Page 1

TEXTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Texto 1 Ola Pedro, estou desesperada, por iso recorro a ti. Non te podes imaxinar como boto en falta a túa presenza, amigo, nestas circunstancias tan tan amargas. Escríboche dende o meu cuarto e non dende o instituto, onde teoricamente debería estar. Non sabes que odioso se me fixo ese lugar en que antes estaba tan ben, como, da noite para a mañá nos cambia a vida, meu. Por onde comezar?, uff, non sabes que difícil se me fai contar o que me fixo tanto dano, pero tamén sei que é necesario, que me vai aliviar, ou iso quero crer... En fin, aí vai: levo unha tempada sendo vítima dunha situación insoportable. Cóntoche. Dende principio de curso un grupiño de cinco tíos estanme a facer a vida imposible, non me deixan vivir. Ao principio, os primeiros días de clase, comezaron con miradas disimuladas, tropezos aparentemente involuntarios, risas descadaradas e comentarios polo baixo cando eu pasaba á súa beira, cousas ás que non lle dei excesiva importancia aínda que me amolaban un chisco. Xa sabes que son tímida e que me custa falar, pero a paciencia ten un límite así que, un día, hai tres semanas, tanto me fartaron que, armándome de valor, deilles un corte verbal. Como se rebotaron os condenados, tiñas que velos. Dende ese día, o do corte, a cousa foi a peor e, creme, Pedro, xa non aturo máis. Hai unha semana metéronse comigo no patio do instituto, insultáronme e tocáronme cando pasei á súa beira. Non sabes que humillada me sentín, quixen que me tragase a terra e desaparecer para sempre. Pero o peor veu ao día seguinte, estaban esperando á entrada do instituto, esperándome a min, entendes?, e eu sentín un medo atroz, tremíanme as pernas. Dirixinme ás escaleiras. Cando cheguei á súa altura comezaron a rodearme entre xestos obscenos e frases asquerosas. Un deles achegóuseme e babeoume no oído: “Nena, con esas camisetas axustadas que traes estasnos provocando, non somos de pedra, cariño”, seguidamente apretouse contra min, e logo viñeron os outros, coas súas risas, as súas sucias mans no meu corpo, que noxo sentín. Non sei como pero logrei safarme e subín aos baños. Devolvín. Dende aquela deixei de ir ao instituto, púxenme mala e sinto pánico só de pensar en velos. Polas noites choro, tanto que penso que me vou quedar sen bágoas. Non llo dixen a ninguén, nin sequera a meus pais, non quero aumentar as súas preocupacións, os pobres xa teñen bastantes. E no instituto tampouco o contei porque sei que non me van facer caso, que dirán que iso é unha tontería, que esaxero,

que a culpa é miña por andar así vestida, que sei eu.

Lembreime de Tono, cando lle pasou aquilo, primeiro o das pintadas, logo a malleira, e, por riba, tivo que aturar as burlas de todo o mundo, e el, claro, arrepentiuse de telo


denunciado. Xa sabes, ser diferente é un estigma nesta sociedade, estás marcado... E total non lle serviu de nada, só lle trouxo máis sufrimento. Non sei que facer, estou desesperado. Por favor, Pedro, axúdame.

Texto 2 Ola Pedro, estou desesperado, por iso recorro a ti. Non te podes imaxinar como boto en falta a túa presenza, amigo, nestas circunstancias tan tan amargas. Escríboche dende o meu cuarto e non dende o instituto, onde teoricamente debería estar. Non sabes que odioso se me fixo ese lugar en que antes estaba tan ben, como, da noite para a mañá nos cambia a vida, meu. Por onde comezar?, uff, non sabes que difícil se me fai contar o que me fixo tanto dano, pero tamén sei que é necesario, que me vai aliviar, ou iso quero crer... En fin, aí vai: levo unha tempada sendo vítima dunha situación insoportable. Cóntoche. Dende principio de curso un grupiño de cinco tíos estanme a facer a vida imposible, non me deixan vivir. Ao principio, os primeiros días de clase, comezaron con miradas disimuladas, tropezos aparentemente involuntarios, risas descaradas e comentarios polo baixo cando eu pasaba á súa beira, cousas ás que non lle dei excesiva importancia aínda que me amolaban un chisco. Xa sabes que son tímido e que me custa falar, pero a paciencia ten un límite así que, un día, hai tres semanas, tanto me fartaron que, armándome de valor, deilles un corte verbal. Como se rebotaron os condenados, tiñas que velos. Dende ese día, o do corte, a cousa foi a peor e, creme, Pedro, xa non aturo máis. Hai unha semana metéronse comigo no patio do instituto, chamáronme outra vez, coma tantas, marica, e tocáronme cando pasei á súa beira. Non sabes que humillado me sentín, quixen que me tragase a terra e desaparecer para sempre. Pero o peor veu ao día seguinte, estaban esperando á entrada do instituto, esperándome a min, entendes?, e eu sentín un medo atroz, tremíanme as pernas. Dirixinme ás escaleiras. Cando cheguei á súa altura comezaron a rodearme entre xestos obscenos e frases asquerosas. Un deles achegóuseme e babeoume no oído: “Neno, con esas camisetas axustadas que traes estasnos provocando, non somos de pedra, cariño”, seguidamente apretouse contra min, e logo viñeron os outros, coas súas risas, as súas sucias mans no meu corpo, que noxo sentín. Non sei como pero logrei safarme e subín aos baños. Devolvín. Dende aquela deixei de ir ao instituto, púxenme malo e sinto pánico só de pensar en velos. Polas noites choro, tanto que penso que me vou quedar sen bágoas. Non llo dixen a ninguén, nin sequera a meus pais, non quero aumentar as súas preocupacións, os pobres xa teñen bastantes. E no instituto tampouco o contei porque sei que non me


van facer caso, que dirán que iso é unha tontería, que esaxero, que a culpa é m iña por ser como son, que sei eu. Lembreime de Tina, cando lle pasou aquilo, sabes? tivo que aturar, por riba, as burlas de todo o mundo, e ela, claro, arrepentiuse de telos denunciado. Xa sabes, ser diferente é un estigma nesta sociedade, estás marcado... E total non lle serviu de nada, só lle trouxo máis sufrimento. Non sei que facer, estou desesperado. Por favor, Pedro, axúdame. Texto 3 Chámome Mara, teño 16 anos e hai tres semanas que estou aquí. Por aquí andan tamén meus pais, rosmando, falan sempre como en voz baixa, coma se non quixesen que os escoitase pero si que os escoito, aínda que eles non o saiban. Dóeme algo a cabeza, ás veces mesmo parece que me rebentan os sesos, non sei, é unha sensación estraña. Miña irmá, de cando en vez, guíñame un ollo, coma se soubese…. Non sei onde andará Xino, hai tempo que non o vexo. Xino é o meu mozo, un tipo xenial, si, aínda que algo impulsivo. Se cadra está algo afectado polo do outro día e non quere verme, si, seguro que é iso, ou quizais veu cando estaba durmindo, ultimamente durmo moito. Pensar en Xino quizais me distraia das horas mortas, hai tantas aquí... Xino é un rapaz guapo, algo tímido e reservado, pero iso non me importa, faino máis interesante. O que non levo ben é que sexa celoso. Ao comezo, cando comezamos a saír, gustábame iso, que fose algo celoso, parecíame unha demostración de amor. Lembro como se poñía de morros cada vez que me atopaba cun amigo e me poñía a falar con el, el sempre quedaba á marxe, todo serio, calado. Logo poñíase dun pesado…, veña a preguntarme de que o coñecía, se sairamos antes xuntos e cousas así. A min divertíame esa maneira de comportarse e, ás veces, picábao un pouco. Ai, que tonto es, dicíalle, se eu estou toliña por ti. Iso foi ao principio, logo xa me chegou á vea e comezoume a amolar a súa manía por controlarme. Controlarme, maldita palabra. Unha vez, lembro, colleume o teléfono e púxose a mirar as chamadas e as mensaxes, dicía que tiña dereito, que era o meu mozo e que debía saber todo de min. Arrebateille o móbil e mandeino á merda, dereito?, pero quen se cría? Largueime coa intención de non volvelo ver mais el veu detrás, pedindo perdón, recoñeceu que se pasara, que si, que non tiña ningún dereito... Rendinme. Pero o peor estaba por vir, un día, estando nun pub cuns colegas del, miroume con carraxe e espetoume “que pinta traes…, con esa camiseta tan cinguida e escotada parece que estás a pedir guerra, non che dá vergonza?”. Quedei pampa, non comprendía porque me falaba así, quizais polas miradas dos amigos… Pero eu non estaba disposta a permitirlle que decidise como tiña que ir vestida, faltaría


máis, así que non lle fixen caso e pasei del. Durante unha semana non nos vimos, el chamaba a todas as horas e eu non me puña ao teléfono. Entón mandoume mensaxes de desculpa, outra vez que o perdoase, que se pasara, que non volvería ocorrer... Hai tres semanas quedamos no parque, para falarmos, aclarar as cousas. Cheguei e vino serio, unha mirada estraña, entón soltou, con desprezo “a min ninguén me toma o pelo, estúpida, quen te cres que es? pensas que podes xogar así comigo?”, mentres, íase achegando, todo fóra de si, entón agarroume e comezou a abanearme. Cando me soltou caín e dei coa cabeza contra unha pedra, e aquí estou dende hai tres semanas, no hospital, sen poder falar, sen poder moverme.

Profile for Carmen Gómez

TEXTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO  

TEXTOS IES LAGOA DE ANTELA

TEXTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO  

TEXTOS IES LAGOA DE ANTELA

Profile for x-1065