Issuu on Google+


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

Sumario Por portadas non ha ser 2 Os máis noviños! 4 O outono 6 Xogamos aos médicos 7 O corpo humano 13 Agradecementos 18 Canto traballamos! 20 Excursión ao zoo de Vigo 23 O mundo dende a aula de 1º 25 Poemas 27 A Ecopatrulla 30 E para ti ...Que é o furabolos? 31 Roberto Ignacio Vidal bolaño 32 Xaime e o dragón 33 Historias da Prehistoria 39 As visitas! 46 Tesla 48 Saúdo da ANPA 50 Pasamos o tempo con Roberto 51 Nós 52

1


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Por portadas non ha ser

Sabela Iglesias Varela. EI 3 anos.

Xoán Fiaño Noya. EI 4 anos A.

Dario Ferreira Iglesias. EI 5 anos.

Javier Piñeiro González. 1º EP. 2


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

Aida Otero Mujico. 3º EP.

Mª José Granja Fernández. 4º EP.

Mª Belén Hernández Garabal. 5º EP.

Carmen León Fernández. 6º EP.

3


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Os máis noviños! As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil chegamos por primeira vez este ano ao CEIP Arquitecto Casas Novoa. Non nos custou moito adaptarnos a convivir coas compañeiras e compañeiros da aula e tampouco co resto do alumnado da escola. Participamos en todas as actividades que se desenvolveron na nosa escola, e nas que fixemos só o alumnado de Infantil: contacontos na biblioteca, saída a un espectáculo de títeres, asistencia a un espectáculo de maxia e globoflexia... e a unha charla sobre o corpo humano, dentro do proxecto que co resto do alumnado de Educación Infantil se desenvolveu no último trimestre do curso. Na aula, ademais de xogar, bailar, cantar, pintar, disfrazarnos, querernos... fixemos, coa axuda das familias, un Libro da Memoria, con lerias, adiviñas, refráns, etc. Deixamos unha copia del na biblioteca do centro. Tamén, entre todas e todos, elaboramos un conto: Mamá paxaro está feliz, pois tivemos a sorte de que unha paxaro femia aniñara no patio do centro. Elaboramos murais para decorar a aula, o corredor... e montamos unha zapataría con zapatos grandes, pequenos, de tacón, planos, deportivos, vermellos, brancos, azuis, negros... E medimos os pés, fixemos plantillas e outro libro con elas! Que máis vos podemos dicir! Traballamos moito, moito, moito, pero, sobre todo, pasámolo moi ben. Queremos amosarvos algunhas imaxes nosas ao longo do curso e tamén achegarvos unha escolma do Libro da Memoria.

4


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

TRABALINGUAS FÓRMULAS DE XOGO

Do queixo non che me queixo que o queixo ben che me sabe quéixome do que mo vende que non mo deixa de balde. Nai e filla, foron á misa. nai pisa palla, filla palla pisa.

-

Pita cega que perdiches? Unha agulla e un dedal pois da tres voltas que os atoparás.

-

Canto pesas? Mil artesas. Canto vales? Mil reales. Tírate alá, que non os vales. Este queixo, queixolán, Esta boca pide pan, Este nariz, naricete Estes ollos de pisquete, Toma, toma, carneirete.

ARROLOS Sono, soniño ven a este olliño, péchamo pronto e pasa para o outro. Esta nena ten soniño tenche gañas de durmir, ten un olliño pechado outro non o pode abrir.

ADIVIÑAS Alto Pepiño redondo molete, que chova, que neve, que non se derrete. (O sol).

O ESPAZO, O TEMPO E OS CICLOS FESTIVOS Levántate maio, que tanto durmiches; pasou o inverno e non o sentiches.

Dúas torres altas dous miradores, un espantamoscas e catro andadores. (A vaca).

Xa nace o trigo, xa temos pan. Xa canta o cuco, xa temos vran.

5


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

6


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

7


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

8


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

9


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

10


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

11


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

12


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

13


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

14


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

15


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

16


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

Alumnos e alumnas de 4 anos B

17


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

18


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

19


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Alumnos e alumnas de 5 anos

20


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

21


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

22


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

23


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

24


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

25


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

26


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

27


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

28


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

29


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

A Ecopatrulla 2潞 curso de Educaci贸n Primaria

30


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

2潞 curso de Educaci贸n Primaria

31


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

2潞 curso de Educaci贸n Primaria

32


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

3潞 curso de Educaci贸n Primaria

33


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

34


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

35


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

36


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

37


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

38


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

Historias da Prehistoria 4º curso Educación Primaria

Llala Ola! Chámome Llala. Son unha nena que vive aventuras coa súa tribo de nenos e pais. Hoxe, fomos cazar cos meus pais. Foi así:

- Imos cazar á fraga? -díxenlles- así, ao mellor, xa non temos que ir pescar no río para conseguir a comida. -Vale! -dixeron todos-. - Pero hai que coller as cousas necesarias para cazar. -dixo meu pai-. - Vale! -dixen eu- pero rápido que teño moitas ganas! Meu pai colleu as cousas, e fomos para a fraga. Hai que ir en silencio! -dixo meu pai- senon, imos espantar aos animais. Creo que escoitei algo! -dixo meu irmán maior, falando baixiño-.Viña daquel arbusto! Fomos mirar todos e… Era un cervo durmindo! Ben! -dixen eu-. Xa temos comida! Non miredes! -dixonos meu pai- vouno matar! Cerramos os ollos, e matouno. Despois volvemos para as chozas, e cociñámolo con lume. - Que rico! Despois comemos e fomos xogar a pintar . Mesturamos terras de cores e fomos á cova do meu amigo e pintamos coas mans as nosas pegadas. Despois de pintar, fomos limpar as mans no río. -Llala – dixo miña nai-. Está anoitecendo. A durmir! 39


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

-Vou! -dixen-. E despedinme do meu amigo. Ao día seguinte, miña nai fixome un vestido de pel de cervo. -Toma, filla. -dixo miña nai-. -Que bonito! -dixen-. Púxeno, e fun para fóra. Despois fun pescar: Esperei... Por fín! Pesquei un peixe grande! Que ben! Fun correndo ata a miña choza e dinllo á miña nai. -Moi ben filla! -dixo miña nai- Vou cociñalo, ti podes ir xogar. -Vale! –dixen-.Veño dentro dun pouco. Despois, aburríame e fun para onda o río.

-Ai, como me aburro! -dixen-. E chamoume miña nai. -Filla, a comer! -dixo- que enfría o peixe! -Vou! -dixen eu -. E… papá onde vai? -Non sei.-dixo mamá -.Foi ao bosque e non volveu... Que misterio ! Autora: María. Transcritores: Ariadna e Yago. Ilustradores: Sandra e Ana. 40


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

Marmita e a semente Hai moito tempo atrás, antes da agricultura, había unha nena chamada Marmita que era a máis lista da tribo. Na tribo estaban: a súa nai, Rita, o seu pai Roco, que era o xefe, o seu irmán Ric, a súa avoa Liss e a súa irmá Marta. Eran unha gran familia. Marmita quería descubrir algo novo, pero a súa familia pensaba que o novo era perigoso. Un día que fixeron unha gran recoleción, Marmita e a súa familia fartáronse de mazás; despois puxeron os carozos, todos xuntos, nun sitio debaixo da terra.

Marmita, como quería saber se ocorrería algo, marcou o sitio cun pauciño. Pasados uns días, despois dunha gran tormenta, Marmita foi ver se atopaba algo ao carón do pau. Decatouse de que había unha especie de pauciño teso e verde. Co paso do tempo… había unha maceira.

Así foi como Marmita e a súa familia souberon o que era a agricultura.

Autora: Naiara. Transcritor: Martín. Ilustradores: Lucas e Sheila. 41


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

O soño de Antía Unha vez, na clase de 4º B, a profesora estaba a explicar o tema seis de Coñecemento, que trataba da Prehistoria. Antía, unha das alumnas, quedou durmida e tivo un soño impresionante que empeza así… Antía vivía nunha cova cos seus pais. Ela máis a súa amiga Lisa estaban a pintar na parede da súa cova.

Chegou o pai de Antía e preguntoulles: - Queredes vir cazar comigo ?

42


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

As dúas á vez contestaron: - Siiii! Dalí a un pouco, cazaron un corzo. Elas dúas e máis o pai, foron á cova a despezalo. O pai ensinoulles a facer utensilios cos ósos do animal.Despois rozou dous paus e fixo lume para quentar a carne. Comeron e gardaron a graxa do corzo para facer pinturas. Máis tarde, o pai tivo que ir pescar para ter comida para cear. Tivo sorte e pescou un peixe bastante grande. - Podo intentalo? - preguntou Antía -. - Si, claro que podes -dixo o pai -. Ao cabo duns minutos: - Pesquei un peixe!, pesquei un peixe! - Moi ben, Antía! Antía e o seu pai, foron colgar os peixes nuns paus para que secaran e non se estragaran.

- Antía!, Antía!, esperta! - dille a súa compañeira -. - Que pasou? - pregunta Antía -. - Pois que quedaches durmida. - Xa… Pero tiven un soño impresionante… - Antía, estiveches atenta? -dille a profe -. E iste foi o impresionante soño de Antía. Autora: Uxía. Transcritores: Álex Iglesias e Alba. Ilustradores: Lara e Xavier. 43


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Un gran descubrimento Érase unha vez unha nena chamada Ester e o seu pai. Estaban na súa cova durmindo ata que Ester escoitou un ruído. - Papá, papá, é un cervo! - berrou Ester -. - Tranquila! - dixo o pai -. Ester colleu uns paus para darlle ao cervo con eles. Fretounos e...... - Aaaaa! - berrou Ester con todas as súas forzas -. Nos paus apareceu unha cousa moi estraña : brilaba e tiña varios tons de vermello e laranxa. - Papá, que é isto? - preguntou Ester -. - Non o sei. O mellor será que non lle toques. - Por que non? Tocareille! - dixo Ester convencida -. - Aaaaa! - Que pasa? - preguntou o pai -. - Non sei o que me pasou! - Agora dóeche, xa cho dixen eu… Aínda seguía alí o cervo cando o pai lanzou unha frecha. - Imos ver que pasa se metemos a carne nesa cousa tan rara dixo o pai -. Meteuna alí e non ocorría nada, so se poñía un pouco máis escura. - Quérela comer, Ester? - Non, non me volvo achegar a esa cousa tan rara. - Comereina eu! - exclamou o pai convencido -. Ester estáballe dicindo que non o fixera, pero o pai xa estaba comendo.

44


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

- Agora vaiche picar a boca - dixo Ester -. - Nada diso, está delicioso! - Como é posible? - dixoEster -. - Anda - dixo o pai - come un anaquiño. - Pois si que sabe ben! Terémoslle que poñer un nome – dixo Ester -. - Vale.La… - Non se me ocorre nada! - dixo Ester -.

Seguiron pensando ata que… - Lume! - dixo Ester -. - De acordo - confirmou o pai -. O invento do lume contouse de cova en cova, de aldea en aldea… e co paso do tempo, converteuse nun gran descubrimento.

Autora: Alicia. Transcritor: Guillén. Ilustradores: Álex Liste e Joel. 45


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

As visitas! 6º curso de Educación Primaria Marchamos de museos! Os nenos e nenas do 3º ciclo collimos os bocatas, a bebida e subimos ao autobús para ir de visita á A Coruña. MUNCYT (museo nacional de ciencia y tecnología). Xa empezamos un pouco tarde, porque quedamos no primeiro museo ás 10:30, e chegamos cerca das 11:00, pero a monitora que nos guiou era moi agradable e non nos dixo nada. Entramos no edificio, que era moi grande, tiña polo menos 6 plantas. Nos recibiron e nos levaron primeiro a unha sala onde nos sentamos, e dous robots empezaron a falarnos. Eran moi simpáticos e movían os brazos como si fosen humanos... foi super divertido. Na sala do lado, nos enseñaron o taller dos chapuzas, que era un lugar onde a xente pode ir e con ferramentas abrir e investigar todo tipo de obxectos eléctricos. A mala sorte foi que esa parte do museo só abría o fin de semana, e o día da visita foi un venres... Xusto ao lado, nos mostraron un aparello moi raro, era como unha correa ou colar de can con uns ferros pequenos e outro un pouco máis alongado, coma ganchos, que saían do coiro. A rapaza nos dixo que si alguén sabía para que servía, gañariamos un dólar, pero ata o de agora, non demos coa solución... Despóis subimos ao sexto piso, e chegamos a unha das partes da visita que máis nos gustou: O avión JUMBO Lope de Vega. Bueno, realmente só era a parte de adiante do avión, pero é enorme, non podemos nin imaxinar como sería o avión completo. Nel, viaxaron millóns de pasaxeiros e fixo tantos kilómentros, que sería como viaxar á Lúa e volver unha morea de veces. Ademais nos deixaron sentar nos asentos dos viaxeiros VIP, e nos puxeron un documental moi interesante, no que contaba anécdotas como que nese avión volveu de Estados Unidos a España o “Guernika” de Picasso. Cando rematou subimos unha escaleira de caracol e puidemos ver a sala de mandos dos pilotos e cómo era por dentro ese magnífico avión. Ao rematar de ver o Jumbo, baixamos a ver unha exposición de máquinas de escribir. Había moitísimas diferentes, e puidemos comprender como foi a súa evolución, xa que había modelos moi antigos e de diferentes formas, incluso un que se inventou para escribir só con dous dedos... O Muncyt foi unha visita moi interesante e aprendemos unha morea de cousas novas, animádevos a ir a visitalo, non vos arrepentiredes! Museo militar da Coruña. Chegamos ao museo militar preto das 13:00 hs. Alí nos agardaban na entrada dous cañóns de ferro de cor verde que impoñían moito respeto... Entramos e a muller que nos guiou comezou a explicarnos moitas cousas interesantes sobre todo o que alí había. Nos mostrou unhas pedras que formaban parte dun convento onde o rei Carlos I foi a “facer cortes” que era recaudar cartos para optar a ser coroado emperador. Tamén alí na planta baixa nos mostrou o mecanismo dun reloxio que había nun edificio da Coruña, e debía ser un reloxio enorme, porque o seu mecanismo era tan grande coma unha furgoneta! Despois, antes de subir por unhas escaleiras de mármol que parecían dun palacio, preguntámoslle que era unha bala xigante que había alí, e nos respondeu que era un proxectil duns cañóns que hai nun mirador da Coruña, e que o seu disparo pode chegar a 45 km de distancia, e que para poder acertar nun obxectivo, hai que utilizar unha calculadora que era igual de grande que unha mesa do comedor do cole. 46


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

O piso de arriba estaba aínda mellor... Na escaleira nos contou a historia dos diferentes escudos que tivo España ao longo dos séculos, e despóis pasamos a ver moitas armas de diferentes tipos: espadas, pistolas, rifles... nos dixeron que todas eran verdadeiras, pero que xa estaban inutilizadas. A arma de lume máis antiga era un arcabuz que había que cargar manualmente e se prendía cunha mecha que tiña que manterse encendida na muñeca. Tamén había moitas maquetas, algunhas delas da Guerra da Independencia, na que loitaron os Ingleses aliados cos españois contra os franceses, nunha batalla na Coruña. No final da visita, puidemos ver unha serie de bandeiras e uniformes, algúns deles da guerra civil e duns soldados que foron a loitar do bando dos alemáns en Rusia na II Guerra Mundial, e nos sorprendeu moito que nos dixeron que Hitler era amigo de Franco. Por último nos mostraron unha serie de medallas e obxectos que pertenceron a soldados moi importantes como “os últimos de Filipinas” que foron uns españois que resistiron atrincherados nunha igrexa durante casi un ano. Polo tanto, como podedes observar, no museo militar non só puidemos ver infinidade de armas, armaduras, escudos, uniformes e medallas... ademais aprendimos moito de historia e... REGALÁRONNOS CARAMELOS! O xardín de San Carlos. Ás dúas da tarde salimos do museo militar, e xa tiñamos bastante fame todos, así que algúns de nós volvemos ao autocar a coller a caixa cos bocadillos e as bebidas, e cando os tiñamos nos diriximos ao Xardín de San Carlos, que está ao ladiño para sentarnos nos bancos e comer. Nese xardín aprendimos un pouco máis de historia, porque está a tumba de Sir John Moore. No museo xa nos explicaran que ese señor foi un xeneral moi importante da guerra da independencia, que morreu en Coruña loitando contra os franceses. Cando rematamos de comer, nos deixaron xogar polo parque, que tiña unhas vistas moi bonitas ao mar. Xogamos á pilla, ao béisbol cunha pelotiña pequena, ao escondite... E incluso puidemos ir a comprar uns xeados que nos sentaron de marabilla, xa que era un día que fixo sol. Pasadas as tres da tarde, saimos de volta para A Sionlla, e chegamos aquí sobre as catro e media. Foi unha visita estupenda, e para que quede claro, aquí deixamos unha foto para que todos a poidades ver!

Foto dos alumnos de 5º e 6º no Xardín de San Carlos 47


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Tesla 6º curso de Educación Primaria

Os alumnos e alumnas de 6º curso fixemos un traballo sobre un home moi interesante. Chamábase Nikola Tesla.

Para facer o traballo, buscamos moita información en libros, enciclopedias, Internet e tamén vimos un documental sobre a súa vida e a súa obra.

Non coñeciamos nada sobre este home, e gracias á nosa investigación descubrimos que din que Tesla foi “o home que inventou o século XX”, xa que é o pai da corrente alterna, que é o sistema eléctrico que se utiliza hoxe en todo o mundo, e permite que funcionen todos os electrodomésticos e aparellos das nosas casas.

Foi un grande inventor que naceu no que hoxe é Croacia. Viaxou e traballou por moitos países do mundo, ata que chegou a E.E.U.U.

onde entrou ao servicio da

compañía Edison. Fixo grandes descubrimentos e grandes inventos, ainda que tivo a mala sorte de que moita xente se aproveitou de el, e patentaron ao seu nome moitos dos avaces de Tesla. Era un home moi peculiar, e moita xente dicía de el que era un “científico tolo”, polas súas afirmacións sobre enerxía, obxectos e cousas extraordinarias, moitas das cales acabaron facéndose realidade anos despóis, tal coma el mismo predixo.

A pesar de ser un xenio, non prestou atención ás súas finanzas, e soñou con un mundo sen guerras e con facilitar enerxía gratuitamente a toda a humanidade, polo que os banqueiros e empresarios deixaron de financiar os seus proxectos. Faleceu arruinado nunha habitación de hotel en Nova York.

48


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

Ademáis do desenvolvemento do transporte e xeneración de corrente alterna inventou moitas outras cousas: - Bombilla sen filamento, ou lámpada fluorescente. - A radio (ainda que todo o mundo pensa que foi Marconi) - Dispositivo de electroterapia. - Sistema de propulsión por medios electromagnéticos. - Bobina de Tesla: entregaba na saída unha enerxía de alto voltaxe e alta frecuencia - Principios teóricos do radar. - Submarino eléctrico. - Oscilador vibracional mecánico. - Teslascopio. - Control remoto. - Vela para prender motores de esbouramento. - Envío de electricidade cun só cable. - Transmisión inalámbrica da enerxía.

49


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Saúdo da ANPA Estimadas familias: Ano tras ano a revista Furabolos chega ás nosas mans, froito dun traballo que temos que agradecer ó profesorado do centro que nela colabora. É ben sabido que as autoridades educativas van pouco a pouco recortando presuposto para os centros de ensino público, e nesta dinámica (que de tanto tropezar con ela acabamos atopando normal) o noso centro escolar non é unha excepción. E estes “recortes” tamén afectaron á edición da revista que estades lendo, polo que o colexio tivo que facer un esforzo económico engadido para poder sacala á luz. Pero non só son as autoridades educativas as que nos veñen afogando ultimamente. Xa hai tempo que os nosos gobernantes apostaron por axudar os grandes grupos bancarios en detrimento das persoas da rúa, e nesa elección nós, a familias de a pé, levamos a peor parte, xa que pouco a pouco van desaparecendo servizos que custara moito conseguir, escudándose nunha crise económica que, aínda sendo real, ten responsables ben claros, responsables que, lonxe de saír prexudicados, seguen sendo favorecidos polos poderes políticos europeos (e mesmo mundiais). Sen dúbida nesa grande aposta dos gobernos por favorecer os grandes grupos empresariais ligados á banca e á especulación, os servizos sociais vense claramente minguados, e non é unha excepción o ensino público. Estamos nun momento no que os xestores educativos non parecen loitar por mellorar a calidade nin tan sequera mantela, senón que só interesa o aforro; e detrás diso tamén está a idea de que unha mala calidade do ensino público pode ser beneficiosa para facer negocio privado coa educación. Ocórresenos comentar todo isto porque este ano académico, que agora está a punto de rematar, estivo claramente marcado por medidas desfavorecedoras da escola pública, cun importante descenso de dotación dos centros públicos, tanto material como humana. No noso centro en concreto notarémolo unha vez máis o próximo curso co novo decreto que afecta ós comedores escolares, co cal algunhas familias pagarán ata 4’50 € diarios por este servizo. E sobrevoando por enriba desta situación case tráxica está a nova lei de educación (LOMCE), que vai supoñer sen dúbida un retroceso sen precedentes na igualdade de oportunidades de acceso á educación das distintas clases sociais, e nas oportunidades para o alumnado que máis reforzo educativo precisa. Esta lei, tal como agora está redactada, vai poñendo atrancos para que os fillos das clases populares poidan acceder ó ensino superior, e vai habilitando vías alternativas (sen saída) para expulsar o alumnado con máis dificultades (tanto persoais como económicas) do sistema educativo e facer del persoas pouco cualificadas profesionalmente, coas que se poderá contar como man de obra barata que axude a enriquecer os grupos empresarias. Poderemos discutir se a LOMCE é acertada cando establece tal materia ou tal outra no currículo escolar do futuro, e mesmo os técnicos poderán ter opinións diferentes ó respecto, pero o que é verdadeiramente preocupante, e de ningún modo podemos aceptar, é a carga ideolóxica que nela aflora, tanto no sentido de considerar a educación como unha ferramenta para crear traballadores (e non persoas nin cidadáns), coma na clara concepción de discriminar no sistema educativo as familias e alumnado máis desfavorecidos. E este é o triste panorama que nos rodea a comezos deste verán que meteoroloxicamente tampouco dá chegado. Aínda acompañados de todos estes problemas, esperemos que os meses vacacionais que temos ás portas sexan positivos para todos e que neles tomemos novos folgos para volver ás aulas nun setembro no que, sen dúbida, teremos que mobilizarnos se temos un mínimo interese en defender o ensino público. Verémonos novamente na escola en setembro, pero quizais tamén teremos que vernos de novo defendendo o nosos dereitos na rúa. Recibide un saúdo A Sionlla, xuño de 2013 A Xunta Directiva da ANPA da Sionlla 50


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

Pasamos o tempo con Roberto Seminario Galรกn

51


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Nós Educación Infantil, 3 anos

Sheila Otero, Hugo Castro, Carlota Bermúdez, Enrique Carollo, Adriana Suárez, Esteban Muíño e Hugo Viqueira. Brais Mugico, Marco Suárez, Sonia Martínez, Daniela Otero, Lorena Lugo, Sabela Iglesias, Uxío Codesido, Andrea Villar, Luis Martínez e Martín Seoane. Educación Infantil, 4 anos A

Antía De Barros, Alba Fernández, Xoán Fiaño, Alejandro Couselo e Patricia Pérez. Xoán Castro, Iván Conde, J. Ramón Domínguez, Iria Couselo, Cristina Aboy, Carme Balsa, Christian Albor e Karla Castelao.

52


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

Educación Infantil, 4 anos B

Marcos Gigirey, Lucas Fernández, Laura Lameiro, Borja Lado e Hugo Martínez. Jessica Juncal, Ricardo García, Rubén López, Lara Piñeiro, Anxo Neira, Aroa García e Candela Giadáns. Luango Alonso, Nicolás Martínez, Xoel Piñeiro, Laura Mosteiro e Xan Portos. Educación Infantil, 5 anos

Aya Khayrou, Aroa Ventos, Nerea Pinto, Naiara López, Nuria Suárez, Uxía Otero, Ainara Ardila e Ainhoa Barral. Naira Vázquez, Adrián Domínguez, Lucía Sande, Cristina Otero, Xosé Moscoso, Eva Viqueira, Brais Muíño e Alejandro Gómez. Darío Ferreira, Pablo Padilla, Noa Sánchez, Aarón Rey e Óliver Labandeira. (Tamén está no noso grupo Yeray Roa) 53


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

1º de Educación Primaria

Adrián Doce, Alba Vidal, Lucía Fernández, Andrea De Barros, Paula Fole, Natalia Domínguez, Yago Rodríguez, Paula Rodríguez, Javier Piñeiro e Iria Mata. Samuel Otero, Maika Martínez, Rustam Couselo, Aroa Liñares, Rodrigo Mallo, Ana Boo, Fabiana Bardales, Jacobo Giadáns e Daniel Blanco. (Tamén está no noso grupo Uxía Seoane) 2º de Educación Primaria

Alba López, Lucía Riveiro, Lorena Viqueira, Cristina Cendón, Guillermo Del Río, Álvaro Viqueira, José Balsa, Brais Neira, Óscar Iglesias e Begoña Calviño. Carlota Sánchez, Adrián Cotón, Alba Martínez, Carmen Portos, José Mª Montero, Andrea Chico, Nerea Martínez, María Pampín, Alba Nerea Barreiro e Nerea García.

54


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

3º de Educación Primaria

Juan Carlos Mosquera, Nicolás Garea, Xoel Garabal, Iria Rodríguez, Aida Otero, Iván Viqueira, Manuel Iglesias e Ángel Varela. Javier Rodríguez, Sara Mata, Xiana Piñeiro, Santiago Garea, Brais Iglesias, Laura Mallo, Hugo Pérez e David Barreiro. 4º de Educación Primaria

Ariadna Barral, Xavier Fernández, Ana Cebey, Joel Fernández, Alejandro Iglesias, Yago García, Mª José Granja, Alicia Martínez e Lara González. Alejandro Liste, Sheila López, Martín Mancebo, Alba Pampín, Lucas Pérez, Guillén González, Sandra Domínguez, Naiara Candelero e Uxía Martínez. 55


Furabolos 2013

CEIP Arquitecto Casas Novoa

5º de Educación Primaria

David Ponte, Miriam López, Yaiza Álvarez, Mª Belén Hernández, Alicia Rodríguez e Iria Lorenzo. Alejandro Mallo, Gael Garabal, Tania Domínguez, Laura Rodríguez, Enrique Calviño e Lucas López.

56


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2013

57


Furabolos. Xuño-2013