centradas no desenvolvemento das competencias orais e escritas do alumno. Parte destas sesións serán impartidas polos mesmos profesores encargados das clases expositivas e terán como obxectivo complementar e desenvolver cunha orientación máis práctica os contidos abordados naquelas, mellorar a comprensión oral e a pronuncia con exercicios específicos nos que se empregarán as tecnoloxías dispoñibles no centro. Os alumnos terán ademais unha sesión semanal cun profesor-lector falante nativo de inglés co que traballarán especificamente as competencias activas de presentación e interacción oral e escrita. As titorías personalizadas levaranse a cabo a través do campus virtual da USC ou serán impartidas en grupos moi reducidos dun máximo de dez alumnos. O profesor encargado será o mesmo ca o das clases teórico-expositivas. As titorías serán unha ocasión propicia para manteren profesor e alumno un contacto directo que permita monitorizar o progreso do alumno no curso, incluído o seu grao de adquisición dos coñecementos e habilidades que son obxecto de tratamento nas sesións “de aula” e no campus virtual, e de poder xa que logo ulteriormente solicitar/ofrecer un consello personalizado que lle permita acadar mellor os obxectivos do curso. O profesor aproveitará ademais as titorías para comprobar a realización por parte do alumno das tarefas complementarias e de reforzo previstas para a súa realización fóra da aula. Por último, proporase nas primeiras semanas do curso a realización de lecturas (de artigos ou libros) que poderían ir acompañadas dalgunha activade complementaria de comprensión de texto, investigación, etc. das que se daría conta especificamente durante as sesións de titoría.


6. Sistema de avaliación O grao de consecución dos obxectivos da materia por parte do estudante valorarase por medio de varios procedementos combinados tal e como se recolle no seguinte cadro: Aspecto

Criterios

Instrumento Exame escrito final

Comprensión e uso xeral da lingua

Comprensión e uso correcto das estruturas gramaticais e o léxico. Grao de comprensión de textos escritos e orais.

Redacción

Interacción oral

Peso 4 puntos

Avaliación continua: asistencia e participación nas actividades realizadas ó longo do curso.

1,5 puntos

Uso correcto da gramática e o léxico, elaboración de textos (coherencia, cohesión)

Exame escrita

2,5 puntos

Pronunciación correcta, precisión no uso da lingua, fluidez; corrección gramatical, dominio do léxico e competencia comunicativa en xeral.

Exame oral

de

composición

2 puntos

Os exames escritos realizaranse na data establecida oficialmente polo centro e constituirán, xunto coa avaliación das actividades realizadas ao longo do curso, un único bloque ao que corresponderá o 80% da cualificación final. O restante 20% da nota corresponderá ao resultado obtido nun exame oral, a data do cal se anunciará coa suficiente antelación. Para aprobar a materia os estudantes deberán superar as partes escrita e oral independentemente, se ben no caso de ter superado un dos bloques manterase esa cualificación na convocatoria de xullo. Esta distribución dos compoñentes da cualificación final e a súa proporcionalidade aplicarase tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria. Sen embargo, para aqueles estudantes que non teñan obriga legal de asistir ás clases (alumnos con dispensa oficial) a avaliación continua farase tendo en conta unha serie de tarefas establecidas polo profesor. Na convocatoria ordinaria, a cualificación destes estudantes quedará como segue:


Tarefas realizadas fóra da aula: 1,5 puntos. Exame de composición: 2,5 puntos. Exame escrito final: 4 puntos. Exame oral: 2 puntos. Para os estudantes con dispensa oficial que concurran unicamente á proba extraordinaria de xullo, o exame final constituirá o 100% da súa cualificación, coa seguinte distribución: Exame escrito final (gramática, comprensión e composición): 70%. Exame oral final: 30%.


7. Distribución e calendario de actividades Tal e como se describe na sección 5 sobre metodoloxía, 1/3 da docencia desta materia (1 hora/semana) consistirá en clases de tipo expositivo en grupos dun máximo de 80 alumnos. O resto das sesións (2 horas/semana) corresponderá á docencia de tipo interactivo en grupos dun máximo de 20 alumnos. A distribución dos estudantes en grupos para as clases interactivas realizarase durante a primeira semana de curso. Todos os estudantes deben estar obrigatoriamente inscritos nun grupo interactivo. A distribución da carga total de traballo dos estudantes é a que figura na táboa seguinte:

Actividades

Horas presenciais

Horas non presenciais

Total

Sesións expositivas

16

32

48

Sesións de seminario

32

48

80

Sesións de titoría

3

9

12

Sesións de avaliación

3

7

10

54

96

150

TOTAL

Dado que a materia se imparte en dous campus distintos (Lugo e Santiago), as circunstancias particulares de cada un poden facer precisos algúns axustes na distribución descrita, por exemplo en función do número de estudantes que eventualmente se matriculen no curso. De ser o caso, os cambios que se realicen notificaranse durante a primeira semana de curso.


Guia docente lingua inglesa 1 2012/13  

Course guide Lingua Inglesa 1 - USC

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you